Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Campus Norte
Áreas: Escola Universitaria de Traballo Social
Centro Escola Universitaria de Traballo Social
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
- Coñecer o marco normativo, estrutura e funcionamento da atención social aos menores en situación de protección e conflito social.
- Coñecer os principais métodos e técnicas para interactuar con menores para promover cambios, desenvolvementos e mellorar as súas oportunidades vitais.
- Coñecer e ser capaz de aplicar os métodos específicos para intervir con menores.
- Ser capaz de aplicar os métodos de valoración das necesidades e as opcións posibles para orientar unha estratexia de intervención.
- Ser capaz de promover redes sociais para facer fronte ás necesidades.
- Ser capaz de identificar os comportamentos de risco.
- Ser capaz de detectar e afrontar situacións de crise no medio familiar, valorando a urxencia das situacións, planificando e desenvolvendo accións para facer fronte ás mesmas e revisando os seus resultados.
- Coñecer e ser capaz de xestionar e avaliar as políticas e os recursos sociais existentes a nivel territorial no ámbito de menores.
- Ser capaz de deseñar e implementar proxectos de intervención desde o Traballo Social con menores.
I.- Notas históricas da atención ao menor e marco conceptual
II.- Encadre institucional e política social da atención a menores.
III.- Marco xurídico regulador
IV.- Atención aos menores en situación de desprotección
V.- Menores en situación de conflito social
VI.- A figura profesional do/a traballador/a social na intervención con menores
VII.- Recursos sociais no ámbito de menores
BIBLIOGRAFIA BÁSICA:
Brodzinsky, D.M., Schechter, M. e Marantz, R. (2011). Soy adoptado: La vivencia de la adopción a lo largo de la vida. Grupo 5.
Casas, C. (2016). El problema. Las tres “A´s”: Adopción, Adolescencia y Apego. La solución: intervenciones sistémicas. Mosaico, 64, 44-53.
Cerviño, N. (2016). Familias con hijos adoptados: Problemas y soluciones. Los niños del “Adoptión boom” se hacen mayores. Nuevas familias, nuevos retos. Mosaico, 64, 63-72.
Czalbowski, S. (Coord.). (2015). Detrás de la pared: Una mirada multidisciplinar acerca de los niños, niñas y adolescentes expuestos a la violencia de género. Desclée de Brouwer.
Dolan, P. e Brady, B. (2015). Mentoría de menores y jóvenes: Guía práctica. Narcea.
Fernández Baturell, L. (2013). Intervención con familias y atención a menores en riesgo social. McGraw-Hill.
Martín, J. (2005). La intervención ante el maltrato infantil: Una revisión del sistema de protección. Pirámide.
Martín, J. (2009). Protección de menores: Una institución en crisis. Pirámide.
Martín Hernández, J. (2019). Ideología y maltrato infantil. Herder.
Navarro, J.J. e Mestre, M. V. (2015). El marco global de atención al menor. Tirant lo Blanch.
Sánchez, J., Ridaura M. J. e Arias, C. (2010). Manual de intervención para familias y menores con conductas de maltrato. Tirant lo Blanch.
Soriano, A. (2001). Hablamos de maltrato infantil. San Pablo.
BIBLIOGRAFIA COMPLEMENTARIA:
Consejo General del Trabajo Social. (2010). Intervención Social con Infancia y Familia. Revista de Servicios Sociales y Política Social, 90.
Consejo General del Trabajo Social. (2015). Intervención Social con Infancia y Adolescencia. Revista de Servicios Sociales y Política Social, 107.
Dirección Xeral de Familia. (2002). Guía para a detección do maltrato infantil. Xunta de Galicia.
Escudero, V. (2011). Impacto de la violencia de género sobre niños, niñas y adolescentes. Guía de intervención. http://www.meniños.org/violencia_de_gener.pdf
Escudero, V. (2011). Adolescentes y familias en conflicto. Terapia familiar centrada en la alianza terapéutica: Manual de tratamiento. http:// meniños.org/manual.pdf
Fernández Millán, J.M., Hamido, A. e Fernández Navas, M. (2011). Educación social y atención a la infancia. Ediciones Pirámide.
Galli, J. e Viero, F. (2001). El fracaso de la adopción. Prevención y reparación. LDM Ediciones.
Gálligo, F. (2009). SOS…Mi chico me pega pero yo le quiero: Cómo ayudar a una chica joven que sufre malos tratos en su pareja. Ediciones Pirámide.
García Alba, J. (Coord.). (2005). La adopción: situación y desafíos de futuro. Editorial CCS.
García Dieguez, N. e Noguerol, V. (2007). Infancia maltratada: Manual de intervención. Eos.
Isa, F. A. (2009). Acogimiento familiar y adopción. Un aporte interdisciplinario en materia de infancia. Espacio Editorial.
Lázaro, I. E. e Molinero, E. (Coords.). (2009). Adolescencia violencia escolar y bandas juveniles ¿Qué aporta el derecho? Tecnos.
Musito, G., Estévez, E e Jiménez, T. I. (2010). Funcionamiento familiar, convivencia y ajuste en hijos adolescentes. Ediciones Cinca.
Segura, M. (2007). Jóvenes y adultos con problemas de conduct: Desarrollo de competencias sociales. Narcea.
No Plan de Estudios do Título de Grao en Traballo Social indícase que ás competencias as que contribúe esta asignatura son as seguintes:
Competencias xenéricas:
- Poseer e comprender os coñecementos que definen ao Traballo Social como disciplina científica, incluíndo as súas teorías, métodos e ámbitos de aplicación, a un nivel que se apoia nas publicacións más avanzadas e inclúe algúns dos aspectos máis relevantes que están na vangarda do coñecemento neste campo.
- Saber aplicar eses coñecementos na súa actividade profesional e saber elaborar e defender argumentos sobre as cuestións que atinxen ao Traballo Social, facendo uso dos seus coñecementos sobre a realidade social, as teorías, os modelos e os métodos científicos propios.
Competencias específicas:
- Ter a capacidade para traballar e valorar de maneira conxunta con persoas, familias, grupos, organizacións e comunidades as súas necesidades e circunstancias, promovendo o cambio, a resolución de problemas nas relacións humanas e o fortalecemento e a liberdade da sociedade para incrementar o benestar e a cohesión.
- Establecer relacións profesionais co obxecto de identificar a forma máis axeitada de intervención.
- Coñecer estratexias para intervir con persoas, familias, grupos, organizacións e comunidades para axudarlles a tomar decisións ben fudamentadas acerca das súas necesidades, circunstancias, riscos, opcións preferentes e recursos.
- Valorar as necesidades e opcións posibles para orientar unha estratexia de intervención.
- Ter capacidade para planificar, implementar, revisar e avaliar a práctica do Traballo Social con persoas, familias, grupos, organizacións, comunidades e con outros profesionais, para a promoción do cambio e a resolución de problemas nas relacións humanas.
- Saber responder a situacións de crises valorando a urxencia das situacións, planificando y desenvolvendo acciones para facer fronte ás mesmas e revisando os seus resultados.
- Adquirir habilidades para interactuar con persoas, familias, grupos, organizacións e comunidades para conseguir cambios, para promocionar o desenvolvendo dos membros e para mellorar as súas condicións de vida por medio da utilización dos métodos e modelos de Traballo Social, facendo un seguimento con regularidade dos cambios que se producen ao obxecto de preparar a finalización da intervención.
- Saber identificar e traballar cos comportamentos que representan un risco para o sistema cliente identificando e avaliando as situacións e circunstancias que configuran dito comportamento e elaborando estratexias de modificación dos mesmos.
Competencias transversais:
- Capacidade de análise y síntese
- Capacidade de comunicación oral e escrita
- Capacidade de traballo en equipo
- Capacidade para as relacións interpersoais
- Capacidade de razoamento crítico
- Capacidade de compromiso ético
- Capacidade de aprendizaxe autónomo
- Capacidade de motivación pola calidade
A metodoloxía utilizada combina a docencia de clases expositivas, interactivas, titoría en grupo reducido e o traballo persoal.
Preténdese que o alumnado, individual ou grupalmente, desenvolva actividades de participación activa: discusión de casos; traballo con textos ou datos; aplicación de técnicas, destrezas e habilidades a supostos prácticos, etc.
Como aula virtual, para o desenvolvemento da docencia emprégase a web propia do centro, na que cada materia ten o seu espacio propio, ao que o alumnado accede con chave. Poden empregarse tamén, outras ferramentas da web da USC.
A avaliación da materia realizase, nas dúas oportunidades, mediante a avaliación continua formativa combinada con probas finais. A porcentaxe da avaliación continua na calificación final é do 40% (4 ptos.), polo que o peso da proba final é do 60% (6 ptos.)
Realizarase un exame eliminatorio de toda a materia. Se se supera o exame eliminatorio e o/a alumno/a quere presentarse na convocatoria oficial para subir a nota, terá que facer un exame específico para isto, no que entra o mesmo contido pero as preguntas son diferentes.
Contido e puntuación das actividades de avaliación continua:
- Por asistencia a clases: 1,5 ptos.
- Por tarefas prácticas: 2,5 ptos.
Puntuacións polas tarefas prácticas:
Exercicio individual de análise de película e artigos sobre a mesma: máximo 0,5 ptos.
Participación en debates: 0,4 ptos.
Exercicios de análise de noticias de prensa: máximo 0,6 ptos.
Exercicio grupal de elaboración dun expediente: Ficha social, Historia Social e un Informe Social: máximo 1 pto.
Na Guía da Materia que se entrega ao comezo das clases, especifícase o desenvolvemento da docencia e as indicacións relativas ás tarefas de avaliación continua.
No caso de non asistir ás clases nas que se realizan tarefas puntuables, e se teñan xustificadas as faltas de asistencia, poden compensarse estas tarefas coa elaboración de traballos e exercicios que lle sexan encomendados pola profesora. Unha vez se teña confirmación da xustificación das faltas de asistencia, o/a alumno/a ten que poñerse en contacto coa profesora para o encargo da tarefa compensatoria no caso de que proceda a realización dunha actividade puntuable. Ao efecto, unha vez publicada a resolución na que conste a xustificación da/s falta/s de asistencia, o alumnado ten un prazo de 5 días hábiles, para solicitar á profesora a tarefa para compensar a puntuación correspondente.
A puntuación obtida nas actividades de avaliación continua poderase conservar en cursos posteriores non sendo que algunhas destas actividades sexa eliminada e/ou sexa incorporada algunha nova; neste caso deberá realizarse para poder obter a puntuación correspondente. Por outra parte, se cambia a valoración de cada unha das actividades, a puntuación obtida no seu momento, modificarase pola equivalente actual. O/a alumno/a que non supere a materia, e desexe conservar a puntuación obtida no curso anterior debe comunicalo a través dun correo electrónico dirixido á profesora da materia (malenas [at] euts.es (malenas[at]euts[dot]es)).
O prazo e os motivos polos que se poden xustificar as faltas de asistencia son os establecidos na Normativa de asistencia a clase nas ensinanzas adaptadas ao Espazo Europeo de Educación Superior (Acordo do Consello de Goberno da USC do 25 de marzo de 2010).
DISPENSA DE ASISTENCIA
O alumnado que xustifique a imposibilidade de asistir ás clases e teña concedida a dispensa de asistencia, poderá compensar as faltas coa realización de exercicios e traballos de análise de textos seleccionados que deberá entregar por escrito (ver tarefas por dispensa de asistencia na web da materia).
O alumnado que ten concedida a dispensa de asistencia, ten que poñerse en contacto coa profesora, preferentemente por correo electrónico, nun prazo non superior á 5 días hábiles desde a data de publicación da resolución na que se recoñece dita concesión.
PLAXIO E USO INDEBIDO DAS TECNOLOXÍAS
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións
- Estudio autónomo individual ou en grupo: 50 horas
- Exercicios: 15 horas
- Lectura de textos: 10 horas
- Elaboración de traballos, visualización de material: 20 horas
- Preparacións de exposicións e debates: 4 horas
TOTAL: 99 horas
A participación nas clases é fundamental para a integración dos coñecementos teóricos e prácticos, e para posicionar ao alumnado en contextos profesionais.
Recoméndase, durante o desenvolvemento temporal da materia, manter un contacto periódico coa profesora encargada para a clarificación e a orientación bibliográfica precisa para poder afondar nas parcelas de maior interese.
Respecto á bibliografía recoméndase tamén consultar a que se presenta na Guía da materia, posto que é mais completa que a que se inclúe neste programa pola limitación de espazo.
María Elena Puñal Romarís
Coordinador/a- Departamento
- Campus Norte
- Área
- Escola Universitaria de Traballo Social
- Correo electrónico
- mariaelena.punal [at] usc.es
- Categoría
- Non Aplicable
Martes | |||
---|---|---|---|
19:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 3 |
Mércores | |||
11:00-12:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 3 |
14.01.2025 13:00-15:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |
27.06.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |