Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Campus Norte
Áreas: Escola Universitaria de Traballo Social
Centro Escola Universitaria de Traballo Social
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
• Comprender criticamente a natureza do Traballo Social como profesión e como disciplina, e as súas relacións coas diversas Ciencias Sociais
• Identificar os principais grupos de persoas atendidas, tipos de problemas e de respostas, e espazos nos que se desenvolve o Traballo Social nunha sociedade diversa.
• Recoñecer os puntos de contacto e as diferenzas con outras profesións de axuda, da educación e a animación, e coa actividade voluntaria.
• Coñecer e ser capaz de analizar a relación entre as políticas institucionais, as esixencias legais e os límites profesionais no desenvolvemento do Traballo Social
I.- O Traballo Social no contexto das Ciencias Sociais. Epistemoloxía, coñecemento, teoría e práctica.
II.- Natureza, obxecto, fins e obxectivos.
III.- Elementos constitutivos do Traballo Social: clientes, traballadores/as sociais e os marcos de acción.
IV.- Principios filosóficos e éticos.
V.- Principios básicos en Traballo Social.
VI.- Ámbitos de intervención, competencias e funcións dos traballadores/as sociais.
VII.- A interdisciplinariedade.
VIII.- O método en Traballo Social.
IX.-Principais modelos metodolóxicos.
X.- Técnicas utilizadas en Traballo Social.
Bibliografía básica:
Acero, C. (2002). Teorías aplicadas en la práctica del TS. Trabajo Social Hoy, 28, 35 - 36
Aguiar, M.J. (2013). Trabajo Social: Conceptos y Metodología. Paraninfo
Aleman, C. e Fernández García, T. (Coords). (2000). Introducción al Trabajo Social. Alianza
Arambarri, P. (2002). Viaje al país de la metodología. Servicios Sociales y Política Social, 57, 32-39
Biestek, F. (1966). Las relaciones de casework. Aguilar
Colomer, M. (octubre, 1973). Esquema del método de trabajo social. RTS 75, 18-24
Escartín, M. J (1992). Manual de trabajo social: Modelos de práctica profesional. Aguaclara
Escartín, M. J. e Suarez, E. (1994). Introducción al Trabajo Social: Historia y Fundamentos teórico-prácticos. Aguaclara
Fernández García, T. (Coord). (2009). Fundamentos del Trabajo Social. Alianza
Fernández García, T. e Ponce de León, L. (2014). Nociones Básicas de Trabajo Social. UNED.
Healy, K. (2001). Trabajo Social: Perspectivas Contemporáneas. Morata S.L.
Malagón, E. (2012). Fundamentos de Trabajo Social. Universidad de Colombia.
Martínez, Mª J. (Coord). (2000). Para el Trabajo Social: Aportaciones teóricas y prácticas. Maristán
Morán, J. M. (2006). Fundamentos del Trabajo Social: Trabajo social y epistemología. Tirant lo Blanch
Olza, M. e Hernández Aristu, J. (Comps). (2002). Trabajo Social: Cuestiones sobre el qué y el cómo. Certeza
Ranquet M. (1996). Los modelos en trabajo social: Intervención con personas y familias. Siglo XXI
Red, de la, N. (1993). Aproximaciones al Trabajo Social. Siglo XXI
Richmond, M. E. (1996). El caso social individua. Talasa
Robertis De, C. (2009). Fundamentos del trabajo social: Ética y metodología. Nau Llibres
Rubí, C. (1989). Introducción al trabajo social. Llar del Libre
Viscarret, J. J. (2007). Modelos y métodos de intervención en Trabajo Social. Alianza
Bibliografía complementaria:
Alayón, N. (1981). Definiendo al Trabajo Social. Hvmanitas
Ánder-Egg, E. (1992). Introducción al Trabajo Social. Siglo XXI
Asamblea General de Colegios Oficiales DE DTS E AASS. (1999). Código Deontológico de la Profesión de Diplomado en Trabajo Social. Consejo Gral de Colegios Oficiales de DTS.
García Alba, J. e Meilán, J.R. (1993). Hacia un nuevo enfoque del Trabajo Social. Narcea
Hill, R. (1992). Nuevos paradigmas en Trabajo Social: lo social natural. Siglo XXI
Howe, D. (1999). Dando Sentido a la Práctica: Una introducción a la Teoría del Trabajo Social. Maristán
Kisnerman, N. (1985). Introducción al Trabajo Social. Hvmanitas
Lascorz, A. (1998). Modelos de intervención en TS. Revista Área Social, 1,122-134
Moix, M. (1991). Introducción al Trabajo Social. Trivium
Payme, M. (1995). Teorías contemporáneas del trabajo social. Paidós
Xenéricas:
. Posuír e comprender os coñecementos que definen ao Traballo Social como disciplina científica, incluíndo as súas teorías, métodos e ámbitos de aplicación, a un nivel que se apoia nas publicacións máis avanzadas e inclúe algúns dos aspectos máis relevantes que están na vangarda do coñecemento neste campo.
. Ter desenvolvidas as habilidades de aprendizaxe necesarias para continuar a súa formación e aprendizaxe no ámbito do Traballo Social cun alto grao de autonomía.
Específicas:
. Ter a capacidade para traballar e valorar de maneira conxunta con persoas, familias, grupos, organizacións e comunidades, as súas necesidades e circunstancias, promovendo o cambio, a resolución de problemas nas relacións humanas e o fortalecemento e a liberdade da sociedade para incrementar o benestar e a cohesión
. Coñecer a realidade social, as teorías sociais así como teorías sobre a cultura e a diversidade cultural.
Transversais:
. Capacidade de análise e síntese
. Capacidade de comunicación oral e escrita
. Capacidade de razoamento crítico
. Capacidade de aprendizaxe autónoma
. Capacidade de motivación pola calidade
A metodoloxía utilizada combina a docencia expositiva e interactiva e o traballo persoal do/a alumno/a fóra da aula, o que permite a súa aprendizaxe autónoma.
Preténdese que o alumnado, individual ou grupalmente, desenvolva actividades de participación activa: discusión de casos; traballo con textos ou datos; traballo con soportes audiovisuais; exposición/presentación de información; aplicación de técnicas, destrezas e habilidades a supostos prácticos, etc.
A través das titorías asesórase ao alumnado para a realización das actividades dirixidas a desenvolver a capacidade de aprendizaxe autónoma.
Como aula virtual, para o desenvolvemento da docencia emprégase a web propia do centro, na que cada materia ten o seu espacio propio, ao que o alumnado accede con chave.
Tanto a docencia expositiva como a interactiva impartiranse de xeito presencial.
O seguimento realizarase a través da lista de participación nos prácticos, tarefas e traballos individuais e/ou en grupo, establecidos na Guía da materia.
As titorías reducidas se realizarán de xeito presencial.
O prazo e as causas polas que se poden xustificar ás faltas de asistencia son as establecidas na Normativa de asistencia a clase nas ensinanzas adaptadas ao espazo europeo de educación superior (Acordo do Consello de Goberno da USC do 25 de marzo de 2010).
Todo o alumnado que teña ausencias xustificadas, terá que poñerse en contacto coa profesora a través do correo (purinaga [at] euts.es (purinaga[at]euts[dot]es)) para establecer a tarefa compensatoria, no caso de que unha actividade de puntuación sexa axeitada (cun prazo máximo para recoller o material e devolver a actividades de 5 días hábiles dende a data de xustificación do acta).
O alumnado que xustifique a imposibilidade de asistir ás clases interactivas e teña concedida a dispensa de asistencia, terá un prazo de 5 días dende a data de publicación da acta para contactar coa docente mediante o correo electrónico (purinaga [at] euts.es (purinaga[at]euts[dot]es)) y poderán compensar a falta de asistencia coa realización das tarefas, prácticos ou traballos por escrito, establecidos pola docente.
A puntuación obtida nas actividades de avaliación continua pode manterse para cursos posteriores (variando a puntuación en caso de cambios no número ou tipo de tarefa, práctico e traballo). Os alumnos que non superen a materia e queiran manter a puntuación obtida, deberán comunicárllelo a la docente da materia nos primeiros 15 días ao comenzó do cuatrimestre, por correo electrónico (purinaga [at] euts.es (purinaga[at]euts[dot]es)).
Poderanse dar cambios, sempre beneficiosos para a aprendizaxe do alumno, na avaliación continua, no momento en que se chegue a acordos entre a profesora e os alumnos.
Plaxio e uso indebido das tecnoloxías
“Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”
A avaliación da materia realizase mediante a avaliación continua combinada con proba final, que é complementaria nas dúas oportunidades.
A proba final terá un peso do 60% sobre a cualificación global, polo que o peso da avaliación continua é do 40%, que será de 2 puntos para traballos individuais e de 2 para traballos grupais.
É necesario acadar unha puntuación mínima de 3,5 (dun total de 6) na proba final para poder engadir a puntuación da avaliación continua. A materia aprobarase cando se chegue a un 5.
Na Guía académica especificarase o contido e a puntuación correspondente a cada unha das tarefas, prácticas e traballos da avaliación continua, que a profesora entregará ao comenzó das clases.
Estudo autónomo individual ou en grupo: 50 horas
Exercicios: 15 horas
Lectura de textos: 10 horas
Elaboración de traballos, visualización de material: 20 horas
Preparación de exposicións: 4 horas
Total: 99 horas
A asistencia ás clases expositivas é clave para que o alumnado poida ir construíndo o corpo teórico da materia que en todo momento orienta a aprendizaxe práctico.
A participación nas clases interactivas é fundamental para a integración dos coñecementos teóricos e prácticos, e para situar o alumno/a en contextos profesionais.
Recoméndase ao alumnado que no desenvolvemento temporal da materia manteña un contacto periódico coa profesora encargada para a clarificación e a orientación bibliográfica precisa para poder profundar nas parcelas de maior interese, a través do correo electrónico (purinaga [at] euts.es (purinaga[at]euts[dot]es)).
Purificación García Álvarez
Coordinador/a- Departamento
- Campus Norte
- Área
- Escola Universitaria de Traballo Social
- Teléfono
- 981583586
- Correo electrónico
- purificacion.garcia [at] usc.es
- Categoría
- Non Aplicable
Martes | |||
---|---|---|---|
10:30-12:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 1 |
14.01.2025 11:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 1 |
23.06.2025 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 1 |