Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Campus Norte
Áreas: Escola Universitaria de Traballo Social
Centro Escola Universitaria de Traballo Social
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
- Adquirir destrezas para as relacións interpersonais no Traballo Social e na actividade profesional en xeral, en especial no terreo da entrevista persoal, as reunións e sesións grupais e a exposición ante un público.
- Adquirir destrezas para establecer unha relación empática e unha comunicación efectiva con outras persoas, e de forma especial con aquelas que presenten necesidades de comunicación.
- Ser capaz de realizar unha escoita activa e de entrar na relación axeitada coas experiencias vitais dos usuarios dos servizos, de entender correctamente o seu punto de vista e de superar prexuizos persoais para responder axeitadamente a unha serie de situacións persoais e interpersonais complexas.
- Ser capaz de utilizar claves verbais e non verbais para guiar a interpretación.
- Ser capaz de establecer relacións profesionais co o obxetivo de identificar a forma máis axeitada de intervención e de clarificar e negociar a finalidade de tales contactos e dos límites da súa implicación.
- Ser capaz de xestionar un debate e avaliar os puntos de vista e as probas aportadas por outros.
- Ser capaz de preparar e tomar parte activa en reunións de toma de decisións.
- Ser capaz de participar dentro de redes e equipos interdisciplinares e interinstitucionais co fin de establecer acordos de cooperación, e abordar de maneira construtiva os posibles desacordos.
I.- Concepto de habilidade social e dos elementos que a compoñen.
II.- Comunicación verbal, no verbal e paralingüística.
III.- A relación profesional
IV.- Habilidades e destrezas comunicativas: escoita activa, expresión de sentimentos, relación empática, asertividade, xestión e resolución de conflitos.
V.- A entrevista e as suas técnicas no Traballo social.
VI.- Tipos de entrevista e preguntas
VII.- Traballo en redes e en equipos interdisciplinares.
VIII- Falar en público. Dirección de reunións. Toma de decisións. Xestión de debates.
IX.- Visita a domicilio
Bibliografía básica
.-Barker, A. (2001). Cómo mejorar la comunicación. Gedisa.
.-Baro, T. (2011). Saber decir. El Serbal.
.-Biestek, S. J. (1966). Las relaciones de “Casework”. Aguilar.
.-Borrel, I. (1998). Manual de la entrevista clínica. Harcourt Brace de España.
.-Castillo, S. (2019). El trabajo social en la era digital. Aranzadi.
.-Castillo, S. e Sánchez, M. (2009). Habilidades Sociales, modulo transversal. Altamar.
.-Escoba, E. (2013). Habilidades sociales y de comunicación del Trabajo Social. Tirant lo Branch.
.-Escartín, Mª. e Palomar, V. (1997). Introducción al Trabajo Social II. Trabajo Social con Individuos y Familias. Aguaclara.
.-Estanqueiro, A. (2006). Principios de comunicación Interpersonal: Para saber tratar con las personas. Narcea.
.-Fernández, T. e Ponce de León, L. (2018). Trabajo social individualizado: Metodología de intervención (2º ed). Ediciones Académicas.
.-García, G. e Ramírez, J.M. (2001). Imagen y comunicación en temas sociales. Certeza.
.-Hermida, J. (2010). Hablar sin palabras. Planeta
.-Hosstadt, (van-der) C. (2008). El libro de las Habilidades de Comunicación. Díaz de Santos.
.-Ituarte, A. (1997). Técnicas de Intervención Directa en Trabajo Social. Siglo XXI.
.-Maya, I. García, M. e Santolaya, F. J. (2007). Estrategias de intervención Psícosocial. Pirámide.
.-Punset, E. (2018). El mundo en tus manos. Destino.
.-Rossell, T. (1993). La entrevista en el Trabajo Social. Hogar del libro.
.-Rossell, T. e Rodríguez, P. (2017). Entrevista en Trabajo Social. Herder Editorial.
.-Salberger-Wittemberg, I. (1970). La relación asistencial “Aportes del psicoanálisis Kleiniano”. Amorrrortu.
.-Trevithick, P. (2002). Habilidades de comunicación en intervención social. Narcea.
.-Tizon, J. (1982). Una psicología basada en la relación. Hora.
.-Verderber, R. e Verderber, K. (2009). ¡Comunícate!. Cengage Learning.
.-Zamanillo, T. (2008). Trabajo Social con grupos y pedagogía ciudadana. Síntesis.
Bibliografía complementaria
.- Glass, L. (2003). Sé lo que estás pensando. Paidós Ibérica.
.- James, J. (2003). El lenguaje corporal. Paidós Ibérica.
Competencias xerais:
.- Saber aplicar os coñecementos na súa actividade profesional e saber elaborar e defender argumentos sobre as cuestións que atañen a o Traballo Social, facendo uso dos seus coñecementos sobre a realidade social, as teorías, os modelos e os métodos científicos propios.
.- Ter a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes, facer valoracións e diagnósticos socias, no ámbito da intervención social, que incluián unha reflexión sobre temas actuais de índole social, científica ou ética.
.- Ser capaces de transmitir información, ideas, problemas e solucións sobre cuestións relativas a o Traballo Social a un público tanto especializado como non especializado.
.- Desenvolver as habilidades de aprendizaxe necesarias para continuar a súa formación e aprendizaxe no ámbito do Traballo Social cun alto grao de autonomía
Competencias específicas:
* Ter a capacidade para traballar e analizar de xeito conxunto con persoas, familias, grupos, organizacións e comunidades, as suas necesidades e circunstanciais, promovendo o cambio, a resolución de problemas nas relacions humanas e o fortalecimento e a libertad de a sociedade para incrementar o benestar e a cohesión:
- Establecer relacións profesionais a obxeto de identificar a forma máis adecuada de intervención.
- Coñocer estratexias para intervir con persoas, familias, grupos, organizacions e comunidades para axudarlles a tomar decisións ben fundamentadas acerca das suas necesidades, circunstancias, riscos, opcións preferentes e recursos.
- Valorar as necesidades e opcións posibles para orientar unha estratexia de intervención.
* Ter capacidade para planificar, implementar, revisar e evaluar a práctica do Traballo Social con persoas, familias, grupos, organizacións, comunidades e con outros profesionais, para a promoción do cambio e a resolución de problemas nas relacions humanas:
- Saber responder a situaciones de crisis valorando a urxencia das situacións, planificando e desenvolvendo accións para facer frente ás mesmas e revisando os resultados.
- Adquirir habilidades para interactuar con persoas, familias, grupos, organizacións e comunidades para conseguir cambios, para promocionar o desenvovemento dos mesmos e para mellorar as suas condicións da vida por medio da utilización dos métodos e modelos do Traballo Social, facendo un seguimento con regularidade dos cambios que se producen co obxeto de preparar a finalización da intervención.
- Preparar, producir, implementar e evaluar os plans de intervención co sistema cliente e os colegas profesionais negociando o suministro de servizos que deben ser empleados e revisando a eficacia dos plans de intervención coas persoas implicadas o obxeto de adatarlos ás necesidades e circunstancias cambiantes.
- Adquirir facultades para promover o crecemento, desenvolvemento e independencia das persoas identificando as oportunidades para formar e crear grupos, utilizando a programación e as dinámicas de grupos para o crecemento individual e o fortalecemento das habilidades de relación interpersonal.
* Ter capacidade para apoiar as persoas para que sexan capaces de manifestar ás necesidades, puntos de vista e circunstancias:
- Desenrrolar habilidades para defender as persoas, familias, grupos, organizacións e comunidades e actuar no seu nome si a situación o requiere.
- Saber preparar e participar nas reunións de toma de decisións o obxeto de defender mellor os intereses das persoas, familias, grupos, organizacións e comunidades.
* Ter capacidade para integrar os principios e normas do Código Deontolóxico do Traballo Social e demostrar competencia no exercicio del mismo:
- Saber traballar dentro de estándares acordados para o exercicio do Traballo Social e asegurar o propio desenvolvemento profesional utilizando a asertividade profesional para xustificar as propias decisións, reflexionando críticamente sobre as mesmas e utilizando a supervisión como medio de responder ás necesidades do desenvolvemento profesional.
Competencias transversais:
- Capacidade de análisis e síntesis
- Capacidade de comunicación oral e escrita
- Capacidade de traballo en equipo
- Capacidade para as relacións interpersonais
- Capacidade de razoamento crítico
- Capacidade de compromiso ético
- Capacidade de aprendizaxe autónomo
- Capacidade de creatividade
- Capacidade de motivación pola calidade
A docencia expositiva ten asignadas sesións, distribuídas ao longo do cuadrimestre. O seu propósito a explicación dos aspectos básicos de cada tema establecido no programa, proporcionando a información necesaria que permita ao alumnado a aprendizaxe autónoma.
A docencia interactiva tiene asignado sesións de dúas horas, distribuídas en el cuatrimestre cuxo fin é que o alumnado de forma individual ou en grupo, desenvolvan actividades de participación activa: discusión de casos, traballo con textos ou datos, aplicación de técnicas, destrezas e habilidades para supostos prácticos, etc.
A través das titorías aconséllase ao alumnado que desenvolvan as actividades propostas e que os estudantes as realicen de forma autónoma, que supoñen un proceso de autoaprendizaxe.
Como aula virtual, para o desenvolvemento da docencia emprégase a web propia do centro, na que cada materia ten o seu espacio propio, ao que o alumnado accede con chave.
Tanto a docencia expositiva como a interactiva impartiranse de xeito presencial.
O seguimento realizarase a través da lista de participación nos prácticos, tarefas e traballos individuais e/ou en grupo, establecidos na Guía da materia.
As titorías en grupos reducidos realizaranse de xeito presencial.
A avaliación da materia realizase mediante a avaliación continua combinada con proba final, que é complementaria nas dúas oportunidades.
A proba final terá un peso do 60% sobre a cualificación global, polo que o peso da avaliación continua é do 40%, que será de 2 puntos para traballos individuais e de 2 para traballos grupais.
É necesario acadar unha puntuación mínima de 3,5 (dun total de 6) na proba final para poder engadir a puntuación da avaliación continua. A materia aprobarase cando se chegue a un 5. Para acceder ao exame, é necesario presentar previamente o traballo individual que se estableza.
Poderanse dar cambios, sempre beneficiosos para a aprendizaxe do alumnado, na avaliación continua, no momento en que se chegue a acordos entre a profesora e o alumnado.
Na Guía académica especificarase o contido e a puntuación correspondente a cada unha das tarefas, prácticas e traballos da avaliación continua, que a profesora entregará ao comenzó das clases.
O prazo e as causas polas que se pode xustificar ás faltas de asistencia son as establecidas na Normativa de asistencia a clase nas ensinanzas adaptadas ao espazo europeo de educación superior (Acordo do Consello de Goberno da USC do 25 de marzo de 2010).
O alumnado que teña xustificadas as faltas de asistencia, terá que contactar coa docente a través do correo (purinaga [at] euts.es (purinaga[at]euts[dot]es)) para establecer a tarefa compensatoria, no caso de que proceda a realización dunha actividade puntuable, nun prazo máximo de 5 días hábiles desde a data de publicación da acta.
O alumnado que xustifique a imposibilidade de asistir ás clases interactivas e teña concedida a dispensa da asistencia, terá un prazo de 5 días dende a data de publicación da acta para contactar coa docente mediante o correo electrónico (purinaga [at] euts.es (purinaga[at]euts[dot]es)) y poderán compensar a falta de asistencia coa realización das tarefas, prácticos ou traballos por escrito, establecidos pola docente.
A puntuación obtida nas actividades de avaliación continua pode manterse para cursos posteriores (variando a puntuación en caso de cambios no número ou tipo de tarefa, práctico e traballo). Os alumnos que non superen a materia e queiran manter a puntuación obtida, deberán comunicárllelo a la docente da materia nos primeiros 15 días ao comezo do cuatrimestre, por correo electrónico (purinaga [at] euts.es (purinaga[at]euts[dot]es)).
Plaxio e uso indebido das tecnoloxías
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Traballo persoal do alumno/a:
Estudo autónomo individual o en grupo......40 horas
Exercicios.....20 horas
Lectura de textos....... 10 horas
Elaboración de traballos, visualización do material .......25 horas
Outras tarefas propostas como, estudo de diferentes tipos de grupos, sondeo dos grupos a os que se pertence e comentario de noticias..... 4 h.
Total........ 99 horas
- A asistencia as clases expositivas é clave para que o alumnado poida ir construindo o corpo teórico da materia que en todo momento orienta a aprendizaxe práctico.
- A participación nas clases interactivas é fundamental para a integración dos coñecementos teóricos e prácticos, e para posicionar ó alumno/a en contextos profesionais.
- Recoméndase ao alumnado que para o desenvolvemento temporal da materia se manteña en contacto periódico coa profesora encargada para a clarificación e a orientación bibliográfica precisa para poder profundizar nas parcelas de maior interés para o/a alumno/a.
Ter cursadas as materias de Fundamentos de Traballo social; Historía de Traballo Social e Ética e Traballo Social.
Purificación García Álvarez
Coordinador/a- Departamento
- Campus Norte
- Área
- Escola Universitaria de Traballo Social
- Teléfono
- 981583586
- Correo electrónico
- purificacion.garcia [at] usc.es
- Categoría
- Non Aplicable
Mércores | |||
---|---|---|---|
09:30-11:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 2 |
Xoves | |||
09:00-11:00 | Grupo /CLIS_02 | Castelán | Aula 4 |
11:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | Aula 4 |
15.01.2025 13:00-15:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 1 |
03.06.2025 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 2 |
10.07.2025 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 2 |