Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 1.5 Clase Expositiva: 20 Clase Interactiva: 17 Total: 38.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Microbioloxía e Parasitoloxía
Áreas: Microbioloxía
Centro Facultade de Bioloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Estudar as aplicacións das substancias bioactivas de orixe mariña. Coñecer ferramentas de predición, mostraxe, optimización da produción e aplicacións das substancias.
Mostrar unha visión dos avances biotecnolóxicos da produción de especies mariñas e procura de solucións tecnolóxicas e na mellora da produción.
BLOQUE 1. BIOTECNOLOXÍA NA ACUICULTURA (7 horas)
1. Introdución á acuicultura. Estado actual da acuicultura en España e Europa (0.5h).
2. Procesos produtivos. Mellora de procesos. Acuicultura integrada (3.5h).
3. Sustentabilidade e acuicultura (1h).
4. Patogenia asociada a acuicultura: novos métodos de diagnóstico e prevención (2h).
BLOQUE 2. BIOTECNOLOXÍA AZUL (13 horas)
5. Introdución á biotecnoloxía azul: diversidade química e biolóxica dos océanos (1h).
6. Moléculas mariñas con actividade biolóxica. Principais grupos de organismos produtores de substancias bioactivas. O microbioma mariño (3h).
7. Técnicas de procura de substancias bioactivas. Métodos de bioprospección e mostraxe. Ferramentas de procura de substancias: ómicas. Casos de éxito (5h).
8. Biosíntesis de produtos mariños: do xene ao composto (1h).
9. Biorremediación, biomonitorización e biosensores (3h).
CLASES DE LABORATORIO (14 horas)
Realizaranse 4 sesións de 3 horas e 1 sesión de 2 horas.
-Práctica 1: Detección de patógenos. Métodos baseados en cultivo e qPCR.
-Práctica 2: Procura de substancias con capacidades bioactivas: biosurfactantes. Detección de bacterias con actividade surfactante illadas de algas mariñas.
-Práctica 3: Produción de microalgas en cultivo semicontínuo. Caracterización de contido proteico e lipídico mediante citometría de fluxo.
EXAME:
O exame terá unha duración de 2 hora e será escrito.
OUTRAS ACTIVIDADES:
Deseño e redacción dun proxecto de investigación relacionado coa biotecnoloxía azul.
SEMINARIOS (3 horas)
Estudo de poboacións bacterianas utilizando ferramentas web automatizadas. Análise e contextualización dos datos.
TITORÍA DE GRUPO (1 hora)
Explicarase a estrutura do proxecto de investigación e discutiranse as ideas.
TITORÍA INDIVIDUAL (0,5 horas)
Utilizaranse para aclarar dúbidas, orientar ou proporcionar información aos estudantes.
Bibliografía básica:
Milton, F & Nagabbushanam R (2000) Aquaculture. Colección Recent advances in marine biotechnology. ISBN: 157808010X (ou.c) 1578080827 (v. A).
Lle Gal, E & Ulber, R Marine (2005) Biotechnology I & II. Serie Advances in Biochemical Engineering/Biotechnology. ISBN: 978-3-540-25659-5 (v.1) 978-3-540-25669-4 (v.2).
Bibliografía complementaria:
Milton, F & Nagabbushanam R (2003) Molecular genetics of marine organisms.. Colección Recent advances in marine biotechnology. ISBN: 1-57808-297-8 (Vol. 10) 1-57808-010-X (set)
Barnabé, G. 1996. Bases biolóxicas e ecolóxicas da acuicultura. Acribia, Zaragoza.
Bosma, R., Wijffels, R.H. 2003. Marine biotechnology in education: a competitive approach. Biomolecular Engineering, 2003, 20:4-6:125 – 131.
European Centre for Marine Biotechnology: http://www.ecmb.org/index.htm Center for Marine Biotechnology and Biomedicine (CMBB): http://cmbb.ucsd.edu/
Marine Biotechnology: A New Vision and Strategy for Europe: http://www.marine.ie/nr/rdonlyres/c076682C-2B32-437C-A781- B2EACBAA6B62/0/ESFMBmarine_biotechnology_paper15LR.pdf
A bibliografía complementaria completarase ao longo das clases expositivas.
RESULTADOS DE APRENDIZAXE
Coñecementos/contidos: Con01, Con02, Con05
Habilidades/destrezas: H/D01, H/D02, H/D03, H/D04, H/D05, H/D06, H/D07, H/D10, H/D12, H/D13.
Competencias: Comp01, Comp02, Comp03, Comp05.
Clases expositivas: 20h presenciais.
O contido da materia impartirase principalmente mediante clases maxistrais con soporte audiovisual e de ferramentas TIC.
Unha parte da materia impartirase propoñendo actividades, problemas ou debates que se traballarán, en grupo ou individualmente, co apoio de material e a axuda da profesora.
Utilizaranse para determinadas sesións técnicas de aprendizaxe cooperativa, como o técnica quebracabezas.
A asistencia á aula non é obrigatoria pero si recomendable e promoverase e valorará (como parte da avaliación continua) a participación do alumnado.
Facilitarase aos alumnos o material didáctico utilizado polo profesor na aula, así como material didáctico complementario.
Contarase cunha aula virtual na que se incluirá o material didáctico utilizado pola profesora, así como outro material de apoio incluíndo calendarios, páxinas web de interese etc. Será, ademais, unha plataforma de comunicación e discusión sobre a materia. Isto último complementarase mediante a creación dun grupo de MSTeams, que se utilizará para clases telemáticas ou grupos de discusión en caso de ser necesario.
Coñecementos: Con01, Con02, Con05
Habilidades/Destrezas: H/D01, H/D02, H/D03, H/D05, H/D06, H/D07, H/D10, H/D13.
Competencias: Comp01, Comp02, Comp03, Comp05.
Seminarios: 3 horas presenciais.
O alumnado traballará, de forma individual ou en grupo, nas tarefas propostas pola profesora. Presentaranse e discutirán os resultados, en persoa ou usando a aula virtual, coa profesora e outros estudantes.
Coñecementos/contidos: Con01, Con02.
Habilidades/destrezas: H/D01, H/D03, H/D04, H/D05, H/D06, H/D07, H/D10.
Competencias: Comp01, Comp02, Comp03, Comp05.
Prácticas de laboratorio: 14 horas presenciais
As prácticas realizaranse de maneira presencial no laboratorio e/o na aula de informática.
Coñecementos/contidos: Con01, Con02, Con05
Habilidades/destrezas: H/D01, H/D03, H/D04, H/D05, H/D06, H/D07, H/D10, H/D12, H/D13.
Competencias: Comp01, Comp03, Comp05.
Titorías de grupo
Utilizaranse para desenvolver conceptos clave da redacción do proxecto de investigación, así como para discutir o enfoque dos mesmos.
Coñecementos/contidos: Con01, Con02, Con05
Habilidades/destrezas: H/D01, H/D03, H/D05, H/D06.
Competencias: Comp01, Comp02, Comp03, Comp05.
Titorías individuais:
Utilizaranse para aclarar dúbidas sobre o temario
EXAME FINAL: 50% da nota final.
O exame é unha actividade obrigatoria e avaliable que incluirá os contidos da materia. O aprobado será 5 sobre 10.
É necesario unha cualificación de 5 no exame para poder sumar a nota da avaliación continua.
Coñecementos/contidos: Con01, Con02, Con05
Habilidades/destrezas: H/D01, H/D02.
Competencias: Comp01, Comp02, Comp03, Comp05.
PRÁCTICAS: 15% da nota final.
As prácticas de laboratorio son de asistencia obrigatoria e avaliable cuxa asistencia se controlará por firma. As ausencias non xustificadas ás prácticas supoñerán unha cualificación de non apto.
As prácticas avaliaranse pola entrega dunha memoria, así como pola participación activa nas mesmas.
É necesaria unha nota mínima de 5 sobre 10 para para poder sumar a nota á avaliación continua.
Coñecementos/contidos: Con01, Con02, Con05
Habilidades/destrezas: H/D01, H/D03, H/D04, H/D05, H/D06, H/D07, H/D10, H/D12, H/D13.
Competencias: Comp01, Comp03, Comp05.
SEMINARIO: 5% da nota final.
Requírese a asistencia a un mínimo de dous terzos dos seminarios para poder sumar a nota á avaliación continua. As ausencias non xustificadas ás prácticas supoñerán unha cualificación de non apto.
Os seminarios avaliaranse pola participación do alumnado así como pola entrega e/o exposición dunha pequena memoria.
Coñecementos/contidos: Con01, Con02.
Habilidades/destrezas: H/D01, H/D03, H/D04, H/D05, H/D06, H/D07, H/D10.
Competencias: Comp01, Comp02, Comp03, Comp05.
AVALIACIÓN CONTINUA: 30% da nota final.
Avaliarase a participación activa do alumnado (por informe da profesora) nas clases expositivas, así como as actividades realizadas durante as mesmas. 10 % da nota final.
Avaliación do desenvolvemento dun proxecto de investigación de procura de substancias bioactivas ou mellora de sistemas de acuicultura. O proxecto realizarase en grupo e traballarase ao longo de todo o semestre. 20% da nota final.
Se se superan os mínimos de todas as partes, poderán sumarse as cualificacións obtidas en cada unha das partes.
Para a avaliación da segunda oportunidade, manteranse todas as cualificacións das actividades avaliadas durante o curso, excepto o exame final, que deberá repetirse.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o establecido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións".
Coñecementos/contidos: Con01, Con02, Con05
Habilidades/destrezas: H/D01, H/D02, H/D03, H/D05, H/D06, H/D07, H/D10,.
Competencias: Comp01, Comp02, Comp03, Comp05.
Traballo presencial na aula:
Clases expositivas: 20 horas.
Prácticas laboratorio: 14 horas.
Seminarios: 3 horas.
Titorías en grupo: 1 horas.
Titorías individualizadas: 0,5 horas.
Exame: 2 horas.
Total: 40,5 horas.
Traballo persoal do estudante: 72 horas.
Traballo total: 112,5 horas.
-Participación activa nas clases, prácticas e seminarios.
-Recoméndase un traballo continuado ao longo do cuadrimestre con revisións semanais da materia impartida.
-Recoméndase o uso de titorías individualizadas que se poderán concertar a través de MSTeams, foros da aula virtual ou presenciais para resolver dúbidas e orientar o estudo.
Ana Maria Otero Casal
Coordinador/a- Departamento
- Microbioloxía e Parasitoloxía
- Área
- Microbioloxía
- Teléfono
- 881816913
- Correo electrónico
- anamaria.otero [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Mércores | |||
---|---|---|---|
11:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 09. Barbara McClintock |
20.05.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 04: James Watson e Francis Crick |
03.07.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 07. Konrad Lorenz |