Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Campus Norte
Áreas: Escola Universitaria de Traballo Social
Centro Escola Universitaria de Traballo Social
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
- Coñecer os principais métodos e técnicas para interactuar con grupos para promover cambios e desenvolver as súas capacidades e mellorar as súas oportunidades vitais.
- Coñecer os xeitos de intervir con grupos e organizacións para axudarlles a tomar decisións ben fundamentadas acerca das súas necesidades, circunstancias, riscos, opcións preferentes e recursos, e para promover a participación dos usuarios nos procesos e servizos de Traballo Social.
- Coñecer os xeitos de implicar os usuarios dos servizos de Traballo Social para incrementar os seus recursos, a súa capacidade e o seu poder para influír nos factores que afectan ás súas vidas.
- Ser capaz de consultar e cooperar con outros, incluídos os usuarios de servizos, comunicando a través de diferenzas tales como os límites institucionais e profesionais e as diferenzas de identidade ou linguaxe.
- Ser capaz de crear, organizar e apoiar grupos para fins de Traballo Social.
- Ser capaz de defender os grupos e organizacións e actuar no seu nome se a situación requíreo.
- Ser capaz de identificar os comportamentos de risco.
- Ser capaz de detectar e afrontar situacións de crise valorando a urxencia das situacións, planificando e desenvolvendo accións para facer fronte ás mesmas e revisando os seus resultados.
I.- Traballo Social de grupo: orixen, evolución e obxetivos.
II.-Conceptualización, tipología e características dos grupos.
III.-Comunicación, liderazgo e roles no grupo.
IV.-Estruturas grupales.
V.- Tipos de Grupos.
VI.- Función do Traballador Social no Grupo
V.II- Proceso grupal as etapas do desenvolvemento.
VIII.-A dinámica do grupos e procesos de cambio.
IX.-Metodoloxía da intervención no Traballo Social con grupos.
X.-Novas perspectivas e novos contextos en Traballo Social con grupos.
Bibliográfia básica:
.- Alcaráz, R., García, G., Pallarés, A., Servián J.M. e Vila. N. (2010). Comunicación y trabajo social. Servicios Sociales e Política Social, 92, 89-97
.- Alonso, C. (2014). Una experiencia de Trabajo Social de grupo con pacientes con enfermedad mental grave y crónica. Una alternativa de recuperación psicosocial. Cuadernos de Trabajo Social, 27/1, 223-231.
.- Arija, B. (2012). Acompañamiento con grupos en Trabajo Social. Un modelo interfocal para la comprensión y sistematización de la praxis. Cuadernos de Trabajo Social, 25, 427-438.
.- Berasategui, A. (2007). Técnicas grupales: dinámicas en pequeños y grandes grupos. Humanitas.
.- Brezmes, M. (2001). La intervención en Trabajo Social. Hesperides.
.- Fernández García, T. e Ponce de León, L. (Dir). (2016). Elaboración, gestión y evaluación de proyectos sociales. Pirámide.
.- Fresno, M., López, A., Segado, S. e Sánchez-Cabezudo, S. (2017). Modelo de Trabajo social con grupos. Nuevas perspectivas y nuevos contextos. Universitas.
.- Gil, F. (1999). Introducción a la Psicología de los grupos. Pirámide.
.- Ituarte, A. (2017). Practicas del Trabajo Social Clínico. Nau LLibres.
.- Kisnerman, N. (1985). Servicio Social de Grupo. Humanitas.
.- López, A. (2018). Teoría del Trabajo Social con Grupos. Editorial Universitas.
.- López, P. (1998). Un método para la investigación-acción participativa. Popular.
.- Mambriani, S. (1993). La comunicación en las relaciones de ayuda. Humanitas.
.- Olaz, A.J. (2016). Como trabajar en equipo a través de competencias. Narcea.
.- Torrado, A. (2021). Manual para el abordaje de supuestos prácticos: Metodologías y herramientas para la práctica del Trabajo Social. Consejo General del Trabajo Social.
.- Trevithick, P. (2005). The knowledge base groupwork and ist importance within Social Work. Groupwork, 15 (2), 80-107.
.- Tschorne, P. (1993). Dinámica de Grupos en Trabajo Social. Atención Primaria y Salud Comunitaria. Amarú Ediciones.
.- Zastrow, H. (2008). Trabajo Social con Grupos. Paraninfo.
.- Zamanillo, T. (2008). Trabajo social con grupos y pedagogía ciudadana. Sintesis.
Bibliografía complementaria:
.- Robertis, C. (1994). Intervención colectiva en Trabajo Social. Trabajo con grupos y comunidades. Ateneo.
.- Francia, A. e Mata, J. (2001). Dinámica y técnicas de grupos (8ª ed). Editorial CCS.
.- Hostie, R. (1986). Técnicas de dinámica de grupo. ICCE.
Competencias Xerais:
.- Posuír e comprender os coñecementos que definen ao Traballo Social como disciplina científica, incluíndo as súas teorías, métodos e ámbitos de aplicación, a un nivel que se apoia nas publicacións máis avanzadas e inclúe algúns dos aspectos máis relevantes que están na vangarda do coñecemento neste campo.
.- Saber aplicar eses coñecementos na súa actividade profesional e saber elaborar e defender argumentos sobre as cuestións que atinxen ao Traballo Social, facendo uso dos seus coñecementos sobre a realidade social, as teorías, os modelos e os métodos científicos propios.
.- Ter a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes, facer valoracións e diagnósticos sociais, no ámbito da intervención social, que inclúan unha reflexión sobre temas actuais de índole social, científica ou ética.
Competencias Especificas:
.- Ter a capacidade para traballar e valorar de maneira conxunta con persoas, familias, grupos, organizacións e comunidades as súas necesidades e circunstancias, promovendo o cambio, a resolución de problemas nas relacións humanas e o fortalecemento e a liberdade da sociedade para incrementar o benestar e a cohesión.
.- Establecer relacións profesionais ao obxecto de identificar a forma máis axeitada de intervención.
.- Coñecer estratexias para intervir con persoas, familias, grupos, organizacións e comunidades para axudarlles a tomar decisións ben fundamentadas acerca das súas necesidades, circunstancias, riscos, opcións preferentes e recursos.
.- Valorar as necesidades e opcións posibles para orientar unha estratexia de intervención.
.- Ter capacidade para planificar, implementar, revisar e avaliar a práctica do Traballo Social con persoas, familias, grupos, organizacións, comunidades e con outros profesionais, para a promoción do cambio e a resolución de problemas nas relacións humanas.
.- Saber responder a situacións de crise valorando a urxencia das situacións, planificando e desenvolvendo accións para facer fronte ás mesmas e revisando os seus resultados.
.- Adquirir habilidades para interactuar con persoas, familias, grupos, organizacións e comunidades para conseguir cambios, para promover o desenvolvemento dos mesmos e para mellorar as súas condicións de vida por medio da utilización dos métodos e modelos de Traballo Social, facendo un seguimento con regularidade dos cambios que se producen ao obxecto de preparar a finalización da intervención.
.- Preparar, producir, implementar e avaliar os plans de intervención co sistema cliente e os colegas profesionais negociando a subministración de servizos que deben ser empregados e revisando a eficacia dos plans de intervención coas persoas implicadas ao obxecto de adaptaros ás necesidades e circunstancias cambiantes.
.- Desenvolver aptitudes para saber apoiar o desenvolvemento de redes para facer fronte ás necesidades e traballar a favor dos resultados planificados examinando coas persoas as redes de apoio a que poidan acceder e desenvolver.
.- Adquirir facultades para promover o crecemento, desenvolvemento e independencia das persoas identificando as oportunidades para formar e crear grupos, utilizando a programación e as dinámicas de grupos para o crecemento individual e o fortalecemento das habilidades de relación interpersoal.
.-Coñecer e utilizar a mediación como estratexia de intervención destinada á resolución alternativa ecomplementaria de conflictos en divesos ámbitos, tales como o familiar, escolar, comunitario e intercultural.
.-Ter capacidade para apoiar ás persoas para que sexan capaces de manifestar as necesidades, puntos de vista e circunstancias.
.- Desenvolver habilidades para defender ás persoas, familias, grupos, organizacións e comunidades e actuar no seu nome se a situación o requiere.
.- Saber preparar e participar nas reunions de toma de decisions ao obxecto de defender mellor os intereses das persoas, familias, grupos, organizacións e comunidades.
.- Ter capacidade para actuar na resolución das situacións de risco coas persoas así como para as propias e as dos colegas de profesión.
.- Diferenciar e actuar na resolución de situacións de risco previa identificación e definición da natureza do mismo.
.- Ter capacidade para administrar e ser responsable, con supervisión e apoio, da propia práctica dentro da organización.
.- Desenvolver aptitudes para traballar de manera eficaz dentro de sistemas, redes e equipos interdisciplinares e multiorganizacionais col propósito de colaborar no establecimento de fins, obxectivos e tempo de duración dos mesmos contribuiendo igualmente a abordar de manera constructiva os posibles desacordos existentes
Competencias trasnversais
.- Capacidade de análise e síntese
.- Capacidade de comunicación oral e escrita
.- Capacidade de resolución de problemas
.- Capacidade de traballo en equipo
.- Capacidade para as relaciones interpersoais
.- Capacidade de razoamento crítico
.- Capacidade de compromiso ético
.- Capacidade de aprendizaxe autónomo
.- Capacidade de liderazgo
.- Capacidadede motivación pola calidade
A docencia expositiva ten asignadas sesións, distribuidas ao longo do cuatrimestre. A súa finalidade é a explicación dos aspectos básicos de cada tema establecido no programa, proporcionando a información necesaria que permita ao alumnado a aprendizaxe autónoma.
A docencia interactiva ten sesións de dúas horas, distribuídas no cuadrimestre, pretende que o alumnado, individual ou grupalmente, desenvolva actividades de participación activa: discusión de casos, traballo con textos ou datos, aplicación de técnicas, destrezas e habilidades a supostos prácticos, etc.
A través das titorías se asesora ao alumnado para o desenvolvemento das actividades propostas de realización autónoma polo/o alumno/a, que supón un proceso de autoaprendizaxe.
Como aula virtual, emprégase a web propia do centro, na que cada materia ten o seu espacio propio, ao que o alumnado accede con chave.
A docencia tanto expositiva como a interactiva impartirase de xeito presencial.
O seguimento realizarase a través da lista de participación nas prácticas, tarefas e traballos individuais e/ou en grupo, establecidos na Guía da materia.
As titorías en grupos reducidos, realizaranse presencialmente
O prazo e as causas polas que se poden xustificar ás faltas de asistencia son as establecidas na Normativa de asistencia a clase nas ensinanzas adaptadas ao espazo europeo de educación superior (Acordo do Consello de Goberno da USC do 25 de marzo de 2010).
Todo o alumnado que teña ausencias xustificadas, terá que poñerse en contacto coa profesora a través do correo (purinaga [at] euts.es (purinaga[at]euts[dot]es)) para establecer a tarefa compensatoria, no caso de que unha actividade de puntuación sexa axeitada (cun prazo máximo para recoller o material e devolver a actividades de 5 días hábiles dende a data de xustificación do acta).
O alumnado que xustifique a imposibilidade de asistir ás clases interactivas e teña concedida a dispensa de asistencia, terá un prazo de 5 días dende a data de publicación da acta para contactar coa docente mediante o correo electrónico (purinaga [at] euts.es (purinaga[at]euts[dot]es)) y poderán compensar a falta de asistencia coa realización das tarefas, prácticos ou traballos por escrito, establecidos pola docente.
A puntuación obtida nas actividades de avaliación continua pode manterse para cursos posteriores (variando a puntuación en caso de cambios no número ou tipo de tarefa, práctico e traballo). O alumnado que non supere a materia e queira manter a puntuación obtida, deberán comunicarllelo á docente da materia nos primeiros 15 días ao comenzo do cuatrimestre, por correo electrónico (purinaga [at] euts.es (purinaga[at]euts[dot]es)).
Poderanse dar cambios, sempre beneficiosos para a aprendizaxe do alumno, na avaliación continua, no momento en que se chegue a acordos entre a profesora e o alumnado.
Plaxio e uso indebido de las tecnoloxías
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
A avaliación da materia realizase mediante a avaliación continua combinada con proba final, que é complementaria nas dúas oportunidades.
A proba final terá un peso do 70% sobre a cualificación global, polo que o peso da avaliación continua é do 30%, que será de 1,5 puntos para traballos individuais e de 1,5 para traballos grupais.
É necesario acadar unha puntuación mínima de 4 (dun total de 7) na proba final para poder engadir a puntuación da avaliación continua. A materia aprobarase cando se chegue a un 5. Para acceder ao exame, é necesario presentar previamente o traballo individual que se estableza.
Na Guía académica especificarase o contido e a puntuación correspondente a cada unha das tarefas, prácticas e traballos da avaliación continua, que a profesora entregará ao comenzó das clases.
Traballo persoal do alumno/a:
Estudo autónomo individual ou en grupo......50 horas
Exercicios.....15 horas
Lectura de textos....... 10 horas
Elaboración de traballos, visualización de material .......20 horas
Outras tarefas propostas como, estudo de diferentes tipos de grupos, sondaxe dos grupos a que se pertence e comentario de noticias..... 4 h.
Total........ 99 horas
- A asistencia ás clases expositivas é clave para que o alumnado poida ir construíndo o corpo teórico da materia que en todo momento orienta a aprendizaxe práctico.
- A participación nas clases interactivas é fundamentais para a integración dos coñecementos teóricos e prácticos, e para posicionar ao alumno/a en contextos profesionais.
- Recoméndase ao alumnado que no desenvolvemento temporal da materia manteña un contacto periódico coa profesora encargada para a clarificación e a orientación bibliográfica precisa para poder profundizar nas parcelas de maior interese para o/o alumno/a, a través do correo electrónico (purinaga [at] euts.es (purinaga[at]euts[dot]es)).
Ter cursadas as materias do Fundamentos do Traballo social; Historía do Traballo Social e Ética e Traballo Social
Purificación García Álvarez
Coordinador/a- Departamento
- Campus Norte
- Área
- Escola Universitaria de Traballo Social
- Teléfono
- 981583586
- Correo electrónico
- purificacion.garcia [at] usc.es
- Categoría
- Non Aplicable
Luns | |||
---|---|---|---|
17:30-18:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 2 |
Martes | |||
12:00-13:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 2 |
10.01.2025 13:00-15:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 2 |
02.07.2025 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 2 |