Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Campus Norte
Áreas: Escola Universitaria de Traballo Social
Centro Escola Universitaria de Traballo Social
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
- Coñecer e ser capaz de xestionar as tecnoloxías da comunicación e da información no contexto dos servizos sociais.
- Ser capaz de incorporar os recursos das TIC no desenvolvemento profesional dos/as traballadores/as sociais.
- Ser capaz de aplicar as TIC nos métodos e técnicas de planificación, avaliación e xestión da calidade nos servizos sociais.
I.- A sociedade da información e as tecnoloxías da información e a comunicación. A fenda dixital.
II.- Conceptos, ferramentas e recursos informáticos
III.- O entorno dixital: o recurso virtual en Servizos Sociais
IV.- Programas específicos para os Servizos Sociais
V.- As TIC e o tratamento de datos persoais
Bibliografía básica e complementaria
Cabrera, P., Rubio, M., Martín, Fernández,Y., Alexandres, S., Rúa, A., Velasco, E., López, J. e Malgesini, G. (2005). Nuevas Tecnologías y exclusión social. Un estudio sobre las posibilidades de las TIC en la lucha por la inclusión social en España. Fundación telefónica.
Caballero, A., e Fernández, J. (2002). Nuevas Tecnologías y Servicios Sociales. En T. Fernandez e A. Ares (Coods.), Servicios Sociales: Dirección, Gestión y planificación (pp. 279-297). Alianza Editorial.
Castillo, J. e Peláez, A. L. (2019). El Trabajo Social en la era digital. Aranzadi Thomson Reuters.
Castillo, J. e Méndez, P. D. (2021). Hacia la Disrupción Digital del Trabajo Social. Aranzadi Thomson Reuters.
CERES. (2018). Certificados. https://www.cert.fnmt.es/certificados.
Cuffi, T. (2003). Manual imprescindible Microsoft Office XP, versión 2002. Anaya.
Decreto 89/2016, de 30 de xuño, polo que se regula a creación, o uso e o acceso á historia social única electrónica.
(2016). DOG, 141, 27 de xullo. https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160727/AnuncioG042512071600…
Ley Orgánica 3/2018, de 5 de diciembre, de Protección de Datos Personales y garantía de los derechos digitales. (2018). BOE, 294, 6 de decembro de 2018, https://www.boe.es/buscar/doc.php?id=BOE-A-2018-16673
Lovillo, A. e Herrera, J.M. (2004). Office 2003. Un conjunto excelente de herramientas digitales. Anaya .
Madruga, J. (2004). Internet . Anaya.
Mayer, M. e Baber, R. (1999). Introducción a la informática (Manual visual). Bélenguer.
Ministerio de Derechos Sociales y Agenda 2030. (2020). SIUSS V5. Manual de aplicación informática .
Reglamento General de Protección de Datos 2016/679, de 27 de abril. (2016). Diario Oficial de la Unión Europea, L 119, de 4 mayo de 2016. http://www.agpd.es/portalwebAGPD/canaldocumentacion/legislacion/union_e…
López, A., Suh, S,. e Zelenev, S. (2022). Digital Transformation and Social Well-BeingPromoting an Inclusive Society. https://www.routledge.com/Digital-Transformation-and-Social-Well-Being-….
Peña, J. e Vidal, M.C. (2004). Introducción a la informática. Iniciación y referencia. McGraw Hill.
Prieto, A. e Prieto, B. (2005). Conceptos de Informática. McGraw Hill.
Pulido, M.C. e Tamayo, F.R. (2002). Manual imprescindible de Windows XP. Anaya.
Sánchez, J.I. e Gallud, J.A. (2004). Internet. Iniciación y referencia . McGraw Hill.
Usátegui, J.M. e Zapater, C.E. (1990). Introducción a la informática. Paraninfo.
Xunta de Galicia. (2015). Manual técnico do cuarto nivel do Sistema de Información de Usuarios de Servizos.
Real Casa de la Moneda. (2018). Documentos de identificación . http://www.fnmt.es/identificacion.
Competencias xerais:
- Saber aplicar esos coñecementos na súa actividade profesional e saber elaborar e defender argumentos sobre as cuestións que atañen ao Traballo Social,
facendo uso dos seus coñecementos sobre a realidade social, as teorías, os modelos e os métodos científicos propios
- Ter desenvolvido as habilidades de aprendizaxe necesarias para continuar a súa formación e aprendizaxe no ámbito do Traballo Social cun alto grao de
autonomía
Competencias específicas:
- Analizar e sistematizar a información que proporciona o traballo cotián para revisar e mellorar as estratexias profesionais que deben dar resposta ás situacións
sociais emerxentes.
Competencias transversais:
- Capacidade de análise y síntese
- Capacidade de comunicación oral e escrita
- Capacidade de aplicación dos coñecementos de informática
- Capacidade de motivación pola calidade
- Capacidade de aprendizaxe autónomo
- Capacidade de razonamento crítico
A metodoloxía empregada combina a docencia presencial de clases expositivas, interactivas e titoría presencial en grupo reducido. As clases interactivas habitualmente terán lugar na aula de informática.
A finalidade das clases expositivas é a explicación dos aspectos básicos de cada tema establecido no programa, proporcionando a información necesaria que permita ao alumnado a aprendizaxe autónoma.
A docencia interactiva pretende que o alumnado, individual ou grupalmente, desenvolva actividades de participación activa: discusión de casos, traballo con textos ou datos, aplicación de técnicas, destrezas e habilidades a supostos prácticos, etc.
A través das titorías asesoraráse ao alumnado para o desenvolvemento das actividades propostas de forma autónoma, o que supón un proceso de autoaprendizaxe.
Na titoría presencial en grupo reducido, dinamízase, oriéntase e supervísase o traballo autónomo do alumnado, ao tempo que permite facer o seguimento e orientación na realización de tarefas e actividades derivadas do desenvolvemento individual e colectivo da docencia expositiva e interactiva.
A avaliación da materia realízase mediante avaliación continua e a superación de exames.
A avaliación mediante exames ten un peso do 60% sobre a cualificación global, polo que o peso da avaliación continua é do 40%.
É necesario acadar o apto no exame para poder sumar a puntuación da avaliación continua.
No contido da avaliación continua puntuaranse tarefas prácticas que se poidan realizar nas clases expositivas e nas clases interactivas, así como fóra da clase.
Na guía da materia que se entrega ao comezo das clases especifícase o desenvolvemento da docencia, as indicacións e puntuacións referentes a cada exercicio así como a puntuación pola asistencia a clase.
O control da participación na avaliación continua pode realizarse mediante a entrega dos exercicios, tarefas prácticas ou tamén mediante rexistro de asistencia a clase.
No caso que se realice un exame parcial ou varios exames parciais poderán presentarse tamén as persoas en modalidade de dispensa de asistencia. A cualificación final dos citados exames será a media das notas parciais obtidas, sempre que a cualificación mínima en cada un deles sexa Apta.
O alumnado que teña concedida dispénsaa de asistencia seguirá a seguinte modalidade de avaliación:
- Exame: 60%.
- Avaliación continua: 40%.
As actividades de dispensa de asistencia colgaranse na web da EUTS (www.euts.es), no apartado da materia de Traballo Social e Xénero, en concreto, no espazo destinado a dispensa de asistencia. Neste espazo tamén se colgarán as pautas de entrega de traballos, as puntuacións e os prazos estipulados para a entrega das tarefas.
Do mesmo xeito que na modalidade presencial, só se sumará a nota do exame á avaliación continua, cando nesta última se acade unha puntuación igual ou superior a 2 puntos.
O alumnado con dispensa de asistencia terá que contactar coa docente, por correo electrónico (dianamorela.escobar.arias [at] usc.es (dianamorela[dot]escobar[dot]arias[at]usc[dot]es) ou diana [at] euts.es (diana[at]euts[dot]es)) nun prazo non superior a cinco días hábiles desde a data de publicación da acta na que figura a resolución favorable de dispensa de asistencia.
SISTEMA DE CONTROL DE ASISTENCIA
O sistema de control de asistencia é o establecido polo centro.
O prazo e os motivos polos que se poden xustificar as faltas de asistencia son os establecidos na Normativa de asistencia a clase nos ensinos adaptados ao Espazo Europeo de Educación Superior (Acordo do Consello de Goberno da USC do 25 de marzo de 2010).
No caso de non asistir á clases nas que se realizan tarefas con puntuación e se teñan xustificadas as faltas de asistencia, pódense compensar estas, coa elaboración de traballos e exercicios encomendados pola profesora. nha vez se teña confirmación da xustificación da/ s falta/s de asistencia, o/o alumno/a ten que poñerse en contacto coa profesora, a través de correo electrónico (dianamorela.escobar.arias [at] usc.es (dianamorela[dot]escobar[dot]arias[at]usc[dot]es) ou diana [at] euts.es (diana[at]euts[dot]es)) nun prazo máximo de cinco días hábiles, a contar desde a data da resolución favorable da falta ou faltas xustificadas.
Para a entrega de traballos derivados de faltas xustificadas establécese un prazo de entrega, en concreto, cinco días hábiles desde que a persoa alumna recibe a tarefa ou tarefas por parte da docente. Fóra deste prazo non se procederá á súa revisión e, por tanto, non se puntuarán.
SISTEMA DE RECUPERACIÓN
- A recuperación do exame realizarase nas datas oficialmente establecidas.
- Os traballos realizados nas clases só se poderán recuperar cando se teña unha resolución favorable da falta xustificada.
- As persoas que non entreguen as actividades programadas nos prazos estipulados, salvo causas debidamente xustificadas e acreditadas, non poderán recuperalas na primeira convocatoria.
- A puntuación das actividades realizadas nas clases interactivas, salvo que a falta estea xustificada, non se poderá recuperar na segunda convocatoria.
- Poderase solicitar que se garden as notas alcanzadas durante dous cursos académicos. Para iso, o alumnado debe solicitalo por escrito, mediante correo electrónico á docente (dianamorela.escobar.arias [at] usc.es (dianamorela[dot]escobar[dot]arias[at]usc[dot]es) ou diana [at] euts.es (diana[at]euts[dot]es)). O prazo máximo estipulado para esta solicitude é o último día de setembro do curso académico seguinte.
Traballo persoal do/a alumno/a:
- Estudo autónomo individual ou en grupo: 40 horas
- Exercicios: 30 horas
- Lectura de textos: 10 horas
- Elaboración de traballos: 15 horas
- Outras tarefas propostas: 4 horas
A participación nas clases é fundamental para a integración dos coñecementos teóricos e prácticos, e para que o alumnado senta a maior vinculación cos contextos profesionais.
Recoméndase, durante o desenvolvemento temporal da materia, manter un contacto periódico coa profesora encargada para a clarificación e a orientación bibliográfica precisa para poder afondar nos aspectos de maior interese.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico do alumnado e de revisión de cualificacións.
Recoméndase ler a guía da materia que se facilita ao alumnado o primeiro día de clase, nela amplíanse os contidos do programa, en canto a planificación, datas importantes, actividades, puntuacións de estas, pautas de entrega de traballos, bibliografía, entre outros aspectos.
Diana Morela Escobar Árias
Coordinador/a- Departamento
- Campus Norte
- Área
- Escola Universitaria de Traballo Social
- Correo electrónico
- dianamorela.escobar.arias [at] usc.es
- Categoría
- Non Aplicable
Luns | |||
---|---|---|---|
16:00-17:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 3 |
17:30-19:30 | Grupo /CLIL_01 | Castelán | Aula 3 |
22.01.2025 11:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 2 |
05.06.2025 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 1 |