Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Campus Norte
Áreas: Escola Universitaria de Traballo Social
Centro Escola Universitaria de Traballo Social
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
- Coñecer o marco normativo de referencia da atención social ás persoas con adiccións.
- Ser capaz de identificar e valorar as necesidades sociais relacionadas cos problemas de adiccións e a súa repercusión na vida das persoas afectadas, amais das estratexias de atención e apoio pertinentes en cada situación.
- Coñecer os programas de tratamento para drogodependientes e saber identificar cada un coas súas características para poder aplicalos en cada momento.
- Ser capaz de recoñecer as características dos problemas de saúde en relación ás adiccións que dan lugar a necesidades de atención e apoios sociais.
- Coñecer e ser capaz de analizar os factores de risco e protección no campo das adiccións e aplicar de forma axeitada a cada situación o recurso máis oportuno.
- Coñecer e ser capaz de avaliar as políticas e os recursos sociais existentes a nivel territorial no campo das adicccións.
- Ser capaz de diseñar e implementar proxectos de intervención dende o Traballo Social coas persoas con adiccións.
- Ser capaz de aplicar métodos, modelos e técnicas do Traballo Social na intervención coas persoas con adiccións.
1. As adiccións non relacionadas con substancias.
2. As adiccións a substancias.
3. A intervención social en adiccións.
4. O papel das traballadoras sociais e os traballadores sociais nas adiccións.
5. Ferramentas utilizadas na intervención profesional das adiccións.
6. As teorías e os modelos relacionadas coas adiccións.
7. Rede de atención nas adiccións.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Apud, I. e Romaní, O. (2016). La encrucijada de la adicción. Distintos modelos en el estudio de la drogodependencia. Health and Addiction, 16(2), 115-125.
Becoña, E. (2002). Bases científicas de la prevención de las drogodependencias. Ministerio del Interior.
Consellería de Sanidade. (s.d.). Plan de Trastornos Adictivos de Galicia. http://xuventude.xunta.es/uploads/docs/Observatorio/Plan_de_trastornos_…
Delegación del Gobierno para el Plan Nacional sobre Drogas. (2017). Estrategia Nacional sobre Adicciones 2017-2024. http://www.pnsd.mscbs.gob.es/pnsd/estrategiaNacional/docs/180209_ESTRAT…
Dirección Xeral de Asistencia Sanitaria do Servizo Galego de Saúde. (2020). Memoria asistencial. Plan de Salud Mental de Galicia Post Covid19 Periodo 2020-2024 . https://www.sergas.es/Asistencia-sanitaria/Documents/1204/CASTELLANO_ME…
Graña, J., Muñoz, J. e Navas, E. (2007). Características psicopatológicas motivacionales y de personalidad en drogodependientes en tratamiento de la Comunidad de Madrid. Agencia Antidroga Comunidad de Madrid.
Instituto de Adicciones de la Ciudad de Madrid. (2012). Protocolo de Intervención desde el Trabajo Social en los Centros de Atención a las drogodependencias del Instituto de Adicciones. http://www.pnsd.mscbs.gob.es/pnsd/buenasPracticas/protocolos/pdf/Protoc…
López, M.F e Arrojo, M. (2012). O circuito de asistencia sanitaria aos trastornos adictivos en Galicia. Xunta de Galicia.
Losada, M. J., Márquez, P. e Sebastián, P. (1995). Aproximación a las funciones de los trabajadores sociales en los centros de atención a las drogodependencias. Cuadernos de Trabajo Social, 8, 123-139.
Ruiz, M.C. (2018). Actualización en drogodependencias. Análisis histórico, social y sanitario. Formación Alcalá.
Sánchez, L. (2008). Guía informativa: género y drogas. Plan de atención integral a la salud de la mujer en Galicia. Xunta de Galicia, Servizo Galego de Saúde.
Xunta de Galicia. (2001). Plan de Galicia sobre Drogas. Organización y funcionamiento de la Red Asistencial. https://www.sergas.es/gal/Publicaciones/Docs/Drogodependencias/PDF3-35…
World Health Organization. (1994). Glosario de términos de alcohol y drogas. Ministerio de Sanidad y Consumo de España.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Alvear de la M.I., Herrera, J., Iglesias, L., Márquez, J. e Paredes, C. (1984). Trabajo social a la luz del enfoque sistémico. Revista de Trabajo Social, 4(3), 46-53.
American Psychiatric Association. (2018). DSM-5 Manual Diagnóstico y Estadístico de los Trastornos Mentales. Editorial Médica Panamericana.
Arias, F., Castillo, C., Fernández, J.J., Roncero, C., Rovira, M.A. e Secades, R. (2008). Guías Clínicas Socidrogalcohol basadas en la evidencia científica opiáceos. Socidrogalcohol.
Castilla, P. (2016). La prevención de recaídas en drogodependencias desde el Modelo de Marlatt. Aportaciones desde el Trabajo Social. Trabajo Social Hoy, 24(77), 109-133.
Decreto 389/1994, do 15 de decembro, polo que se regula a saúde mental en Galicia. (1995). Diario Oficial de Galicia, 1, , 2 de enero. https://extranet.sergas.es/nrmtv/docs/gal/NormativaConvenios/NormativaS…
Levine, H. (1978). The Discovery of Addiction: Changing Conceptions of Habitual Drunkenness in America. Journal of Studies on Alcohol, 15, 493-506.
Orde do 12 de marzo de 2007 pola que se regula a integración funcional dos centros de alcoholismo e de atención ás drogodependencias non alcohólicas no Servizo Galego de Saúde. (2007). Diario Oficial de Galicia, 62, , 28 de marzo. https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2007/20070328/AnuncioB2CA_es.html
Organización Mundial de la salud. (1992). Clasificación Internacional de Enfermedades (OMS) CIE-10. Descripciones Clínicas y Pautas para el Diagnóstico. Meditor.
Portela, M. (2002). Programa de incorporación personalizado. Xunta de Galicia.
Stoehr, J. D. (2006). The Neurobiology of Addiction. Chelsea House Publishers.
UMAD de Santiago de Compostela. (2018). Plan Municipal de Prevención de Drogodependencias de Santiago de Compostela 2018-2021. http://www.santiagodecompostela.gal/medi/departamento/atencion_cidadan/…
COMPETENCIAS XENÉRICAS:
- Posuír e comprender os coñecementos que definen ao Traballo Social como disciplina científica, incluíndo as súas teorías, métodos e ámbitos de aplicación, a un nivel que se apoia nas publicacións máis avanzadas e inclúe algúns dos aspectos máis relevantes que están na vanguardia do coñecemento neste campo.
- Saber aplicar eses coñecementos na súa actividade profesional e saber elaborar e defender argumentos sobre as cuestións que incumben ao Traballo Social, facendo uso dos seus coñecementos sobre a realidade social, as teorías, os modelos e os métodos científicos propios.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS:
- Establecer relacións profesionais ao obxecto de identificar a forma máis adecuada de intervención con persoas con conductas aditivas.
- Coñecer estratexias para intervir con persoas, familias, grupos, organizacións e comunidades para axudarlles a tomar decisións ben fundamentadas acerca das súas necesidades, circunstancias, riscos, opcións preferentes e recursos.
- Valorar as necesidades e opcións posibles para orientar unha estratexia de intervención.
- Saber responder a situacións de crises valorando a urxencia das situacións, planificando e desenvolvendo accións para facer fronte ás mesmas e revisando os seus resultados.
- Adquirir habilidades para interactuar con persoas, familias, grupos, organizacións e comunidades para conseguir cambios, para promocionar o desenvolvemento dos mesmos e para mellorar as súas condicións de vida por medio da utilización dos métodos e modelos de Traballo Social, facendo un seguimiento con regularidade dos cambios que se producen ao obxecto de preparar a finalización da intervención.
- Saber identificar e traballar cos comportamentos que representan un risco para o sistema cliente identificando e evaluando as situacións e circunstancias que configuran devandito comportamento e elaborando estratexias de modificación dos mesmos.
COMPETENCIAS TRANSVERSAIS:
- Capacidade de análise e síntese.
- Capacidade de comunicación oral e escrita.
- Capacidade de traballo en equipo.
- Capacidade para as relacións interpersonais.
- Capacidade de razoamento crítico.
- Capacidade de aprendizaxe autónoma.
- Capacidade de motivación pola calidade.
Preténdese que o alumnado, individual ou de forma grupal, desenvolva actividades de participación activa como: discusión de casos, traballo con textos ou datos, aplicación de instrumentos e técnicas, administración en práctica de habilidades e destrezas nos supostos prácticos entre outras funcións.
A docencia nas clases expositivas terá a finalidade de explicar os fundamentos básicos dos contidos, co obxecto de instruír ao alumnado na adquisición de destrezas, habilidades e ferramentas para achegar á práctica de rigor e calidade. Nestas clases o alumnado tamén realizará actividades prácticas.
A docencia nas clases interactivas estará destinada a darlle protagonismo ao desenvolvemento das actividades propostas para o alumnado, as cales poderán ser realizadas de forma individual e/ou grupal. Para a execución das devanditas actividades será necesario que o alumnado participe activamente. A aprendizaxe estará centrado nas prácticas reflexivas co obxectivo de conseguir as destrezas necesarias para comprender a práctica e a toma de decisións.
As titorías da materia terán como finalidade a información, orientación e asesoramento ao alumnado para a adquisición de habilidades e destrezas co obxectivo de formular un pensamento crítico.
As titorías de grupo reducido estarán dedicadas a fomentar o traballo autónomo, para iso analizarase e supervisarase o traballo nas tarefas encomendadas pola profesora.
Ao longo desta materia, o alumnado debe ademais de lograr o desenvolvemento de competencias e aptitudes para a análise das adiccións desde o punto de vista do Traballo Social, producir reflexións únicas, facilitando poder levar a cabo un traballo en equipo e/ou individual onde as súas decisións deberán estar xustificadas polos conceptos centrais da materia.
Como aula virtual, para o desenvolvemento da docencia emprégase a web propia do centro, na que cada materia ten o seu espazo propio, ao cal o alumnado accede con clave.
A avaliación da materia realizarase tendo en conta os exames e a avaliación continua, desagregándose da seguinte forma:
1. A avaliación mediante exames e/ou probas escritas: 60%.
2. Unha puntuación máxima de avaliación continua de: 40%
No contido da avaliación continua puntuaranse tarefas prácticas que levarán a cabo tanto nas clases expositivas como nas clases interactivas. Na guía da materia que se entrega ao comenzo das clases, especifícase o desenvolvemento da docencia e as indicacións referentes ás tarefas de avaliación continua así como a puntuación de cada unha delas.
No caso que se realice un exame parcial ou varios exames parciais poderán presentarse tamén as persoas en modalidade de dispensa de asistencia. A cualificación final dos exames parciais será a media das notas dos exámenes, sempre que a cualificación mínima en cada un deles sexa Apta.
Será necesario que o alumnado obteña nos exames e/ou nas probas escritas unha cualificación mínima de Apto/a para poder sumar a puntuación da avaliación continua.
Poderanse producir cambios no sistema de avaliación da materia cando así sexa acordado entre a profesora e o alumnado, e sempre que supoña unha mellora da aprendizaxe.
Referente ao sistema de control de asistencia será o establecido polo centro. O prazo e as causas polas que se pode xustificar as faltas de asistencia son as establecidas na Normativa de asistencia a clase nas ensinanzas adaptadas ao Espazo Europeo de Educación Superior (Acordo do Consello de Goberno da USC do 25 de marzo de 2010).
No caso de non asistir ás clases nas que se realizan tarefas puntuables, e téñanse xustificadas as faltas de asistencia, poden compensarse estas tarefas coa elaboración de traballos e exercicios que lle sexan encomendados pola profesora ou polo profesor.
Unha vez téñase confirmación da xustificación das faltas de asistencia, o alumno ou a alumna ten que poñerse en contacto coa profesora ou o profesor para o encargo da tarefa compensatoria no caso de que proceda a realización dunha actividade puntuable. Para o efecto, unha vez publicada a acta na que conste a xustificación da/ s falta/ s de asistencia, o alumnado ten un prazo de 5 días hábiles máximo para contactar coa profesora ou profesor.
A puntuación obtida nas actividades de avaliación continua poderase conservar en cursos posteriores, non sendo aplicable no caso de que algunhas destas actividades sexa eliminada e/ou incorporada algunha nova; neste caso deberase realizar para poder obter puntuación correspondente.
Por outra banda, se cambia a valoración de cada unha das actividades, a puntuación obtida no seu momento, modificarase pola equivalente actual. O alumnado que non supere a materia e desexe conservar a puntuación obtida no curso anterior debe comunicalo a través dun correo electrónico dirixido á profesora ou ao profesor da materia (asouto [at] euts.es (asouto[at]euts[dot]es)).
DISPENSA DE ASISTENCIA
O alumnado que xustifique a imposibilidade de asistir ás clases, e teña concedida dispensa de asistencia, poderá compensar as faltas coa realización das tarefas, prácticos ou traballos establecidos polo/a docente da materia, nun prazo de 5 días hábiles, desde a data de publicación da acta na que se recoñece dita concesión a través do correo electrónico (asouto [at] euts.es (asouto[at]euts[dot]es)) (ver tarefas por dispensa de asistencia na web da materia da Escola Universitaria de Traballo Social).
Na Guía académica que se entrega ao comezo das clases, especificarase o contido e a puntuación correspondente a cada unha das tarefas, prácticos e traballos individuais e/ou grupais da avaliación continua.
PLAXIO E USO INDEBIDO DAS TECNOLOXÍAS
“Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
- Estudo autónomo individual ou en grupo: 50 horas.
- Exercicios: 15 horas.
- Lectura de textos: 10 horas.
- Elaboración de traballos, visualización de material: 20 horas.
- Outras tareas propostas: 4 horas.
Total: 99 horas.
A participación activa é clave para a formulación dun pensamento crítico. O alumnado deberá ter unha aprendizaxe autodirixida e continuada.
É recomendable que durante o desenvolvemento temporal da materia, manter un contacto periódico coa profesora encargada da materia, para a clarificación e a orientación bibliográfica.
Respecto a a bibliografía recoméndase tamén consultar a que se presenta na Guía da materia, debido a que é máis completa que a que se inclúe no programa pola limitación do espazo.
Ana Isabel Souto Gómez
Coordinador/a- Departamento
- Campus Norte
- Área
- Escola Universitaria de Traballo Social
- Correo electrónico
- anaisabel.souto.gomez [at] usc.es
- Categoría
- Non Aplicable
Martes | |||
---|---|---|---|
12:00-13:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 3 |
Mércores | |||
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 3 |
15.01.2025 11:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |
25.06.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |