Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.5 Horas de Titorías: 2 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Enxeñaría Agroforestal
Áreas: Enxeñaría Agroforestal
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Coñecer, comprender e utilizar os principios da Enxeñaría do medio rural: cálculo de estruturas e construción. Saber tomar decisións mediante o emprego dos recursos dispoñibles para o traballo en grupos multidisciplinares. Saber transferir tecnoloxía, entender, interpretar, comunicar e adoptar os avances no campo agrario.
Para acadar ditos obxectivos centrarémonos no cálculo matricial, fundamentalmente desenvolvendo o método da rixidez, entendendo que os conceptos relacionados coa mecánica se teñen abordado na materia de Física I e os relativos á resolución de sistemas de ecuacións lineais en Matemáticas I. Do mesmo xeito, os coñecementos adquiridos na materia Informática revélanse especialmente adecuados para avanzar na resolución de casos prácticos; principalmente aqueles que permiten establecer unha base para o deseño de ferramentas informáticas específicas no ámbito do cálculo estrutural e que se aplicarán en materias do mesmo módulo que se ofertan nos derradeiros cursos da titulación.
A memoria do título contempla para esta materia os seguintes contidos:
- Resistencia de materiais
- Cálculo de estruturas
Estes contidos serán desenvoltos de acordo ao seguinte temario:
PROGRAMA DE SESIÓNS EXPOSITIVAS
Unidade I. RESISTENCIA DE MATERIAIS (8 h presenciais e 12,5 h non presenciais)
Tema I.- Introdución. (2h)
- Corpo elástico
- Lei de Hooke
- Forzas externas e internas
- Equilibrio estático
- Sistemas isostáticos e hiperestáticos
Tema II.- Flexión: esforzos. (2h)
- Formas de traballo
- Relación entre esforzo cortante e momento flector
Tema III.- Flexión: deformacións. (4h)
- Compoñentes da deformación
- Ecuación diferencial da elástica
- Teoremas de Mohr
Unidade II. CÁLCULO DE ESTRUTURAS (10 h presenciais e 23 h non presenciais)
Tema IV.- Sistemas de estruturas. (2h)
- Introdución aos tipos estruturais
- Sistemas estruturais
- Estruturas hiperestáticas: métodos de cálculo
Tema V.- Principios do cálculo matricial de estruturas. (3h)
- Hipóteses de cálculo
- Métodos de cálculo matricial de estruturas
- Desprazamentos e solicitacións nunha barra con nós ríxidos
Tema VI.- Cálculo matricial de estruturas: método dos desprazamentos. (3h)
- Sistemas de referencia: sistema local e sistema global
- Matriz de rixidez dunha barra en coordenadas locais
- Ecuación matricial dunha barra en coordenadas locais
- Matriz de cambio de coordenadas
- Ecuación matricial da barra en coordenadas globais
- Matriz de rixidez completa da estrutura
- Relación entre forzas externas e desprazamentos
- Matriz de rixidez reducida da estrutura
- Desprazamentos, solicitacións e reaccións
Tema VII.- Cálculo matricial de estruturas: complementos. (2h)
- Cargas aplicadas sobre as barras
- Apoios inclinados
- Apoios elásticos
- Desprazamentos forzados
- Efecto da temperatura
PROGRAMA DE ACTIVIDADES INTERACTIVAS
Unidade I. RESISTENCIA DE MATERIAIS (5 h presenciais e 12 h non presenciais)
- Seminario 1.- Análise dunha viga isostática. (2h)
- Seminario 2.- Análise dunha viga hiperestática. (2h)
- Titoría en grupo 1.- Resistencia de materiais. (1h)
Unidade II. CÁLCULO DE ESTRUTURAS (15 h presenciais e 25 h non presenciais)
- Seminario 3.- Análise matricial de estruturas. Resolución de estrutura tipo: I. (2h)
- Seminario 4.- Análise matricial de estruturas. Resolución de estrutura tipo: II. (2h)
- Laboratorio 1.- Ferramentas informáticas aplicadas ao cálculo matricial de estruturas. (2h)
- Laboratorio 2.- Análise matricial de estruturas. Estruturas articuladas: I. (2h)
- Laboratorio 3.- Análise matricial de estruturas. Estruturas articuladas: II. (2h)
- Laboratorio 4.- Análise matricial de estruturas. Estruturas continuas: I. (2h)
- Laboratorio 5.- Análise matricial de estruturas. Estruturas continuas: II. (2h)
- Titoría en grupo 2.- Cálculo matricial de estruturas. (1h)
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Unidade I. RESISTENCIA DE MATERIAIS
- Nash, W.A. 1987. Resistencia de materiales. Teoría y 430 problemas resueltos. Ed. McGraw-Hill. Méjico.
- Vázquez Fernández, M. 1994. Resistencia de materiales. Ed. Noela. Madrid.
Unidade II. CÁLCULO DE ESTRUTURAS
- Argüelles Álvarez, R. (Coord.) 2005. Cálculo matricial de estructuras en 1º y 2º orden. Teoría y problemas. Ed. Bellisco. Madrid.
- Engel, H. 2001. Sistemas de estructuras. Ed. Gustavo Gili. Barcelona.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Unidade I. RESISTENCIA DE MATERIAIS
- Gere, J.M.; Timoshenko, S.P. 2002. Resistencia de materiales. Ed. Thomson. Madrid.
- Guerra Romero, I.; Juan Valdés, A. 2009. Apuntes gráficos de resistencia de materiales. Ed. Universidad de León. León.
Unidade II. CÁLCULO DE ESTRUTURAS
- Allen, E.; Zalewski, W. 2010. Form and forces. Designing efficient, expresive structures. Ed. Wiley and Sons. New Jersey.
- Muttoni, A. 2010. L’art des structures. Ed. Presses polytechniques et universitaires romandes. Lausanne.
- Torroja Miret, E. 1996. Razón y ser de los tipos estructurales. Ed. Consejo Superior de Investigaciones Científicas. Instituto de Ciencias de la Construcción Eduardo Torroja. Madrid.
- Vázquez Fernández, M. 1992. Cálculo matricial de estructuras. Ed. Colegio Oficial de Ingenieros Técnicos de Obras Públicas. Madrid.
A) Competencias básicas, xerais e transversais:
CG1 - Coñecemento en materias básicas, científicas e tecnolóxicas que permitan unha aprendizaxe continua, así como unha capacidade de adaptación a novas situacións ou entornos cambiantes.
CG2 - Capacidade de resolución de problemas con creatividade, iniciativa, metodoloxía e razoamento crítico.
CT3 – Capacidade de traballo individual, con actitude autocrítica.
CT4 – Capacidade para traballar en grupo e abranguer situacións problemáticas de xeito colectivo.
CT6 – Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible.
B) Competencias específicas:
CR7 - Capacidade para coñecer, comprender e utilizar os principios da enxeñaría do medio rural: cálculo de estruturas e construción, hidráulica, motores e máquinas, electrotecnia, proxectos técnicos.
EA3 - Capacidade para coñecer, comprender e utilizar os principios da enxeñaría das explotacións agropecuarias: Electrificación de explotacións agropecuarias. Maquinaria agrícola. Sistemas e tecnoloxía da rega. Construcións agropecuarias. Instalacións para a saúde e o benestar animal.
MC3 - Capacidade para coñecer, comprender e utilizar os principios das bases e tecnoloxía das construcións rurais: Mecánica de Solos. Materiais. Resistencia de materiais. Deseño e cálculo de estruturas. Construcións agrarias. Infraestruturas e vías rurais.
CEG1 - Capacidade para a preparación previa, concepción, redacción e sinatura de proxectos que teñan por obxecto a construción, reforma, reparación, conservación, demolición, fabricación, instalación, montaxe ou explotación de bens mobles ou inmobles que pola súa natureza e características queden comprendidos na técnica propia da produción agrícola e gandeira (instalacións ou edificacións, explotacións, infraestruturas e vías rurais), a industria agroalimentaria (industrias extrativas, fermentativas, lácteas, conserveiras, hortofrutícolas, cárnicas, pesqueiras, de salgaduras e, en xeral, calquera outra dedicada á elaboración e/ou transformación, conservación, manipulación e distribución de produtos alimentarios) e a xardinaría e o paisaxismo (espazos verdes urbanos e/ou rurais - parques, xardíns, viveiros, arborado urbano, etc. - instalacións deportivas públicas ou privadas e entornos sometidos a recuperación paisaxística).
CEG2 - Coñecemento adecuado dos problemas físicos, as tecnoloxías, maquinaria e sistemas de subministración hídrica e enerxética, os límites impostos por factores orzamentarios e normativa construtiva, e as relacións entre as instalacións ou edificacións e explotacións agrarias, as industrias agroalimentarias e os espazos relacionados coa xardinaría e o paisaxismo coa súa contorna social e ambiental, asi como a necesidade de relacionar aqueles e esa contorna coas necesidades humanas e de preservación do medio ambiente.
Os contidos teóricos preséntanse baixo o formato de leccións maxistrais participativas que teñen carácter expositivo, de xeito que o alumno recibe unha base imprescindible para o desenvolvemento do traballo autónomo. Estas actividades teñen como base a realización de presentacións mediante o ordenador e a utilización dos encerados clásicos para a resolución de problemas. Todas elas contan co apoio da aula virtual dispoñible para esta materia. Relación de competencias traballadas nas sesións expositivas: CG2, CEG1, CEG2, CR7, MC3, EA3.
No que atangue á docencia interactiva, está prevista a realización de seminarios baixo o formato de traballo en grupo nos que se debaterá sobre temas concretos. O traballo desenvolto en ditos seminarios será complementado por sesións de laboratorio nas que cada alumno traballará de xeito individualizado. Estas sesións están orientadas á utilización de ferramentas informáticas, e nelas aplicaranse os coñecementos adquiridos á resolución de casos prácticos. Relación de competencias traballadas nas sesións interactivas: CT3, CT4, CT6, CG1, CG2.
Finalmente, están programadas titorías individuais así como de grupo reducido, que veñen a complementar o traballo realizado nas actividades descritas. Relación de competencias traballadas nas titorías: CT4, CG2, CEG1, GEG2, CR7, MC3, EA3.
Seguirase un sistema de avaliación continua mediante a entrega de traballos complementado por unha proba final obrigatoria coa ponderación de actividades indicada:
- Proba ou probas, orais e/ou escritas: 70% da cualificación final. Competencias avaliadas: CG1, CG2, CEG1, CEG2, CR7, MC3, EA3.
- Traballos entregados e/ou expostos (avaliación continua): 30% da cualificación final. Competencias avaliadas: CT3, CT4, CT6, CG1, CG2.
A cualificación final será o resultado da suma das cualificacións obtidas en cada concepto, debendo acadar un mínimo de 5 puntos sobre 10 para superar a materia.
Condicións de aplicación:
Este sistema de avaliación aplicarase tanto ao alumnado de primeira matrícula como ao repetidor.
Os criterios de avaliación descritos aplícanse na primeira e na segunda oportunidade.
Os alumnos que non dispoñan de cualificación relativa á avaliación continua serán avaliados exclusivamente en base aos resultados da proba final obrigatoria, que manterá a ponderación indicada (70% da cualificación final: 7 puntos).
Os alumnos aos que lle sexa concedida a dispensa de asistencia a clase non poderán acollerse ao sistema de avaliación continua previsto. Ditos alumnos serán avaliados exclusivamente mediante unha proba final obrigatoria relativa aos contidos da materia, á que lle corresponderá o 100% da cualificación final (10 puntos).
As cualificacións obtidas nos diferentes aspectos avaliados terán validez nas dúas oportunidades do curso académico no que se acaden.
O alumnado repetidor poderá conservar durante un curso académico a cualificación correspondente á avaliación continua obtida no curso anterior. No caso de escoller esta opción, só terán que realizar a proba final obrigatoria para acadar a cualificación mínima de 5 puntos necesaria para superar a materia. Na primeira semana de impartición da materia darase conta da relación do alumnado que se atopa nesta situación.
Nos casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Por termo medio, considérase necesario dedicar dúas horas de estudo por cada hora de carácter expositivo na materia, ás que se lle engade unha media de tres horas semanais para a realización de casos prácticos derivados das clases de seminario e de laboratorio.
A memoria do título recolle a ficha da materia, na que se ofrece unha estimación do tempo consumido en cada unha das actividades formativas:
- Docencia expositiva: 18 h
- Docencia interactiva: 18 h
- Titorías en grupos reducidos: 2 h
- Exame escrito: 2 h
- Lectura e preparación de temas: 14 h
- Realización de exercicios: 25 h
- Preparación previa das prácticas e traballo posterior sobre as mesmas: 5 h
- Elaboración de traballos de curso: 18,5 h
- Preparación de probas de avaliación: 10 h
Todo o anterior representa un total de 112,5 horas de traballo do alumno, das cales 40 corresponden a traballo presencial en aula/laboratorio.
Asistencia ás clases de tipo expositivo, coa participación activa no seu desenvolvemento; para isto, recoméndase a lectura ou a preparación anticipada dos seus contidos.
Seguimento diario dos contidos para fixar coñecementos.
Asistencia ás sesións de carácter interactivo.
Manexo da bibliografía recomendada.
Aproveitamento das titorías establecidas, tanto de carácter individual como grupal.
Coñecementos previos:
Recoméndase ter cursado as seguintes materias: Matemáticas I e II, Informática e Física I.
Material de traballo:
Para o seguimento da materia, o alumnado poderá acceder ao curso virtual na plataforma Moodle onde ten a súa disposición material de diversa índole: guía docente da materia, transparencias empregadas nas clases expositivas e interactivas, guión de prácticas, acceso a páxinas Web de interese, etc.
Ramón Ángel Mariño Allegue
Coordinador/a- Departamento
- Enxeñaría Agroforestal
- Área
- Enxeñaría Agroforestal
- Correo electrónico
- r.allegue [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Xoves | |||
---|---|---|---|
09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 14 (Aulario 4) |
Venres | |||
09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 14 (Aulario 4) |