Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.5 Horas de Titorías: 2 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Enxeñaría Agroforestal
Áreas: Enxeñaría Agroforestal
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Obxectivos específicos
1. Coñecer as aplicacións e necesidades do emprego de sistemas de control e automatización das instalacións eléctricas.
2. Desenvolver sistemas de automatización e control de instalacións mediante automatismos cableados.
3. Desenvolver sistemas de automatización e control de instalacións mediante automatismos dixitais.
4. Coñecer, elixir e manexar os detectores de sinal e actuadores máis axeitados para o control de procesos produtivos do ámbito agroforestal.
5. Coñecer os distintos tipos de sistemas de visualización de procesos no ámbito agroforestal, seleccionando os máis axeitados ao proceso produtivo tendo en conta criterios de deseño e económicos.
6. Busca autónoma e manexo de materiais didácticos, informáticos, normativos e comerciais de utilidade nos proxectos de instalacións eléctricas empregando métodos tradicionais e novas ferramentas informáticas e de comunicación.
Obxectivos actitudinais
1. Sensibilizar ao alumnado na importancia da automatización e do control das instalacións eléctricas e da súa interacción cos traballadores.
2. Sensibilizar ao alumnado en relación a deseños axeitados ás necesidades e polo tanto o máis eficientes posible dende o punto de vista da eficiencia enerxética.
A memoria do título contempla para esta materia os seguintes contidos:
Regulación e control de instalacións. Instrumentación da medida, control e automatización. Deseño de automatismos lóxicos cableados. Deseño de automatismos lóxicos dixitais. Sistemas de visualización de procesos da industria agroalimentaria.
Estes contidos serán desenvoltos con máis detalle a continuación. A duración de cada bloque temático ten carácter orientativo.
Contidos teóricos.
Bloque temático I. ELECTRÓNICA BÁSICA (3 h presenciais, 6.5 h non presenciais).
Tema 1. Lóxica binaria.
1. Compoñentes todo-nada e variables lóxicas.
2. Operacións lóxicas.
3. Propiedades da álxebra lóxica.
4. Obtención e simplificación de ecuacións.
5. Códigos e sistemas de numeración.
Bloque temático II. AUTOMATIZACIÓN: LÓXICA CABLEADA (3 h presenciais, 6 h non presenciais).
Tema 2. Deseño e desenvolvemento de automatismos eléctricos: Lóxica cableada.
1. Simboloxía.
2. Contactor.
3. Relé.
Tema 3. Automatismos eléctricos de frecuente emprego: Lóxica cableada.
1. Arrancador directo.
2. Inversores de xiro.
3. Arranque estrela-triángulo.
4. Arranque mediante autotransformador.
5. Arranque por resistencias rotóricas.
Tema 4. Desenvolvemento de automatismos empregando lóxica cableada.
Bloque temático III. O AUTÓMATA PROGRAMABLE (6 h presenciais, 12 h non presenciais).
Tema 5. Arquitectura interna do autómata.
1. Bloques esenciais dun autómata.
2. Unidade central de proceso.
3. Memoria.
4. Interfaces de entrada e saída.
5. Fontes de alimentación.
Tema 6. Ciclo de funcionamento do autómata.
1. Modos de operación.
2. Ciclo de funcionamento e chequeos do sistema.
3. Tempo de execución de ciclo e tempo de resposta.
4. Elementos de proceso rápido.
Tema 7. Configuración de autómatas.
1. Tipo de microprocesadores.
2. Configuración de autómatas en función da unidade de control.
3. Configuración de autómatas en función das entradas e saídas.
4. Redes de autómatas.
Tema 8. Linguaxes de programación de autómatas.
1. Programación de autómatas.
2. Linguaxe de contactos.
3. Linguaxe de funcións.
4. Linguaxe mediante listado de instrucións.
5. Mando ou control secuencial.
6. Estruturas de programación.
7. Funcións desenvolvidas por APIs convencionais. STEP7-Microwin.
8. GRAFCET.
Bloque temático IV. SENSORES, ACTUADORES E SISTEMAS DE VISUALIZACIÓN (6 h presenciais, 12 h non presenciais).
Tema 9. Sensores e actuadores.
1. Introdución.
2. Detectores.
3. Captadores.
4. Actuadores.
Tema 10. Sistemas de visualización.
1. Paneis de operador.
2. Sistemas de visualización baseados en PC.
Contidos prácticos
As sesións interactivas estrutúranse en seminarios e prácticas, realizándose ambos no laboratorio de electrotecnia ou non presencial mediante medios telemáticos se o escenario o require:
Seminario 1. Presentación e recoñecemento de material (1 h presencial, 2 h non presenciais)
Práctica 1. Introducción á programación con bloques lóxicos. Logo!SoftComfort (2 h presenciais, 4 h non presenciais).
Práctica 2. Resolución de casos de programación mediante Logo!SoftComfort (3 h presenciais, 6 h non presenciais).
Práctica 3. Cableado e programación sobre módulo do Logo! (3 h presenciais, 6 h non presenciais).
Seminario 2. Programación de autómatas programables: TIA Portal (2 h presenciais, 4 h non presenciais).
Práctica 4. Resolución de casos de programación mediante TIA Portal (2 h presenciais, 4 h non presenciais).
Práctica 5. Programación mediante GRAFCET en TIA Portal (2 h presenciais, 4 h non presenciais).
Práctica 6. Resolución de casos de programación mediante GRAFCET en TIA Portal (3 h presenciais, 6 h non presenciais).
Bibliografía básica
1. Domingo Peña, Joan et al. Diseño y aplicaciones con autómatas programables. Editorial UOC. Barcelona, 2003.
2. Balcells, Josep, Romeral, José L., Autómatas programables. Marcombo Boixareu Editores. Barcelona, 1997.
https://books.google.es/books?hl=es&lr=&id=xfsSjADge70C&oi=fnd&pg=PA11&…
3. Piedrafita Moreno, R. Ingeniería de la automatización industrial. 2ª edición ampliada y actualizada. Ra-Ma. Madrid, 2004.
4. Sanchis LLopis, Roberto; Romero Pérez, Julio Ariel; Vicent Ariño, Carlos, Automatización industrial. Edita Universitat Jaume I, 2010.
http://repositori.uji.es/xmlui/bitstream/handle/10234/24182/s31.pdf?seq…
Bibliografía complementaria
1. Alicitore, David G., Histand, Michael B. Introducción a la mecatrónica y a los sistemas de medición. 3ª Edición. Mc Graw Hill Interamericana de España S.L. 2008.
2. Muñoz, E. J., Rodríguez, A. Ruíz, J. E. y otros. Automatización con Grafcet. Universidad de Málaga. Málaga, 1999.
4. Pérez Cruz, J., Pineda Sánchez, M. Automatización de maniobras industriales mediante autómatas programables. Editorial Universidad Politécnica de Valencia. Valencia, 2006.
5. Mandado Pérez, E., Marcos Acevedo, J., Fernández Silva, C. Automatas programables y sistemas de automatizacion. Marcombo, 2009.
https://books.google.es/books?hl=es&lr=&id=5jp3bforBB8C&oi=fnd&pg=PA1&d…
Competencias xerais
CG1 - Coñecemento en materias básicas, científicas e tecnolóxicas que permitan unha aprendizaxe continua, así como unha capacidade de adaptación a novas situacións ou ámbitos cambiantes.
CG2 - Capacidade de resolución de problemas con creatividade, iniciativa, metodoloxía e razoamento crítico.
CG6 - Capacidade para o traballo en equipos multidisciplinares e multiculturais.
Competencias transversais
CT9 - Habilidade no manexo de tecnoloxías da información e da comunicación (TIC).
CT10 - Utilización de información bibliográfica e de Internet.
CT12 - Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos.
Competencias específicas
CEG2: Coñecemento axeitado dos problemas físicos, as tecnoloxías, maquinaria e sistemas de subministración hídrica e enerxética, os límites impostos por factores presupostarios e normativa construtiva, e as relacións entre as instalacións ou edificacións e explotacións agrarias, as industrias agroalimentarias e os espazos relacionados coa xardinaría e o paisaxismo co seu ámbito social e ambiental, así como a necesidade de relacionar aqueles e ese ámbito coas necesidades humanas e de preservación do medio.
IA2 - Capacidade para coñecer, comprender e utilizar os principios da Enxeñaría das industrias agroalimentarias: Equipos e maquinarias auxiliares da industria agroalimentaria. Automatización e control de procesos. Enxeñaría das instalacións. Xestión e aproveitamento de residuos.
A docencia presencial desenvolverase mediante a aplicación das seguintes metodoloxías:
Lección maxistral participativa.
Incidirase nos aspectos más importantes de cada tema. Promoverase a lectura previa á exposición dos temas, preparación e estudo dos mesmos e posterior realización das actividades que se propoñan. Requirirase a participación do alumnado para aclarar, formular e resolver cuestións durante as clases. Traballaranse as competencias CG1, CG2, CT10, CT12, CEG2, IA2.
Resolución de problemas. Elaboración e presentación de traballo/s de curso.
Fomentarase a participación e traballo do alumnado a través da aplicación práctica dos conceptos aprendidos a exercicios e problemas para o que disporán de material na Aula Virtual. Preténdese que interactúen docente e alumnado na resolución dos exercicios e problemas propostos. Ademais será obrigatorio a participación mediante a exposición do traballo de curso de forma colectiva, salvo excepcións debidamente xustificadas. Traballaranse as competencias CG2, CG6, CT9, CT10, CT12, CEG2, IA2.
Prácticas de laboratorio.
Para a realización das prácticas de laboratorio, cada alumn@ traballará en grupo seguindo as instrucións dos guións de prácticas e as indicacións da docente. Será necesario a entrega das cuestións formuladas nos guións de prácticas. Traballaranse as competencias CG1, CG2, CG6, CT9, CT10, CT12, CEG2, IA2.
Titorías individualizadas e colectivas.
Cada alumn@ pode acudir a titorías individuais a demanda no horario da profesora para calquera cuestión relacionada coa materia. Realizaranse dúas titorías en grupo en sesións dunha hora para discutir, comentar, clarexar ou resolver calquera dúbida ou cuestión relacionada co desenvolvemento da materia así como o seguimento do traballo realizado polo estudantado. Traballaranse as competencias que sexan demandadas polo alumnado en función das necesidades discentes.
O traballo non presencial é fundamental na aprendizaxe da materia e no grao de interacción do alumnado que debe desenvolver:
Traballo autónomo e estudo independente. Estudo de teoría, realización e entrega das actividades propostas. Competencias: CG1, CG2, CT9, CT12, CEG2, IA2.
Aprendizaxe baseada na resolución de casos prácticos e en proxectos. Elaboración do traballo da automatización dun proceso en grupo. Competencias: CG1, CG2, CG6, CT10, CT12, CEG2, IA2.
Para impartir a docencia empregaranse os seguintes recursos:
• Realización de presentacións mediante ordenador.
• Utilización de lousas clásicas e dixitais.
• Utilización da aula virtual para proporcionar o seguinte material:
1. Desenvolvemento do temario teórico.
2. Actividades propostas en sesións interactivas.
3. Actividades propostas como traballo individual.
4. Guións de prácticas.
5. Guión para a elaboración do traballo de curso, suposto práctico da automatización das instalacións dun proceso no ámbito agroindustrial.
6. Outra información de interese.
• Microsoft Teams
• Software libre de automatización e control ou mediante acceso remoto.
Efectuarase un seguimento da aprendizaxe dos segundo a seguinte táboa.
Sistema de avaliación Competencias Peso na cualificación
Entregas en clases interactivas CG1 20%
Aproveitamento das prácticas CG2 CG6 CEG2 IA2 30%
Traballos entregados e/ou expostos CG2 CEG2 IA2 CT12 0 - 50%
Proba ou probas, orais e/ou escritas CG2 CEG2 IA2 CT12 0 - 50%
Valorarase e controlarase a asistencia a prácticas. Ademais, o aproveitamento das prácticas valorarase en función da entrega dos guións de prácticas debidamente cubertos e entregados nos prazos establecidos. Propoñeranse casos prácticos de automatización e visualización de procesos no ámbito das industrias agrarias como traballo de curso que será exposto perante a clase. Os prazos de entrega de traballo e guións de prácticas serán como máximo a data do exame de primeiro período de avaliación. Se non se realiza a entrega e exposición do traballo ou este fora insuficiente para superar a materia, é posible obter esta puntuación mediante a realización dun exame final. A participación do alumnado nas actividades da aula será avaliada nas clases interactivas. Os/as estudantes repetidores/as que realizaran as prácticas no curso anterior e entregaran a memoria das mesmas conservarán exclusivamente a nota da asistencia a prácticas e da memoria polo que non terán que repetilas. Para superar a materia é necesario ter unha nota mínima de 5 sobre 10 segundo as porcentaxes da táboa. En caso de que o estudante non superara a materia no primeiro período de avaliación, deberase presentar ao exame final no segundo período de avaliación, conservándose a cualificación acadada nos demais apartados. En caso de ser repetidor conservarase a cualificación de prácticas e entregas en clases interactivas do curso anterior, aínda que se poden repetir. En caso de dispensa de asistencia, as prácticas terán que ser realizadas e entregadas nos prazos establecidos, podendo non asistir á docencia expositiva.
A cualificación de non presentado estará reservada para alumnado que non posúan cualificación algunha nos distintos apartados da avaliación. Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións. A realización fraudulenta dalgún exercicio ou proba exixida na avaliación dunha materia implicará a cualificación de suspenso na convocatoria correspondente, con independencia do proceso disciplinario que se poida seguir contra o alumno infractor. Considerarase fraudulenta, entre outras, a realización de traballos plaxiados ou obtidos de fontes accesibles ao público sen reelaboración ou reinterpretación e sen citas aos autores e das fontes.
Na táboa seguinte se resume a adicación do estudante á asignatura.
Traballo presencial
Clases expositivas 18,0 h
Clases interactivas 9,0 h
Prácticas 9,0 h
Titorías en grupo 2,0 h
Actividades de avaliación 2,0 h
Total 40,0 h
Traballo persoal do alumnado
Total 72,5 h
Horas totais: 112,5 h
ECTS: 4,5
Trátase dunha materia orientada dun xeito eminentemente práctico e aplicado, polo que o seu estudo pode ser entretido. Recoméndase:
1. Prestar atención ás breves explicacións teóricas.
2. Realizar exercicios e casos prácticos de forma guiada en clase consultando as dúbidas.
3. Realizar como traballo autónomo as actividades propostas.
4. Realización do traballo de curso.
Os/as estudantes matriculados/as na materia contarán con atención presencial continuada no horario de titorías no despacho número 14 do pavillón 2, planta 2ª superior. Ademais prestarase atención a través do Campus Virtual e do correo electrónico da profesora: mdolores.fernandez [at] usc.es (mdolores[dot]fernandez[at]usc[dot]es).
O idioma empregado será o galego.
A admisión de alumnado matriculado no laboratorio de prácticas require que estes coñezan e cumpran as "normas xerais de seguridade nos laboratorios de prácticas" da Universidade de Santiago de Compostela. Dita información atópase dispoñible na páxina web (http://www.usc.es/estaticos/servizos/sprl/normalumlab.pdf).
María Dolores Fernández Rodríguez
Coordinador/a- Departamento
- Enxeñaría Agroforestal
- Área
- Enxeñaría Agroforestal
- Correo electrónico
- mdolores.fernandez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade