Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Campus Norte
Áreas: Escola Universitaria de Traballo Social
Centro Escola Universitaria de Traballo Social
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
- Coñecer os principais métodos e técnicas para interactuar con comunidades para promover cambios e desenvolver as súas capacidades e mellorar as suas oportunidades vitais.
- Coñecer os xeitos de intervir con organizacións e comunidades para axudarlles a tomar decisions ben fundamentadas acerca das súas necesidades, circunstancias, penedos, opcións preferentes e recursos, e para promover a participación dous usuarios nos procesos e servizos de Traballo Social.
- Ser capaz de consultar e cooperar con outros, incluídos os usuarios de servizos, comunicando a través dás diferenzas tales como límítes institucionais e profesionais e as diferenzas de identidade ou linguaxe.
- Ser capaz de promover redes sociais para facer fronte as necesidades.
- Ser capaz de desenvolver os métodos de intervención comunitaria en Traballo Social de maneira que a poboación se implíque na busca de solucións comúns para a mellora das condicions de vida en clave solidaria e de sostibilidade ecolóxica e social.
- Ser capaz de defender as organizacions e comunidades e actuar no sue nome se a situación ou require.
- Ser capaz de identificar os comportamentos de risco.
- Ser capaz de detectar e afrontar situacións de crise valorando a urxencia das situacións, planificando e desenvolvendo accións para facer fronte ás mesmas e revisando os seus resultados
I.- Enfoques teóricos e estratexias de análise e intervención comunitaria.
II.- Organización e desenvolvemento Comunitario.
III.- Desenrrolo Humano.
IV.- Procesos de construción do Traballo Social comunitario, principios, obxectivos e ámbitos.
V.- Principais roles profesionais.
VI.- Estratexias de participación cidadá.
VII.- Métodos, técnicas e instrumentos para analizar, valorar e intervir con comunidades e as súas redes.
VIII.- Técnicas de elaboración de diagnósticos participativos, planificación da intervención e execución.
IX.- Mediación comunitaria.
X.- Humanización dos espazos urbans.
XI.- Proxectos Sociais.
Bibliografía básica:
.- Alguacil, J. (2000). Calidad de vida y praxis urbana. CIS.
.- Ander-Egg, E. (1987). La problemática del desarrollo de la comunidad. Humanitas.
.- Barbero, J.M. e Cortés, F. (2005). Trabajo Comunitario y Desarrollo social. Alianza Editorial.
.- Escartín, J., García, M., LLadonosa, M., Martinez, E. e Pastor, E. (2010). Trabajo Social Comunitario. Servicios Sociales e política Social, 91, 59-63.
.- Fantova, F. (2005). Manual para la gestión de la intervención social. CCS.
.- Fernández García, T. e de Lorenzo, R. (2015). Trabajo social una historia global. Mc Graw Hill.
.- Fernández, T. e López, A. (2008). Trabajo Social comunitario: afrontando juntos los desafíos Del siglo XXI. Alianza Editorial.
.- Fernández García, T. e Ponce de León, L. (Dir). (2016). Elaboración, gestión y evaluación de proyectos sociales. Pirámide.
.- Fernández García, T. e Ponce de León, L. (2018). Trabajo Social Individualizado: Metodología de intervención. 2ª Ed. rev. UNED
.- Gómez, F. (2014).Trabajo Social con Comunidades. Libros Certeza.
.- Hernández, J. (2009). Trabajo Social Comunitario en la Sociedad Individualizada. Nau llibres.
.- Herrero, I. (enero 2012). Los trabajadores sociales en situación de crisis, emergencia y catástrofe. Artículos y reflexiones del autor, 32 .
.- Kisnerman, N. (1990). Comunidad. Humanitas.
.- Lillo, N. e Roselló, E. (2001). Manual para el Trabajo Social Comunitario. Narcea.
.- Marchioni, M. (2001a). Comunidad, participación y desarrollo: Teoría y metodología de la intervención comunitaria. Popular.
.- Marchioni, M. (2001b). Comunidad y cambio social: Teoría y praxis de la acción comunitaria. Popular.
.- Pastor, T. (2018). Trabajo social con Comunidades. Narcea.
.- Pastor, T. (2021). Trabajo social con Comunidades. Teoría, metodología y práctica. Universitas.
.- Picornell-Lucas, A., Pastor, E. e Belchior, H. (2022). Trabajo social, Servicios Sociales e Intervención comunitaria. Dikinson
.- Sánchez, A. (2010). Intervención Comunitaria. Técnicas de Atención Comunitaria. Psico-edu.
.- Whatling, T. (2013). Mediación: Habilidades y estrategias. Narcea.
Bibliografía complementaria:
.- Robertis, de C. (1994). Intervención colectiva en Trabajo Social: Trabajo con grupos y comunidades. Ateneo.
.- López de Ceballos, P. (1998). Un método para la investigación-acción participativa. Popular.
.- Nogueiras, L. M. (1996). La práctica y la teoría del Desarrollo Comunitario. Narcea.
.- Quintana. J. Mª. (1985). Fundamentos de Animación Sociocultural. Narcea.
.- Rezsohazy, R. (1988). El desarrollo comunitario: Participar, programar, innovar. Narcea.
.- Trigueros, I. (1991). Manual de prácticas de Trabajo Social Comunitario en el movimiento ciudadano. Siglo XXI.
Competencias Xerais:
.- Posuír e comprender os coñecementos que definen ao Traballo Social como disciplina científica, incluíndo as súas teorías, métodos e ámbitos de aplicación, a un nivel que se apoia nas publicacións máis avanzadas e inclúe algúns dos aspectos máis relevantes que están na vangarda do coñecemento neste campo.
.- Saber aplicar eses coñecementos na súa actividade profesional e saber elaborar e defender argumentos sobre as cuestións que atinxen ao Traballo Social, facendo uso dos seus coñecementos sobre a realidade social, as teorías, os modelos e os métodos científicos propios.
.- Ter a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes, facer valoracións e diagnósticos sociais, no ámbito da intervención social, que inclúan unha reflexión sobre temas actuais de índole social, científica ou ética.
Competencias Espeficicas:
.- Ter a capacidade para traballar e valorar de maneira conxunta con persoas, familias, grupos, organizacións e comunidades as súas necesidades e circunstancias, promovendo o cambio, a resolución de problemas nas relacións humanas e o fortalecemento e a liberdade da sociedade para incrementar o benestar e a cohesión.
.- Establecer relacións profesionais ao obxecto de identificar a forma máis axeitada de intervención.
.- Coñecer estratexias para intervir con persoas, familias, grupos, organizacións e comunidades para axudarlles a tomar decisións ben fundamentadas acerca das súas necesidades, circunstancias, riscos, opcións preferentes e recursos.
.- Valorar as necesidades e opcións posibles para orientar unha estratexia de intervención.
.- Ter capacidade para planificar, implementar, revisar e avaliar a práctica do Traballo Social con persoas, familias,
grupos, organizacións, comunidades e con outros profesionais, para a promoción do cambio e a resolución de problemas nas relacións humanas..- Saber responder a situacións de crise valorando a urxencia das situacións, planificando e desenvolvendo accións para facer fronte ás mesmas e revisando os seus resultados.
.- Adquirir habilidades para interactuar con persoas, familias, grupos, organizacións e comunidades para conseguir cambios, para promover o desenvolvemento dos mesmos e para mellorar as súas condicións de vida por medio da utilización dos métodos e modelos de Traballo Social, facendo un seguimento con regularidade dos cambios que se producen ao obxecto de preparar a finalización da intervención.
.- Preparar, producir, implementar e avaliar os plans de intervención co sistema cliente e os colegas profesionais negociando a subministración de servizos que deben ser empregados e revisando a eficacia dos plans de intervención coas persoas implicadas ao obxecto de adaptaros ás necesidades e circunstancias cambiantes.
.- Desenvolver aptitudes para saber apoiar o desenvolvemento de redes para facer fronte ás necesidades e traballar a favor dos resultados planificados examinando coas persoas as redes de apoio a que poidan acceder e desenvolver.
.- Adquirir facultades para promover o crecemento, desenvolvemento e independencia das persoas identificando as oportunidades para formar e crear grupos, utilizando a programación e as dinámicas de grupos para o crecemento individual e o fortalecemento das habilidades de relación interpersoal.
Coñecer e utilizar a mediación como estratexia de intervención destinada á resolución alternativa ecomplementaria de conflictos en divesos ámbitos, tales como o familiar, escolar, comunitario e intercultural.
.-Ter capacidade para apoiar ás persoas para que sexan capaces de manifestar as necesidades, puntos de vista e circunstancias.
.- Desenvolver habilidades para defender ás persoas, familias, grupos, organizacións e comunidades e actuar no seu nome se a situación o requiere.
.- Ter capacidade para actuar na resolución das situacións de risco coas persoas así como para as propias e as dos colegas de profesión.
.- Diferenciar e actuar na resolución de situacións de risco previa identificación e definición da natureza do mismo.
.- Ter capacidade para administrar e ser responsable, con supervisión e apoio, da propia práctica dentro da organización.
.- Desenvolver aptitudes para traballar de manera eficaz dentro de sistemas, redes e equipos interdisciplinares e multiorganizacionais col propósito de colaborar no establecimento de fins, obxectivos e tempo de duración dos mesmos contribuiendo igualmente a abordar de manera constructiva os posibles desacordos existentes
.- Capacidade de análise e síntese
.- Capacidade de comunicación oral e escrita
.- Capacidade de resolución de problemas
.- Capacidade de traballo en equipo
.- Capacidade para as relaciones interpersoais
.-Capacidade de recoñecemento á diversidade e a multiculturalidade
.- Capacidade de razoamento crítico
.- Capacidade de compromiso ético
.- Capacidade de aprendizaxe autónomo
.- Capacidade de liderazgo
.- Capacidadede motivación pola calidade
A docencia expositiva ten asignadas sesións, distribuidas ao longo do cuatrimestre. A súa finalidade é a explicación dos aspectos básicos de cada tema establecido no programa, proporcionando a información necesaria que permita ao alumnado a aprendizaxe autónoma.
A docencia interactiva ten asignadas sesiones de dúas horas, distribuídas no cuadrimestre, pretende que o alumnado, individual ou grupalmente, desenvolva actividades de participación activa: discusión de casos, traballo con textos ou datos, aplicación de técnicas, destrezas e habilidades a supostos prácticos, etc.
A través das titorías se asesora ao alumnado para o desenvolvemento das actividades propostas de realización autónoma polo/o alumno/a, que supón un proceso de autoaprendizaxe.
Como aula virtual, para o desenvolvemento da docencia emprégase a web propia do centro, na que cada materia ten o seu espacio propio, ao que o alumnado accede con chave.
A docencia tanto expositiva como a interactiva impartiranse de xeito presencial.
O seguimento realizarase a través da lista de participación nos prácticos, tarefas e traballos individuais e/ou en grupo, establecidos na Guía da materia.
As titorías en grupos reducidos, realizaranse en remoto e de xeito presencial.
A avaliación da materia realizase mediante a avaliación continua combinada con proba final, que é complementaria nas dúas oportunidades.
A proba final terá un peso do 70% sobre a cualificación global, polo que o peso da avaliación continua é do 30%, que será de 1,5 puntos para traballos individuais e de 1,5 para traballos grupais.
É necesario acadar unha puntuación mínima de 4 (dun total de 7) na proba final para poder engadir a puntuación da avaliación continua. A materia aprobarase cando se chegue a un 5. Para acceder ao exame, é necesario presentar previamente o traballo individual que se estableza.
Na Guía académica especificarase o contido e a puntuación correspondente a cada unha das tarefas, prácticas e traballos da avaliación continua, que a profesora entregará ao comenzó das clases.
O prazo e as causas polas que se poden xustificar ás faltas de asistencia son as establecidas na Normativa de asistencia a clase nas ensinanzas adaptadas ao espazo europeo de educación superior (Acordo do Consello de Goberno da USC do 25 de marzo de 2010).
Todo o alumnado que teña ausencias xustificadas, terá que poñerse en contacto coa profesora a través do correo (purinaga [at] euts.es (purinaga[at]euts[dot]es)) para establecer a tarefa compensatoria, no caso de que proceda unha actividade de puntuación sexa axeitada (cun prazo máximo para recoller o material e devolver a actividades de 5 días hábiles dende a data de xustificación del acta).
O alumnado que xustifique a imposibilidade de asistir ás clases interactivas e teña concedida a dispensa de asistencia, terá un prazo de 5 días dende a data de publicación da acta para contactar coa docente mediante o correo electrónico (purinaga [at] euts.es (purinaga[at]euts[dot]es)) y poderán compensar a falta de asistencia coa realización das tarefas, prácticos ou traballos por escrito, establecidos pola docente.
A puntuación obtida nas actividades de avaliación continua pode manterse para cursos posteriores (variando a puntuación en caso de cambios no número ou tipo de tarefa, práctico e traballo). O alumnado que no supere a materia e queiran manter a puntuación obtida, deberán comunicárllelo a la docente da materia nos primeiros 15 días ao comenzó do cuatrimestre, por correo electónico (purinaga [at] euts.es (purinaga[at]euts[dot]es)).
Poderanse dar cambios, sempre beneficiosos para a aprendizaxe do alumnado, na avaliación continua, no momento en que se chegue a acordos entre a profesora e o alumnado.
Plaxio e uso indebido das tecnoloxías
“Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións
.
Traballo persoal do alumno/a:
Estudo autónomo individual ou en grupo......50 horas
Exercicios.....15 horas
Lectura de textos....... 10 horas
Elaboración de traballos, visualización de material .......20 horas
Outras tarefas propostas como acceso a paxinas web, sondaxe e comentario de noticias..... 4 h.
Total........ 99 horas
- A asistencia ás clases expositivas é clave para que o alumnado poida ir construíndo o corpo teórico da materia que en todo momento orienta a aprendizaxe práctico.
- A participación nas clases interactivas é fundamental para a integración dos coñecementos teóricos e prácticos, e para posicionar ao alumno/a en contextos profesionais.
- Recoméndase ao alumnado que no desenvolvemento temporal da materia manteña un contacto periódico coa profesora encargada para a clarificación e a orientación bibliográfica precisa para poder profundizar nas parcelas de maior interese para o/o alumno/a.
Ter cursadas as materias de Fundamentos do Traballo social; Historia do Traballo Social e Ética e Traballo Social
Purificación García Álvarez
Coordinador/a- Departamento
- Campus Norte
- Área
- Escola Universitaria de Traballo Social
- Teléfono
- 981583586
- Correo electrónico
- purificacion.garcia [at] usc.es
- Categoría
- Non Aplicable
Leidi Viviana Moreno Parra
- Departamento
- Campus Norte
- Área
- Escola Universitaria de Traballo Social
- Correo electrónico
- lviviana.moreno [at] usc.es
- Categoría
- Non Aplicable
Luns | |||
---|---|---|---|
11:00-12:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 2 |
Martes | |||
09:30-11:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 2 |
17.01.2025 11:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 2 |
19.05.2025 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 2 |
08.07.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |