Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Campus Norte
Áreas: Escola Universitaria de Traballo Social
Centro Escola Universitaria de Traballo Social
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
- Ser capaz de utilizar claves verbais e non verbais para guiar a interpretación.
- Adquirir habilidades para deseñar soportes documentais e documentar os procesos de intervención social, entre elas as de elaborar, presentar e compartir historias e informes sociais manténdoos completos, fieis, accesibles e actualizados como garantía na toma de decisións e valoracións profesionais.
- Ser capaz de establecer un contacto efectivo con individuos e organizacións por medio da palabra falada e escrita, en papel e por medios electrónicos; e facelo de forma correcta e clara cun estilo adecuado aos destinatarios, á finalidade e ao contexto da comunicación.
- Ser capaz de xestionar un debate e evaluar os puntos de vista e as probas aportadas por outros.
- Ser capaz de aplicar as tecnoloxías da comunicación e a información na prestación de servizos.
- Linguaxe verbal e non verbal. Uso da palabra falada e escrita, en papel e por medios electrónicos. Deseño e xestión de sistemas de rexistro de información. Deseño e uso de soportes documentais. Utilización da información: recollida, estructuración, presentación, almacenamento, localización e consulta.
- Soportes documentais de rexistro de información: Ficha Social, Historia Social básica, Historia Social Única Electrónica (HSUE), Folla de Seguimento, Rexistro de Entrevista, Rexistro de Visitas a Domicilio, Rexistro de Traballo con Grupos, Proxecto de Intervención de Casos, Follas de Derivación, Folla de Rexistro de Demanda e Intervención, Diario de Campo, Axenda de Traballo, Ficha de Recursos, Memoria de Actividades.
- O Informe Social como documento específico e propio do/a Traballador/a Social.
- Ferramentas para dar cumprimento á normativa de tratamento de datos de carácter persoal. Modelos de Consentimento Informado.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Caño, C., Escoda, E., Herraiz, D. e Rejas, L. (2012). El Informe Social. Teoría y Práctica. Tirant lo Blanch.
Decreto 89/2016, de 30 de xuño, polo que se regula a creación, o uso e o acceso á historia social única electrónica. (2016) . DOG, 141, 27 de xullo de 2016, 32772 a 32802 https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160727/AnuncioG0425-120716-…
Consejo General del Trabajo Social. (2012). Código deontológico del Trabajo Social.
Fernández Cano, A. M. e Jiménez Sánchez, A. (2002). El Informe Social. Cuestiones a debate. Colegio Oficial Diplomados en T.S. y A.S. de Córdoba.
Fernández Cano, A. M. e Jiménez Sánchez, A. (2006). El Informe Social. Cuestiones a debate. Colegio Oficial Diplomados en T.S. y A.S. de Málaga.
Ley Orgánica 3/2018, de 5 de diciembre, de Protección de Datos Personales y garantía de los derechos digitales. (2018). BOE, 294, 6 de decembro de 2018, https://www.boe.es/buscar/doc.php?id=BOE-A-2018-16673
Lima, A. I. e E Maya, A. (Coords). (2018). Protección de datos en servicios sociales. Guía para profesionales. Consejo General de Trabajo Social.
Munuera, M. P. (2012). El Informe Social: Imagen de la intervención psicosocial en la documentación profesional del trabajo social. En J. Fombuena (Coord.), El Trabajo Social y sus instrumentos. Elementos para una interpretación a piacere. Nau Llibre.
Reglamento General de Protección de Datos 2016/679, de 27 de abril. Diario Oficial de la Unión Europea, L 119, de 4 mayo de 2016. http://www.agpd.es/portalwebAGPD/canaldocumentacion/legislacion/union_e…
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Agencia Española de Protección de Datos. (s.d.). Protección de datos. Guía para el Ciudadano. http://www.agpd.es/portalwebAGPD/canaldocumentacion/publicaciones/commo…
Agencia Española de Protección de Datos. (2017a). Guía del Reglamento General de Protección de Datos para responsables de tratamiento. Recuperado de http://www.agpd.es/portalwebAGPD/temas/reglamento/common/pdf/guia_rgpd…
Agencia Española de Protección de Datos. (2017b). Guía para el cumplimiento del deber de informar. http://www.agpd.es/portalwebAGPD/temas/reglamento/common/pdf/guia_rgpd…
Agencia Española de Protección de Datos. (2018). Protección de datos y Administración Local. Guías sectoriales AEPD. http://www.agpd.es/portalwebAGPD/canaldocumentacion/publicaciones/commo…
Consellería de Política Social. (2020). Recomendacións básicas en materia de protección de datos no contexto do uso da HSUE polos servizos sociais comunitarios dos concellos.
https://matiass.xunta.es/media/k2/attachments/Recomendacinsbasicasenmat…
Garcés, E. e Miranda M. (1991, Abril). Reflexiones en torno al Informe Social. Trabajo Social y Salud, 8, 117-133.
Pérez Rivero, L. (2000). La documentación específica en trabajo social. La historia, la ficha y el informe social. Cuadernos de Trabajo Social, 13, 75-90.
Regalado J. (2017). El Informe Social. Prototipo para profesionales del Trabajo Social. https://drive.google.com/file/d/0B9P_KKowDRgaeHhlTktEZjJFY1E/view?resou…
Rodríguez Otero, L.M., Tamez, B., Zúñiga, M. e Mancinas, S.E. (2017). Herramientas para construir el expediente social desde el Trabajo Social. Red Pública.
COMPETENCIAS XENÉRICAS
- Saber aplicar eses coñecementos na súa actividade profesional e saber elaborar e defender argumentos sobre as cuestións que incumben ao Traballo Social, facendo uso dos seus coñecementos sobre a realidade social, as teorías, os modelos e os métodos científicos propios.
- Ter a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes, facer valoracións e diagnósticos sociais, no ámbito da intervención social, que inclúan unha reflexión sobre temas actuais de índole social, científica ou ética.
- Ser capaces de transmitir información, ideas, problemas e solucións sobre cuestións relativas ao Traballo Social a un público tanto especializado como non especializado.
- Ter adquirido as habilidades de aprendizaxe necesarias para continuar a súa formación e aprendizaxe no ámbito do Traballo Social cun alto grado de autonomía.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS
- Coñecer estratexias para intervir con persoas, familias, grupos, organizacións e comunidades para axudarlles a tomar decisións ben fundamentadas acerca das súas necesidades, circunstancias, riscos, opcións preferentes e recursos.
- Valorar as necesidades e opcións posibles para orientar unha estratexia de intervención.
- Analizar e sistematizar a información que proporciona o traballo cotián para revisar e mellorar as estratexias profesionais que deben dar resposta ás situacións sociais emerxentes.
- Xestionar, presentar e compartir historias e informes sociais manténdoos completos, fieis, accesibles e actualizados como garantía na toma de decisións e valoracións profesionais.
COMPETENCIAS TRANSVERSAIS
- Capacidade de análise e síntese
- Capacidade de organización e planificación
- Capacidade de comunicación oral e escrita
- Capacidade de xestión da información
- Capacidade de razoamento crítico
- Capacidade de aprendizaxe autónoma
- Capacidade de motivación pola calidade
A metodoloxía utilizada combina a docencia de clases expositivas, interactivas, titoría en grupo reducido e o traballo persoal.
Preténdese que o alumnado, individual ou grupalmente, desenvolva actividades de participación activa: discusión de casos; traballo con textos ou datos; aplicación de técnicas, destrezas e habilidades a supostos prácticos, etc.
Como aula virtual, para o desenvolvemento da docencia emprégase a web propia do centro, na que cada materia ten o seu espacio propio, ao que o alumnado accede con chave. Poden empregarse tamén, outras ferramentas da web da USC.
A avaliación da materia realizase, nas dúas oportunidades, mediante a avaliación continua formativa combinada con probas finais. A porcentaxe da avaliación continua na calificación final é do 40% (4 ptos.), polo que o peso da proba final é do 60% (6 ptos.)
Realizarase un exame eliminatorio de toda a materia. Se se supera o exame eliminatorio e o/a alumno/a quere presentarse na convocatoria oficial para subir a nota, terá que facer un exame específico para isto, no que entra o mesmo contido pero as preguntas son diferentes.
Contido e puntuación das actividades de avaliación continua:
- Por asistencia a clases: 1,5 ptos.
- Por tarefas prácticas: 2,5 ptos.
Puntuacións polas tarefas prácticas:
Exercicio de apertura de expediente, ficha social, HSB e Informe social: máximo 1 pto.
Exercicio de emisión de Informe Social: máximo 0,3 ptos.
Exercicio dunha FRDI: máximo 0,3 ptos.
Exercicio de elaboración de cláusula informativa para documento impreso e consentimiento informado: máximo 0,7 ptos.
Exercicio de revisión de documentación empregada en servizos sociais: máximo: 0,2 ptos.
Na Guía da Materia que se entrega ao comezo das clases, especifícase o desenvolvemento da docencia e as indicacións relativas ás tarefas de avaliación continua.
No caso de non asistir ás clases nas que se realizan tarefas puntuables, e se teñan xustificadas as faltas de asistencia, poden compensarse estas tarefas coa elaboración de traballos e exercicios que lle sexan encomendados pola profesora. Unha vez se teña confirmación da xustificación das faltas de asistencia, o/a alumno/a ten que poñerse en contacto coa profesora para o encargo da tarefa compensatoria no caso de que proceda a realización dunha actividade puntuable. Ao efecto, unha vez publicada a acta na que conste a xustificación da/s falta/s de asistencia, o alumnado ten un prazo de 5 días hábiles, para solicitar á profesora a tarefa para compensar a puntuación correspondente.
A puntuación obtida nas actividades de avaliación continua poderase conservar en cursos posteriores non sendo que algunhas destas actividades sexa eliminada e/ou sexa incorporada algunha nova; neste caso deberá realizarse para poder obter a puntuación correspondente. Por outra parte, se cambia a valoración de cada unha das actividades, a puntuación obtida no seu momento, modificarase pola equivalente actual. O alumnado que non supere a materia, e desexe conservar a puntuación obtida no curso anterior debe solicitalo á profesora da materia a través dun correo electrónico dirixido á profesora da materia (malenas [at] euts.es (malenas[at]euts[dot]es)).
O prazo e os motivos polos que se poden xustificar as faltas de asistencia son os establecidos na Normativa de asistencia a clase nas ensinanzas adaptadas ao Espazo Europeo de Educación Superior (Acordo do Consello de Goberno da USC do 25 de marzo de 2010).
DISPENSA DE ASISTENCIA
O alumnado que xustifique a imposibilidade de asistir ás clases e teña concedida a dispensa de asistencia, poderá compensar as faltas coa realización de exercicios e traballos de análise de textos seleccionados que deberá entregar por escrito (ver tarefas por dispensa de asistencia na web da materia).
O alumnado que ten concedida a dispensa de asistencia, ten que poñerse en contacto coa profesora, preferentemente por correo electrónico, nun prazo non superior á 5 días hábiles desde a data de publicación da acta na que se recoñece dita concesión.
PLAXIO E USO INDEBIDO DAS TECNOLOXÍAS
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Estudio autónomo individual ou en grupo: 40 horas
Exercicios: 25 horas
Lectura de textos: 10 horas
Elaboración de traballos, visualización de material: 20 horas
Preparación de exposicións: 4 horas
TOTAL: 99 horas
Recomendacións previas: Ter cursadas as materias de Fundamentos de Traballo Social; Historia do Traballo Social; Ética e Traballo Social; e Habilidades Sociais e de Comunicación en Traballo Social.
A participación nas clases é fundamental para a integración dos coñecementos teóricos e prácticos, e para posicionar ao alumnado en contextos profesionais.
Recoméndase, durante o desenvolvemento temporal da materia, manter un contacto periódico coa profesora encargada para a clarificación e a orientación bibliográfica precisa para poder afondar nas parcelas de maior interese.
Respecto á bibliografía recoméndase tamén consultar a que se presenta na Guía da materia, posto que é mais completa que a que se inclúe neste programa pola limitación de espazo.
María Elena Puñal Romarís
Coordinador/a- Departamento
- Campus Norte
- Área
- Escola Universitaria de Traballo Social
- Correo electrónico
- mariaelena.punal [at] usc.es
- Categoría
- Non Aplicable
Xoves | |||
---|---|---|---|
10:00-12:00 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | Aula 4 |
12:00-14:00 | Grupo /CLIS_02 | Castelán | Aula 3 |
Venres | |||
12:00-13:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 4 |
09.01.2025 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |
19.06.2025 13:00-15:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |