Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Campus Norte
Áreas: Escola Universitaria de Traballo Social
Centro Escola Universitaria de Traballo Social
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | (Si)
- Ser capaz de aplicar os diferentes modelos de investigación, diagnóstico e avaliación en Traballo Social ao longo das diversas fases.
- Comprender a relación entre investigación, diagnóstico, avaliación e práctica do Traballo Social.
- Ser capaz de utilizar os métodos e técnicas para a avaliación de necesidades, capacidades, oportunidades e riscos das persoas usuarias, de grupos e comunidades, incorporando no proceso a participación de persoas ou grupos interesados.
- Ser capaz de analizar e sistematizar a información que proporciona o traballo cotián como base para revisar e mellorar as estratexias profesionais.
- Saber aplicar o coñecemento sobre boas prácticas en Traballo Social.
- Ser capaz de aplicar os modelos e métodos de valoración, incluíndo os factores que subxacen á selección e verificación da información relevante, a natureza do xuízo profesional e os procesos de avaliación de riscos.
- Ser capaz de interpretar datos sobre necesidades e problemas sociais, e sobre os resultados do Traballo Social, desde unha perspectiva non androcéntrica nin etnocéntrica.
I.- Natureza e finalidade do estudo/investigación na intervención desde o Traballo Social. Secuencia do proceso.
II.- Avaliación de necesidades: perspectivas teórico-metodolóxicas.
III.- Construción e análise de indicadores de necesidade.
IV.- Diagnóstico: natureza, finalidade e elementos constitutivos. Diferentes enfoques.
V.- Toma de decisións: proceso e técnicas.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Aguilar, M. J. e Ander Egg, E. (1995). Diagnóstico Social. Conceptos y Metodología. Lumen.
Aguilar, M. J. (2013). Trabajo Social. Concepto y metodología. Paraninfo.
Callejo, J. e Viedma, A. (2006). Proyectos y estrategias de Investigación Social. La perspectiva de la intervención. McGraw-Hill.
Callejo, J. (Coord.). (2009). Introducción a las técnicas de investigación social. Editorial Universitaria Ramón Areces.
Caparros, N. e Raya, E. (Coords.). (2015). Métodos y técnicas de investigación en Trabajo Social. Grupo5.
Escalada, M., Fernández, S., Fuentes, M.P., Koumrouyan, E., Martinelli, L. e Travi, B. (2001). El Diagnóstico Social. Proceso de conocimiento e intervención profesional. Espacio Editorial.
Facal, T. (2015). Guía para elaborar un proyecto de investigación social. Paraninfo.
Sarasola, J.L. (Coord.). (2016). Investigación, Diagnóstico y Evaluación en Trabajo Social. Universidad Pablo Olavide.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Ander Egg, E. (1987). Investigación y Diagnóstico para el Trabajo Social. Humanitas.
Colom, D. (2012). El diagnóstico social sanitario. Editorial OUC.
García Herrero, G.A. (2008). Reflexiones y utilidades sobre el diagnóstico social y la programación de la intervención social. Ecos de Mary Richmond. Revista de Servicios Sociales y Política Social, 83, 9-38.
García-Longoria, M.P. e Esteban, R.M. (2016). Análisis y diagnóstico en Trabajo Social. Tirant Lo Blanch.
Martín Muñoz, M. (2003). Manual de indicadores para el diagnóstico social. https://www.cgtrabajosocial.es/files/51786ad45be4d/Manual_de_indicadore…
Ovejas, C. (2008). Herramienta de diagnóstico e intervención social. Revista de Servicios Sociales y Política Social, 83, 47-68.
Perelló, S. (2009). Metodología de la investigación social. Dykinson.
Pérez Cardoso, M., Penedo, A., Vaiño, N. e Vicente, E. (2000). Valoración por obxectivos e potencialidades en Traballo Social. Xunta de Galicia.
Rodríguez Gómez, G., Gil Flores, J. e García Jiménez, E. (1996). Metodología de la investigación cualitativa. Ediciones Aljibe.
Rozas, M. (1998). Una perspectiva teórica metodológica de la intervención en Trabajo Social. Espacio Editorial.
Scaran, M. T. e Genisans, N. (1986). El Diagnóstico Social. Humanitas.
No Plan de Estudos do Título de Grado en Traballo Social indícase que as competencias ás que contribúe esta materia son as seguintes:
Competencias xenéricas:
- Saber aplicar eses coñecementos na súa actividade profesional, e saber elaborar e defender argumentos sobre as cuestións que atinxen ao Traballo Social, facendo uso dos seus coñecementos sobre a realidade social, as teorías, os modelos e os métodos científicos propios.
-Ter a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes, facer valoracións e diagnósticos sociais, no ámbito da intervención social, que inclúan unha reflexión sobre temas actuais de índole social, científica, ou ética.
- Desenvolver as habilidades de aprendizaxe necesarias para continuar a súa formación e aprendizaxe no ámbito do Traballo Social cun alto grao de autonomía.
Competencias específicas:
- Ter a capacidade para traballar e valorar de maneira conxunta con persoas, familias, grupos, organizacións e comunidades as súas necesidades e circunstancias, promovendo o cambio, a resolución de problemas nas relacións humanas e o fortalecemento e a liberdade da sociedade para incrementar o benestar e a cohesión.
- Valorar as necesidades e opcións posibles para orientar unha estratexia de intervención.
Competencias transversais:
- Capacidade de análise e síntese
- Capacidade de comunicación oral e escrita
- Capacidade de razoamento crítico
- Capacidade de aprendizaxe autónoma
- Capacidade de creatividade
- Capacidade de motivación pola calidade
A metodoloxía utilizada combina a docencia de clases expositivas, interactivas, titoría en grupo reducido e o traballo persoal.
Preténdese que o alumnado, individual ou grupalmente, desenvolva actividades de participación activa: discusión de casos; traballo con textos ou datos; aplicación de técnicas, destrezas e habilidades a supostos prácticos, etc.
A avaliación da materia realízase mediante unha avaliación continua e a superación de exames escritos.
Realizaranse probas escritas eliminatorias da parte de investigación e da parte de diagnóstico.
A avaliación mediante exames ten un peso do 65% sobre a cualificación global, polo que o peso da avaliación continua é do 35%.
É necesariao acadar a calificación mínima de Apto nos exames para poder sumarlle a puntuación pola avaliación continua.
PUNTUACIÓN MÁXIMA DA AVALIACIÓN CONTINUA: 3,5 ptos.
Na Guía da Materia que se entrega ao comezo das clases especifícase o contido e a puntuación correspondente a cada tarefa práctica e pola asistencia ás clases.
No caso de non asistir ás clases nas que se realizan tarefas puntuables, e se teñan xustificadas as faltas de asistencia, poden compensarse estas tarefas coa elaboración de traballos e exercicios que lle sexan encomendados polas profesoras. Unha vez se teña confirmación da xustificación das faltas de asistencia, o alumnado ten que poñerse en contacto coas profesoras nun prazo non superior a 5 días hábiles para o encargo da tarefa compensatoria no caso de que proceda a realización dunha actividade puntuable.
A puntuación obtida nas actividades de avaliación continua poderase conservar en cursos posteriores non sendo que algunhas destas actividades sexa eliminada e/ou sexa incorporada algunha nova; neste caso deberá realizarse para poder obter a puntuación correspondente. Por outra parte, se cambia a valoración de cada unha das actividades, a puntuación obtida no seu momento, modificarase pola equivalente actual. O/a alumno/a que non supere a materia, e desexe conservar a puntuación obtida no curso anterior debe comunicalo a través dun correo electrónico dirixido ás profesoras.
SISTEMA DE CONTROL DE ASITENCIA
O sistema de control de asistencia é o establecido polo centro.
O prazo e os motivos polos que se poden xustificar as faltas de asistencia son os establecidos na Normativa de asistencia a clase nas ensinanzas adaptadas ao Espazo Europeo de Educación Superior (Acordo do Consello de Goberno da USC do 25 de marzo de 2010).
O alumnado que xustifique a imposibilidade de asistir ás clases e teña concedida a dispensa de asistencia, poderá compensar as faltas coa realización de exercicios e traballos de análise de textos seleccionados que deberá entregar por escrito (ver tarefas por dispensa de asistencia na web da materia).
O alumnado que ten concedida a dispensa de asistencia, ten que poñerse en contacto coas profesoras, preferentemente por correo electrónico, nun prazo non superior á 5 días hábiles desde a data de publicación da acta na que se recoñece dita concesión.
Estudo autónomo individual ou en grupo: 50 horas
Exercicios: 15 horas
Lectura de textos: 10 horas
Elaboración de traballos, visualización de material: 20 horas
Preparación de exposición: 4 horas
TOTAL: 99 horas
Recomendacións previas: Ter superadas as asignaturas de Fundamentos de Traballo Social e Socioloxía Xeral.
A participación nas clases é fundamental para a integración dos coñecementos teóricos e prácticos, e para posicionar ao alumnado en contextos profesionais.
Recoméndase, durante o desenvolvemento temporal da materia, manter un contacto periódico coa profesora encargada para a clarificación e a orientación bibliográfica precisa para poder afondar nas parcelas de maior interese.
Respecto á bibliografía recoméndase tamén consultar a que se presenta na Guía da materia, posto que é mais completa que a que se inclúe neste programa pola limitación de espazo.
Teresa Facal Fondo
Coordinador/a- Departamento
- Campus Norte
- Área
- Escola Universitaria de Traballo Social
- Correo electrónico
- teresa.facal [at] usc.es
- Categoría
- Non Aplicable
Leidi Viviana Moreno Parra
- Departamento
- Campus Norte
- Área
- Escola Universitaria de Traballo Social
- Correo electrónico
- lviviana.moreno [at] usc.es
- Categoría
- Non Aplicable