Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 2 Clase Expositiva: 25 Clase Interactiva: 14 Total: 41
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Zooloxía, Xenética e Antropoloxía Física
Áreas: Zooloxía
Centro Facultade de Bioloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
Manexar a terminoloxía e as metodoloxías de estudo da etoloxía. Coñecer os mecanismos causais do comportamento animal. Explicar os conceptos e procesos básicos da evolución do comportamento e da ecoloxía. Describir os principais comportamentos dos animais en relación coa explotación dos recursos, a sociabilidade e a reprodución. Aplicar o estudo do comportamento animal á conservación.
• PROGRAMA DE TEORÍA (25 H)
1) Causalidade e aprendizaxe (4 h). Mecanismos causais do comportamento. Influencia de factores internos e externos. Ontoxenia e filoxenia do comportamento animal. Aprendizaxe.
2) Explotación de recursos (6 h). Comportamento trófico. Toma de decisións: Modelos de forraxeo óptimo. Competencia polos recursos. Modelos. Estratexias evolutivamente estables. Interaccións predador-presa. Teoría de xogos. Coevolución e carreiras de armamentos.
3) Sociabilidade (8 h). A vida en grupos. Comunicación. Sinais e os seus tipos. Información. Ritualización.
4) Reprodución (6 h). Sistemas de apareamento. Selección sexual. Coidado parental.
5) Conservación (1 h). Ecoloxía do comportamento e conservación.
• SEMINARIOS (4 H)
Métodos de estudo do comportamento.
• PRÁCTICAS DE CAMPO (10 H)
Estudo de aspectos do comportamento de tetrápodos.
• TITORÍAS OBRIGATORIAS (2 HORAS/ALUMNO)
Orientadas ao deseño e execución do traballo práctico e á resolución de dúbidas.
Contidos das titorías:
Tutoría 1: Concreción do traballo práctico. Onde buscar bibliografía. Planificación do traballo de campo. (1,5 h).
Tutoría 2: Pautas de análises da información recadada. Resolución de dúbidas (0,5 h).
EXAMEN (2 H)
Abarcará os contidos impartidos nas clases expositivas e seminarios.
BÁSICA
BOLHUS, J.J.; GIRALDEAU, L-L. & HOGAN, J.A. 2022. The Behavior of Animals. Mechanisms, Function, and Evolution. Wiley Blackwell, Hoboken.
CARRANZA, J. (Ed.). 1994. Etología. Introducción a la Ciencia del Comportamiento. Universidad de Extremadura.
KAPPELER, P.M. 2020. Animal Behaviour. An evolutionary perspective. Springer, Cham.
KREBS, J.R. & DAVIES, N.B. 1991. Behavioural ecology. An evolutionary approach. Blakwell, London.
MAIER, R. 2001. Comportamiento animal. Un enfoque evolutivo y ecológico. McGraw-Hill.
ALCOCK, J. 2009. Animal Behavior. An evolutionary approach. Sunderland, Mass., Sinauer Associates
COMPLEMENTARIA
BATESON, P. & MARTIN, P. 1993. Measuring behaviour. An introductory guide. Cambridge University Press, Cambridge.
LEHNER, P.N. 1996. Handbook of Ethological Methods. Cambridge University Press, Cambridge.
• BÁSICAS E XERAIS
• CG1 - Coñecer os conceptos, métodos e resultados máis importantes das distintas ramas da Bioloxía.
• CG2 - Aplicar os coñecementos teóricos-prácticos adquiridos na formulación de problemas e a procura das súas solucións tanto en contextos académicos como profesionais.
• CG3 - Saber obter e interpretar información e resultados relevantes e obter conclusións en temas relacionados coa Bioloxía.
• CG4 - Ser capaces de transmitir información tanto por escrito como de forma oral e de debater ideas, problemas e solucións relativos á Bioloxía, #ante un público xeral ou especializado.
• CG5 - Estudar e aprender de forma autónoma, con organización de tempo e recursos, novos coñecementos e técnicas en Bioloxía.
• CB1 - Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
• CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
• CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
• CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
• CB5 - Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
• TRANSVERSAIS
• CT1 - Capacidade para buscar, procesar, analizar e sintetizar información procedente de diversas fontes.
• CT2 - Capacidade para o razoamento, a argumentación e o pensamento crítico.
• CT3 - Capacidade para traballar en grupo e abarcar situacións problemáticas de maneira colectiva.
• CT7 - Capacidade para aplicar as TICs no ámbito da Bioloxía.
• CT8 - Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos, promovendo a iniciativa e a creatividade.
• CT9 - Capacidade para organizar e planificar o traballo.
• CT10 - Capacidade para interpretar resultados experimentais.
• ESPECÍFICAS
• CE3 - Coñecer e saber aplicar as técnicas instrumentais, e deseñar protocolos de traballo no laboratorio e no campo, aplicando a normativa e as técnicas apropiadas relacionadas coa seguridade, hixiene, xestión de residuos e calidade.
• CE5 - Coñecer a diversidade dos seres vivos e os ciclos biolóxicos, así como desenvolver a capacidade de analizar e interpretar as súas adaptacións ao medio.
• CE12 - Coñecer e comprender a estrutura e dinámica das poboacións e comunidades.
A metodoloxía de ensino sustentarase en clases teóricas (maxistrais), seminarios e clases prácticas de campo. Todas estas actividades terán un carácter presencial. As clases expositivas, titorías e prácticas de campo serán obligatorias.
As titorías serán presenciais e estarán orientadas tanto á resolución de dúbidas como á preparación e desenvolvemento do traballo práctico experimental.
A información básica sobre os contidos da materia, así como o material complementario útil para o traballo persoal dos alumnos será proporcionada a través do Campus Virtual da USC.
Nos casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recolleito na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións. Tamén queda terminantemente prohibido a distribución por distintos medios (por exemplo, páxinas web) e sen consentimento do profesor, de calquera material docente colgado na aula virtual.
Combínase a realización dunha proba final presencial (50% da nota final) coa avaliación continua mediante control de asistencia (5% nota final) e redacción de traballo individual relativo á parte experimental da materia (45% nota final).
Para os estudantes matriculados por primeira vez, na primeira oportunidade seguiranse os seguintes criterios:
a) Clases maxistrais. A asistencia documentarase mediante folla de firmas. A asistencia ás clases maxistrais, seminarios e titorías personalizadas ponderará ata un 5% na nota final da materia.
b) Prácticas de campo. Serán de asistencia obrigatoria, sendo a súa realización requisito necesario para a superación da materia.
c) Seminarios. O contido impartido nos seminarios será obxecto de avaliación no exame da materia. A asistencia documentarase mediante folla de firmas.
d) Titorías en grupo reducido. Terán carácter obrigatorio. A asistencia documentarase mediante folla de firmas.
e) Exame final. Obrigatorio. Incluirá a avaliación da materia impartida nas clases expositivas e seminarios. Ponderará un 50% na nota final da materia.
f) Traballo práctico individual. Corresponderá a un traballo escrito obrigatorio, relativo ás mostraxes efectuadas nas prácticas de campo. Ponderará un 45% na nota final da materia.
Os estudantes que non superen a materia pola non realización (sen xustificación) dalgunha das actividades obrigatorias recibirán unha cualificación máxima de 4,5 (suspenso). Para a superación da materia será condición necesaria, aínda que non suficiente, a obtención dunha nota mínima de 5 puntos no exame final e no traballo práctico individual. Excepto para os exames, as cualificacións numéricas de valor ≥ 5 poderanse conservar durante os dous cursos seguintes ao da súa obtención. En caso de non superación da parte práctica (nota inferior a 5 puntos), poderase conservar a nota do exame (≥ 5 puntos) para o curso seguinte. Nese caso, para culminar a aprobación da materia o alumno deberá entregar un novo traballo práctico que obteña unha cualificación igual ou superior a 5 puntos.
Segunda oportunidade
Rexerán os mesmos criterios da primeira oportunidade.
CRITERIOS PARA A AVALIACIÓN DE COMPETENCIAS
Básicas/Xerais
CG1 Exame teórico
CG2 Traballo experimental. Contribución escrita redactada con estándares de artigo científico
CG3 Traballo experimental. Contribución escrita redactada con estándares de artigo científico
CG4 Exame teórico
CG5 Exame teórico
CB1 Exame teórico
CB2 Traballo experimental. Contribución escrita redactada con estándares de artigo científico
CB3 Traballo experimental. Contribución escrita redactada con estándares de artigo científico
CB4 Exame teórico
CB5 Exame teórico / Traballo experimental. Contribución escrita redactada con estándares de artigo científico
Transversais
CT1 Traballo experimental. Contribución escrita redactada con estándares de artigo científico
CT2 Exame teórico/ Traballo experimental. Contribución escrita redactada con estándares de artigo científico
CT3 Traballo experimental. Contribución escrita redactada con estándares de artigo científico
CT7 Traballo experimental. Contribución escrita redactada con estándares de artigo científico
CT8 Traballo experimental. Contribución escrita redactada con estándares de artigo científico
CT9 Traballo experimental. Contribución escrita redactada con estándares de artigo científico
CT10 Traballo experimental. Contribución escrita redactada con estándares de artigo científico
Específicas
CE3 Traballo experimental. Contribución escrita redactada con estándares de artigo científico
CE5 Exame teórico
CE12 Exame teórico
TRABALLO PRESENCIAL NA AULA HORAS TRABALLO INDIVIDUAL OU EN GRUPO HORAS
Clases maxistrais 25 Estudo individual 53,5
Prácticas de campo 10 Elaboración de traballos 16
Seminarios 4
Titorías obrigatorias 2
Exame 2
TRABALLO NA AULA 43 TRABALLO PERSOAL 69,5
Asistencia a todas as actividades docentes.
• Consulta de bibliografía recomendada.
• Uso frecuente das titorías para calquera tipo de cuestión relacionada coa materia.
Todos os documentos relativo á materia estarán ao dispor do alumno a través da plataforma Moodle. As canles de comunicación co profesor, ademais do presencial, serán o correo electrónico e a aplicación MS-teams).
Jesus Dominguez Conde
- Departamento
- Zooloxía, Xenética e Antropoloxía Física
- Área
- Zooloxía
- Teléfono
- 881813268
- Correo electrónico
- jesus.dominguez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Mércores | |||
---|---|---|---|
12:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 09. Barbara McClintock |
Xoves | |||
12:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 09. Barbara McClintock |
10.01.2024 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 01. Charles Darwin |
21.06.2024 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 04: James Watson e Francis Crick |