Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 36 Clase Interactiva: 12 Total: 51
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Botánica, Zooloxía, Xenética e Antropoloxía Física
Áreas: Botánica, Zooloxía
Centro Facultade de Ciencias
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
a) Xerais:
- Saber fundamentar a orixe común de todolos seres vivos e as súas repercusións.
- Relacionar a diversidade ambiental, a diversidade orgánica e o proceso evolutivo.
- Situar os organismos na árbore da vida e identificar as relacions evolutivas entre os principais grupos.
- Recoñecer as categorías taxonómicas e utilizar as regras de nomenclatura biolóxica.
- Recoñecer las principais fases do desenvolvemento da vida na Terra.
- Recoñecer os principales hitos da historia do coñecemento biolóxico.
b) Específicos:
- Identificar organismos e asocialos aos diferentes modos e tipos de organización anatómica, funcional e reproductiva.
- Distinguir entre as diferentes fases dos ciclos vitais.
- Recoñecer as características identificativas dos principales grupos botánicos e faunísticos así como a súa posición filoxenética.
- Analizar os fenómenos de converxencia e diverxencia evolutiva dos sistemas funcionais como resposta adaptativa aos continuos cambios medioambientais.
- Coñecer as relacións interespecíficas que poidan condicionar as distintas especies e as súas características medioambientais.
- Relacionar a variación espaciotemporal da biodiversidade e o mantemento da vida.
- Inculcar nocións para a conservación da diversidade nos ecosistemas.
Os contidos a desenvolver nesta materia tratan sobre a diversidade biolóxica O temario para acadar estes contidos é o seguinte:
EXPOSITIVAS: 30h
(10h Area Botánica)
Introdución á historia da vida na Terra.
Diversidade biolóxica, visión actual e precedentes. Arbores Filoxenéticas e Clasificación dos organismos. Nomenclatura e Taxonomía.
Carácteres xerais dos sistemas vivos. Os tres Dominios: Bacteria, Arquea e Eukarya. Diferenzas entre células procariotas e eucariotas. Estrutura e función dos distintos tipos celulares (en organismos multicelulares) e dos seus orgánulos subcelulares.
Os Protistas: As algas. Características xerais. Ciclos biolóxicos. Reino Fungi e grupos afíns. Características xerais e diversidade. Reino Planta. Complexidade, estrutura e desenvolvemento.
Plantas non vasculares (Bryophytas): Ciclo biolóxico.
Plantas vasculares I: Plantas sen sementes (Pteridophytas): ciclo biolóxico.
Plantas vasculares II: Plantas con sementes (Ximnospermas e Anxiospermas). Reprodución.
(20h Area Zooloxía)
Reino Animalia: orixe dos animais, arquitectura animal, plans corporais. Animais protóstomos e deuteróstomos. Fundamentos de taxonomía e nomenclatura zoolóxica. Clasificación e filoxenia. Reprodución e desenvolvemento animal.
Filos Poríferos, Cnidarios e Ctenóforos: carácteres xerais e tipos de organización.
Acelomados: Filo Platelmintos. Diagnose e carácteres xerais. Clasificación e exemplos de ciclos vitais.
Pseudocelomados: Definición e carácteres xerais. Filo Rotíferos. Filo Nematodos.
Celomados: definición e carácteres xerais. Filo Moluscos: características xerais, organización, reprodución e clasificación. Filo Anélidos: características xerais, organización, reprodución e clasificación.
Filo Artrópodos: Definición, carácteres xerais e clasificación Quelicerados: características xerais, organización e clasificación. Crustáceos: características xerais, organización e clasificación Miriápodos: definición, carácteres xerais e clasificación.
Hexápodos: Características xerais. Bioloxía e clasificación. Colémbolos, Proturos e Dipluros. Exopterigotas e Endopterigotas.
Animais deuterostomados: Filo Equinodermos: carácteres xerais e organización.
Filo Cordados:Definición e carácteres xerais. Carácteres xerais de vertebrados, clasificación. Xeneralidades de Agnatos.
Gnatostomados: definición. Condríctios e osteictios: carácteres xerais. Adaptacións estruturais e funcionais para a vida na auga. Tetrápodos: adaptación ao medio terrestre. Anfibios: carácteres xerais e organización. Clasificación. Reprodución e desenvolvemento Réptiles: carácteres xerais e organización. Clasificación.
Aves: carácteres xerais, organización; adaptacións funcionais e estruturais para o vo. Clasificación.
Mamíferos: carácteres xerais, adaptacións funcionais e estruturais. Clasificación. Reprodución e desenvolvemento.
SEMINARIOS
Biodiversidade e conservación (2 horas) Especies invasoras (1 hora)
PRÁCTICAS DE LABORATORIO (15h: 6h Área Botánica; 9h Área Zooloxía)
6h Área Botánica
Práctica 1.- Diversidade I: Talófitas (Talófitas: Algas, Fungos e Liques) (1:30)
Práctica 2.- Diversidade II: Plantas sen semente (Briófitas e Pteridófitas) (1:30)
Práctica 3.- Diversidade III: Espermatófitas (Ximnospermas e Anxiospermas) (1:30)
Práctica 4.- Organografía (Estrutura das raíces, caules e follas das Cormófitas)(1:30)
9h Área Zooloxía
Práctica 5.- Invertebrados no artrópodos. Acelomados, pseudocelomados, anélidos (1:30)
Práctica 6.- Moluscos e equinodermos (1:30)
Práctica 7.- Artrópodos 1. Quelicerados e crustáceos. (1:30)
Práctica 8.- Artrópodos 2. Insectos e outros grupos de mandibulados terrestres. (1h:30)
Práctica 9.- Cordados 1. Urocordados, cefalocordados, peixes e anfibios (1:30)
Práctica 10.- Cordados 2. Réptiles, aves e mamíferos (1:30)
ACTIVIDADES NO CAMPUS VIRTUAL
-Elaboración dun Glosario de termos Galego-Castelán-Inglés
-Exercicios de Autoavaliación
Bibliografía básica
Brusca, R. C., e Brusca, G. J. 2005. Invertebrados. Ec. McGraw-Hill-Interamericana.
Curry, J.P. 1994.Grassland Invertebrates: Ecology, influence on soil fertility and effects on plant growth. Ed. Chapman&Hall.
Curtis, H.; N. Sue Barnes. 2008. Biología. 7ª ed. Ed. Panamericana.
de la Fuente, J. A. 1982. Artrópodos. I. Características xerais, Dpto. Zoología, Univ. Salamanca.
de la Fuente, J. A. 1994. Zoología de Artrópodos, Ed. McGraw-Hill-Interamericana de España, Madrid.
Esau, K. 1987. Anatomía de las plantas con semilla. Ed. Hemisferio Sur.
Hickman, J.R.; Cleveland, P.; Keen, S.L.; Eisenhour, D.J.; Larson, A.; L´anson, H.2021. Principios integrales de Zoología. Servet Edra, Zaragoza, 924 pp.
Kardong, K. V. 1999. Vertebrados: anatomía comparada, función, evolución, Ed. McGraw-Hill Interamericana, Madrid.
Raven, P. H.; R. F. Evert; S. E. Eichhorn. 1992. Biología de las plantas. 2 tomos. Ed.Reverté.
Bibliografía complementaria
Aira, Mª J., Vázquez, R.A. e Izco, J. Eds. 2014. Manual de prácticas de botánica: laboratorio y campo. Servizo de Publicacións e intercambio Científico. Santiago de Compostela.
Barnes, R. S. K., Calow, P., e Olive, P. J. W. 1993. The Invertebrates: a new synthesis, Blackwell Scientific Publications, Oxford.
Birch, M. C. e Hainer, K. F.1990.Feromonas de insectos, Ed. Oikos-Tau, Barcelona.
Díaz, J. A. e Santos, T.1998. Aproximación evolutiva a la diversidad e organización de los animales, Ed. Síntesis, Madrid.
Malakhov, V. V.1994. Nematodos: Structure, Development, Classification and Phylogeny, Smithsonian Institution.
Mueller, GM, Bills, GF, Foster, MS. 2004. Biodiversity of Fungi. Inventoring and Monitoring Methods. Elsevier Academic Press. Amsterdam.
Nabors, M. W. 2006. Introducción a la Botánica. Pearson Educación. Madrid.
Richards, O. W. e Davies, R. G. 1983. Tratado de Entomología Imms. 1 Estructura, Fisiología y Desarrollo, ed. Omega, Barcelona. Richards, O. W. e Davies, R. G. 1984. Tratado de Entomología Imms. 2. Clasificación y Biología, ed. Omega, Barcelona.
Rodríguez, Mª C., P. De Sáa; R.A. Vázquez. 2004. Citología, Histología y Organografía Vegetal. In: Rodríguez, F. (Ed.). Galicia Naturaleza. Tomo XLI, Botánica I: 17-134. Hércules Ediciones, A Coruña.
Vaughan, T. A. 1988. Mamíferos, Interamericana, México.
Weichert, C. K. e Presch, W.1981. Elementos de anatomía de los cordados, Ed. McGraw-Hill, México.
Wessels, N. K.1979. Adaptaciones estructurales de los vertebrados en Scientific American: Vertebrados: estructura y función, Ed. Blume, Madrid.
Web-grafía (consultado: maio 2024)
The Joy of Science. Richard A. Lockshin. 2007. http://link.springer.com/openurl?genre=book&isbn=978-1-4020-6099-1. http://commons.wikimedia.org/wiki/File:Bacterial_morphology_diagram-es…
http://www.biologia.edu.ar/plantas/indplantas.
htm http://botit.botany.wisc.edu/Anatomy/Glossary/Anatomy-glossary.html#anc…
Comp01:Desenvolver a capacidade de organizar e planificar axeitadametne o traballo, partindo dunha síntese e análise que permitan tomar decisións. TIPO: Competencias
Comp04: Actúar con profesionalidade rexíndose por principios éticos, de rigor científico e de desenvolvemento sostible. TIPO: Comptencias
Con01: Recoñecer a estrutura e función dos distintos tipos celulares. Comprender a diversidade e lembrar a taxonomía biolóxica. TIPO: Coñecemento ou contidos
H/D01: Aplicar axeitadamente as ferramentas físicas, químicas, matemáticas e estatísticas o estudo dos procesos biolóxicos. TIPO: Habilidades e destrezas
Competencias traballadas
1. Clases expositivas: Con01
2. Seminarios: Comp01;Comp04
3. Prácticas: H/D01;Con01
DISPENSA DE ASISTENCIA: non se contempla a dispensa de asistencia ás sesións correspondentes á docencia presencial interactiva
A docencia teórica terá lugar durante o primeiro semestre, segundo o horario aprobado polo centro, e o material empregado en cada clase de teoría estará á disposición do alumnado con anterioridade na plataforma virtual. As clases teóricas consistirán na explicación dos contidos da asignatura por parte do profesorado, axudándose da pizarra e dos medios audiovisuais.
Os seminarios son actividades complementarias sobre diversos aspectos da materia.
Docencia práctica (servirá para a ilustración dos contidos teóricos da materia e estará orientada fundamentalmente a que o alumnado adquira habilidades e experiencia práctica); o seu desenvolvmento será do seguinte xeito:
- Breve introdución por parte do docente.
- Realización da práctica, seguindo as directrices marcadas por un guión, baixo o seguimento e a supervisión do profesorado.
- Entrega dun traballo sobre o realizado durante a práctica.
Todas as tarefas do estudiantado (estudo, traballos, lecturas) serán orientadas polo persoal académico nas sesións de titoría.
USC-virtual:
- Utilizaranse as ferramentas dispoñibles na USC-virtual para prover ao alumnado do material necesario para o desenrolo da materia (presentacións, textos de apoio, bibliografía, etc.) e para establecer unha comunicación fluída co profesorado.
“Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o establecido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudiantes e de revisión das cualificacións”:
“A realización fraudulenta dalgún exercicio ou proba exixida na avaliación dunha materia implicará a cualificación de suspenso na convocatoria correspondente, con independencia do proceso disciplinario que se poida seguir contra o alumno infractor. Considerarase fraudulenta, entre outras, a realización de traballos plaxiados ou obtidos de fontes accesibles ao público sen reelaboración ou reinterpretación e sen citas aos autores e das fontes”
ORIXINALIDADE DOS TRABALLOS PRESENTADOS
Na elaboración dos traballos e dos cuestionarios realizados durante o curso, deben seguirse certas normas:
1. Cualquera cita literal de texto e/ou figuras tomada dun libro, separata, apuntes de clase ou dunha páxina web, terá que estar correctamente referenciada. De non ser así, se considerará que se está a realizar un plaxio (acción e efecto de copiar, no sustancial, obras alleas dándoas como propias).
2. Tamén se considerará plaxio se a copia se fai doutro compañeiro/a, ou se entrega un traballo escrito por outra persona, facéndose pasar polo autor/a do mesmo.
3. A detección de calquera de estas formas de plaxio suporá que dito traballo no sexa tomado en consideración e haxa que refacelo; ademais, si o plaxio é reiterado conlevará a ausencia da cualificación correspondiente na nota final da materia.
4. No caso dos cuesionarios, se se detecta copia nas respostas de unha parte do alumnado, conlevará a ausencia da cualificación correspondente nota final da materia para todos os casos detectados
REPETIDORES: as cualificación acadadas nas distintas actividades durante un curso académcio non se gardarán para cursos posteriores, polo que se terán que repetir na súa totalidade
A cualificación final da materia será a suma dos puntos acadados nos seguintes apartados:
1. Exame teórico (50% da nota final, repartido nun 20% para Botánica e un 30% para Zooloxía). E imprescindible aprobar ambas partes para sumar o resto das puntuacions. Acualificación do exame sempre vai ser complementaria a da avaliación continua.
Competencias avaliadas: Con01, Comp04
2. Asistencia, actitude e aproveitamento das prácticas así como a elaboración dunha memoria de cada unha de elas e a elaboración dun glosario de termos en galego, español e inglés (30% da nota final). As prácticas serán obrigatorias e a non asistencia a elas suporá ter que presentarse a un exame práctico ao final do curso.
Competencias avaliadas: Con01, HD01, Comp04
3. Elaboración e presentación dun traballo (10%).
Competencias avaliadas:Con01, HD01, Comp01, Comp04
4. Avaliación continua mediante a resposta a uns cuestionarios ao final de cada tema e dos seminarios, xunto coa participación activa nas clases (10% da nota final). Terminado o tempo de clases expositivas, non haberá unha nova posibilidade para contestar os cuestionarios.
Competencias evaluadas: Con01
As cualificacións obtidas na oportunidade ordinaria nos apartados 3 e 4 serán as mesmas na segunda oportunidade; é dicir, non hai posibilidade de entregar un novo traballo nin de contestar novamente aos cuestionarios.
Tempo de estudo e traballo persoal
Horas presenciais:
Clases expositivas: 30 horas
Clases interactivas (laboratorio e seminarios): 15 + 3 horas Titorías: 3 horas
Actividades de avaliación: 4 horas Total horas presenciais: 55 Traballo persoal do alumno
Lectura e preparación dos temas: 30 horas
Lectura e preparación das clases interactivas: 15 horas Preparación doutras actividades de avaliación: 20 horas Preparación de exame: 30 horas
Total horas non presenciais: 95 horas
- Horas totais de traballo do alumno: 150 horas
- Asistencia presencial e participativa nas clases de teoría e, moi especialmente, nas prácticas de laboratorio dado que son obrigatorias.
- Consulta da bibliografía recomendada así como do material dispoñible no campus virtual.
- Uso das horas de titoría dos profesores para consultas e aclaracións.
Maria Teresa Rodriguez Lopez
Coordinador/a- Departamento
- Zooloxía, Xenética e Antropoloxía Física
- Área
- Zooloxía
- Correo electrónico
- teresa.rodriguez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Rosa Ana Vázquez Ruiz De Ocenda
- Departamento
- Botánica
- Área
- Botánica
- Teléfono
- 982822466
- Correo electrónico
- rosana.vazquez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Mércores | |||
---|---|---|---|
19:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | 2P AULA 3 SEGUNDA PLANTA |
20.12.2024 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | 2P AULA 3 SEGUNDA PLANTA |
20.12.2024 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | 2P AULA 4 SEGUNDA PLANTA |
11.06.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | 2P AULA 3 SEGUNDA PLANTA |
11.06.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | 2P AULA 4 SEGUNDA PLANTA |