Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Campus Norte
Áreas: Escola Universitaria de Traballo Social
Centro Escola Universitaria de Traballo Social
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | (Si)
.-Ser capaz de valorar as consecuencias e implicacións que diferentes orientacións en política social teñen para o Traballo Social, así como as achegas do Traballo Social ao deseño, desenvolvemento e avaliación das políticas sociais.
.-Ser capaz de analizar a natureza dos mecanismos que vehiculan as políticas sociais e as consecuencias de cada un deles en termos de resultados e efectos sobre a desigualdade.
.-Ser capaz de distinguir e recoñecer a articulación de mercado, familia, sociedade civil e estado nas sociedades de benestar e as súas implicacións para o deseño e resultados das políticas.
.-Saber identificar as principais tendencias actuais en materia de política social.
.-Coñecer, comprender e ser capaz de avaliar a articulación territorial e sistémica das políticas de benestar social e os resultados en termos de deseño, implantación e avaliación destas.
I.- Política Social, Estado de Benestar e Traballo Social .Fundamentos ideolóxicos da política social.
II.- Relacións entre Política Social e Taballo Social. Achegas do Traballo Social ao deseño, desenvolvemento e avaliación das políticas sociais.
III.- Mecanismos para a aplicación das políticas sociais: resultados e efectos sobre a desigualdade e a exclusión social.
IV.- Políticas Sociais sectoriais en España: sanidade pública, protección social e emprego, vivenda, educación, pensións públicas, e servizos sociais.
V.- A articulación territorial das políticas de Benestar Social.
VI.- O gasto en protección social.
VII.- Tendencias actuais en materia de política social.
Alonso-Olea,B.(2020). Derecho de la protección social. Civitas.
Alemán, C. e Garces ,J.(Coord.). (1996). Administración Social: servicios de bienestar social. Siglo XXI.
Alemán C. e Garces ,J.(Coord.).(1998).Política Social . McGraw-Hill.
Alonso-Olea,B. e Medina,S. (2014). Derecho de los servicios publicos sociales. Civitas.
Alonso Seco,JM.(2019). La política social como realización de derechos sociales. Tirant lo Blanch.
Consejo General de Colegios Oficiales de Diplomados en trabajo Social y Asistentes Sociales. (1986). 4 Siglos de acción social de la beneficencia al bienestar social. Autor.
Fernández García, T. e Alemán , C. (Coord.). (2003). Introducción al trabajo social. Alianza Editorial.
Fernández García, T. e Garcés , J. (Coord.). (1999). Crítica y futuro del Estado de Bienestar. Tirant lo Blanch.
Fernández García, T e De la Fuente, Y. (Coord.).(2009). Política Social y Trabajo Social. Alianza Editorial.
Garces , J.(Coord.). (1996). Sistema político y administrativo de los servicios sociales. Tirant lo
Blanch.
Gutierrez Resa, A. e Garcés ,J. (Coord.). (1999). Los servicios sociales en las Comunidades y Ciudades Autónomas. Tirant lo Blanch.
Molina,J.(2023).Teoría de la Política Social : La política social como actividad estatal y categoría de la interpretación histórica.Aranzadi.
Navarro,V.(Coord.). (2004). El Estado de Bienestar en España. Tecnos.
Pino del, E. e Rubio, M.J. (Eds.). (2013). Políticas sociales en perspectiva comparada. Tecnos.
Torres López,J.(2019). La renta básica. Deusto.
Na Memoria do Título de Grao en Traballo Social sinálase que esta materia contribúe a acadar as seguintes competencias, para lograr os obxectivos propostos para a titulación:
Competencias xenéricas:
.- Posuír e comprender os coñecementos que definen ao Traballo Social como disciplina científica, incluíndo as súas teorías, métodos e ámbitos de aplicación, a un nivel que se apoia nas publicacións máis avanzadas e inclúe algúns dos aspectos máis relevantes que están na vangarda do coñecemento neste campo.
Competencias específicas:
.- Ter a capacidade para traballar e valorar de maneira conxunta con persoas, familias, grupos, organizacións e comunidades as súas necesidades e circunstancias, promovendo o cambio, a resolución de problemas nas relacións humanas e o fortalecemento e a liberdade da sociedade para incrementar o benestar e a cohesión:
-Coñecer a realidade social, as teorías sociais así como teorías sobre a cultura e a diversidade cultural.
.-Ter capacidade para administrar e ser responsable, con supervisión e apoio, da propia práctica dentro da organización.
-Adquirir facultades para contribuír á administración de recursos e servizos colaborando cos procedementos implicados na súa obtención, supervisando a súa eficacia e asegurando a súa calidade.
-Adquirir habilidades para participar na xestión e dirección de entidades de benestar social.
.- Ter capacidade para integrar os principios e normas do Código Deontolóxico de Traballo Social e demostrar competencia no exercicio do mesmo.
-Coñecer e aplicar as boas prácticas do Traballo Social participando no desenvolvemento e análise das políticas que as implementan.
Competencias transversais:
.- Capacidade de análise e síntese.
.- Capacidade de comunicación oral e escrita.
.- Capacidade de razoamento crítico.
.- Capacidade de aprendizaxe autónoma.
.- Capacidade de motivación pola calidade.
A metodoloxía utilizada combinará a docencia expositiva, interactiva e titoría en grupo reducido co traballo do alumnado fóra da aula, promovendo a aprendizaxe autónoma.Preténdese que o alumnado participe activamente na construcción do coñecemento a través do manexo da bibliografía e da resolución de casos aos que deberá aplicar destrezas de observación, análise e interpretación da información.
Como aula virtual, para o desenvolvemento da docencia emprégarase a web propia do centro, na que cada materia ten o seu espacio propio, ao que o alumnado accede con chave.
A docencia expositiva e interactiva e a titoría en grupo reducido é presencial. O seguimento realízase a través da programación das entregas e listaxes de participación.
A través das Titorías se orienta e asesora sobre as actividades e tarefas propostas ao alumnado. Así mesmo resolveranse dúbidas que se lle poidan presentar ao alumnado no seu proceso de aprendizaxe.
A valoración da aprendizaxe enténdese como un proceso a través do que se comproba o nivel do logro en relación aos obxectivos sinalados.Toda valoración a realizar responde a unha parte do contido do programa da materia.
A avaliación da materia farase mediante unha avaliación continua e a realización dun exame final.
O exame final oficial terá un valor do 70% sobre a cualificación global, e será necesario alcanzar unha puntuación mínima de 4 para poder sumar a puntuación obtida na avaliación continua. A avaliación continua terá un valor do 30%, e realizarase sobre actividades do alumnado elaboradas a nivel individual ou grupal .
Na Guía da Materia que se aportará ao comezo das clases, especifícase o contido e a puntuación correspondente ás distintas actividades da avaliación continua.
No contido da avaliación continua puntuaranse tarefas prácticas que se poidan realizar nas clases expositivas e nas clases interactivas, así como fóra das aulas. Na guía de materias que se entrega ao comezo das clases, se sinalarán as tarefas prácticas que se poidan realizar nas clases expositivas e interactivas, así como fóra das aulas, especifícase o desenvolvemento das ensinanzas e as indicacións relativas ás tarefas de avaliación continua así como a puntuación de cada unha delas.
O control da participación na avaliación continua pode realizarse mediante a entrega dos exercicios, tarefas prácticas ou tamén mediante rexistro de asistencia a clase.
As actividades realizadas na aula non son recuperables fora das sesións docentes establecidas, agás que a non asistencia estea xustificada dentro dos supostos legais establecidos no centro.
A puntuación obtida nas actividades de avaliación continua poderase conservar no curso posterior, máis se algunhas destas actividades fose eliminada e/ou sexa incorporada algunha nova; neste caso deberá realizarse para poder obter a puntuación correspondente. Enviarase correo electrónico a mariajesus.castro [at] usc.es (mariajesus[dot]castro[at]usc[dot]es) solicitando que se conserve a avaliación continua do curso anterior.
A USC é unha universidade presencial, e o alumnado ten deber de asistir regularmente ás actividades lectivas programadas.
O sistema de control de asistencia é o establecido polo Centro. O prazo e as causas polas que se pode xustificar a non asistencia a clase son as establecidas na Regulación que para tal efecto aprobou a USC e as normas propias do Centro.
No caso de non asistir ás clases presenciais nas que se realizan tarefas puntuables, e se teñan xustificadas as faltas de asistencia, poden compensarse estas tarefas coa elaboración de traballos e exercicios encomendados pola profesora. Unha vez se teña confirmación da xustificación de faltas de asistencia, o/a alumno/a ten que poñerse en contacto coa profesora, dentro dos cinco días seguintes á publicación de resolución de faltas, para o encargo da tarefa compensatoria no caso de que proceda a realización dunha actividade puntuable.
Na situacións previstas que imposibilitan manter a dinámica da avaliación continua presencial o alumnado poderá solicitar a dispensa de asistencia, polo procedemento establecido polo Centro e nos prazos fixados.Nestas situacións realizaranse as actividades que oportunamente se fixen co correspondente sistema de avaliación.
PLAXIO E USO INDEBIDO DAS TECNOLOXÍAS :Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
O tempo de estudo e traballo persoal do alumnado estímase en 99 horas distribiudas como segue:
.-Estudo autónomo individual ou en grupo: 50 horas
.-Exercicios: 15 horas
.-Lectura de textos: 15 horas
.-Elaboración de traballos, visualización de material: 15 horas
.-Preparación de exposicións orais: 4 horas
A asistencia ás clases expositivas é clave para que o alumnado poida ir construíndo o corpo teórico da asignatura necesario para orientar a aprendizaxe práctica.
A participación nas clases interactivas é fundamental para a integración do coñecemento teórico e práctico, e para posicionar ao alumno/a en contextos profesionais.
Recoméndase ao alumnado que no desenvolvemento temporal da materia manteña un contacto periódico coa profesora encargada da docencia para aclarar e orientar sobre bibliografía necesaria para afondar en aspectos de maior interese para o/a alumno/a.
A asignatura pertence á "Materia: Políticas Sociais e Traballo Social” dentro do "Módulo: O contexto Institucional do Traballo Social”.
Recoméndase ter cursadas as asignaturas “Historia dos Sistemas de Benestar Social” e “Fundamentos de Política Social”.
María Jesús Castro Neo
Coordinador/a- Departamento
- Campus Norte
- Área
- Escola Universitaria de Traballo Social
- Correo electrónico
- mariajesus.castro [at] usc.es
- Categoría
- Non Aplicable