Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Bioloxía Funcional
Áreas: Fisioloxía Vexetal
Centro Facultade de Bioloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
O obxectivo da materia é que o alumnado adquira as seguintes capacidades:
- Enumerar as aplicacións e o estado actual dos distintos campos da biotecnoloxía vexetal.
- Enumerar e saber aplicar as distintas técnicas de propagación e preservación mediante cultivo in vitro, incluíndo os cultivos celulares.
- Identificar os distintos procesos que dan lugar a un fenotipo a partir dunha manipulación xenética, desde o papel dos promotores ás alteracións de fluxos metabólicos.
- Saber como realizar distintos tipos construcións xenéticas para a sobreexpresión, o silenciamiento e a edición xenómica.
- Enumerar e saber aplicar as distintas técnicas de transformación estable e transitoria mediante Agrobacterium ou transformación biolística, incluíndo a transformación de cloroplastos.
CLASES EXPOSITIVAS:
1. Introdución: Aplicacións e estado actual da biotecnoloxía vexetal, 4 h
2. Aplicacións da biotecnoloxía na mellora vexetal: Sistemas de selección, marcadores, heterosis e xenómica, 4 h
3. Cultivo in vitro: Técnicas de Propagación, métodos de conservación, cultivos celulares e aplicacións, 4 h
4. Xenómica funcional: Identificación de xenes candidatos e caracterización funcional, 3 h
5. Manipulación xenética: Deseño de estratexias desde xene ao fenotipo, 5 h
6. Deseño de construcións: Sobreexpresión, silenciamiento e edición xénica, 3 h
7. Métodos de transformación e selección, 4 h
LABORATORIO:
O alumnado traballará 14 horas no laboratorio nas que se realizarán as seguintes actividades:
1. Cultivo in vitro
2. Transformación transitoria.
3. Transformación estable en Arabidopsis thaliana.
4. Mapeado xenético.
5. Planificación de experimentos e análises de resultados.
SEMINARIOS:
Presentación de traballos científicos relacionados cos contidos teóricos da materia.
TITORÍAS:
Orientación ao alumnado na realización de informes de prácticas e presentacións.
BÁSICA
Chrispeels, M.J., Gepts, P. 2017. Plant, Genes, and Agriculture. Sustainability through Biotechnology. Oxford: Oxford University Press
Stewart N. ed., 2012. Plant biotechnology and genetics: principles, techniques, and applications. 2nd ed. Hoboken: John Wiley & Sons Inc.
Altman A., Hasegawa P. M. eds., 2012. Plant biotechnology and agriculture: prospects for the 21st century. Amsterdam: Academic Press.
Plant Biotechnology Journal. https://onlinelibrary.wiley.com/journal/14677652
COMPLEMENTARIA
Slater A., Scott N. W., Fowler M. R. eds., 2008. Plant biotechnology: the genetic manipulation of plants. Oxford: Oxford University Press.
Nesta materia o alumnado traballará en particular as seguintes competencias:
BÁSICAS E XERAIS
As que figuran na memoria do Grao.
TRANSVERSAIS
CT1 - Pensar de forma integrada e abordar os problemas desde diferentes perspectivas.
CT2 - Buscar, procesar, analizar e sintetizar información procedente de diversas fontes.
CT3 -Organizar e planificar o seu traballo.
CT4 -Interpretar resultados experimentais e identificar elementos consistentes e inconsistentes.
CT5 -Traballar en equipo.
CT6 - Razoar criticamente.
CT7 - Manter un compromiso ético.
CT8 -Adaptación a novas situacións ( resiliencia).
ESPECÍFICAS
CE3- Coñecer e saber aplicar as técnicas instrumentais e os protocolos de traballo nun laboratorio, aplicando as normativas e técnicas relacionadas coa seguridade e a hixiene, a xestión de residuos e a calidade.
CE9- Saber identificar os distintos tipos de virus, microorganismos e tecidos animais e vexetais, comprender o seu desenvolvemento, organización e fisioloxía, e coñecer a súa aplicación no campo da Biotecnoloxía.
CE11- Coñecer as bases moleculares e as técnicas de manipulación da información xénica en microorganismos, animais e plantas e saber aplicar adecuadamente ditas técnicas nos diferentes ámbitos biotecnolóxicos.
As clases expositivas impartiranse en 27 sesións dunha hora, cunha periodicidade de 2 horas semanais. Nelas explicaranse os aspectos básicos dos temas que compoñen o programa da materia. Competencias traballadas: CG1, CG2, CG3, CB1, CB2, CB3, CT1, CT2, CT4, CT6, CE4, CE9 e CE11.
As clases interactivas de seminario impartiranse en grupos reducidos durante 8 sesións. Nestas clases, o alumnado deberá elaborar e presentar un traballo de investigación para resolver un problema utilizando as técnicas estudiadas na materia. Competencias traballadas: CG1, CG3, CG4, CG5, CB1, CB2, CB3, CB4, CB5, CT1, CT2, CT4, CT5, CT6, CE4, CE9 e CE11.
As prácticas presenciais de laboratorio desenvolveranse en 14 horas distribuídas en 5 sesións. A asistencia comprobarase mediante listas de participación. O alumnado deberá elaborar un informe individual que incluirá o deseño dun protocolo e a análise e discusión dos resultados. Competencias traballadas: CG1, CG2, CG3, CG4, CG5, CB1, CB2, CB3, CB4, CB5, CT3, CT4, CT5, CT6, CT7, CT8, CE3
Ao longo do curso realizaranse 2 sesións de titorías de forma presencial ou virtual en grupos moi reducidos nas que se resolveranse dúbidas e orientarase aos alumnos na realización das actividades avaliables. Competencias traballadas: CG1, CG2, CG3, CG4, CG5, CB1, CB2, CB3, CB4, CB5, CT1, CT2, CT3, CT4, CT5, CT6, CT7, CT8, CE3, CE4, CE9 e CE11.
ACTIVIDADES OBRIGATORIAS NON AVALIABLES:
Será necesario asistir ao menos a 4 sesións presenciais de prácticas para poder presentar o informe de prácticas. En escenario 3 será necesario asistir ás videoconferencias de Teams que substituirán ás prácticas presenciais.
ACTIVIDADES OBRIGATORIAS AVALIABLES:
- Informe de prácticas (25% da cualificación final). Competencias avaliadas: CG1, CG2, CG3, CG4, CG5, CB1, CB2, CB3, CB4, CB5, CT3, CT4, CT5, CT6, CT7, CT8, CE3, CE11
Será necesario presentar un informe de prácticas e obter unha cualificación mínima de 4 sobre 10 para poder presentarse ao exame final. En caso de obter polo menos un 5 e suspender a materia non será necesario repetir as prácticas e conservarase a nota do informe nos dous cursos seguintes. Para presentar unha nova memoria práctica será necesario asistir, como mínimo, as dúas sesións de prácticas de informática. Considerarase non presentado a efectos de avaliación ao alumno que non entregue o informe de prácticas.
- Presentación e discusión de traballos (25% da cualificación final). Competencias avaliadas: CG1, CG2, CG3, CG5, CB1, CB2, CB3, CB4, CB5, CT1, CT2, CT4, CT5, CT6, CE9, CE11.
- Exame final (50% da cualificación final). Competencias avaliadas: CG1, CG2, CG3, CG4, CG5, CB1, CB2, CB3, CB4, CB5, CT1, CT2, CT4, CT6, CE4, CE9, CE11.
O exame final consistirá na resolución de problemas de biotecnoloxía vexetal. Durante o exame final poderase consultar os apuntamentos.
TRABALLO PRESENCIAL NA AULA:
- Clases expositivas: 27 horas
- Clases interactivas de seminario: 8 horas
- Clases prácticas de laboratorio: 14 horas
- Titorías en grupos reducidos: 2 horas
- Exame final: 3 horas
TRABALLO PERSOAL DO ESTUDANTE:
- Estudo individual e realización do informe de prácticas: 96 horas
TOTAL HORAS DE TRABALLO: 150 HORAS
- Aconséllase o estudo da materia durante de todo o curso.
- É importante organizar os apuntamentos para que poidan ser consulados de forma eficiente durante o exame final.
O material da materia estará dispoñible na aula virtual, así como os anuncios sobre a materia. Utilizarase un grupo de Teams para compartir os resultados das prácticas.
Maria Del Carmen Rodriguez Gacio
- Departamento
- Bioloxía Funcional
- Área
- Fisioloxía Vexetal
- Correo electrónico
- mdelcarmen.rodriguez.gacio [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Javier Sampedro Jiménez
Coordinador/a- Departamento
- Bioloxía Funcional
- Área
- Fisioloxía Vexetal
- Teléfono
- 881813113
- Correo electrónico
- javier.sampedro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Marcos Viejo Somoano
- Departamento
- Bioloxía Funcional
- Área
- Fisioloxía Vexetal
- Teléfono
- 881813322
- Correo electrónico
- marcos.viejo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Luns | |||
---|---|---|---|
10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 08. Louis Pasteur |
Martes | |||
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 08. Louis Pasteur |
Mércores | |||
12:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 08. Louis Pasteur |
18.01.2024 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 04: James Watson e Francis Crick |
19.06.2024 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 03. Carl Linneo |