Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría
Áreas: Produción Vexetal
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Na memoria de título figura: Coñecer, comprender e utilizar os principios das tecnoloxías da produción vexetal: Sistemas de produción e explotación. Tecnoloxía e sistemas de cultivo de especies herbáceas. Agroenerxética. Cultivos.
a.- obxectivo xenérico: Que os alumnos de Cultivos Herbáceos Extensivos coñezan os fundamentos e as tecnoloxías aplicables á produción e adquiran as habilidades e competencias necesarias para planificar, deseñar e executar proxectos de cultivos herbáceos extensivos, así como xestionar de forma integral e sostible procesos produtivos empresariais, a través dunha aprendizaxe significativa e construtivista.
b.- obxectivos específicos: Os obxectivos específicos, de coñecemento e procedemento, son:
- Recoñecer especies de cultivos herbáceos extensivos e comprender a problemática actual e as técnicas de cultivo.
- Aplicar os coñecementos botánicos e de fisioloxía vexetal ás especies en estudo e afondar nos procesos de desenvolvemento vexetativo, floración, polinización, etc., conducentes á formación do produto final comerciable.
- Analizar, prever e interpretar os posibles efectos edafoclimáticos nos cultivos e a súa influencia na toma de decisións relativas ao establecemento e manexo destes.
- Coñecer o material vexetal utilizado no cultivo, con capacidade para programar rotacións, seleccionar especies e variedades para cada situación concreta.
- Coñecer as técnicas de preparación do solo, establecemento e desenvolvemento dos cultivos.
- Revisar os fundamentos e aplicar o coñecemento sobre técnicas de produción de sementes, e se é o caso, outros tipos de propagación de especies polos métodos axeitados.
- Coñecer a problemática da colleita e os criterios de calidade dos produtos.
- Valorar a investigación científica como vía para solucionar problemas.
A memoria de título considera para esta materia os contidos seguintes: Situación actual e aspectos económicos dos cultivos herbáceos extensivos. Sistemas de cultivo. Rotacións e alternativas de cultivos. Cerealicultura. Cereais de inverno e de verán. As leguminosas de gran. Leguminosas de gran de inverno e verán. Plantas tuberosas: A pataca. Plantas téxtiles. Plantas azucreiras. Cultivos agroenerxéticos.
A duración de cada apartado é aproximada. Pode haber variacións en función do desenvolvemento dos contidos
Temario expositivo:
Tema 1. Introdución aos cultivos herbáceos extensivos. Concepto de cultivo extensivo. Factores limitantes. (1 h presencial, 1.5 horas non presenciais)
Tema 2. Clasificación dos cultivos herbáceos para o seu estudo. (1 h presencial, 1.5 horas non presenciais)
Tema 3. Rotacións e alternativas de cultivos. (3 h presenciais, 6 horas non presenciais)
Tema 4. Cerealicultura. Aspectos xerais. (2,5 h presenciais, 5 horas non presenciais)
Tema 5. Cereais de inverno. O trigo, o centeo. (3 h presenciais, 6 horas non presenciais)
Tema 6. Cereais de verán. O millo. (2 h presenciais, 4 horas non presenciais)
Tema 7. As leguminosas de gran. Aspectos xerais. (2,5 h presenciais, 5 horas non presenciais)
Tema 8. A soia. (2 h presenciais, 4 horas non presenciais)
Tema 9. A faba. (2 h presenciais, 4 horas non presenciais)
Tema 10. Plantas Oleaxinosas. O xirasol. (1 h presencial, 2 horas non presenciais)
Tema 11. Plantas Tuberosas. A pataca. (3 h presenciais, 6 horas non presenciais)
Tema 12. Cultivos Agroenerxéticos. (1 h presencial, 2 horas non presenciais)
Temario interactivo:
Práctica 1. Cálculo dunha dose de sementeira (Laboratorio) (2 horas presenciais)
Práctica 2. Preparación solo de sementeira, realización da sementeira (Campo prácticas) (2 horas pres.)
Práctica 3. Ensaio de xerminación (Laboratorio) (2 horas presenciais,3 horas non presenciais)
Práctica 4. Descrición seguimento de cultivos. Elaboración de glosario inglés-castelán/galego). (Seminario) (2 horas presenciais, 15 non presenciais)
Práctica 5. Seguimento de cultivos (Campo). (2 h presenciais, 4 horas non presenciais)
Viaxe 1. Carballo Comarca de Bergantiños (6 h presenciais, 1.5 horas non presenciais)
Viaxe 2. Xinzo de Limia. Comarca da Limia (8 h presenciais, 1.5 horas non presenciais)
Viáxase a dúas comarcas galegas nas que se practican os cultivos herbáceos extensivos, unha ao norte de Galicia e outra ao sur, e, aínda que as especies cultivadas coinciden sensiblemente, hai diferencias evidentes nas rotacións e nas técnicas de cultivo, fundamentalmente un índice de mecanización moito maior na Limia, resultando, por tanto dous destinos chave para a visualización práctica dos conceptos estudados na materia.
Bibliografía básica
Alba, A. e Llanos, M. 1990. “El girasol”. Ediciones Mundi-Prensa, Madrid.
Cubero, J.I. e Moreno, M.T. (eds). 1983. “Leguminosas de grano”. Ediciones Mundi-Prensa, Madrid.
Guerrero, A. 1999. “Cultivos herbáceos extensivos”. Ediciones Mundi-Prensa, Madrid.
Lopez Bellido, L. 1991. “Cultivos herbáceos. Vol. I. Cereales”. Ediciones Mundi-Prensa, Madrid.
López Bellido, L. 1986. El altramuz. Investigación y Ciencia. nº de abril: 8-15.
Llanos, M. 1984. “El maíz: su cultivo y aprovechamiento”. Ediciones Mundi-Prensa, Madrid.
Urbano, P e Moro, R. 1992. “Sistemas agrícolas con alternativas y rotaciones de cultivo”. Ediciones Mundi-Prensa, Madrid.
Villalobos, F.J. et al. 2002. “Fitotecnia. Bases y tecnologías de la prucción vegetal”. Mundi-Prensa, Madrid.
Bibliografía complementaria
Cadenas, A. 1995. “Agricultura y desarrollo sostenible”. Ediciones Mundi-Prensa, Madrid.
Leguminosas de Grano. 1992. “I jornadas técnicas sobre leguminosas de grano”. E.U.I.T.A. Palencia. 28-30 de setembro de 1992. Universidad de Valladolid. Junta de Castilla y León.
Loomis, R.S. e Connor, D.J. 2002. “Ecología de cultivos: productividad y manejo en sisetemas agrarios”. Ediciones Mundi-Prensa.
Metcalfe, D.S. e Elkins, D.M. 1980. “Crop production: principles and practices”. Macmillan Publishing Co., Nova York.
Summerfield, R.J. and Roberts, E.H. (eds). 1985. “Grain legume crops”. Collins, Londres.
Van Schoohaven, A. e Voysest, O. (eds) 1991. “Common beans: research for crop improvement”. CAB International, Cambridge.
XERAIS
CG1- Coñecemento en materias básicas, científicas e tecnolóxicas que permitan unha aprendizaxe continua, así como unha capacidade de adaptación a novas situacións ou contornas cambiantes.
CG4 - Capacidade para a busca e utilización da normativa e reglamentación relativa ao su ámbito de actuación.
TRANSVERSAIS
CT1 - Capacidade de análise e síntese.
CT2 - Capacidade para o razoamento e a argumentación
CT4 - Capacidade para traballar en grupo e abranguer situacións problemáticas de forma colectiva.
CT5 - Capacidade para obter información axeitada, diversa e actualizada
CT6 - Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible.
CT7 - Capacidade para realizar unha exposición en público de forma clara, concisa e coherente.
CT8 - Compromiso de veracidade da información que ofrece aos demais.
CT9 - Habilidade no manexo de tecnoloxías da información e da comunicación (TIC).
CT10 - Utilización de información bibliográfica e de Internet.
CT11 - Utilización de información en lingua estranxeira.
CT12 - Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos.
ESPECÍFICAS
CEG 1 Capacidade para a preparación previa, concepción, redacción e sinatura de proxectos que teñan por obxecto a construción, reforma, reparación, conservación, demolición, fabricación, instalación, montaxe ou explotación de bens mobles ou inmobles que pola súa natureza e características queden comprendidos na técnica apropiada produción agrícola e gandeira (instalacións ou edificacións, explotacións, infraestruturase vías rurais), a industriaa groalimentaria (industrias extractivas, fermentativas, lácteas, conserveiras, hortofrutícolas, cárnicas, pesqueiras, de salgaduras e, en xeral, calquera outra dedicada á elaboración e/ou transformación, conservación, manipulación e distribución de produtos alimentarios) e a xardinaría e o paisaxismo (espazos verdes urbanos e/ou rurais, parques, xardíns, viveiros, arboredo urbano,etc., instalacións deportivas públicas ou privadas e contornas sometidas a recuperación paisaxística).
CEG2 - Coñecemento axeitado dos problemas físicos, as tecnoloxías, maquinaria e sistemas de subministración hídrica e enerxética, os límites impostos por factores presupostarios e normativa construtiva, e as relacións entre as instalacións ou edificacións e explotacións agrarias, as industrias agroalimentarias e os espazos relacionados coa xardinaría e o paisaxismo co seu ámbito social e ambiental, así como a necesidade de relacionar aqueles e ese ámbito coas necesidades humanas e de preservación do medio ambiente.
CEG3 - Capacidade para dirixir a execución das obras obxecto dos proxectos relativos a industrias agroalimentarias, explotacións agrarias e espazos verdes e as súas edificaciones, infraestructuras e instalacións, a prevención de riscos asociados a esa execución e a dirección de equipos multidisciplinares e xestión de recursos humanos, de conformidade con criterios deontolóxicos.
CEG 4 - Capacidade para a redacción e sinatura de medicións, segregacións, parcelacións, valoracións e taxacións dentro do medio rural, a técnica propia da industria agroalimentaria e os espazos relacionados coa xardinaría e o paisaxismo, teñan ou non carácter de informes periciais para órganos xudiciais ou administrativos, e con independencia do uso ao que estea destinado o ben moble ou inmoble obxecto delas.
CEG 5 - Capacidade para a redacción e sinatura de estudos de desenvolvemento rural, de impacto ambiental e de xestión de residuos das industrias agroalimentarias, explotacións agrícolas e gandeiras, e espazos relacionados coa xardinaría e o paisaxismo.
CEG 6 - Capacidade para a dirección e xestión de toda clase de industrias agroalimentarias, explotacións agrícolas e gandeiras, espazos verdes urbanos e/ou rurais, e áreas deportivas públicas ou privadas, con coñecemento das novas tecnoloxías, os procesos de calidade, rastrexabilidade e certificación e as técnicas de márketing e comercialización de produtos alimentarios e plantas cultivadas.
EA2 - Capacidade para coñecer, comprender e utilizar os principios das tecnoloxías da produción vexetal: sistemas de produción e explotación. Protección de cultivos contra pragas e enfermidades. Tecnoloxía e sistemas de cultivo de especies herbáceas. Agroenerxética
MC1 - Capacidade para coñecer, comprender e utilizar os principios das tecnoloxías da produción vexetal e animal: fitotecnia; biotecnoloxía e mellora vexetal; cultivos; protección de cultivos; xardinaría e paisaxismo. Espazos deportivos.
- Unha primeira parte de docencia expositiva: clase maxistral e traballos de alumnos a través do material audiovisual, desenvolvendo o contido dos temas do programa de teoría. Serán postos a disposición dos alumnos na aula virtual(24 h). Competencias desenvolvidas: CT5, CT10, CT11, CT12, CEG2, CEG6, EA2.
- Docencia interactiva en seminario, consistente na resolución de dúbidas, problemas e casos prácticos.
- Docencia interactiva e prácticas. Clases prácticas, que serán tanto no laboratorio, como no seminario, e no campo de prácticas da Escola, onde se levarán a cabo entre outras cousas a realización dunha sementeira individual por parte do alumno/a e o seguimento técnico e fenoloxía de diferentes cultivos. Prácticas de campo: viaxes de prácticas a centros de investigación e experimentación e empresas relacionadas co sector. En principio están previstas 2 viaxes a dúas bisbarras representativas e diferenciadas deste tipo de cultivos; en concreto, a Xinzo de Limia e a súa Comarca, e a Carballo (Comarca de Bergantiños) (24 h). Competencias: CT5, CT6, CT7, CT11, CT12, EA2.
- Titorías de grupo, consistentes na resolución de dúbidas, problemas e casos prácticos (3 h).
As titorías poderán ser presenciais e "on line" mediante as Ferramentas de Comunicación da USC-Virtual.
Para a realización de tutorías, así como para manter unha comunicación directa tanto entre os propios estudantes como entre estes e o docente, pode realizarse a través do foro do Campus Virtual, mediante Ms Teams, correo electrónico ou Wasapp
Para avaliar a materia de cultivos herbáceos extensivos, teranse en conta:
Exames escritos: nos que se avaliará a adquisición de coñecementos desenvolvidos nas clases expositivas e nos seminarios. A súa contribución á nota final será do 60%, sendo imprescindible obter polo menos unha nota de 4 sobre 10. En caso de que se fagan exames parciais, eliminarán materia do exame final se a súa cualificación é polo menos de 5 sobre 10 e unicamente para a primeira convocatoria oficial (maio). A súa contribución á nota final estará en relación coa proporción da materia avaliada.
Asistencia activa e participación ás clases expositivas e de seminario: que se valorará mediante control de asistencia e observación da actitude e participación nas clases. Terá unha contribución na nota final do 10%.
Traballos: Busca e elaboración de información dun tema determinado e exposición deste. Suporá unha contribución á nota final do 15%.
Prácticas: será obrigatoria a asistencia á docencia das horas de prácticas, agás causa xustificada. Entre as prácticas, e tamén con carácter obrigatorio, inclúense as dúas viaxes, que contabilizan 6 e 8 h presenciais, respectivamente. Ademais o alumno/a deberá presentar memorias para determinar o nivel de aproveitamento das prácticas e viaxes. A súa contribución á nota final será do 15%.
As competencias avaliadas con cada unha das compoñentes do sistema de avaliación son:
Exames escritos (60%): CT10, CT12, CEG5, CEG6, EA2
Asistencia e participación nas clases (10%)
Traballos a entregar (15%): CT5, CT6, CT10, EA2, MC1
Aproveitamento das prácticas (15%): CEG6, EA2
- No caso de que se suspenda a materia e se repita, se hai algunha parte aprobada, esta gardarase para o curso seguinte.
- O sistema de avaliación na convocatoria extraordinaria é igual có da ordinaria.
- Os estudantes que teñan dispensa de asistencia a algunha das actividades docentes programadas por mor do traballo ou conciliación familiar, terán que aterse ao disposto na Instrución 1/2017 da Secretaría Xeral. Neses casos, para aprobar esta materia é obrigatoria a asistencia ás actividades prácticas que están sinaladas no horario de clases e programadas na Guía docente.
As actuacións dos profesores da materia rexeranse, en todo caso, pola Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións, aprobada no Consello de Goberno do 15 de xuño de 2011 (DOG 21 de xullo de 2011) e modificada pola Resolución do 5 de abril de 2017 (DOG, 8 de maio).
Nos casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas, e/ou plaxio, aplicaranse as disposicións da "Normativa da avaliación do rendemento académico dos estudantes e a revisión das cualificacións".
O sistema de avaliación será exactamente o mesmo independentemente do método de ensino empregado (presencial ou virtual), coa única diferenza de que as actividades de avaliación se realizarán, segundo o establecido polas autoridades competentes, ben de xeito presencial na aula. ou de xeito remoto. a través dos medios telemáticos dispoñibles na USC
- Traballo presencial
o Clases expositivas (24 h)
o Clases interactivas (24 h)
o Titorías en grupo (3 horas)
o Avaliación: exame, traballo (4 horas)
- Traballo non presencial (95 h)
o Estudio temas, preparación exame (50 h)
o Busca bibliografía e elaboración de traballo (35 h)
o Elaboración memorias de prácticas (10 h)
O alumno ou alumna terá que decidir o tempo que precisa segundo as súas necesidades, por tanto a temporización que se da no traballo presencial é meramente orientativa
- Asistir a clases e viaxes, e levar a materia ao día.
- Estudo razoado (non memorístico) tratando de entender os conceptos, e de resolver dúbidas a medida que van xurdindo, facendo uso das titorías.
- Integración dos coñecementos adquiridos en materias que deberían ser previas ou complementarias.
- Intentar manter un contacto cos factores do ámbito relacionados coa materia: Relacionar os coñecementos adquiridos coas súas posibles aplicacións ao sector.
- Consulta da bibliografía recomendada
Benigno Ruiz Nogueiras
Coordinador/a- Departamento
- Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría
- Área
- Produción Vexetal
- Correo electrónico
- benigno.ruiz [at] usc.gal
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade