Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Campus Norte
Áreas: Escola Universitaria de Traballo Social
Centro Escola Universitaria de Traballo Social
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
-Coñecer e comprender a estrutura e organización dos Servizos Sociais comunitarios a nivel autonómico e local.
-Ser capaz de detectar os mecanismos de exclusión e discriminación no acceso á protección social e plantexar fórmulas para corrixilos no ámbito dos Servizos Sociais comunitarios.
-Coñecer e comprender o desempeño profesional dos/as traballadores/as sociais nos Servizos Sociais comunitarios.
I.- O Sistema de servizos sociais no marco do Estado de Benestar.
II.-Evolución dos servizos sociais en España.
III. -Marco xurídico administrativo do Sistema de servizos sociais. Referencia ao marco normativo dos servizos sociais en Galicia.
IV. -O primeiro nivel de actuación do Sistema de servizos sociais .
V.-Os servizos sociais comunitarios en Galicia.
VI. -Programas dos servizos sociais comunitarios en Galicia.
VII. -O Traballo Social nos Servizos Sociais comunitarios.
Alemán, C. e García Serrano, M. (1999). Fundamentos de Bienestar Social. Tirant lo Blanch.
Alonso Seco,JM. e Alemán,C.(2020). El sistema de servicios sociales:Nuevas tendencias en España.Tirant lo Blanch.
Alonso Seco, J. M. e Gonzalo González, B. (2000). La asistencia social y los servicios sociales en España. Boletín Oficial del Estado.
Anaut,S.(Coord.).(2019). El Sistema de Servicios Sociales en España.Aranzadi .
Casado, D. (1994). Introducción a los servicios sociales. Popular S.A.
Casado, D. e Desdentado, A. (1979). Descentralizar los Servicios Sociales. Marsiega.
Consejo General de Colegios Oficiales de Diplomados en Trabajo Social y Asistentes Sociales.( 1986). De la Beneficencia al Bienestar Social, cuatro Siglos de Acción Social. Siglo XXI;Consejo General de Colegios Oficiales de Diplomados en Trabajo Social y Asistentes Sociales.
Consejo General de Colegios Oficiales de Diplomados en Trabajo Social y Asistentes Sociales. (1987). Servicio Social de Ayuda a Domicilio. Siglo XXI; Consejo General de Colegios Oficiales de Diplomados en Trabajo Social y Asistentes Sociales.
Consejo General del Trabajo Social. (2015). Reforma de la Administración Local .Revista de Servicios Sociales y Política Social,106.
Consejo General del Trabajo Social. (2023). Modelos do Sistema Público de Servicios Sociales que defende o Traballo Social.Consejo General del Trabajo Social.
De la Red, N. (1996). La intervención integral en municipios menores de 20.000 habitantes. Junta de Castilla y León; Ministerio de Trabajo y Asuntos Sociales ;Universidad de Valladolid.
Del Valle Gutiérrez, A. (1986). El modelo de Servicios Sociales en el Estatuto de las Autonomías. Repercusión del modelo de Servicios Sociales en la formación de los Trabajadores Sociales. Siglo XXI ; Fundación IESA.
Fernández García, T. e Ares Parra, A. (2002). Servicios Sociales: Dirección, gestión y planificación . Alianza.
Garcés, J. (1996). Sistema Político y administrativo de los Servicios Sociales. Tirant lo Blanch.
Garcés, J. e Alemán, M. C. (1996). Administración social: servicios de Bienestar Social. Siglo XXI de España .
García, G. (1998). Los centros de Servicios Sociales. Siglo XXI ; Consejo General de Colegios Oficiales de Diplomados en Trabajo Social y Asistentes Sociales.
Garrido Juncal, A.(2020). Los servicios sociales en el S.XXI. Tomson Reuters Aranzadi.
Gimeno,C.(2023).Trabajo social comunitario. Prensas de la Universidad de Zaragoza.
López, M. (1997). Sistema de Registro en Servicios Sociales Comunitarios. Universidad de Málaga.
Muñiz de las Cuevas, R. (1996). O Pobo oculto: pobreza e acción social en Galicia. A Nosa Terra.
Picornell-Lucas,A.Pastor,E. e Belchior,H.(2022).Trabajo Social,Servicios Sociales e Intervención Comunitaria.Dykinson.
Santos, J. (2012). El Cuarto Pilar. Un nuevo relato para los servicios sociales. Consejo General del Trabajo Social ; Paraninfo.
Na Memoria do Título de Grao en Traballo Social sinálase que esta materia contribuie a conseguir as seguintes competencias, para acadar os obxectivos propostos para a titulación:
Competencias xenéricas:
. -Posuír e comprender os coñecementos que definen ao Traballo Social como disciplina científica, incluíndo as súas teorías, métodos e ámbitos de aplicación, a un nivel que se apoia nas publicacións máis avanzadas e inclúe algúns dos aspectos máis relevantes que están na vangarda do coñecemento neste campo.
. -Ter desenvolvido as habilidades de aprendizaxe necesarias para continuar a súa formación e aprendizaxe no ámbito do Traballo Social cun alto grao de autonomía.
Competencias específicas:
. -Coñecer a realidade social, as teorías sociais así como teorías sobre a cultura e a diversidade cultural.
. -Adquirir facultades para contribuír á administración de recursos e servizos colaborando cos procedementos implicados na súa obtención, supervisando a súa eficacia e asegurando a súa calidade.
. -Adquirir habilidades para participar na xestión e dirección de entidades de benestar social.
. -Coñecer e aplicar as boas prácticas do Traballo Social participando no desenvolvemento e análise das políticas que as implementan.
Competencias transversais:
. -Capacidade de análise e síntese.
. -Capacidade de comunicación oral e escrita.
. -Capacidade de razoamento crítico.
. -Capacidade de aprendizaxe autónoma.
. -Capacidade de motivación pola calidade.
A metodoloxía utilizada combinará a docencia expositiva, interactiva e titoría en grupo reducido co traballo do alumnado fóra da aula, promovendo a aprendizaxe autónoma e significativa. Preténdese que o alumnado participe activamente na construcción do coñecemento a través do manexo da bibliografía e da resolución de tarefas nas que deberá aplicar destrezas de observación, análise e interpretación da información.
Como aula virtual, para o desenvolvemento da docencia emprégarase a web propia do centro, na que cada materia ten o seu espacio propio, ao que o alumnado accede con chave.
A docencia expositiva e interactiva así como a titoría en grupo reducido é presencial. O seguimento realízase a través da programación das entregas e listaxes de participación.
A través das Titorías se orienta e asesora sobre as actividades e tarefas propostas ao alumnado. Así mesmo resolveranse dúbidas que se lle poidan presentar ao no seu proceso de aprendizaxe.
A valoración da aprendizaxe enténdese como un proceso a través do que se comproba o nivel do logro en relación aos obxectivos sinalados.Toda valoración a realizar responde a unha parte do contido do programa das materia.
A avaliación da materia farase mediante unha avaliación continua e a realización dun exame final.
O exame final oficial terá un valor do 70% sobre a cualificación global, e será necesario alcanzar unha puntuación mínima de 4 para poder sumar a puntuación obtida na avaliación continua. A avaliación continua terá un valor do 30%, e realizarase sobre actividades do alumnado elaboradas a nivel individual ou grupal.
Na Guía da Materia que se aporta ao comezo das clases, especifícarase o contido e a puntuación correspondente á avaliación continua.
No contido da avaliación continua puntuaranse tarefas prácticas que se poidan realizar nas clases expositivas e nas clases interactivas, así como fóra das aulas. Na guía de materias que se entrega ao comezo das clases, se sinalarán as tarefas prácticas que se poidan realizar nas clases expositivas e interactivas, así como fóra das aulas, especifícase o desenvolvemento das ensinanzas e as indicacións relativas ás tarefas de avaliación continua así como a puntuación de cada unha delas.
O control da participación na avaliación continua pode realizarse mediante a entrega dos exercicios, tarefas prácticas ou tamén mediante rexistro de asistencia a clase.
As actividades realizadas na aula non son recuperables fora das sesións docentes establecidas, agás que a non asistencia estea xustificada dentro dos supostos legais establecidos no centro.
A puntuación obtida nas actividades de avaliación continua poderase conservar no curso posterior, máis se algunhas destas actividades fose eliminada e/ou sexa incorporada algunha nova; neste caso deberá realizarse para poder obter a puntuación correspondente. Enviarase correo electrónico a mariajesus.castro [at] usc.es (mariajesus[dot]castro[at]usc[dot]es) solicitando que se conserve a avaliación continua do curso anterior.
A USC é unha universidade presencial, e o alumnado ten deber de asistir regularmente ás actividades lectivas programadas.
O sistema de control de asistencia é o establecido polo Centro. O prazo e as causas polas que se pode xustificar a non asistencia a clase son as establecidas na Regulación que para tal efecto aprobou a USC e as normas propias do Centro.
No caso de non asistir ás clases presenciais nas que se realizan tarefas puntuables, e se teñan xustificadas as faltas de asistencia, poden compensarse estas tarefas coa elaboración de traballos e exercicios encomendados pola profesora. Unha vez se teña confirmación da xustificación de faltas de asistencia, o/a alumno/a ten que poñerse en contacto coa profesora,nos cinco días hábiles seguintes á publicación da Resolución de faltas, para o encargo da tarefa compensatoria no caso de que proceda a realización dunha actividade puntuable.
Na situacións previstas que imposibilitan manter a dinámica da avaliación continua presencial o alumnado poderá solicitar a dispensa de asistencia, polo procedemento establecido polo Centro e nos prazos fixados.Nestas situacións realizaranse as actividades que oportunamente se fixen co correspondente sistema de avaliación.
PLAXIO E USO INDEBIDO DAS TECNOLOXÍAS :Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
O tempo de estudo e traballo persoal do alumnado estímase en 99 horas distribuídas como segue:
-Estudo autónomo individual ou en grupo: 50 horas
-Exercicios: 15 horas
-Lectura de textos: 10 horas
-Elaboración de traballos, visualización de material: 20 horas
.-Preparación de exposicións orais: 4 horas.
A asistencia ás clases expositivas é clave para que o alumnado poida ir construíndo o corpo teórico da materia necesario para orientar a aprendizaxe práctica.
A participación nas clases interactivas é fundamental para a integración do coñecemento teórico e práctico, e para posicionar ao alumno/a no contexto profesional dentro dos servizos sociais comunitarios.
Recoméndase ao alumnado que no desenvolvemento temporal da materia manteña un contacto coa profesora encargada da docencia para aclarar e orientar sobre bibliografía necesaria para afondar en aspectos de maior interese para o alumnado.
A asignatura pertence á Materia "Servizos Sociais" dentro do Módulo "O contexto institucional do traballo social".
Recoméndase ter cursadas as asignaturas "Historia dos Sistemas de Benestar Social" e "Fundamentos de Política Social"
María Jesús Castro Neo
Coordinador/a- Departamento
- Campus Norte
- Área
- Escola Universitaria de Traballo Social
- Correo electrónico
- mariajesus.castro [at] usc.es
- Categoría
- Non Aplicable
Luns | |||
---|---|---|---|
18:30-20:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 2 |
Martes | |||
13:30-14:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 2 |
09.01.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 2 |
18.06.2025 10:30-12:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 2 |