Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Campus Norte
Áreas: Escola Universitaria de Traballo Social
Centro Escola Universitaria de Traballo Social
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
- Ser capaz de aplicar os diferentes modelos de investigación, diagnóstico e avaliación no traballo social ao longo das súas distintas fases.
- Comprender a relación entre investigación, diagnóstico, avaliación e práctica do traballo social.
- Ser capaz de utilizar os métodos e técnicas para avaliar necesidades, capacidades, oportunidades e riscos dos usuarios, grupos e comunidades, incorporando no proceso a participación de persoas ou grupos interesados.
- Ser capaz de analizar e sistematizar a información proporcionada polo traballo diario como base para a revisión e mellora das estratexias profesionais.
- Saber aplicar os coñecementos sobre boas prácticas no traballo social.
- Saber como xestionar información de diversas fontes.
- Ser capaz de aplicar modelos e métodos de avaliación, incluídos os factores que subxacen na selección e verificación de información relevante, a natureza do xuízo profesional e os procesos de avaliación do risco.
- Ser quen de interpretar datos sobre necesidades e problemas sociais e sobre os resultados do traballo social, desde unha perspectiva non androcéntrica ou etnocéntrica.
- Ser capaz de avaliar as diferenzas de punto de vista na recollida de información e na fiabilidade e importancia da información recollida
Bloque 1: A investigación social e o seu proceso
I. Formulación do problema de investigación.
II. Proxecto de investigación e memoria.
III. Aspectos éticos e legais na investigación.
IV. Revisión da literatura: concepto, tipos e características.
V. Estratexias de busca de información: base de datos.
Bloque 2: Difusión dos resultados da investigación.
I. Presentación dos resultados da investigación.
II. Revistas científicas e otros medios de difusión de resultados.
Bloque 3: Investigación cualitativa.
I. O proxecto de investigación cualitativa.
II. Unidades de poboación ou de observación, e mostra, se é o caso.
III. Traballo de campo: técnicas e procedemento.
IV. Tratamento de datos cualitativos.
Bloque 4: Investigación cuantitativa.
I. O proxecto de investigación cuantitativa.
II. Poboación en estudo e mostra, se é o caso.
III. Traballo de campo: técnicas e procedemento.
IV. Tratamento de datos cuantitativos.
Bibliografía básica:
Baez, J. (2007). Investigación cualitativa. Esic
Caparrós, N. e Raya, E. (2015). Métodos y técnicas de Investigación en Trabajo Social. Grupo 5.
Cea d`Ancona, M.A. (l996). Metodología cuantitativa. Estrategias y Técnicas de Investigación Social .Síntesis S.A.
Corbeta, P. (2008). Metodología y Técnicas de Investigación Social. Mc Graw Hill.
Facal, T. (2015). Guía para elaborar un proyecto de investigación social. Paraninfo.
Hernández-Sampieri, R. e Mendoza, C. (2018). Metodología de la investigación. Las rutas cuantitativa, cualitativa y mixta. Mc Graw Hill Education.
López López, M.T. e Santín, D. (Coords.). (2008). Análisis de datos en la Investigación Social de la Familia. Cinca.
Rojas, A.J., Fernández, J.S. e Pérez, C. (l998). Investigación mediante encuestas, Fundamentos teóricos y aspectos prácticos. Síntesis S.A.
Ruiz, J. (2007). Metodología de la Investigación cualitativa. Universidad de Deusto.
Sierra, R. (1994). Técnicas de Investigación social. Teoría y Ejercicios. Paraninfo S.A.
Verd, J.M. y Lozares, C. (2016). Introducción a la investigación cualitativa. Fases, métodos y técnicas .Editorial Síntesis.
Bibliografía complementaria:
Aguirre, A. (1995). Etnografía. Metodología cualitativa en la investigación sociocultural. Marcombo.
Azofra, M.J. (1999). Cuadernos Metodológicos. Cuestionarios, 26. Centro de Investigaciones Sociológicas
Balcells, J. (1994). La investigación social: Introducción a los métodos y a las técnicas. PPU.
Bosch, J.L.C. e Torrente, D. (1993). Cuadernos Metodológicos. Encuestas telefónicas y por correo, 9. Centro de Investigaciones Sociológicas
Dankhe, G. L. (1989). Investigación y comunicación. En C. Fernández Collado y G. L. Dankhe (Comps.), La comunicación humana: ciencia social (pp.385-454). McGraw–Hill.
Denzin, N.K. y Lincoln, Y.S. (Ed.). (2012). Manual de investigación cualitativa. (Vol II) paradigmas y perspectivas en disputa. Editorial Gedisa.
Durán, M.M. (2010). Apuntes sobre la presentación de artículos cualitativos. Aquichan, 10(1),1-3.
Ferrari, R. (2015). Writing narrative style literatura reviews. Medical writing, 24,230-235.
García, M.M. y Mateo, I. (2000). El grupo focal como técnica de investigación cualitativa en salud: diseño y puesta en práctica. Atención Primaria, 25(3), 181-186.
Guirao, J.A.G. (2015). Utilidad y tipos de revisión de literatura. ENE, 9 (2). https://dx.doi.org/10.4321/S1988-348X2015000200002
Hart, C. (1998). Doing a Literature Review. Sage Publications.
Harvatppoulos, Y., Livan, Y. F. e Sarnin, P.H. (1992). El arte de la encuesta. Deusto.
Hernández, R., Fernández, C. e Baptista, P. (2010). Metodología de la investigación (5ª ed.). Mc Graw Hill.
Manzano, V.G., Rojas, A.J. e Fernández, J.S. (1996). Manual para encuestadores. Ariel Practicum.
Mayan, M. (2001). An Introduction to Qualitative Methods: A Training Module for Students and Professionals. Qual Institute Press International Institute for Qualitative Methodology.
Pae, C.U. (2015). Why Systematic Review rather than Narrative Review? Psychiatry Investigation 12 (3), 417-419. https://doi.org/10.4306/pi.2015.12.3.417
Pons, I. (1993). Cuadernos Metodológicos. Programación de la investigación social, 8. Centro de Investigaciones Sociológicas
Competencias xerais:
.- Saber aplicar estes coñecementos na súa actividade profesional e saber desenvolver e
defender argumentos sobre os problemas que afectan ao traballo social, facendo uso de
dos seus coñecementos sobre realidade social, teorías, modelos e métodos
propios científicos.
.- Ter capacidade para recoller e interpretar datos relevantes, facer avaliacións e
diagnósticos sociais, no ámbito da intervención social, que inclúen unha reflexión
sobre temas actuais de natureza social, científica ou ética.
.- Ser capaz de transmitir información, ideas, problemas e solucións sobre
cuestións relacionadas co traballo social para un especialista e non público
especializado
.- Desenvolver as habilidades de aprendizaxe necesarias para continuar
formación e aprendizaxe no campo do traballo social cun alto grao de autonomía.
Competencias específicas:
- Valorar as necesidades e as posibles opcións para orientar unha estratexia de intervención.
- Coñecer a realidade social, as teorías sociais e as teorías sobre cultura e diversidade cultural.
- Saber administrar e ser responsable do seu traballo asignando prioridades, cumprindo as obrigas profesionais e avalía a eficacia do propio programa de traballo.
- Investigar, analizar, avaliar e utilizar o coñecemento actual das boas prácticas de traballo social para revisar e actualizar os seus propios coñecementos sobre os marcos.
Competencias transversais:
- Capacidade de análise e síntese
- Capacidade de organización e planificación
- Capacidade para a comunicación oral e escrita
- Capacidade para aplicar coñecementos informáticos
- Capacidade de xestión da información
- Capacidade de toma de decisións
- Capacidade para traballar en equipo
- Capacidade para as relacións interpersoais
- Capacidade de razoamento crítico
- Capacidade de aprendizaxe autónoma
- Capacidad de creatividade
- Capacidade de motivación para a calidade
As sesións expositivas teñen como finalidade a explicación dos aspectos básicos de cada tema establecido no programa, proporcionando a información necesaria que permita ao alumnado a aprendizaxe autónoma.
A docencia interactiva, pretende que o alumnado, individualmente e/ou en grupo, desenvolva actividades de participación activa: discusión de casos, traballo con textos ou datos, aplicación de técnicas, destrezas e habilidades a supostos prácticos, entre outros.
A través das titorías se asesora ao alumnado para o desenvolvemento das actividades propostas de realización autónoma polo/a alumno/a, que supoñen un proceso de autoaprendizaxe.
Como aula virtual, para o desenvolvemento da docencia emprégase a web propia do centro, na que cada materia ten o seu espazo propio, ao cal o alumnado accede con chave.
A avaliación da materia realízase mediante a avaliación continua combinada con exame. Poderá realizarse algunha proba eliminatoria de materia.
O exame terá un peso do 40% sobre a cualificación global, polo que o peso da avaliación continua é dun 60%.
CONTIDO DA AVALIACIÓN CONTINUA:
Asistencia a clases expositivas: 1 pto.
Actividades prácticas e informes da investigación: 5 ptos.
É necesario acadar o apto no exame para poder sumar a puntuación da avaliación continua.
Na Guía docente especificarase o contido e a puntuación correspondente a cada unha das tarefas, prácticos e traballos da avaliación continua, que será entregada ao comezo das clases.
O prazo e as causas polas que se pode xustificar as faltas de asistencia son as establecidas na Normativa de asistencia a clase nos ensinos adaptados ao Espazo Europeo de Educación Superior ( Acordo do Consello de Goberno dá USC do 25 de marzo de 2010).
O alumnado que teña xustificada as faltas de asistencia, terá que contactar coa/o docente da materia a través do correo electrónico, para establecer a tarefa compensatoria, no caso de que proceda a realización dunha actividade puntuable, nun prazo máximo de 5 días hábiles desde a data de publicación da xustificación das faltas.
A puntuación obtida nas actividades de avaliación continua pódese conservar para cursos posteriores (variando a puntuación no caso de existir modificacións no número ou tipo de exercicio). O alumnado que non supere a materia, e queira conservar a puntuación obtida, debe solicitalo ao/á docente da materia, ao comezo do cuadrimestre, por correo electrónico.
Poderán darse cambios, sempre beneficiosos para a aprendizaxe do alumnado, na avaliación continua, a condición de que se chegue a acordos entre o/a profesorado docente e o alumnado.
DISPENSA DE ASISTENCIA:
O alumnado que xustifique a imposibilidade de asistir ás clases interactivas, e teña concedida a dispensa de asistencia, poderá compensar as faltas de asistencia coa realización das tarefas, prácticos ou traballos establecidos. Unha vez publicada a concesión da dispensa, o/a alumno/a ten un prazo de 5 días hábiles, para contactar co/a docente da materia, a través do correo electrónico (ver tarefas por dispensa de asistencia no espazo web da materia).
PLAXIO E USO INDEBIDO DAS TECNOLOXÍAS:
“Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Estudio autónomo: 40 horas.
Exercicios: 25 horas.
Lectura de textos: 10 horas.
Elaboración de traballos, visualización de material: 20 horas.
Outras tarefas propostas: 4 horas.
Total: 99 horas.
Para o desenvolvemento do proceso de investigación é necesario partir dos coñecementos teóricos e técnicos que se imparten nas aulas expositivas e interactivas nas materias de Investigación e Diagnóstico en Traballo Social e Metodoloxía da Investigación Social.
Respecto á bibliografía recoméndase tamén consultar a que se presenta na Guía da materia, posto que é mais completa que a que se inclúe neste programa pola limitación de espazo.
Xiana Vilas Castro
- Departamento
- Campus Norte
- Área
- Escola Universitaria de Traballo Social
- Correo electrónico
- xianavilas.castro [at] usc.es
- Categoría
- Non Aplicable
Diana Morela Escobar Árias
Coordinador/a- Departamento
- Campus Norte
- Área
- Escola Universitaria de Traballo Social
- Correo electrónico
- dianamorela.escobar.arias [at] usc.es
- Categoría
- Non Aplicable
Venres | |||
---|---|---|---|
10:30-12:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán, Galego | Aula 3 |
19.12.2024 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |
19.05.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |
09.07.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |