Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.5 Horas de Titorías: 2 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Economía Aplicada
Áreas: Economía, Socioloxía e Política Agraria
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Coñecemento do marco legal que afecta ao sector agroalimentario.
A memoria do título contempla para esta materia os seguintes contidos:
Organización política e administrativa. Dereito agrario. Lexislación alimentaria.
Estes contidos desenvolveranse de acordo ao seguinte temario, e a estimación de horas de traballo presencial e non presencial:
PARTE I: ORGANIZACION POLÍTICA E ADMINISTRATIVA (Parte teórica 7 horas (h) presenciais clase expositivas e 14 h non presenciais)+ (Parte práctica 7 h presenciais seminarios e 14 h non presenciais):
Tema 1. ORGANIZACIÓN POLÍTICA E ADMINISTRATIVA-Organización política. Organización administrativa. Autoridade Europea para a Seguranza dos Alimentos. Axencia Española de Consumo, Seguranza Alimentar e Nutrición. Rexistro Xeral Sanitario de Empresas Alimentarias e Alimentos. Axencia de Información e Control Alimentários. Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia. Instituto Galego da Calidade Alimentaria/Agacal.
PARTE II: DEREITO AGRARIO E ALIMENTARIO (Parte teórica 2 h presenciais expositiva e 2 h non presenciais) + (Parte práctica 2 h e 2 h non presenciais):
Tema 2. DEREITO AGRARIO/ALIMENTARIO-O significado da palabra Dereito. O ordenamento xurídico e a norma xurídica. Fontes de dereito. Dereito alimentario e seguranza alimentaria. Lexislación alimentaria
PARTE II: LEXISLACIÓN ALIMENTARIA (Parte teórica 9 h presenciais expositiva e 20 h non presenciais) + (Parte práctica 9 h presenciais seminarios e 20,5 h non presenciais)
Tema 3.- SEGURIDADE ALIMENTARIA. Codex Alimentarius. Seguridade alimentaria Regulamento (CE) 178/2002. Control oficial RD 625/2017. Lei 17/2011 de seguridade alimentaria e nutrición.
Tema 4.- ETIQUTADO E ENVASADO-Introducción, lexislación etiquetado. Lexislación envasado.
Tema 5- HIXIENE DOS PRODUCTOS ALIMENTARIOS- Introducción, Normativa UE. Disposicións España. Normas voluntarias de calidade e seguridade alimentaria.
Tema 6- AGRICULTURAS DE CALIDADE-Normativa base. Agricultura ecolóxica R UE 848/2018. R UE 1151/2012 DOP e IGP.
Bibliografía básica
FAO/OMS. Etiquetado de los alimentos. Roma : Organización de las Naciones Unidas para la Agricultura y la Alimentación ; [Ginebra] : Organización Mundial de la Salud , 2007
Palomares Lerma, Gustavo. Organización política y administrativa internacional (OPAI), Universidad Nacional de Educación a Distancia, 1994
Recuerda Girela, M.A. (dir.). Tratado de Derecho Alimentario, Thomson Reuters-Aranzadi, Navarra, 2011.
VVAA: Legislación Alimentaria. Ed. Tecnos 7º Edición, Madrid 2006
Rodríguez Martínez, María Eugenia. Seguridad alimentaria y derecho de daños. Madrid : Reus, 2015
Bibliografia complementaria
Ginés Campos, Francisco. ¿Seguridad alimentaria? : 200 respuestas a las dudas más frecuentes. Madrid : A. Madrid Vicente, 2011
FAO/OMS. Codex alimentarius : etiquetado de los alimentos. Roma : Organización de las Naciones Unidas para la Agricultura y la Alimentación ; [Ginebra] : Organización Mundial de la Salud , 2005
Nesta materia o alumno adquirirá ou practicará unha serie de competencias xenéricas, desexables en calquera titulación universitaria, e específicas, propias da enxeñaría en xeral ou da enxeñaría agrícola e das industrias agroalimentarias en particular. Dentro do cadro de competencias que se deseñou para a titulación, traballaranse as seguintes:
Competencias básicas, xerais, transversais e específicas:
• CG2 - Capacidade de resolución de problemas con creatividade, iniciativa, metodoloxía e razonamiento crítico.
• CG4 - Capacidade para a procura e utilización da normativa e regulamentación relativa ao seu ámbito de actuación.
• CG5 - Capacidade para desenvolver as súas actividades, asumindo un compromiso social, ético e ambiental en sintonía coa realidade do entorno humán e natural.
• CG6 - Capacidade para o traballo en equipos multidisciplinares e multiculturais.
• CT2 - Capacidade para o razonamento e a argumentación
• CT4 - Capacidade para traballar en grupo e abarcar situacións problemáticas de forma colectiva.
• CT6 - Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible.
• CT7 - Capacidade para realizar unha exposición en público de forma clara, concisa e coherente
CT10 - Utilización de información bibliográfica e de Internet.
• CT12 - Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos.
CEG 6 Capacidade para a dirección e xestión de toda clase de industrias agroalimentarias, explotacións agrícolas e gandeiras, espazos verdes urbanos e/ou rurais, e áreas deportivas públicas ou privadas, con coñecemento das novas tecnoloxías, os procesos de calidade, rastrexabilidade e certificación e as técnicas de márketing e comercialización de produtos alimentarios e plantas cultivadas.
IA1 Capacidade para coñecer, comprender e utilizar os principios da enxeñaría e tecnoloxía dos alimentos: enxeñaría e operacións básicas de alimentos. Tecnoloxía de alimentos. Procesos nas industrias agroalimentarias. Modelización e optimización. Xestión da calidade e da seguridade alimentaria. Análise de alimentos. Rastrexabilidade.
Combina a docencia maxistral participativa con seminarios e conferencias e con aulas de discusión activa.
Na aula virtual o alumnado atopara os textos legais para o traballo na aula.
O alumnado deberá realizar traballos prácticos consistente na análise de lexislación sectorial de xeito autónomo que presentará na aula.
Se espera do alumnado que participe activamente nas discusións e debate na aula sobre os contidos da materia.
Deste xeito a relación entre metodoloxías e competencias traballadas son:
Lecciones maxistrais participativas. Seminarios e conferencias: todas as competencias específicas
Utilización da aula virtual: todas as competencias específicas e CG4
Realización de presentacións mediante ordenador: CT6 e CT7
Elaboración e presentación de traballo/s de curso: CT2, CT6, CT7, CG2, CG5, CT10, CT12
Titorías individualizadas e colectivas: competencias específicas
Traballo autónomo e estudo independiente dos alumnos: competencias específicas e CT2, CT6, CG2, CG5, CT10, CT12
Traballo en grupo e aprendizaxe cooperativo. Sesión/s de discusión activa: CT4 e CG6.
1.Realización de probas tipo test (30%). Estas probas se faran na clase mediate o emprego do campus virtual. Competencias CG2, CG4, CT2 e CT12 e competencias específicas.
2. Traballos entregados e/ou presentados (50%). Se pedirán tres traballos fin de curso que terán que entregar e presentar na clase. Competencias transversais antes citadas e CG4, CG5, CT6, CT7 e competencias específicas.
3. Asistencia (10%). Se pasará lista.
4. Participación do alumnado nas actividades da aula (10%). Se traballará con documentos na clase para que o alumno os lea, sintetize información e a comparta co resto. Competencias CG6, CT4, CT6, CT2.
OUTROS DATOS RELEVANTES
Ma primeira oportunidade o alumno será avaliado conforme os anteriores criterios. En segúnda oportunidade os traballos entregados e/ou presentados terán unha puntuación do 30% e o examen do 70%. No caso de alumnos repetidores se conservarán os exercicios entregados en cursos anteriores, que se repitan no novo curso.
O alumnado ao que lle sexa concedida dispensa de asistencia a clase (seguindo a Instrucción Nº 1/2017 da Secretaría Xeral sobre a dispensa de asistencia a clase en determinadas circunstancias), se avaliará cos mesmos criterios estabrecidos na segunda oportunidade.
O fraude na realización das probas de avaliación comporta o suspenso na convocatoria.
Lectura e preparación de temas: 26
Realización traballo de curso: 21
Preparación das clases interactiva: 9,5
Preparación das probas de avaliación: 16
Para ter unha adecuada comprensión dos conceptos tratados nas aulas é convinte ler os textos recomendados previamente.
Iban Vazquez Gonzalez
Coordinador/a- Departamento
- Economía Aplicada
- Área
- Economía, Socioloxía e Política Agraria
- Correo electrónico
- iban.vazquez.gonzalez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor