Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Facultade de Ciencias da Comunicación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (En extinción)
Matrícula: Non matriculable (Só plans en extinción)
Os obxectivos son:
Orixe e desenvolvemento dos diferentes movementos xornalísticos. Análise das tendencias actuais do xornalismo nos medios impresos, audiovisuais e electrónicos.
A participación cidadá e os seus condicionantes. Conceptualización e análise do desenvolvemento da comunicación alternativa. Estudo dos modelos, dos actores e das estratexias dos medios no contexto da información alternativa. Produción de comunicación e impacto e participación da cidadanía. Políticas de dinamización informativa. Xestión da participación en medios convencionais e alternativos. Mecanismos e novos sistemas de xestión da información.
O obxectivo prioritario da materia é, polo tanto, que o alumno adquira coñecementos arredor da orixe e desenvolvemento dos diferentes movementos xornalísticos, que entenda o papel da participación cidadán nos diferentes movementos, que analice as técnicas de traballo dos principais movementos e que aplique esas técnicas aos seus traballos.
A explicación destes movementos e das súas características orientaranse a capacitar ao alumno para que dispoña de coñecementos que poidan aplicarse na construción de mensaxes informativas con renovadas técnicas.
Movementos Xornalísticos e Comunicación Cidadán debe capacitar ao alumno para a redacción de reportaxes con renovadas técnicas, é dicir, na teoría e técnica do tratamento da reportaxe xornalística que aplica a participación cidadán nas súas múltiples variantes.
NOTA IMPORTANTE: Os alumnos/as matriculados/as nesta materia non teñen dereito a docencia desde o curso 2024-2025 por estar extinguida a materia. Só teñen dereito a ser avaliados de acordo cos contidos do programa que se impartiu no curso 2023-2024.
Contidos teóricos
Os contidos teóricos centrais xirarán arredor dos conceptos básicos sobre os movementos xornalísticos e as iniciativas de participación cidadán na produción de contidos para os medios. As novas canles para o diálogo cidadáns-xornalistas e as súas consecuencias para o xornalismo actual.
Contidos prácticos
Os contidos prácticos centrais xirarán arredor da elaboración de reportaxes aproveitando as técnicas das principais correntes xornalísticas. O alumno elaborará esas reportaxes para tódolos soportes, para o que deberá contar con materiais funxibles e produtos de apoio para elaborar pezas multimedia, de realidade virtual e de xestión é procesado de datos. Traballará con software para produtos multimedia e con hardware existente nas aulas de informática para producir textos, sons, imaxes e vídeos. Pode precisar apoio para algunha peza de plató. A peza final editarase e difundirase. Estes contidos prácticos están relacionados cos contidos teóricos.
Temas do programa
Tema 1: Cando e como nacen os movementos xornalísticos
-A súa orixe
-A súa consolidación
Tema 2: A Comunicación Cidadán
-Obxectivos e modalidades
-A web social e as audiencias activas
Tema 3: O Novo Xornalismo
-A súa orixe
-Os seus cultivadores
Tema 4: O Xornalismo de Servizo
-A súa orixe
-Os seus cultivadores
Tema 5: O Xornalismo de Precisión
-A súa orixe
-Os seus cultivadores
Tema 6: O Xornalismo Público
-A súa orixe
-Os seus cultivadores
Tema 7: O Xornalismo Cidadán
-A súa orixe
-As canles máis habituais
Tema 8: Xornalismo constructivo e Xornalismo de Solucións
-A súa orixe
-As canles máis habituais
Tema 9.-Marcas xornalísticas, corrientes e tendencias
-Elementos definitorios
-Estudos de casos
Tema 10: A participación dos cidadáns no xornalismo
-A súa orixe
-As vías actuais
3.1.-Bibliografía básica
CHILLÓN, A. (1999). Literatura y periodismo: una tradición de relaciones promiscuas. Barcelona: Universidad Autónoma de Barcelona (colección Aldea Global).
DADER, J.L. (1997). Periodismo de precisión. Madrid: Editorial Síntesis.
GRAY, J./BOUNEGRU, L./CHAMBERS, L (2012). The Data Journalism Handbook. Sebastopol:O’Reilly Media. http://interactivos.lanacion.com.ar/manual-data.
HERRSCHER, R. (2012): Periodismo narrativo. Cómo contar la realidad con las armas de la literatura. Barcelona: Universitat de Barcelona.
LÓPEZ, X. (2012): Movimientos periodísticos. Salamanca: Comunicación Social Ediciones y Publicaciones.
ROITBERG, G; PICCATO, F. -Comps.- (2015): Periodismo disruptivo. Buenos Aires: La Crujía Ediciones.
3.2.-Bibliografía complementaria
ALBERDI, A./ARMENTIA, J.I./CAMINOS, J.M./MARÍN, F. (2002). El Diario de Servicios en España. Oviedo: Septem.
ÁLVAREZ TEIJEIRO, C. (2000). Comunicación, democracia y ciudadanía. Fundamentos teóricos del Public Journalism. Buenos Aires: CiCCUS-La Crujía.
BARRERA, C. –Coord.- (2004). Historia del periodismo universal. Barcelona: Ariel.
BERNAL, S./CHILLÓN, A. (1985). Periodismo informativo de creación. Barcelona: Editorial Mitre.
BERRIO, J. (2000). La Comunicació en la democràcia. Barcelona: Universidad Autónoma de Barcelona (Colección Aldea Global).
CAPARRÓS, M. (2015). La crónica. Madrid: Círculo de Tiza.
CESAREO, G. (1986). Es noticia. Fuentes, procesos, tecnologías y temas en el aparato informativo. Barcelona: Editorial Mitre.
DE PABLOS, J.M. (1986). El periodismo herido. Madrid: Foca.DIEZHANDINO, P. (1994). Periodismo de servicio. Barcelona: Bosch Comunicación.
DIEZHANDINO, P. (2007). Periodismo y poder. Madrid: Pearson.
GALDÓN, G. –Coord.- (2001). Introducción a la Comunicación y a la Información. Barcelona: Ariel Comunicación.
GARCÍA, N. (2004). Periodistas, ciudadanos del mundo. Madrid: Fragua.
GARCÍA CANCLINI, N. (2007). Lectores, espectadores e internautas. Gedisa: Barcelona.
GILLMOR, D. (2005). Nós, os media. Lisboa: Editorial Presença.
GÓMEZ MOMPART, J.LL./MARÍN, E. (1999). Historia del periodismo universal. Madrid: Editorial Síntesis.
GUERRERO, S. (2007). La creatividad en el lenguaje periodístico. Madrid: Cátedra.
GUERRIERO, L. (2014): Zona de obras. Madrid: Círculo de Tiza.
LÓPEZ, X. (2005). Mundo global, alternativa local. Valencia: Le Monde Diplomatique –edición española-, número 3, septiembre de 2005.
LÓPEZ, X./OTERO, M. (2007). Bitácoras. La consolidación de la voz del ciudadano. Sada (A Coruña): Netbiblo.
MESQUITA, M. (2007). El cuarto equívoco. El poder de los media en la sociedad contemporánea. Fragua: Madrid.
MEYER, Ph. (1993). Periodismo de Precisión. Nuevas fronteras para la investigación periodística. Barcelona: Bosch Comunicación.
PAVLIK, J.V. (2005). El periodismo y los nuevos medios de comunicación. Barcelona: Paidós.
PISANI, F./PIOTET, D. (2008). La alquimia de las multitudes. Cómo la web está cambiando el mundo. Barcelona: Paidós Comunicación.
REYES MATA, F. (1981). Comunicación alternativa y desarrollo solidario ante el mundo transnacional. México: Editorial ILET.
VV.AA. (1999). Los usuarios en la Sociedad de la Información. Madrid: Confederación Española de Organizaciones de Amas de Casa, Consumidores y Usuarios (CEACCU).
VV.AA. (2005). Medios de comunicación en crisis. Valencia: Le Monde Diplomatique –Edición Española-, nº 31.
O obxectivo prioritario da materia é que o alumno adquira coñecementos que lle permitan entender as características dos principais movementos xornalísticos e as súas achegas renovadoras ao xornalismo.
A materia debe contribuír a que o alumno teña competencias e habilidades para a construción de reportaxes xornalísticas aplicando as técnicas dos principais movementos xornalísticos.
As competencias básicas e xerais son:
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
CB5 - Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
CG1 - Competencia contextual básica de orde transdisciplinar
CG2 - Competencia contextual para situar o xornalismo no campo da comunicación
CG3 - Competencia para exercer a profesión con ética profesional e compromiso cívico
As competencias transversais son:
CT1 - Capacidade de organización e planificación
CT2 - Capacidade de xestión da información
CT3 - Traballo en equipo
CT4 - Aprendizaxe autónoma
CT5 - Creatividade
CT6 - Iniciativa e espírito emprendedor
CT7 - Coñecementos básicos da profesión
As competencias específicas son:
CE15 - Interpretar as complexidades da comunicación ao longo da súa historia
CE16 - Comprender a dimensión que adquire na actualidade a participación cidadá en procesos de produción da información.
NOTA IMPORTANTE: Os alumnos/as matriculados/as nesta materia non teñen dereito a docencia desde o curso 2024-2025 por estar extinguida a materia. Só teñen dereito a ser avaliados de acordo cos contidos do programa que se impartiu no curso 2023-2024.
NOTA IMPORTANTE: Los alumnos/as matriculados/as en esta materia no tienen derecho la docencia desde lo curso 2024-2025 por estar extinguida la materia. Solo tienen derecho a ser evaluados de acuerdo con los contenidos del programa que se impartió en el curso 2023-2024.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas, será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico do estudantes e de revisión de calificacións.
Segunda oportunidade
Neste caso avaliarase da mesma forma que na primeira. Se o alumno ten aprobada unha parte (teoría ou práctica da materia), gardaráselle a nota para a segunda oportunidade.
O alumno terá que dedicar 51 horas de traballo presencial e 99 horas de traballo de preparación e de realización das actividades programadas.
Seguimento da actualidade nos medios de comunicación, seguimento das actividades programadas e seguimento do material que se actualizará na páxina da materia (www.novosmedios.org/xornalismo) e na plataforma do campus virtual da USC.
A organización das exposicións e debates farase nas dúas primeiras semanas de clase.
Xose Lopez Garcia
- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Xornalismo
- Teléfono
- 881816536
- Correo electrónico
- xose.lopez.garcia [at] usc.gal
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
30.05.2025 10:00-14:00 | Grupo de exame | Aula 0 |
01.07.2025 16:00-20:00 | Grupo de exame | Aula 1 |