Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Campus Norte
Áreas: Escola Universitaria de Traballo Social
Centro Escola Universitaria de Traballo Social
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
- Coñecer os principais servizos e prestacións de Servizos Sociais e doutros subsistemas de Benestar Social a nivel estatal e autonómico.
- Ser capaz de identificar os conflitos e as limitacións destes subsistemas respecto das poboacións en dificultade, así como os dispositivos de compensación.
- Coñecer, comprender e ser capaz de aplicar as principais medidas de protección social.
I.- A aplicación de recursos no ámbito da intervención social. Habilidades profesionais para a xestión das medidas de protección social. Manexo da documentación utilizada na xestión dos recursos.
II.- Principais medidas de protección por ámbitos e sectores de intervención social.
III.- Fontes e instrumentos para localizar información sobre os recursos sociais. Uso de novas tecnoloxías para a xestión dos recursos.
Agencia Estatal Boletín Oficial del Estado. (2024). Boletín Oficial del Estado. https://www.boe.es/diario_boe/
Consellería de Política Social e Igualdade. (2024). Portal de Política Social. https://politicasocial.xunta.gal/
Fungueiriño, A. M. (2015). Satisfacción das usuarias e usuarios do Manual de traballo, información e asesoramento en servizos sociais. MATIASS. Revista Galega de Traballo Social, 17, 131-157.
Ministerio de Derechos Sociales y Agenda 2030. (2024). Derechos Sociales. https://www.mdsocialesa2030.gob.es/
Ministerio de Igualdad. (2024). Violencia de género. https://violenciagenero.igualdad.gob.es/
Ministerio de Inclusión, Seguridad Social y Migraciones. (2024). Tu Seguridad Social. https://www.inclusion.gob.es/
Ministerio de Trabajo y Economía Social. (2024). Guía laboral. https://www.mites.gob.es/es/Guia/texto/index.htm
Rubí, C. e Grau, M. (1992). El espacio específico de los diplomados en trabajo social en la gestión de las prestaciones básicas de servicicos. Revista de servicios sociais y Política Social. La inmigración, 28, 120-129.
Secretaria Xeral de Igualdade. (2024). Mulleres en Galicia. http://igualdade.xunta.gal/
Xunta de Galicia. (2024). Diario Oficial de Galicia. https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia/portalPublicoBusqueda.do?l…
Competencias xenéricas:
- Saber aplicar estes coñecementos na súa actividade profesional e saber elaborar e defender argumentos sobre cuestións relacionadas co Traballo Social, facendo uso dos seus coñecementos sobre a realidade social, as teorías, os modelos e os métodos científicos propios.
- Ter adquirido habilidades de aprendizaxe necesarias para continuar a súa formación e aprendizaxe no ámbito do Traballo Social cun alto grao de autonomía.
Competencias específicas:
*Ter a capacidade para traballar e valorar de maneira conxunta con persoas, familias, grupos, organizacións e comunidades ás súas necesidades e circunstancias, promovendo o cambio, a resolución de problemas nas relacións humanas e o fortalecemento e a liberdade da sociedade para aumentar o benestar e cohesión:
- Coñecer estratexías para intervir con persoas, familias, grupos, organizacións e comunidades para axudarlles a tomar decisións ben fundamentadas acerca das súas necesidades, circunstancias, riscos, opcións preferentes e recursos.
- Valorar as necesidades e opcións posibles para orientar unha estratexía de intervención.
* Ter capacidade para planificar, implementar, revisar e avaliar a práctica do Traballo Social con persoas, familias, grupos, organizacións, comunidades e outros profesionais, para a promoción o cambio e a resolución de problemas nas relacións humanas:
- Saber responder a situacións de crise valorando a urxencia das situacións, planificando e desenvolvendo accións para facer frente ás mesmas e revisar os seus resultados.
* Ter capacidade para administrar e ser responsable, con supervisión e apoio, da propia práctica dentro da organización:
- Adquirir facultades para contribuir á administración de recursos e servizos colaborando cos procedementos implicados na súa obtención, supervisando a súa eficacia e asegurando a súa calidade.
Competencias transversais:
- Capacidade de análise e síntese
- Capacidade de comunicación oral e escrita
- Capacidade de razoamento crítico
- Capacidade de aprendizaxe autónomo
- Capacidade de motivación pola calidade
A metodoloxía utilizada combina a docencia de clases expositivas, interactivas, titoría en grupo reducido e o traballo persoal.
Preténdese que o alumnado, individual ou grupalmente, desenvolva actividades de participación activa: discusión de casos; traballo con textos ou datos; aplicación de técnicas, destrezas e habilidades a supostos prácticos, etc.
Como aula virtual, para o desenvolvemento da docencia emprégase a web propia do centro, na que cada materia ten o seu espacio propio, ao que o alumnado accede con chave. Poden empregarse temén, outras ferramentas da web da USC.
A avaliación da materia realizase, nas dúas oportunidades, mediante a avaliación continua formativa combinada con probas finais. A porcentaxe da avaliación continua (parte práctica) na calificación final é do 40% (4 ptos.), polo que o peso da proba final é do 60% (6 ptos.)
É necesario conseguir unha puntuación mínima de apto no exame (3 sobre unha nota máxima de 6 puntos) para poder sumar a nota de avaliación continua. Tamén será necesario ter superada a avaliación continua da materia (2 sobre unha nota máxima de 4 puntos) para poder sumar a nota do exame.
>Contido e puntuación das actividades de avaliación continua (4 puntos):
Consistirá na realización de actividades prácticas individuais ou en grupo (2 puntos), ademáis realizarase un traballo final grupal que se exporá oralmente na aula (2 puntos).
>Proba final (6 puntos):
Consistirá nun exame tipo test.
Na Guía da Materia que se entrega ao comezo das clases, especifícase o desenvolvemento da docencia e as indicacións relativas ás tarefas de avaliación continua.
No caso de non asistir ás clases nas que se realizan tarefas puntuables, e se teñan xustificadas as faltas de asistencia, poden compensarse estas tarefas coa elaboración de traballos e exercicios que lle sexan encomendados pola profesora. Unha vez se teña confirmación da xustificación das faltas de asistencia, o/a alumno/a ten que poñerse en contacto coa profesora para o encargo da tarefa compensatoria no caso de que proceda a realización dunha actividade puntuable. Ao efecto, unha vez publicada a resolución na que conste a xustificación da/s falta/s de asistencia, o alumnado ten un prazo de 5 días hábiles, para solicitar á profesora a tarefa para compensar a puntuación correspondente.
A puntuación obtida nas actividades de avaliación continua, sempre que supere os 2 puntos, poderase conservar en cursos posteriores non sendo que algunhas destas actividades sexa eliminada e/ou sexa incorporada algunha nova; neste caso deberá realizarse para poder obter a puntuación correspondente. Por outra parte, se cambia a valoración de cada unha das actividades, a puntuación obtida no seu momento, modificarase pola equivalente actual. O/a alumno/a que non supere a materia, e desexe conservar a puntuación obtida no curso anterior debe comunicalo a través dun correo electrónico dirixido á profesora da materia (emurcia [at] euts.es (emurcia[at]euts[dot]es)).
O prazo e os motivos polos que se poden xustificar as faltas de asistencia son os establecidos na Normativa de asistencia a clase nas ensinanzas adaptadas ao Espazo Europeo de Educación Superior (Acordo do Consello de Goberno da USC do 25 de marzo de 2010).
DISPENSA DE ASISTENCIA
O alumnado que xustifique a imposibilidade de asistir ás clases e teña concedida a dispensa de asistencia, poderá compensar as faltas coa realización de exercicios e traballos de análise de textos seleccionados (ver tarefas por dispensa de asistencia na web da materia).
O alumnado que ten concedida a dispensa de asistencia, ten que poñerse en contacto coa profesora, preferentemente por correo electrónico, nun prazo non superior á 5 días hábiles desde a data de publicación da resolución na que se recoñece dita concesión.
SISTEMA DE RECUPERACIÓN
- A recuperación do exame realizarase nas datas oficialmente establecidas.
- As persoas que suspendan a parte práctica da materia (avaliación continua) poderán recuperala nas datas oficialmente establecidas mediante unha proba que avaliará os contidos traballados nesta parte da materia.
- Os traballos realizados nas clases só se poderán recuperar cando se teña unha resolución favorable da falta xustificada, é decir, mediante acta na que conste resolución favorable. O alumnado ten un prazo de 5 días hábiles para porse en comunicación coa docente a través de correo electrónico (emurcia [at] euts.es (emurcia[at]euts[dot]es)) e 5 días hábiles para a súa realización despois da comunicación da docente.
- As persoas que non entreguen as actividades programadas nos prazos estipulados, salvo causas debidamente xustificadas e acreditadas, só poderán recuperalas na segunda convocatoria mediante unha proba que avaliará os contidos traballados nesta parte da materia.
- As notas das partes aprobadas na 1º convocatoria gardanse para a 2ª.
- Poderase solicitar que se garden as notas alcanzadas durante 1 curso académico. Para iso, o alumnado debe solicitalo por escrito, mediante correo electrónico á docente (emurcia [at] euts.es (emurcia[at]euts[dot]es)). O prazo máximo estipulado para esta solicitude é o último día de setembro do curso académico seguinte.
PLAXIO E USO INDEBIDO DAS TECNOLOXÍAS
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Estudio autónomo individual ou en grupo: 40 horas
Exercicios: 25 horas
Lectura de textos: 10 horas
Elaboración de traballos, visualización de material: 20 horas
Preparación de exposicións: 4 horas
TOTAL: 99 horas
Recoméndase ter cursadas as materias de Servizos Sociais Comunitarios, e Servizos Sociais Especializados.
A participación nas clases é fundamental para a integración dos coñecementos teóricos e prácticos, e para posicionar ao alumnado en contextos profesionais.
Recoméndase, durante o desenvolvemento temporal da materia, manter un contacto periódico coa profesora encargada para a clarificación e a orientación bibliográfica precisa para poder afondar nas parcelas de maior interese.
Evelia Murcia Álvarez
Coordinador/a- Departamento
- Campus Norte
- Área
- Escola Universitaria de Traballo Social
- Correo electrónico
- evelia.murcia [at] usc.es
- Categoría
- Non Aplicable
Martes | |||
---|---|---|---|
16:00-18:00 | Grupo /CLIS_02 | Castelán | Aula 2 |
Mércores | |||
10:30-11:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 1 |
11:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | Aula 1 |
Venres | |||
11:00-12:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 3 |
10.01.2025 11:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |
03.06.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |