Créditos ECTS Créditos ECTS: 4
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 10 Clase Expositiva: 25 Clase Interactiva: 55 Total: 90
Linguas de uso Castelán, Galego, Francés
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Campus Sur
Áreas: Centro Superior de Hostalería
Convocatoria: Anual
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
O obxectivo da materia de Français II é alcanzar como mínimo un grao de competencia comunicativa de comprensión e produción oral equivalente a un nivel A2 segundo os descritores do Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas (MCERL) partindo dos coñecementos adquiridos en Français I.
Preténdese que quen curse esta materia alcancen este nivel tanto nalgúns aspectos de francés xeral como de francés específico orientado ao sector turístico-hostaleiro (mención Dirección Hoteleira) ou orientado ao sector gastronómico (mención Gastronomía).
Outro obxectivo tanto para a mención de Dirección Hoteleira como para a mención de Gastronomía durante todo o curso é traballar tamén as competencias xenéricas como poden ser as habilidades para adquirir un idioma: coñecemento de informática e TIC relativos ao ámbito de estudo, desenvolvemento de estratexias de aprendizaxe, resolución de problemas, responsabilidade persoal e profesional (aprendizaxe autónoma). Así mesmo, fomentar o respecto pola diversidade cultural mediante a aprendizaxe dunha lingua estranxeira.
Bloque 1 (ambas as mencións):
• Manexar técnicas de comunicación en francés como segunda lingua estranxeira en situacións de inmediata necesidade que requiran comprender o sentido xeral, a información esencial e os puntos principais de producións orais breves, claras e sinxelas, transmitidas de viva voz ou por medios audiovisuais reproducidas a unha velocidade lenta ou media en lingua estándar.
- Informacións persoais
- Rutinas cotiás
- Gustos e preferencias
- Consulta médica
- Situacións no restaurante
- Saber desprazarse pola cidade, solicitar e dar direccións
- Facer compras en tendas e supermercados (preguntar prezos…)
Bloque 2 (ambas as mencións):
- Adquirir habilidades comunicativas de forma oral e escrita en francés como segunda lingua estranxeira no ámbito profesional: chamar por teléfono e escribir un e-mail.
Bloque 3 (ambas as mencións):
• Adquirir léxico de especialización, así como aspectos gramaticais útiles para situacións que serán recorrentes nos seus futuros postos de traballo no sector hostaleiro.
• Desenvolver aptitudes e sensibilidade para comprender costumes e ámbitos socioculturais dos países francófonos.
• Manexar a lingua para facilitar as relacións interpersoais e favorecer unha formación integral, desenvolvendo o respecto cara a outros países, os seus habitantes e as súas culturas, prestando especial interese á variedade de acentos, referencias culturais e os rexistros.
Bloque 4 (ambas as mencións):
• Realizar sesións multimedia tanto no laboratorio de idiomas como de maneira autónoma cun posterior feedback. Estas actividades seguen o desenvolvemento do curso facendo fincapé nas competencias de comprensión e expresión oral con tarefas dirixidas.
Mención Dirección Hoteleira
Bloque 5
• Adquirir habilidades comunicativas de forma oral e escrita en francés como segunda lingua estranxeira no procedemento operativo do ámbito de aloxamento e da recepción.
• Resolver situacións operativas: tomar unha reserva por teléfono, acoller aos clientes, dar información turística aos clientes, tratar reclamacións, atender ás chamadas telefónicas, facer un check-in, facer un check-out…
Mención Gastronomía
Bloque 5
• Adquirir habilidades comunicativas de forma oral e escrita en francés como segunda lingua estranxeira para poder utilizar a lingua en diferentes ámbitos profesionais relacionados cos costumes alimenticios e a gastronomía.
• Adquirir léxico de especialización do traballo cotián nunha cociña e elaboración de receitas, así como aspectos gramaticais útiles para situacións que serán recorrentes nos seus futuros postos de traballo no sector hostaleiro.
Contidos comúns:
• Datos persoais e situacións cotiás
• Tipos de establecementos e instalacións hostaleiros
• Información xeral sobre o establecemento a clientes
• Xestión e resolución de queixas
• Aspectos socioculturais
Contidos específicos mención Dirección Hoteleira:
• Tipos de establecementos hoteleiros
• Tipos de postos de traballo no mundo hoteleiro (organigramas)
• Instalacións, habitacións e equipamento dun hotel
• Servizos dun hotel
• Procedementos de recepción, reservas, check-in, check-out
• Xestión de reservas vía telefónica, vía e-mail
Contidos específicos mención Gastronomía
• Gastronomía e hábitos alimentarios
• Traballo diario na cociña
• Procedementos de elaboración de receitas
o Bibliografía básica
Os contidos da materia están recollidos no Manual (Français II: Grao en Xestión de Empresas Hostaleiras, mención Dirección Hoteleira e en Français II: Grao en Xestión de Empresas Hostaleiras, mención Gastronomía) que se atopan no campus virtual do CSHG. É esencial que accedan habitualmente, pois nesta plataforma compártense materiais didácticos adicionais, así como información relativa á organización da materia.
- Blanc, J., Cartier J-M, Lederlin P. (1994). Scénarios Professionnels 1. Clé International. Paris.
- Cignatta, T. (2005). Rue Mouffetard, le français de l’alimentation et la restauration. Cideb Editrice. Genova.
- Corbeau, S., Dubois, C., Penfornis, J.-L. & Semichon, L. (2006). Hôtellerie-restauration.com. Clé International. Paris.
- Corbeau, S., Dubois, C., Penfornis, J.-L. & Semichon, L. (2013). Hôtellerie-restauration.com. Clé International. Paris.
- Dany, M, Laloy, J-R. (1993). Le Français de l’Hôtellerie et du Tourisme. Hachette. Paris.
- Descotes-Genon, C. & Szilagyi, E. (1995). Pratique du français de l’hôtellerie, de la restauration et de la cuisine. Presses universitaires de Grenoble. Grenoble.
- Dubois, A.-L- & Tauzin, B. (2020). Objectif express 1 : Le monde professionnel en français. Hachette. Paris.
- Latifi, M., (1993). L’Hôtellerie en français. Didier / Hatier. Paris
- Mota Iglesias, A. (2000). Au service du client. Editorial Paraninfo. Madrid.
- Reboul, A., Boulinguez, A.-C. & Fouquet, G. (2012). Mobile A1. Éditions Didier. Paris.
- Renner, H, Renner, O., Tempesta, G. (1992). Le Français de L’Hôtellerie et de la Restauration. Clé International. Paris.
o Bibliografía complementaria:
- Dicionarios e léxicos
http://www.wordreference.com/esfr/
http://forum.wordreference.com/showthread.php?t=823972
http://lexiquefle.free.fr/
- Recursos xeralistas
www.lepointdufle.net [Biblioteca de recursos para o estudo do Francés como Lingua Estranxeira (FLE)]
www.francaisfacile.com
http://lewebpedagogique.com/ressources-fle/
Curso de francés interactivo moi completo: www.laits.utexas.edu/fi/tv/index.php
- Recursos de especialidade (francés da hostalería e o turismo)
Certificat du français du tourisme et de l’hôtellerie (CFTH): https://www.lefrancaisdesaffaires.fr/tests-diplomes/diplomes-francais-p…
http://www.lepointdufle.net/specialite.htm
http://www.appuifle.net/tourisme/index.htm
www.appuifle.net/tourisme/voc.htm: exercicios con vocabulario específico de turismo.
- Fonética
Síntese vocal: permite escribir palabras ou textos curtos que o programa logo pronuncia: https://ttsdemo.com/
- Gramática
Para conxugar:
http://www.leconjugueur.com/
http://www.vatefaireconjuguer.com/
Xerador de exercicios de conxugación: http://micetf.fr/conjugaison/
- Medios francófonos
http://www.lepointdufle.net/medias-pour-la-classe
http://www.hhmmss.com/
http://radio.garden/
o Básicas e Xerais
B4-Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, metodoloxías, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado, tanto mediante comunicación oral como escrita no seu ámbito de estudo.
G1-El Grado en Xestión de Empresas Hostaleiras ten como obxectivo a formación de profesionais que sexan capaces de desempeñar tarefas de xestión e dirección nas organizacións empresariais hostaleiras, desenvolvendo habilidades de liderado, cunha clara orientación de servizo ao cliente, alta capacidade de adaptación permanente e innovación e orientación a resultados nas diferentes áreas do sector, favorecendo o desenvolvemento sostible e respectando a diversidade e multiculturalidade.
o Transversais
T4-Coñecementos de informática e TIC relativos ao ámbito de estudo.
T5-Resolución de problemas e tomas de decisións.
T9-Recoñecemento á diversidade e a multiculturalidade
T11-Aprendizaxe autónoma permanente e adaptación a novas situacións.
AV3-Respecto, tolerancia e responsabilidade persoal e profesional.
o Específicas
Comúns
E9-Manexar técnicas de comunicación.
E11-Comunicarse de forma oral e escrita en inglés ou nunha segunda lingua estranxeira.
E17-Traballar en contornas socioculturais diferentes vinculadas coa actividade hostaleira.
Mención Dirección Hoteleira
E12-Coñecer e aplicar o procedemento operativo do ámbito de aloxamento.
Mención Gastronomía
E13-Coñecer e aplicar o procedemento operativo do ámbito de restauración e a gastronomía.
A metodoloxía empregada baséase principalmente nun enfoque comunicativo e plurilingüe cuxo obxectivo é conseguir que os estudantes se comuniquen eficazmente en contextos da súa actividade profesional nos que coexisten varios códigos lingüísticos e falantes de diferentes idiomas.
A comunicación oral será o principal obxectivo polo que na aula traballarase utilizando un modelo participativo e sempre en francés, excepto en casos puntuais en que sexa necesario recorrer ao español.
Para garantir un proceso de traballo homoxéneo e continuado nas clases presenciais e para alcanzar os obxectivos da materia, será de gran importancia a participación regular e activa do alumnado nestas actividades cuxo obxectivo fundamental consiste en usar a lingua poñendo en práctica as distintas competencias (diálogos interactivos, xogos de rol, presentacións, …).
O material do curso estará dispoñible no Campus Virtual do CSHG.
Dado o carácter aplicado e práctico desta materia, o alumnado deberá acudir a clase cos apuntamentos impresos.
Para o desenvolvemento da materia utilizaranse os seguintes métodos de ensino-aprendizaxe:
- Clases expositivas (teóricas): sesións desenvolvidas na aula para introducir e explicar os contidos básicos dos temas que comprende o programa da materia elementos principais da gramática e do léxico, recalcando aqueles aspectos máis notables á adquisición paulatina dos coñecementos básicos indispensables para poder expresarse de forma correcta e dinámica. Realizaranse tamén exercicios de aplicación.
- Clases interactivas (prácticas): durante estas sesións, tratarase de poñer en práctica os elementos teóricos e apropiarllos de forma máis concreta a partir de actividades orais e co manexo de textos, de documentos sonoros e audiovisuais auténticos, e así descubrir á vez a lingua e a cultura francófona. Realizaranse tamén actividades de reforzo como complemento ao traballo individual autónomo do estudante (vocabulario, conceptos, estruturas gramaticais, etc.).
- As sesións que terán lugar na aula multimedia dedicaranse ao traballo con distintos materiais multimedia para desenvolver as competencias de comprensión e produción oral. Outro obxectivo destas sesións é o de familiarizar aos estudantes co uso de distintas ferramentas de aprendizaxe do francés dispoñibles na internet. Estes recursos servirán de apoio ao proceso de aprendizaxe individual e autónoma que debe acompañar as actividades presenciais para alcanzar os obxectivos da materia.
- A parte de traballo persoal do alumnado inclúe, ademais do tempo dedicado ao estudo, a realización das actividades e tarefas sinaladas polo profesorado.
Cada estudante ten que desempeñar un papel activo no seu proceso de aprendizaxe avaliando as súas necesidades individuais e realizando o traballo autónomo en función destas (sacar o máximo rendemento ás clases presenciais, reforzar o seu proceso de aprendizaxe con actividades complementarias, adaptar o esforzo persoal necesario e a motivación para alcanzar os obxectivos marcados). Igualmente ten que utilizar estratexias de aprendizaxe que rendibilicen ao máximo o traballo que realiza.
- Actividades adicionais de conversación e reforzo gramatical. En función da dispoñibilidade para levar a cabo estas actividades, poderanse esixir clases de conversación e/ou reforzo.
O sistema de avaliación en cada unha das oportunidades para superar a materia terá en conta todas as actividades realizadas polo alumnado que se indiquen na sección correspondente a cada oportunidade detalladas a continuación. O alumnado que non supere a materia na primeira oportunidade terá dereito a unha segunda oportunidade, que será a que figure no expediente académico no caso de que a cualificación alcanzada fose superior.
A materia Français II avaliará aspectos de Interacción, Recepción, Produción e Mediación en relación coas competencias escrita, de comprensión oral e de produción oral. Para superar a materia, o estudante terá que demostrar que adquiriu os coñecementos e as habilidades necesarias cumprindo coas actividades programadas e avaliadas.
Para aprobar a materia en cada oportunidade é imprescindible alcanzar como mínimo unha nota de 5/10 en cada unha das tres competencias avaliadas.
o Primeira oportunidade ordinaria:
1) Sistema de avaliación continua
O seguimento do traballo de aula valorarase tendo en conta a participación en clase, a actitude xeral cara á materia ou calquera outro criterio que se considere adecuado. O seu incumprimento penalizará a nota nun 10%.
Ao longo de todo o curso realizaranse varias probas avaliables para cada unha das tres competencias. Todo o contido da materia avaliarase tendo en conta a seguinte ponderación:
- Competencia escrita: 30% (*)
- Competencia comprensión oral: 30% (*)
- Competencia produción oral: 40% (*)
(*) Nas probas de avaliación, os estudantes realizarán algúns exercicios nos que se lles esixirá superar uns requisitos mínimos. En caso de non superar estes mínimos, a nota do exercicio será 0.
En cada competencia, cando a media ponderada de todas as probas avaliables sexa igual ou superior a 5/10, a avaliación continua representará o 100% da nota.
2) Exame final en primeira oportunidade
Os estudantes terán que presentarse a aquela/s competencia/s suspensa/s durante a avaliación continua e avaliarse do contido de todo o curso. A nota de cada competencia será o resultado da media do control continuo (60%) e do exame final (40%).
De non alcanzar un 5/10 na/s competencia/s presentada/s en primeira oportunidade ordinaria, a materia estará suspensa, e a cualificación global será a nota da competencia máis baixa. Os estudantes terán que examinarse en segunda oportunidade extraordinaria das competencias non superadas.
A cualificación global da materia será a nota media ponderada das tres competencias aprobadas, aplicándose as ponderacións seguintes: Competencia escrita, 30%, Comprensión oral, 30% e Produción oral, 40%.
Aqueles estudantes exentos de presentarse ao exame final de primeira oportunidade ordinaria e que, con todo, queiran subir nota, poderán presentarse nesta 1.ª oportunidade. As notas de control continuo quedarán anuladas e os estudantes terán que examinarse das tres competencias.
No CSHG a asistencia a clase é obrigatoria e é parte importante da formación do estudante. Por esta razón, as ausencias repetidas ás actividades presenciais consideraranse unha falta de rendemento e afectarán á cualificación das probas avaliables:
• Se o estudante alcanza un 30% de ausencias (27 faltas), entreñará unha penalización de -1 punto; o 60% de ausencias (54 faltas) entreñará unha penalización de -2 puntos.
• Se o estudante alcanza un 80% de ausencias sobre o total das horas presenciais anuais, a materia considerarase suspensa cunha cualificación de 0.
o Segunda oportunidade extraordinaria:
O alumnado que non supere a materia en primeira oportunidade ordinaria terá dereito a unha segunda oportunidade, que será a que figure no expediente académico no caso de que a cualificación alcanzada fose superior.
Mantéñense as notas de todas as competencias xa aprobadas e o estudante examinarase só da/s competencia/s non superada/s. A nota de cada competencia será o resultado da media do control continuo (40%) e do exame final (60%).
De non alcanzar un 5/10 na/s competencia/s presentada/s, a materia estará suspensa, e a cualificación global será a nota da competencia máis baixa.
A cualificación global da materia será a nota media ponderada das tres competencias aprobadas (Competencia escrita, 30%, Comprensión oral, 30% e Produción oral, 40%).
o Segundo e posteriores convocatorias:
O estudante examinarase das tres competencias.
A nota global será a suma ponderada destas 3 competencias (competencia escrita, 30%, comprensión oral, 30% e produción oral, 40%).
As actividades formativas e a súa dedicación en horas serán as seguintes:
• Clases expositivas (25 horas).
• Clases interactivas (43 horas).
• Sesións na aula multimedia (12 horas).
• Exames e titorías (10 horas).
• Traballo autónomo do estudante (30 horas).
É recomendable ter coñecementos de informática a nivel usuario para a realización de tarefas e para a procura de información e de materiais de apoio na internet.
Así mesmo, para integrar o valor de diversidade e multiculturalidade, é imprescindible que de maneira autónoma os estudantes dediquen tempo ao contacto co francés en contexto real: utilizar todos os recursos ao seu alcance como lectura da prensa francófona, películas e series en versión orixinal, noticias, documentais, radios e canles de televisión francesas en liña, contactos con nativos, etc.
Os estudantes deben obter o máximo rendemento das clases, porén un método activo é esencial: débese usar ao máximo o francés e participar en todas as tarefas, xa que é unha parte fundamental da metodoloxía do curso adquirir a fluidez necesaria para traballar na devandita lingua.
o Prácticas académicas en empresa
Todos os idiomas teñen relevancia para a realización das prácticas académicas en empresa (stages), tanto en España, ao poder atoparse o estudante en situacións reais con clientes estranxeiros, como loxicamente no estranxeiro.
No caso de realizar o stage nun país francófono, os coñecementos adquiridos en Français I y Francés II serán unha base mínima que o estudante deberá completar segundo as esixencias do mercado. O stage facilita a toma de conciencia das necesidades, limitacións e competencias do estudante; tamén permite reforzar as súas habilidades comunicativas e motivarlle para continuar aprendendo e mellorar o seu nivel.
María Mercedes Sanz Rey
Coordinador/a- Departamento
- Campus Sur
- Área
- Centro Superior de Hostalería
- Correo electrónico
- mariamercedes.sanz [at] usc.es
- Categoría
- Non Aplicable