Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 30 Clase Interactiva: 18 Total: 51
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Bioquímica e Bioloxía Molecular
Áreas: Bioquímica e Bioloxía Molecular
Centro Facultade de Ciencias
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
- Identificar a estrutura das diferentes clases de biomoléculas
- Coñecer as características estruturais e as funcións das diferentes biomoléculas
- Coñecer as bases estruturais das interaccións entre diferentes tipos de biomoléculas
- Diferenciar os niveis de organización estrutural das diferentes biomoléculas para formar estruturas supramoléculares
- Coñecer os fundamentos das técnicas de purificación e caracterización estructural de proteínas
- Adquirir experiencia de laboratorio para el manejo de técnicas bioquímicas básicas
1. CONTIDOS TEÓRICOS
Temario clases expositivas
UNIDADE DIDÁCTICA 1. INTRODUCIÓN
Tema 1.- Concepto de Bioquímica. Organización da materia viva.
Tema 2.- Propiedades del agua: polaridade e ionización. Concepto de pH y soluciones reguladoras de pH.
UNIDADE DIDÁCTICA 2. ESTRUTURA, PROPIEDADES E FUNCIÓNS DAS PROTEÍNAS
Tema 3.- Estructura, clasificación e propiedades dos aminoácidos proteinóxenos. Aminoácidos pseudoproteinóxenos. Aminoácidos no proteinóxenos.
Tema 4. O enlace peptídico. Estructura e función de péptidos de interese biolóxico. Clasificación e función das proteínas. Niveis de organización estructural de proteínas. Proteínas globulares e proteínas fibrosas. Desnaturalización. Propiedades ácido-base das proteínas.
UNIDADE DIDÁCTICA 3.- ESTRUCTURA, PROPIEDADES E FUNCIÓNS DOS GLÚCIDOS
Tema 5. Estrutura, clasificación e propiedades dos monosacáridos. Derivados dos monosacáridos de interese biolóxico.
Tema 6. O enlace glicosídico. Oligosacáridos de interese biolóxico. Polisacáridos de reserva e polisacáridos estruturais. Glicoproteínas.
UNIDADE DIDÁCTICA 4.- ESTRUTURA, PROPIEDADES E FUNCIÓNS DOS ÁCIDOS NUCLEICOS
Tema 7. Bases púricas e pirimidínicas. Nucleósidos e nucleótidos. Nucleótidos libres con funcións específicas.
Tema 8. Niveis de organización estructural do ADN. Características estructurais dos diferentes tipos de ARN. Asociación ARN-proteínas.
UNIDADE DIDÁCTICA 5.-ESTRUTURA, PROPIEDADES E FUNCIÓNS DOS LÍPIDOS
Tema 9. Estructura e propiedades dos ácidos graxos. Derivados de ácidos graxos: estructura e funcións dos eicosanoides.
Tema 10. Triacilgliceroles e ceras. Fosfoglicéridos. Esfingolípidos. Lípidos derivados do isopreno: esteroides e ubiquinona.
Tema 11. Estructura e clasificación das lipoproteínas. Membranas celulares. Mecanismos de transporte a través de membranas.
UNIDADE DIDÁCTICA 6.- ESTRUTURA, PROPIEDADES E FUNCIÓNS DAS VITAMINAS
Tema 12. Vitaminas liposolubles: A, D, E y K.
Tema 13. Vitaminas hidrosolubles. Coenzimas derivadas das vitaminas hidrosolubles.
Seminarios:
Bases dalgunhas técnicas básicas de estudio de proteínas
Seminario 1. Cromatografía: fundamentos e tipos. Equipo de cromatografía. HPLC. FPLC. Cromatografía de gases.
Seminario 2. Electroforese: fundamentos. Electroforese en xeles de poliacrilamida-SDS. Isoelectroenfoque. Electroforesis 2D.
Seminario 3. Nocións básicas de proteómica. Espectrometria de masas. Bases de datos e ferramentas informáticas en estudos proteómicos. Aplicacións.
2. CONTIDOS PRÁCTICOS
P1. Uso de material básico en laboratorio de bioquímica (balanzas, axitadores magnéticos, pipetas automáticas, pH-metro..). Preparación de disoluciones. Diluciones.
P2. Preparación de soluciones reguladoras de pH. Análise do seu efecto.
P3. Determinación da concentración de proteínas en muestras biolóxicas polo método de Lowry.
P4. Separación de proteínas de soro sanguíneo de diferentes especies animales mediante electroforesis en gel de agarosa. Interpretación de los proteinogramas.
P5. Introducción as técnicas cromatográficas. Separación de aminoácidos mediante cromatografía en capa fina. Separación de moléculas mediante cromatografía de xel-filtración (columna).
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
- NELSON, DL & COX, MM, Lehninger Principios de Bioquímica, 7ª ed., Ed. Omega, Barcelona, 2018.
- TYMOCZKO, JL, BERG, JM & STRYER, L., Bioquímica: curso básico. Ed. reverté; Barcelona, 2014.
- STRYER,L; BERG, JM & TYMOCZCO, JL, Bioquímica con aplicaciones clínicas, 7ª ed., Ed. Reverté, Barcelona, 2013.
- VOET, D., VOET, J. & PRAT, CW, Fundamentos de bioquímica: la vida a nivel molecular. 4ª ed., ed. Panamericana, Buenos Aires, 2016 (versión electrónica).
- MCKEE, T. & MCKEE, JR Bioquímica: las bases moleculares de la vida. 7ª ed., ed. McGRawHill Interamericana, México, 2020 (versión electrónica).
- FEDUCHI, E., ROMERO, C., YAÑEZ, E., GARCÍA-HOZ, C., Bioquímica: conceptos esenciales, 3ª ed., Ed. Médica Panamericana, Madrid, 2021 (versión electrónica).
- KOOLMAN, J. & RÖHM, KH, Bioquímica: texto y atlas, 4ª ed., Ed. Médica Panamericana, Madrid, 2012.
- TEIJÓN, JM, BLANCO, MD, OLMO, RM, POSADA, P., TEIJÓN, C. & VILLARINO, A. Fundamentos de Bioquímica estrutural, 3ª ed., Ed. Tébar Flores, Madrid, 2017.
- HERRERA, E., RAMOS, MP, VIANA, M., Bioquímica básica. Ed. Elsevier, Barcelona, 2014
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
- https://biomodel.uah.es/
- GE Healthcare, Principios y Metodología Handbooks (acceso libre)
https://www.cytivalifesciences.com/en/es/support/handbooks
- Protopedia; Estructura 3D de proteínas y otras biomoléculas
http://proteopedia.org/wiki/index.php/Main_Page
- Martínez del Pozo , A. (2020) Moléculas imprescindibles para una vida
https://www.sebbm.es/web/es /divulgacion/moleculas-de-la-vida
- SEBBM: Vídeos y experimentos on-line
https://www.sebbm.es/web/es/divulgacion/rincon-profesor-ciencias/recurs…- line/187-videos-y-experimentos-on-line
- Vídeos cromatografía
https://www.news-medical.net/life-sciences/How-Does-Ion-Exchange-Chroma…
https://www.news-medical.net/life-sciences/Chromatography-Overview.aspx
https://www.azolifesciences.com/article/High-Performance-Liquid-Chromat…
- Vídeos electroforese
https://www.youtube.com/watch
https://www.youtube.com/watch
-Proteómica
- Corrales, FJ (2019) Traduciendo el código de la vida. La proteómica
DOI: http://dx.doi.org/10.18567/sebbmdiv_RPC.2019.08.1
- Aebersold, R., Mann, M. (2003) Proteómica basada en espectrometría de masas. Nature 422, 198–207 (https://doi.org/10.1038/nature01511
- Cox J, Mann M. ¿Es la proteómica la nueva genómica? (2007). Cell, 130, 395-398. doi:10.1016/j.cell .2007.07.032
H/D08 -Planificar e utilizar os principais métodos experimentais dirixidos á análise da actividade biolóxica, técnicas de illamento,
caracterización de moléculas biolóxicas, desenvolvemento de sistemas terapéuticos e avaliación de substancias activas. TIPO:
Habilidades ou destrezas .
Comp04 -Actuar con profesionalidade rexéndose por principios éticos, de rigor científico e de desenvolvemento sostible. TIPO:
Competencias .
Con04 - Demostrar o coñecemento das bases químicas que permiten o deseño de calquera técnica experimental necesaria para
a análise de moléculas. TIPO: Coñecementos ou contidos.
Con08 -Recoñecer en profundidade as bases químicas e biolóxicas, que determinan a estrutura tridimensional das moléculas e
complexos supramoleculares e relacionar a súa estrutura e funcións. TIPO: Coñecementos ou contidos .
Con10 -Adquirir coñecementos e distinguir as distintas aplicacións dos principais métodos experimentais e de instrumentación.
TIPO: Coñecementos ou contidos .
CONTIDOS TEÓRICOS
Clases expositivas. Os contidos teóricos impártense na aula, en 30 sesións de 45-50 minutos de duración cada unha. A exposición dos contidos apoiarase en presentacións elaboradas específicamente para cada tema.
Titorías. Como complemento á docencia teórica, cada alumno/a deberá asistir a 3 sesións de titorías en grupo que se impartirán na aula. Estas clases servirán para desenvolver e reforzar a aprendizaxe dos contidos fundamentais da materia e fomentar a participación activa do alumno. Para este fin, durante as sesións, formularanse de xeito secuencial una serie de cuestións que o alumno/a deberá resolver con respuestas razoadas coa orientación e guía do profesor. Estas cuestións servirán de fio conductor para repasar os contidos fundamentais da materia e reforzar a sús comprensión. Nas sesiones de titoría prestarase especial atención e farase fincapé no emprego da terminoloxía axeitada.
Seminarios. Cada alumno/a deberá asistir a 3 sesións (1h/sesión) de seminarios que se impartirán na aula. Estas clases están adicadas a explicar nocións básicas sobre o fundamento e tipos de técnicas de illamento e caracterización estructural de proteínas. A clase estará apoiada en presentaciones e vídeos.
O alumnado deberá elaborar en horas de traballo autónomo, ben de maneira individual o en grupos, un traballo propuesto polo profesorado e relacionado cos contidos de materia.
CONTIDOS PRÁCTICOS
As prácticas realizaranse no laboratorio da Facultade de Ciencias. Cada grupo realizará 5 sesións de prácticas de 3 horas cada una. Porase a disposición do alumno, a través del aula virtual, un Manual de Prácticas no que se detallan os aspectos teóricos así como a metodoloxía a seguir para o desenvolvemento de cada práctica. Cada alumno/a debe elaborar una memoria de prácticas que será corrixida e avalidada. Todo el alumnado deberá acudir as prácticas provisto do manual de prácticas, guantes de látex y bata de laboratorio.
Na Biblioteca Intercentros do Campus de Lugo están ao dispor dos/as alumnos/as exemplares dos libros de texto e manuais recomendados para o seguimento da materia. Así mesmo, os estudantes teñen a súa disposición os libros en versión electrónica a través de la biblioteca universitaria na siguiente ligazón (https://biblioteca-usc.gal/).
Avaliaranse os seguintes apartados:
1) Avaliación das prácticas de laboratorio (20% da cualificación global).
Valoraranse os siguientes aspectos: a destreza e habilidade no manexo do material e equipamento de laboratorio; a actitude e o interese mostrado no desenvolvemento da práctica; a resposta as cuestiones plantexadas polo/a profesor/a; a presentación dos resultados ea capacidade para interpretar e discutir sobre os datos obtidos (valoración da memoria de prácticas). Resultados da aprendizaxe avaliados: H/D08, Comp04, Con10.
2) Valoración dun traballo individual relacionado cos contidos da materia (10% da cualificación global). Resultados da aprendizaxe avaliados: Con08.
3) Avaliación da participación activa nas titorías en grupo (10 % da cualificación global). Valorarase a capacidade para responder correctamente ás preguntas que se formulan relacionadas con contidos clave tratados previamente nas clases expositivas, e o uso da terminoloxía axeitada, mediante una observación directa do profesor e a realización dunha pequena proba ao finalizar a sesión. Resultados da aprendizaxe avaliados: Comp04, Con04, Con10..
4) Valoración do nivel de coñecementos adquiridos (60% da cualificación global). Valorarase a capacidade para relacionar, integrar e aplicar os coñecementos adquiridos mediante una prueba escrita tipo test e de preguntas de resposta abierta. Resultados da aprendizaxe avaliados: Comp04, Con04, Con08 . Esta proba é complementaria ás probas de avaliación continua .
REQUISITOS:
1. Para ter en conta as cualificaciones dos apartados 1, 2 e 3, o alumno/a deberá obtener una cualificación mínima de 4.5 puntos/10 na proba escrita (apartado 4).
2. A asistencia presencial e participación activa nas clases prácticas de laboratorio é un requisito indispensable para poder realizar o exame final, e polo tanto aprobar a materia, tanto na convocatoria ordinaria como na oportunidade de recuperación. A falta de asistencia a una práctica deberá ser xustificada documentalmente e, sempre que sexa posible, comunicada con antelación. El alumno deberá recuperar a(s) práctica(s) no realizada(s) en algún outro grupo que le sexa asignado. En caso de no recuperala(s) considérase que as prácticas non foron superadas.
3.- A nota obtida nos apartados prácticas, trabajo e tutorías terán validez para as duas oportunidades do curso. Se un/a alumno/a debe cursar novamente a materia se lle conservará, se así o desexa, a nota obtida no apartado prácticas durante os seguintes tres cursos académicos.
4.- Soamente os/as alumnos/as que no realizaron ninguna actividade durante o curso serán calificados como "non presentado".
MODO DE REALIZACIÓN DE PROBAS: todas as probas realizaranse de xeito presencial.
Para los casos de realización fraudulenta de probas ou exámes será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificaciones”.
TEMPO TOTAL DE TRABALLO PARA O ALUMNO/A: 150 horas
1. Clases presenciais: 51 horas, distribuídas do seguinte xeito:
- 30 h clases expositivas
- 3 h seminarios
- 15 h de prácticas de laboratorio
- 3 h titorías en grupo reducido
2. Tempo de estudio e traballo persoal: 99 horas, distribuidas do seguinte xeito:
- Asimilación de contidos teóricos: 78 horas de estudio e resolución de problemas.
- Elaboración dun traballo académico: 6 h
- Elaboración da memoria de prácticas: 15 horas de traballo individual.
Recoméndase aos alumnos/as adicar un tempo de estudio e traballo personal xusto después de cada clase expositiva para ordear, entender e fixar os conceptos fundamentais do tema en cuestión. Nese caso, o alumno/a estará en condicións de participar dunha forma activa nas clases de titoría. Ademais, o tempo de estudo previo ao exame que o/a alumno/a deberá adicar para superar a materia reducirase considerablemente.
Titorías personalizadas previa cita. Departamento de Bioquímica. Pabellón II. Facultade de Veterinaria.
Jose Antonio Villamarin Cid
- Departamento
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Área
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Correo electrónico
- antonio.villamarin [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Maria De Izaskun Ibarguren Ariceta
Coordinador/a- Departamento
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Área
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Teléfono
- 982822209
- Correo electrónico
- mdeizaskun.ibarguren [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Maria Dolores Lopez Pedrouso
- Departamento
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Área
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Correo electrónico
- mariadolores.lopez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Axudante Doutor LOSU
Mércores | |||
---|---|---|---|
18:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | 2P AULA 3 SEGUNDA PLANTA |
19.05.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | 2P AULA 3 SEGUNDA PLANTA |
19.05.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | 2P AULA 4 SEGUNDA PLANTA |
25.06.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | 2P AULA 3 SEGUNDA PLANTA |
25.06.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | 2P AULA 4 SEGUNDA PLANTA |