Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Campus Norte
Áreas: Escola Universitaria de Traballo Social
Centro Escola Universitaria de Traballo Social
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
-Coñecer e comprender os métodos e técnicas de investigación social e a súa aplicación ao Traballo Social.
- Saber xestionar a información a partir dunha diversidade de fontes.
- Ser capaz de interpretar datos sobre necesidades e problemas sociais, e sobre os resultados do Traballo Social, desde unha perspectiva non androcéntrica nin etnocéntrica.
- Ser capaz de avaliar as diferencias de punto de vista na recollida de información e a fiabilidade e importancia da información recollida.
- Ser capaz de aplicar os diferentes modelos de investigación, diagnóstico e avaliación en Traballo Social ao longo das súas fases.
I. Ciencia e método científico. O método científico nas Ciencias Sociais. A investigación social. A investigación en Traballo Social.
II. A investigación como proceso. Esquema xeral dunha investigación. O proxecto de investigación.
III. A poboación obxecto de estudio. Teoría e deseño de mostras.
IV. A recolección de datos. As Técnicas de recollida de datos.
V. Tratamento, análise, presentación e interpretación de resultados.
VI. A difusión dos resultados da investigación.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Caparrós, N. e Raya, E. (Coords.). (2015). Métodos y técnicas de investigación en Trabajo Social. Grupo 5.
Facal, T. (2015). Guía para elaborar un proyecto de investigación social. Paraninfo.
García-Longoria M.P. e Esteban, R.M. (2016). Análisis y diagnóstico en Trabajo Social. Tirant lo blanch.
Hernández-Sampieri, R. e Mendoza, C.P. (2018). Metodología de la investigación. Las rutas cuantitativa, cualitativa y mixta. Mc Graw Hill.
Mora, A. (2020). Conocer para transformar. Métodos y Técnicas de investigación en Trabajo Social. Tirant lo blanch.
Rodriguez, L.M., Facal, T., Tamez, B.M. e Souto, A. (2023). Investigación Cualitativa y Trabajo Social. Tirant lo blanch.
Verd, J.M. e Lozares, C. (2016). Introducción a la investigación cualitativa. Síntesis.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Balcells e Junyent, J.(1994). La Investigación Social. Introducción a los métodos y las técnicas. PPU.
Callejo, J. (Coord.).(2009). Introducción a las técnicas de Investigación Social. Ramón Areces.
Cea D´Ancona, Mª A.(1996). Metodología cuantitativa. Estrategias y técnicas de investigación social. Síntesis Sociología.
Flick, U. (2012). Introducción a la investigación cualitativa. Morata.
Hernández, R., Fernández, C. e Baptista, M.P. (2010). Metodología de la investigación. Mc Graw Hill.
Rubio, M.J. e Varas, J. (1997). El análisis de la realidad en la intervención social. Métodos y técnicas de investigación. CCS.
Sierra Bravo, R.(1985). Técnicas de investigación social. Teoría y Ejercicios. Paraninfo.
No Plan de Estudos do Título de grao en Traballo Social, indícase que as competencias ás que contribúe esta materia son as seguintes:
Competencias xenéricas:
- Ter a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes, facer valoracións e diagnósticos sociais, no ámbito da intervención social, que abranguen unha reflexión sobre temas actuais de índole social, científica ou ética.
- Ter desenvolvido as habilidades de aprendizaxe necesarias para continuar a súa formación e aprendizaxe no ámbito do Traballo Social cun alto grao de autonomía.
Competencias específicas:
- Valorar as necesidades e opcións posibles para orientar unha estratexia de intervención.
- Coñecer a realidade social, as teorías sociais así como teorías sobre a cultura e a diversidade cultural.
Competencias transversais:
- Capacidade de análise e síntese
- Capacidade de comunicación oral e escrita
- Capacidade de aplicación dos coñecementos de informática
- Capacidade de razoamento crítico
- Capacidade de aprendizaxe autónomo
- Capacidade de creatividade
- Capacidade de motivación pola calidade
A metodoloxía utilizada combina a docencia de clases expositivas, interactivas, titoría en grupo reducido e o traballo persoal.
Preténdese que o alumnado, individual ou grupalmente, desenvolva actividades de participación activa: discusión de casos; traballo con textos ou datos; aplicación de técnicas, destrezas e habilidades a supostos prácticos, control de coñecementos, etc.
Como aula virtual, para o desenvolvemento da docencia emprégase a web propia do centro, na que cada materia ten o seu espacio propio, ao que o alumnado accede con chave. Poden empregarse tamén outras ferramentas da web da USC.
A avaliación da asignatura realizase mediante a avaliación continua combinada con proba final, que é complementaria nas dúas portunidades. Esta última terá peso do 65% (6,5 puntos) sobre a cualificación global.
A avaliación continua, pola súa parte, ten un peso do 35% (3,5 puntos).
É necesariao acadar a puntuación mínina de Apto na proba final para poder sumarlle a puntuación correspondente á avaluación contínua.
Na Guía Docente da materia, que se publicita na aula virtual da materia ao comenzo das clases, especifícase o desenvolvemento da docencia e as indicacións relativas ás tarefas de avaliación continua, coa puntuación que corresponde a cada tarefa práctica e por asistencia a clases.
No caso de non asistir ás clases nas que se realizan tarefas puntuables, e se teñan xustificadas as faltas de asistencia, poden compensarse estas tarefas coa elaboración de traballos e exercicios que sexan encomendados pola profesora. Unha vez se teña confirmación da xustificación das faltas de asistencia, o/a alumno/a ten que poñerse en contacto coa profesora para o encargo da tarefa compensatoria. A este efecto, unha vez publicada a acta na que conste a xustificación, o/a alumno/a ten un prazo de 5 días hábiles para solicitar á profesora a tarefa para compensar a puntuación correspondente.
A puntuación obtida nas actividades de avaliación continua conservarase en cursos posteriores non sendo que algunhas destas actividades sexa eliminada e/ou sexa incorporada algunha nova; neste caso deberá realizarse para poder obter a puntuación correspondente. Por outra parte, se cambia a valoración de cada unha das actividades, a puntuación obtida no seu momento, modificarase pola equivalente actual. O/a alumno/a que non supere a materia e desxe conservar a puntuación obtida no curso anterior por avaliación continua, debe comunicalo a través dun correo electrónico dirixido á profesora da materia (tfacal [at] euts.es (tfacal[at]euts[dot]es)).
O prazo e os motivos polos que se poden xustificar as faltas de asistencia son os establecidos na Normativa de asistencia a clase nas ensinanzas adaptadas ao Espazo Europeo de Educación Superior (Acordo do Consello de Goberno da USC do 25 de marzo de 2010).
DISPENSA DE ASISTENCIA
O alumnado que xustifique a imposibilidade de asistir ás clases e teña concedida a dispensa de asistencia, poderá compensar as faltas coa realización de exercicios e traballos de análise de textos seleccionados que deberá entregar por escrito, (ver tarefas por dispensa de asistencia na web da materia).
O alumnado que ten concedida a dispensa de asistencia, ten que poñerse en contacto coa profesora, preferentemente por correo electrónico, nun prazo non superior a 5 días hábiles desde a data de publicación da acta na que se recoñece dita concesión.
PLAXIO E USO INDEBIDO DAS TECNOLOXÍAS
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Estudo autónomo individual ou en grupo: 40 horas
Exercicios: 49 horas
Lectura de textos: 10 horas
TOTAL: 99 horas
A asistencia ás clases é clave para que o alumnado poida ir construindo o corpo teórico da materia. Recoméndase, durante o desenvolvemento temporal da materia, manter un contacto periódico coa profesora encargada para a clarificación e a orientación bibliográfica precisa para poder afondar nos aspectos de maior interese para a formación.
Recomendase ter cursada a materia Investigación e Diagnose en Traballo Social.
Teresa Facal Fondo
Coordinador/a- Departamento
- Campus Norte
- Área
- Escola Universitaria de Traballo Social
- Correo electrónico
- teresa.facal [at] usc.es
- Categoría
- Non Aplicable
Martes | |||
---|---|---|---|
10:30-12:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 3 |
Mércores | |||
10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 3 |
Venres | |||
10:30-12:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 4 |
16.01.2025 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |
20.06.2025 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |