Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Facultade de Ciencias da Comunicación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (En extinción)
Matrícula: Non matriculable (Só plans en extinción)
Os obxectivos da materia son:
Coñecemento e comprensión dos grandes momentos da historia da comunicación como factor básico para o desenvolvemento das civilizacións e das sociedades. Referencia especial á significación da comunicación nas sociedades contemporáneas, especialmente condicionadas polas novas formas tecnolóxicas.
Coñecemento e comprensión dos distintos desenvolvementos da comunicación ao longo da historia, tanto no plano filosófico como no plano tecnolóxico. Identificación dos principais eventos ou achegas.
Coñecemento, identificación e comprensión das principais etapas do desenvolvemento da comunicación na historia da humanidade, con especial atención á súa significación na construción das culturas e as colectividades.
Coñecemento e identificación das distintas etapas que configuran, sobre todo, as sociedades desenvolvidas de carácter
postindustrial, no marco do que denominamos Sociedade da Información e o Coñecemento.
Coñecemento e identificación dos principais momentos da historia da comunicación referida tanto ás distintas especializacións da mesma (desde as sociedades orais ás novas tecnoloxías) como no marco sociocultural específico en que a perspectiva histórica desenvólvese: Galicia, España, Europa, Occidente, planeta.
Coñecemento das principais metodoloxías e estudos sobre a historia da Comunicación e sobre a súa significación no desenvolvemento social e cultural.
NOTA IMPORTANTE: Os alumnos/as matriculados/as nesta materia non teñen dereito a docencia desde o curso 2023-2024 por estar extinguida a materia. Só teñen dereito a ser avaliados de acordo cos contidos do programa que se impartiu no curso 2022-2023.
Os contidos inclúen:
Coñecemento e comprensión da comunicación como factor básico constitutivo das sociedades. Coñecemento e comprensión da historia do xornalismo. Especial atención aos grandes momentos da historia da comunicación, tanto desde unha perspectiva sociolóxica e filosófica como desde a perspectiva do progreso tecnolóxico, así como ao coñecemento en profundidade da evolución histórica do xornalismo en Galicia. Consideración específica á construción histórica da denominada Sociedade da Información e o Coñecemento.
Parte de seminario
Nas sesións de seminario analizaranse textos, prepararase material para a súa análise, elaboraranse pezas a partir de documentos históricos recolleitos en bases de datos e fontes de acceso libre e organizaranse debates sobre os temas suxeridos logo das exposicións teóricas. O alumno realizará traballos de reconstrución histórica, de acordo con as indicacións que se establezan en cada seminario. O obxectivo final é elaborar pezas con material histórico para interactuar nos debates e fomentar o intercambio de puntos de vista con medios actuais e metodoloxías construtivistas.
Temas
Tema 1. Da linguaxe á escritura. O mito da escritura. A opinión na Grecia arcaica e clásica. A lectura e a escrita na Idade Media. As formas e canles de difusión de mensaxes.
Tema 2. A aparición da imprenta e o seu impacto na Comunicación. A ponte entre os libros manuscritos e os libros impresos. A aparición das primeiras publicacións impresas de periodicidade irregular.
Tema 3. A aparición das gacetas. O século XVII e a aparición da periodicidade. As gacetas do XVII. O xornalismo do século XVIII.
Tema 4. A loita pola liberdade de prensa. De Locke a Robespierre. A revolución francesa. Características dos medios que emerxen na época.
Tema 5. O primeiro xornalismo liberal. O despegue da prensa. As primeiras axencias de noticias. A prensa na sociedade burguesa. O nacemento da prensa popular.
Tema 6. A prensa nos principais países occidentais: Alemaña, Francia, Inglaterra, España e Portugal. A prensa en Estados Unidos de Norteamérica. A prensa en América Latina.
Tema 7. Orixe e evolución da radio. Estratexias informativas da radio. Orixe e evolución da televisión. Estratexia informativa da televisión. A convivencia entre medios.
Tema 8. A prensa española do XIX. A prensa da Restauración (1874-1921). Os medios de comunicación en España no século XX. Nomes relevantes do xornalismo español.
Tema 9. Xornalistas e escritores que deixaron pegada da súa traxectoria mediática. Joseph Pulitzer, William Randolph Hearst, Albert Camus, Emile Zola, Mariano José de Larra …
Tema 10. Medios de comunicación e propaganda. Medios de comunicación e compromiso. Debates xornalísticos da primeira metade do século XX. O xornalismo na dictadura. O xornalismo na restauración democrática.
Tema 11. O xornalismo galego: orixes e evolución. O xornalismo en galego. As principais publicacións na historia de Galicia. Os principais medios na historia de Galicia.
Tema 12. Xornalistas galegos con opinión. A relación entre xornalismo e literatura en Galicia.
Bibliografía básica
Barrera, C. –coord.- (2004): Historia del Periodismo Universal. Ariel.
Balsebre, A. (2001): Historia de la Radio en España. 1874-1939/1939-1985. Tomos I y II. Editorial Cátedra.
Cal, R./Pérez Pais, C. (1993): Repertorio bibliográfico sobre a prensa galega. Edicións Lea.
Fuentes, J.F./Fernández Sebastián, J. (1997): Historia del Periodismo Español. Síntesis.
Gómez Mompart, J.Ll./Marín, E. –ed.- (1999). Síntesis.
Palacio, M. (2009): Historia de la televisión en España. Gedisa.
Timoteo Álvarez, J. (1991): Del viejo orden informativo. Actas.
Timoteo Álvarez, J. –coord-. (1989): Historia de los Medios de Comunicación en España. Periodismo, imagen y publicidad (1990-1990). Ariel.
Williams, R. –ed.- (1992): Historia de la Comunicación. Vol. 1 y 2. Bosch Comunicación.
Bibliografía complementaria
Barthes, R. (2012): El grado cero de la escritura. Siglo XXI.
Jonson, B. (2002): El comercio de noticias. Noticias del Nuevo Mundo descubierto en la Luna. Introducción y notas de Javier Díaz Noci. Universidad del País Vasco.
Berlin, I. (2002): La traición de la libertad. Seis enemigos de la libertad humana. Fondo de Cultura Económica.
Bermeosolo, P. (1962): El origen del periodismo amarillo. Rialp.
Bloom, H. (2002): El canon occidental. Anagrama.
Camus, A. (1996): En Obras completas. Alianza Editorial.
Cavallo, G./Chartier, R. (1997): Historia de la lectura en el mundo occidental. Taurus.
Díaz, L. (1993): La radio en España. Alianza editorial.
Hernández Les, J. A. (2010): Dramas y debates del periodismo. Andavira.
Joly, M. (2002): Diálogo en el infierno entre Maquiavelo y Montesquieu. El Aleph editores.
Larra, M. J. (1971): Artículos de costumbres. Espasa Calpe.
Llera, J. A. (2004): El humor en la obra de Julio Camba. Biblioteca Nueva.
Pizarroso Quintero, R. (1994): Historia de la prensa. Fundación Areces.
Seoane, M. C. (1983): Historia del periodismo en España. Alianza editorial.
Vázquez Montalbán, M. (1989): Historia y comunicación social. Alianza Editorial.
Weill, G. (1979): El periódico: orígenes, evolución y funciones de la prensa periódica. Limusa.
Competencias básicas e xerais
Os alumnos exercitaranse no coñecemento da historia mediante a lectura de textos, a procura de documentos e a análise de traballos históricos. A materia debe contribuír a que o alumno coñeza a historia da comunicación, as súas principais etapas e o contexto político, social e económico que as caracterizou, e a que teña unha perspectiva comparada entre a historia da comunicación en Galicia e a historia da comunicación nos principais países do mundo.
As competencias son:
CG1-Competencia contextual básica de orde transdisciplinar
CG2 - Competencia contextual para situar o xornalismo no campo da comunicación
CG3 - Competencia para exercer a profesión con ética profesional e compromiso cívico
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
CB5 - Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
Transversais
CT2 - Capacidade de xestión da información
CT3 - Traballo en equipo
CT4 - Aprendizaxe autónoma
CT5 - Creatividade
CT6 - Iniciativa e espírito emprendedor
CT7 - Coñecementos básicos da profesión
CT1 - Capacidade de organización e planificación
Específicas
CE15 - Interpretar as complexidades da comunicación ao longo da súa historia
CE16 - Comprender a dimensión que adquire na actualidade a participación cidadá en procesos de produción da información.
NOTA IMPORTANTE:
Os alumnos/as matriculados/as nesta materia non teñen dereito a docencia desde o curso 2023-2024 por estar extinguida a materia. Só teñen dereito a ser avaliados de acordo cos contidos do programa que se impartiu no curso 2022-2023.
NOTA IMPORTANTE:
Os alumnos/as matriculados/as nesta materia non teñen dereito a docencia desde o curso 2023-2024 por estar extinguida a materia. Só teñen dereito a ser avaliados de acordo cos contidos do programa que se impartiu no curso 2022-2023.
A parte teórica da materia avaliarase cun exame final (50%). A parte práctica avaliarase cun traballo (50%).
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas, será de aplicación o recolleito na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Segunda oportunidade
Neste caso avaliarase da mesma forma que na primeira. Se o alumno ten aprobada unha parte (teoría ou seminario da materia), gardaráselle a nota para a segunda oportunidade.
Remítese ao programa do curso 2023-2024.
- Ler os textos recomendados polos profesores.
-Seguir os temas pola bibliografía e polas fontes documentais.
Remítese ao programa do curso 2023-2024.
Xose Lopez Garcia
- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Xornalismo
- Teléfono
- 881816536
- Correo electrónico
- xose.lopez.garcia [at] usc.gal
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
07.01.2025 10:00-14:00 | Grupo de exame | Aula 3 |
07.01.2025 10:00-14:00 | Grupo de exame | Aula 4 |
09.06.2025 10:00-14:00 | Grupo de exame | Aula 2 |