Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 1 Clase Expositiva: 26 Clase Interactiva: 14 Total: 41
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Microbioloxía e Parasitoloxía
Áreas: Microbioloxía
Centro Facultade de Bioloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
O obxectivo xeral da asignatura é que o alumno sexa quen de identificar as características dos virus e distinguir os diferentes ciclos de replicación nas células hóspedadoras. Asimismo, asociará as principais enfermidades humanas de orixe vírica co axente causal e deberá ser quen de identificar a sintomatoloxía típica e los mecanismos que a provocan, o modo de transmisión das enfermidades, os métodos de diagnóstico más idóneos e as medidas terapéuticas aplicables en cada caso.
Programa de teoría:
Tema I.- Introdución: Historia e definición da Viroloxía. Virus e evolución (0,5h)
Tema II.- Natureza Viral (1,5h)
Tema III.- Métodos de Estudo (0,5h) (Ampliarese coas tutoría)
Tema IV.- Taxonomía Vírica (0,5h).
Tema V.- Replicación viral [6h]
Tema VI.- Xenética de virus animais [2h].
Tema VII.- Interaccións virus-células e virus-hóspede [3h]
Tema VIII.- Infeccións do Sistema Nervioso Central: Encefalite e meningite viráis [2h]
Tema IX.- Infeccións respiratorias [2h]
Tema X.- Infeccións gastrointestinais: [1 h]
Tema XI.- Infeccións epiteliais e das membranas mucosas[2h]
Tema XII.- Hepatites virais [1]
Tema XIII.- Febres hemorráxicas e outras Infeccións viráis localizadas xeográficamente[2h]
Tema XIV.- Síndrome de inmunodeficiencia adquirida e outras enfermidades retrovirais [1]
Tema XV.- Mononucleosis infecciosa; Infeccións oculares e cardíacas [1h]
Programa de Pizarra e seminarios (4 h)
Pizarra (resolución on line )- Desenvolvemento de exercicios e resolución de problemas ecasos prácticos relacionados con diferentes temas específicos (metodoloxía, estructura, replicación, xenética, enfermidades…). (1-3h, en función de necesidades).
Seminarios.- Resolución de casos clínicos e exposición de traballos e discusión sobre aspectos específicos da materia, para potenciar o manexo de bibliografía
Programa de titorías (1h)
Titorías.- Propondranse titorías de 1 h, unha o comenzo do curso, para profundizar na metodoloxía do estudo de virus, e entre 0 e 2 para a resolución de dúbidas e outra máis adiante, para a preparación dos seminarios.
Programa de Prácticas. Total 10h
1. Cultivos celulares 2h
a. Tipos de soportes de cultivos celulares.
b. Visualización de cultivos y reconocimiento de morfoloxías celulares
c. Subcultivo de tapices celulares
d. Inoculación viral e Visualización de efectos citopáticos
2. Morfoloxía e Ultraestructura viral 1h
a. Construción de estructuras icosaédricas con modelos
b. Reconocemento de eixes de simetría
c. Reconocemento do significado do factor de triangulación
3. Diagnóstico: Caracterización físico-química 1,5h
a. Presenza/ausencia de envolta: Tratamento con solventes lipídicos, pH e Temperatura
b. Identificación do tipo de xenoma: Tratamento enzimático e con análogos de base.
4. Diagnóstico e Tipado: Métodos serolóxicos 2h
a. Seroneutralización para diagnóstico
b. Seroneutralización para tipado (prcts. pizarra)
c. Inmunodot
d. Inmunofluorescencia (prcts. pizarra)
e. ELISA
5. Diagnóstico e Tipado: Métodos Moleculares 3,5h
a. Hibridación de ácidos nucleicos
b. PCR
c. Secuenciación e filoxenia (prcts. pizarra)
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Carrasco, L.,Almendral del Río, J.M. (coords., 2005. Virus patógenos. Madrid: Hélice.
Flint, J., Racaniello, V.R., Rall, G. F., Hatziioannou, T., Skalka, A.M. 2020. Principles of virology. Hoboken: Wiley
Shors, T., 2009. Virus: estudio molecular con orientación clínica. Buenos Aires: Editorial Médica Panamericana.
Storch, G.A., ed., 2000. Essentials of diagnostic virology. New York: Churchill Livingstone.
Strauss, J.H. and Strauss, L.G., 2008. Viruses and human disease. 2nd ed. Amsterdam: Elsevier Academic Press.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Cann, A.J., 2009. Principios de virología molecular. Zaragoza: Acribia.
Carter, J.B. and Saunders, V., 2013. Virology: principles and applications. 2nd ed. Chichester, WS: John Wiley & Sons.
Collier, L. y Oxford, J., 2008. Virología humana: texto para estudiantes de medicina, odontología y microbiología. México: McGraw-Hill Interamericana.
Dimmock, N.J., Easton, A.J. and Leppard, K.N., 2007. Introduction to modern virology. 6th ed. Malden, MA: Blackwell Publishing.
Fenner, F, Bachmann, P.A., Gibbs, E.P.J., Murphy, F.A., Studdert, M.J. y White, D.O., 1992. Virología veterinaria. Zaragoza: Acribia.
Joklik, W.K., 1985. Virology. 2nd ed. Norwalk, CT: Appleton-Century-Crofts.
Knipe, D.M. and Howley, P.M. eds., 2001. Fields virology. 4th ed. 2 vol. Philadelphia: Lippincott Williams & Wilkins.
Levy, J.A., Fraenckel-Conrat, H. and Owens, R.A., 1994. Virology. 3rd. ed. Upper Saddle River, NJ: Prentice Hall.
Mettenleiter, T.C. and Sobrino, F. 2008. Animal viruses: molecular biology. Wymondham: Caister Academic Press.
Wagner, E.K., Hewlett, M.J., Bloom, D.C. and Camerini, D., 2008. Basic virology. 3rd. ed. Malden, MA: Blacwell Publishing.
Zuckerman, A.J. et al., 2009. Principles and practice of clinical Virology. 6th ed. West Sussex: Wiley
PáXinas WEB de interese:
ICTV (International Commitee for Taxonomy of Virus): http://www.ncbi.nlm.nih.gov/ICTV/
The Big Picture Book of Viruses: http://www.virology.net/Big_Virology/BVHomePage.html
All the Virology on the WWW: http://www.virology.net/garryfavweb.htmlhttp://virologia.ua.es/dmsander….
Coñecementos:
Con06 Comprender os principios da bioenerxética e bioseñalización, e coñecer as principais rutas metabólicas e a súa regulación, así como o fluxo da información xenética e bioquímica nos seres vivos
Con07Coñecer e comprender a estructura e a función de virus, células procariotas e eucariotas
Habilidades/destrezas:
H/D01-Aplicar de forma integrada os coñecementos teóricos-prácticos adquiridos na transmisión de información/ideas e no plantexamento e resolución de problemas, tanto en contextos académicos como profesionais
H/D02-Saber obter e interpretar información relevante e resultados experimentais e obter conclusións en temas relacionados coa Bioloxía
H/D07-Capacidade para buscar, procesar, analizar e sintetizar información procedente de diversas fontes, incluindo o emprego de TICs no ámbito da Bioloxía
H/D8-Capacidade para o razonamento, a argumentación e o pensamento crítico
H/D10-Capacidade para traballar en grupo e abarcar situacións problemáticas de xeito colectivo
H/D11-Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible, reflectinndo axeitadamente as fontes de información empregadas
H/D12-Capacidade para realizar unha exposición en público de forma clara, concisa e coherente
Competencias:
Com01-Que os estudantes teñan demostrado posuir, comprender e utilizar os coñecementos das distintas áreas da Bioloxía, incluindo alguns aspectos de vangarda do seu campo de estudo
Com03-Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dun xeito profesional e posúan as capacidades que suelen demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro de sua área de estudo
Com04-Coñecer e saber aplicar as técnicas instrumentais e deseñar protocolos de traballo no laboratorio e no campo, aplicando a normativa e as técnicas axeitadas relacionadas coa seguridade, hixiene, xestión de residuos, calidade e desenvolvemento sostible
O desenvolvemento da materia en clase se ben estará baseado, fundamentalmente, na lección maxistral, aportando os conceptos e ilustracións de esquemas e fotografías mediante medios audiovisuais, fomentará a participación activa do alumnado mediante a formulación de preguntas o plantexamento de suposstos prácticos para resolver na aula. Promoverase o desenvolvemento de exercicios prácticos e resolución de problemas on line e en seminarios, así como preparación de traballos específicos para potenciar o manexo de bibliografía, a interpretación e a síntese.
Actividades obrigatorias: Realización de prácticas de laboratorio e exame teórico
Actividades optativas: Realización de casos prácticos/problemas (online) e traballos de seminario (defensa presencial)
Importante. A avaliación estará baseada no cumprimiento de obxectivos, é dicir, da nota máxima que o alumno pretende acadar.
O alumno deberá decidir, e comunicar ao profesor, os obxectivos que desexa acadar a principio de curso. Poderase optar por novos obxectivos en cualquera momento do semestre, pero a realización das actividades formativas estará limitada a aquelas cuxo período de execución ainda non teña finalizado. A nota obtida nestos casos será proporcional aos exercicios realizados
Actividades formativas
1. Actividades obrigatorias
1.1. Demostración de coñecemento dos conceptos da materia.
Actividade básica e obrigatoria
Nota máxima acadable 6
- Examen teórico* (Os coñecementos teóricos do alumno avaliaranse mediante definición de conceptos básicos, resposstas a preguntas curtas, interpretación de imáxenes e esquemas, resolución de casos prácticose desenvolvemento de temas fundamentais. Terase en conta, ademáis dos contidos, o rigor, a craridade, a concisión e a elegancia da exposición): 60% da nota global
[Avalíanse Con06, Con07; H/D01, H/D08, H/D10; Com01, Com03; ]
1.2. Realización das prácticas
Actividade obrigatoria
Nota máxima acadable 1
- Avaliación das prácticas 10% da nota global**
Poderase elixir entre dous opcións. A opción elixida deberá comunicarse ao profesor no período indicado
1.2.1. Avaliación da memoria de prácticas (terase en cuenta a súa presentación, a calidade da memoria e a descripción e explicación dos ensaios levados a cabo)
1.2.2. Realización dun exame de prácticas
[Avalianse H/D01, H/D02, H/D10; Com04]
2. Actividades optativas
2.1. Resolución de casos prácticos/problemas***:
Suma un máximo de 1,5 puntos á nota obtida no exame
- Avaliación da resolución de exercicios, problemas e casos prácticos: Terase en conta a súa presentación e o razoamento na resolución e suporá un 15% da nota global
[Avalíanse H/D01, H/D07, H/D08, H/D10, H/D11; Com3]
2.2. Búsqueda, análise eelaboración de información***
Suma un máximo de 1,5 puntos a nota obtida no examen
- Presentación e memoria de traballos de seminario (terase en conta a calidade da memoria e da presentación, así como a seguridade na resposta as preguntas plantexadas): 15% da nota global
[Avalíanse H/D01, H/D02, H/D07, H/D08, H/D10, H/D11, H/D12, Com1, Com3]
* O exame teórico realizarase por escrito, dacordo coa data establecida polo equipo decanal, segundo se publica na guía do alumno de esta Facultade. Opcionalmente, os alumnos que o desexen poderán facer o examen oral, en data previamente pactada cos/as interesado/a(s). A nota ddo examen teórico poderase manter só ata o exame de recuperación de xullo do ano académico en curso. Será necesario aprobar o exame teórico (5) para sumar o resto dos ítems.
** A realización das prácticas é condición imprescindible para poder presentarse ao examen de teoría. A nota de prácticas mantenrase durante dous cursos académicos se o alumno/a o solicita.
*** Items recuperables: Os alumnos que deban presentarse as convocatorias de recuperación, poderán solicitar aos profesores que lles asignen as tareras correspondentes a este apartado, para poder acadar a porcentaxe de avaliación correspondente a seminarios e exercicios.
TRABALLO PRESENCIAL
Clases magistrais, 26h
Prácticas de laboratorio, 9h
Prácticas de pizarra/seminarios, 4h
Titorías en grupos reducidos ou individualizadas, 1h
Exame 2h
TOTAL HORAS DE TRABALLO PRESENCIAL: 42H
TRABALLO PERSOAL DO ESTUDANTE
Estudio individual, 45,5h
Elaboración de memorias de prácticas, 6h
Elaboración de traballos, 11h
Lecturas recomendadas, actividades de biblioteca ou similares, 2h
Elaboración de sínteses de temas, 5h
TOTAL HORAS DE TRABALLJO PERSOAL DOESTUDIANTE: 69,5h
O número estimado de horas non presenciais que o/a alumno/a deberá aplicar para a correcto aprendizaxe da materia deberá ser de 1,5 equivalentes ás horas presenciais, especialmente para as clases teóricas. En canto ao programa práctico, serán necesarias as horas presenciais, realizando unha avaliación continuada mediante o seguimento personalizado, ademáis da presentación dunha memoria de prácticas na que o alumno/a deberá plasmar os procedimentos realizados e incidencias que tiveran lugar durante o seu desenvolvemento. Terase moi en conta a participación do/a alumno/a no súa propia aprendizaxe a través da resolución dos exercicios, problemas e casos prácticos plantexados, así como no desenvolvemento de traballos de seminario.
Seguir as suxerencias do profesor o longo do curso.
Para o correcto aprendizaxe da materia requírense coñecementos de microbioloxía, bioquímica e xenética.
A materia contará cunha aula virtual na que, ademáis dos contidos que elaboren os profesores, estará a disposición dos/as alumnos/as outra información de utilidade
Carlos Pereira Dopazo
Coordinador/a- Departamento
- Microbioloxía e Parasitoloxía
- Área
- Microbioloxía
- Teléfono
- 881816083
- Correo electrónico
- carlos.pereira [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Maria Isabel Bandin Matos
- Departamento
- Microbioloxía e Parasitoloxía
- Área
- Microbioloxía
- Teléfono
- 881816087
- Correo electrónico
- isabel.bandin [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Emma Gonzalez Rosales
- Departamento
- Microbioloxía e Parasitoloxía
- Área
- Microbioloxía
- Correo electrónico
- emmagonzalez.rosales [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Ministerio
Luns | |||
---|---|---|---|
10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 09. Barbara McClintock |
Martes | |||
10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 09. Barbara McClintock |
17.01.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 01. Charles Darwin |
17.01.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 02. Gregor Mendel |
18.06.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 04: James Watson e Francis Crick |