Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 1 Clase Expositiva: 13 Clase Interactiva: 26 Total: 40
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Bioloxía Funcional
Áreas: Ecoloxía
Centro Facultade de Bioloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
- Coñecer e saber aplicar as ferramentas básicas de análise cuantitativa da variación espazo-temporal da diversidade biolóxica co obxectivo final de poder determinar cales son os procesos responsables desta variación.
- Coñecer a sintaxe básica de programación necesaria no ámbito dos estudos da biodiversidade.
1. Nocións básicas de programación en R para a análise da diversidade biolóxica (2h clase/4h seminario)
2. Cuantificación da diversidade específica e funcional. (2h/4h)
3. Diversidade filoxenética, unidades de conservación evolutiva e filoxeografía. (2h/4h)
4. Estimadores de riqueza (2h/4h)
5. Modelización do nicho ecolóxico, distribución de especies e selección de áreas de conservación (2h/4h)
6. Métodos univariados e multivariados aplicados ao estudo de patróns de diversidade (3h/6h)
Tutoría (1h): Aclaración de dúbidas sobre diferentes aspectos da análise estatística no eido dos estudos de biodiversidade
Bibliografía básica
Borcard D, Gillet F, Legendre P (2018). Numerical Ecology with R. Springer, 452 pp.
Cayuela L, De la Cruz M (2022). Análisis de datos ecológicos en R. Mundi-Prensa, Ediciones Paraninfo, 336 pp.
Swenson NG (2014) Functional and Phylogenetic Ecology with R. Springer, 224 pp.
Bibliografía recomendada
Crawley MJ (2014) Statistics: An Introduction with R. Wiley, 345 pp.
Magurran AE (2004) Measuring biological diversity. Blackwell Publishing, Massachusets, 256 pp.
Magurran AE, McGill B (2011) Biological diversity. Oxford University Press, Oxford, 345 pp.
Paradis E (2011) Analysis of Phylogenetics and Evolution with R. Springer, 400 pp
Coñecementos:
Con01: Coñecer os conceptos, métodos e resultados máis importantes das distintas ramas da Bioloxía (CG1)
Con10: Coñecer e comprender a estrutura e a dinámica de poboacións e comunidades (CE12)
Habilidades
H/D01: Aplicar de forma integrada os coñecementos teórico-prácticos adquiridos na transmisión de información/ideas e na formulación e resolución de problemas, tanto en contextos académicos como profesionais (CB4 e CG2).
H/D02: Saber obter e interpretar información relevante e resultados experimentais e obter conclusións sobre temas relacionados coa Bioloxía (CG3 + CT10)
H/D03: Estudar e aprender de forma autónoma, con organización de tempo e recursos, novos coñecementos e técnicas en Bioloxía (CG5)
H/D04: Propoñer, aplicar e interpretar modelos matemáticos e métodos estatísticos no ámbito da Bioloxía (CE2)
H/D07: Capacidade para buscar, procesar, analizar e sintetizar información procedente de diversas fontes, incluíndo o uso das TIC no ámbito da Bioloxía (CT1, CT7)
H/D08: Capacidade de razoamento, argumentación e pensamento crítico (CT2).
H/D09: Capacidade de organización e planificación do traballo (CT9).
Competencias
Com01: Que o alumnado demostre que posúe, comprende e utiliza coñecementos das diferentes áreas da Bioloxía, incluíndo algúns aspectos de vangarda da súa área de estudo (CB1)
Comp02: Que o alumnado teña desenvolvidas aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía (CB5)
Comp03: Que o alumnado saiba aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dun xeito profesional e posúa as capacidades que adoitan demostrarse mediante a elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo (CB2).
Comp05: Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan a reflexión sobre temas relevantes de carácter social, científico ou ético (CB3)
Comp08: Coñecer e saber aplicar as técnicas, principios e procesos básicos para avaliar o estado de conservación dos ecosistemas e propoñer solucións en escenarios de cambio global, como criterio central na consecución dos obxectivos de desenvolvemento sostible.
Clases expositivas: o formato de clase maxistral combinarase co formato de aula invertida, dependendo do contido a tratar na sesión. Nas clases maxistrais, a profesora exporá de forma oral conceptos e/ou procedementos, achegando a información básica necesaria para comprender unha perspectiva teórica ou un procedemento práctico e favorecendo a participación do alumnado. Na aula invertida, a profesora achegará material a través do campus virtual, que será a base do estudo para o alumnado e a sesión presencial servirá para resolver dúbidas e para debatir ideas e conceptos. Non é obrigatoria a asistencia.
Clases seminario interactiva: O seu obxectivo será que o alumnado utilice ferramentas informáticas para a análise e interpretación de datos da diversidade biolóxica, seguindo as instrucións e orientacións que lle proporcione a profesora. Algunhas das sesións estruturaranse no contexto da aprendizaxe por resolución de problemas. Tamén se fomentará un ambiente de aprendizaxe colaborativo, fomentando que o alumnado intercambie impresións e coñecementos para elaborar os guións necesarios para resolver os exercicios. Realizaranse na aula e o alumnado deberá acudir a ela cun portátil propio ou facilitado pola Facultade. É obrigatoria a asistencia ao 70% das sesións.
Titorías: Dedicaranse principalmente a aclarar dúbidas sobre a teoría e os seminarios, así como calquera outra consulta relacionada coa docencia da materia. Non é obrigatoria a asistencia.
Avaliación continua (30% da nota final). Realización de exercicios prácticos de análise da biodiversidade que terán que ser entregados para ser avaliados pola profesora. (H/D01, H/D02, H/D04, Comp02, Comp03, Comp05, Comp08)
Exame (70% da nota final) (Con01, Con10, H/D01, H/D03, H/D07, H/D08, H/D09, Com01, Comp02, Comp03, Comp08)
A asistencia ás clases do seminario interactivo será obrigatoria, sendo necesaria a asistencia ao 70%.
A evaluación na primeira e segunda oportunidade será idéntica. Os alumnos repetidores teñen o mesmo sistema de avaliación que os alumnos de primera matrícula. Para os alumnos repetidores únicamente se conservará a calificación dos resultados da avaliación continua, durante o mesmo período que a normativa de esta universidade dispón para a asistencia ás prácticas.
TRABALLO PRESENCIAL: 42 horas
Clases expositivas: 13 horas
Clases interactivas (seminario): 26 horas
Titorías: 1 hora
Exame: 2 horas
TRABALLO AUTÓNOMO, ESTUDO PERSOAL DO ALUMNADO: 70,5 horas
Asistir e participar na clase, revisar e actualizar os coñecementos estatísticos adquiridos con anterioridade no grao en Bioloxía, familiarizarse coa sintaxe básica do tratamento e análise de datos (p. ex. empregando o paquete swirl), analizar criticamente scripts elaborados por outras persoas, desenvolver scripts propios de tratamento e análise de datos, preguntar dúbidas na clase ou nas horas de titoría.
Carola Gomez Rodriguez
- Departamento
- Bioloxía Funcional
- Área
- Ecoloxía
- Correo electrónico
- carola.gomez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
28.05.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 01. Charles Darwin |
28.05.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 02. Gregor Mendel |
11.07.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 04: James Watson e Francis Crick |