Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.25 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría
Áreas: Produción Vexetal
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Obxectivos:
• Ofrecer aos alumnos unha visión dos problemas sanitarios que pode sufrir unha masa forestal e as súas causas, así como dos
medios dispoñibles para prevelos ou controlalos
Resultados da aprendizaxe
• Identificar os principais axentes daniños: bióticos e abióticos e recoñecer os seus danos.
• Coñecer os ciclos biolóxicos dos axentes bióticos
• Entender a ecoloxía das pragas e patóxenos forestais, as interaccións planta-insecto e planta-patóxeno, a súa dinámica de poboacións e factores que a regulan, con especial atención á situación cambiante actual.
• Coñecer as técnicas de mostraxe de insectos e patóxenos con particular atención a procesos de monitoreo, predición e avaliación de riscos de brotes epidémicos.
• Coñecer as distintas estratexias de control para prever, controlar e xestionar pragas e enfermidades forestais.
• Familiarizarse coa toma de decisións en control de pragas. Como, cando e que técnicas aplicar de ser necesario tendo en conta custos ambientais e económicos.
A memoria do título contempla para esta materia os seguintes contidos:
• Concepto de praga, enfermidade e limiares de dano.
• Principais axentes daniños: bióticos e abióticos.
• Dinámica de poboacións de organismos daniños.
• Prevención e control integrado no medio forestal.
• Ciclo biolóxico, danos e control específico dos principais axentes daniños.
Estes contidos serán desenvoltos acorde ao seguinte temario:
Programa teórico:
I. PRINCIPIOS BÁSICOS DE ENTOMOLOXÍA E PATOLOXÍA FORESTAL. Introdución ao estudo de pragas e enfermidades forestais. Concepto de praga, enfermidade e equilibrio biolóxico. Organismos causantes de danos no medio forestal. Factores que poden condicionar o desenvolvemento de pragas e enfermidades no medio forestal. Estado sanitario dos bosques mundiais ante a situación cambiante actual: movemento de material vexetal entre fronteiras e cambio climático. Horas presenciais: 4 h, horas non presenciais: 5.
II: PREVENCIÓN E CONTROL NO MEDIO FORESTAL. Prevención e detección de pragas e enfermidades forestais. Sistemas de deteción. Factores condicionantes. Indicadores físicos e biolóxicos. Elementos de diagnóstico. Técnicas de monitoreo. Redes de danos. Limiar de dano. Control integrado no medio forestal e estratexias de control: control cultural, control biolóxico, control biotécnico (reguladores de crecemento e semioquímicos) control químico e control lexislativo. Organismos de corentena. Horas presenciais: 5 h, horas non presenciais: 7.
III. BIOLOXÍA E DANOS DOS PRINCIPAIS ORGANISMOS PATÓXENOS DO MEDIO FORESTAL. Insectos prexudiciais ás masas forestais. Especies máis comúns dos nosos bosques, bioloxía e control específico. Enfermidades de orixe non infecciosa. Enfermidades orixinadas por fungos, especies máis comúns, bioloxía e control específico. Enfermidades causadas por Nematodos e outros patóxenos, especies máis comúns, bioloxía e control. Horas presenciais: 14 h, horas non presenciais: 19.
IV. PROBLEMÁTICAS ESPECÍFICAS ASOCIADAS Ó SECTOR. Problemática propia de viveiros forestais e plantacións recen instaladas, medidas preventivas, especies prexudiciais máis comúns e o seu control. Horas presenciais: 1 h, horas non presenciais: 1
Programa práctico:
• Práctica de campo. Saída ao campo para observar os principais organismos causantes de danos en masas forestais próximas. Esta saída é fundamental para que os alumnos poidan ver os organismos causantes de danos directamente nos entorno forestal o que lles dará unha visión moito máis clara da realidade que o material fotográfico ou material de colección que se presenta no resto das clases. Así mesmo nesta práctica búscase ademais que o alumno poida facer unha análise das causas que poden estar favorecendo a presenza deses organismos daniños, orientado pola profesora, e realice o seu primeiro informe técnico sanitario dunha masa forestal baseado nun caso real. Duración 4 horas.
• Clase interactiva 1. Técnicas de seguimento e mostraxe de insectos forestais. Elaboración de curvas de voo. Duración: 2 h.
• Clases interactivas 2 e 3. Recoñecemento das principais pragas forestais. Duración: 2 h. Nestas dúas prácticas os alumnos poden observar e manipular os principais insectos de interese forestal xunto cos danos que ocasionan co obxecto de aprender a recoñecelos en campo.
• Clase interactiva 4. Recoñecemento das principais enfermidades forestais. Duración: 2 h. Esta práctica é similar ás dúas anteriores pero aquí os alumnos traballan con mostras atacadas polos distintos patóxenos.
Bibliografía básica
JACTEL, H., LUNG, B., DIEZ, J., FERNANDEZ, M., LOMBARDERO, M.J., DUCROS, J., BRANCO, M., HALDER, I., (Eds.), 2002. Forest pests and diseases. (Acceso electrónico en WWW.IEFC.NET, (Guide phytosanitair, selección de idioma en bandera ).
WAINHOUSE, D. 2004. Ecological methods in forest pest management. Oxford University Press.
GARBELOTO, M., GONTHIER, P. 2018. Forest pathology and plant health. Forests. ISBN 978-3-03842-672-1 (PDF) Disponible en: https://www.mdpi.com/books/pdfview/book/501
http://www.medioruralemar.xunta.es/es/areas/agricultura/sanidad_vegetal…
http://mediorural.xunta.es/areas/agricultura/sanidade_vexetal/plans_de_…
Bibliografía complementaria
ICP Forest. Forest Condiction of Europe. http://www.icp-forests.org/
MUÑOZ et al. 2003. Sanidad Forestal: guía en imágenes de plagas, enfermedades y otros agentes presentes en los bosques. Mundi Prensa . 575 pp
PAIN, T.D. 2007. Invasive Forest Insects. Ecological Pest management in Global Forest of a changing world. Springer The Netherlands.
PEDIGO, L. P. 1999. Entomology and pest management. Prentice Hall, Upper Saddle River, NJ.
ROMANYK, N. e CADAHIA, D. (Coor.). 1992. Plagas de insectos en las masas forestales españolas. MAPA, Madrid.
SPEIGHT, M.R. HUNTER M.D. WATT A.D. 2008. Ecology of Insects. Concepts and applications. Wiley-Blackwell.628 pp
SOCIEDAD ESPAÑOLA DE FITOPATOLOGÍA. 1996. Patología Vegetal. Tomos I y II. Phytoma-España.
TAINTER, F. H. e BAKER, F. A. 1996. Principles of forest pathology. John Wiley & Sons, New York.
ZÚBRIK, A.K. e CSÓKA. G. 2013. Insects and diseases : damaging trees and shrubs of Europe: a colour atlas. Verrieres le Buison (France).
Nesta materia o alumno adquirirá ou practicará unha serie de competencias básicas, propias de calquer titulación universitaria e competencias específicas, propias da enxeñería forestal. Dentro do cadro de competencias que se deseñou para a titulación traballaranse as seguintes:
Competencias básicas, xerais e transversais:
- CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos na resolución de problemas dentro da súa área de estudo
- CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
- CB4 - Que os estudantes podan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
- CG2 - Capacidade para analizar a estrutura e función ecolóxica dos sistemas e recursos forestais, incluíndo os paisaxes
- CG3 - Coñecemento dos procesos de degradación que afecten aos sistemas e recursos forestais (contaminación, pragas e enfermidades, incendios, etc.) e capacidade para o uso das técnicas de protección do medio forestal, de restauración hidrolóxico forestal e de conservación da biodiversidade. Desta competencia traballarase só os procesoso de degradación causados por pragas e enfermidades e as técnicas de protección frente as mesmas, o resto traballarase noutras materias.
- CG7 - Capacidade para resolver os problemas técnicos derivados da xestión dos espazos naturais
- CG10 - Capacidade para aplicar as técnicas de ordenación forestal e planificación do territorio, así como os criterios e indicadores da xestión forestal sostible no marco dos procedementos de certificación forestal. Desta competencia traballarase so o segundo criterio de certificación forestal sobre o mantemento da saúde e vigor dos bosques o resto traballarase noutras materias
- CG13 - Capacidade para deseñar, dirixir, elaborar, implementar e interpretar proxectos e plans, así como para redactar informes técnicos, memorias de recoñecemento, valoracións, peritaxes e taxacións
- CT1- Capacidade de análise e síntese
- CT2 - Capacidade para o razoamento e a argumentación
- CT3 - Capacidade de traballo individual, con actitude autocrítica
- CT5 - Capacidade para obter información adecuada, diversa e actualizada
- CT6 - Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible
- CT7 - Capacidade para realizar una exposición en público de forma clara, concisa e coherente
- CT8 - Compromiso de veracidade da información que ofrece a os demais
- CT10 - Utilización de información bibliográfica e de Internet
- CT11 - Utilización de información en lingua estranxeira
- CT12 - Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos
Competencias específicas:
- CECF2- Zooloxía e Entomoloxía Forestal. Desta competencia traballarase só a parte de Entomoloxía Forestal o resto trabállase noutras materias.
- CETEEF6 - Enfermidades e Pragas Forestais.
A ensinanza desta materia realizarase mediante actividades presenciais e non presenciais. Todas elas son obligatorias.
Actividades presenciais:
Divídense en clases expositivas e clases interactivas e estas últimas en prácticas de laboratorio e prácticas de campo.
As clases expositivas realizaranse en grupos grandes na aula, van acompañadas sempre dun rico material de apoio visual (fotográfico, vídeos en español e inglés, etc.) que lle facilite a diagnose e recoñecemento dos problemas sanitarios. Buscarase a participación activa dos alumnos fomentando a discusión sobre distintos aspectos. Traballaranse as seguintes competencias: CT2, CT7, CT10, CT11, CTEEF6, CECF2CB2.
As clases interactivas son un apoio á clases expositiva. No laboratorio o alumno ten a oportunidade de observar material fresco e de colección afectado polos distintos insectos e patóxenos vistos en clase. As prácticas de campo dan a oportunidade ao alumno de observar os axentes daniños directamente nos ecosistemas forestais. Así mesmo permiten facer unha análise in situ de qué factores propios dese ecosistema ou do seu manexo poden estar favorecendo a presenza deses axentes. Traballaranse as seguintes competencias: CT1, CT2, CT3, CT7, CT12, CB2,CB3, CB4, CG2, CG3, CG7, CTEEF6, CECF2CB2.
Actividades non-presenciais:
1. Os alumnos deberán realizar de modo individual un informe técnico do observado na práctica de campo e as posibles causas que será obxecto de avaliación. Competencias traballadas: CT1, CT2, CT3, CT6, CT12, CB2,CB3, CB4, CG2, CG3, CG7, CG13, CTEEF6, CECF2
2. Resolución de casos prácticos. Os alumnos deberán resolver varios casos prácticos que poden abordar distintos aspectos: recoñecemento dun problema sanitario e recomendacións para resolvelo, dedidir ou non a necesidade e o momento de realizar unha intervención, etc. Estes casos prácticos repetiranse ao longo do curso a medida que se vaia introducindo as distintas especies máis comúns das nosas masas forestais e os seus tratamentos específicos. Os alumnos poden empregar os foros de discusión do campus virtual na resolución dos mesmos, ainda que cada quen debe presentar informes individuales. Comptencias traballadas: CT1, CT2, CT3, Ct5, CT6, CT7, CT8, CT10, CT11, CT12, CB2,CB3, CB4, CG2, CG3, CG7,CG10, CG13, CTEEF6, CECF2.
3. O alumno debe presentar unha pequena colección de material afectado que debe identificar axeitadamente, o que lle permitirá aprender a detectar problemas sanitarios por si mesmo en condicións de campo. Competencias traballadas: CT2, CT3, CT7, CT11, CG3, CTEEF6, CECF2.
4. O alumno pode sustituir, de modo voluntario, o informe técnico da práctica de campo por un proxecto de xestión sanitaria de unha masa previamente determinada sobre a que xa traballou o está traballando en outras materias que podería formar parte de seu TFG
A materia impártese tamén a través da USC virtual. Os estudantes poden ver as cualificacións, resolver cuestionarios, baixar material de clase (ex. lecturas complementarias, apuntamentos de clase, ver videos en español e inglés, guións etc.) e abrir enlaces con outras páxinas web. O portal proporciona tamén foros onde os estudantes poden deixar os seus comentarios e opinións e interactuar cos seus compañeiros de clase.
A avaliación da materia realizarase mediante unha proba escrita (60%) e mediante avaliación continua (40 %). A avaliación continua inclue un 20% as clases prácticas (laboratorio e campo), un 10% o traballo individual da colección de prácticas e un 10 % a participación do alumnos nas actividades do aula. Non superará a materia aquel/aquela alumno/a que non obteña un mínimo de 5 puntos sobre 10 (ou 0,5 sobre 1) en cada unha das partes (proba escrita, prácticas, colección e traballo de aula).
1. Probas escritas (60%): O exame consta de tres partes: un apartado tipo test con 6-12 preguntas que se valora con 3 puntos; catro preguntas curtas (4 ptos) e un caso práctico a resolver polo alumno (3 ptos). Contemplase a posibilidade de realizar probas parciais e a nota mínima para facer medias entre eles é de un 5 sobre 10
Competencias: CB2, CB3, CB4, CG2, CG3, CG7, CG10, CG13, CECF2, CETEEF6, CT12
2. Aproveitamento das prácticas (20%): Ao final de cada práctica realizarase un exame de coñecementos adquiridos nesta, xeralmente consistente na identificación de visu razoada dos axentes patóxenos revisados nesa práctica.
Competencias: GC3, CECF2, CETEEF6
3. Traballos entregados: 3.1. Colección de campo: Todos os alumnos deberán presentar individualmente unha colección dun mínimo de 10 axentes daniños do medio forestal ou de danos ocasionados por eles correctamente identificados. En caso de organismos infecciosos recoméndase a presentación de material fotográfico. Toda mostra presentada deberá rexistrar a data e localidade de recollida así como a identificación do axente daniño e a planta hóspede. A colección avaliarase do seguinte modo: Número de insectos presentados 0,1 pto (se presenta os 10 especimes solicitados, máximo de 0,2 ptos se presenta máis). 0,04 ptos por cada identificación correcta a nivel de especie (=0,4 ptos mínimo). Formularánselle tres preguntas xerais sobre vos insectos presentados e o hospedante onde os recolleu a 0,1 pto /pregunta (=0,3 ptos.). Realizarase por parte do docente unha valoración da colección en canto a variedade, interese, traballo e presentación que se valorará con 0,1 pto. 3.2. Informe técnico práctica de campo/área alternativa de traballo.
Competencias: GC3, CB4, CG10, CG13, CECF2, CETEEF6, CT12.
4. Participación do alumno nas actividades da aula (10%). Asistencia a clase, resolución de cuestionarios, resolución e exposición de casos prácticos e participación nas actividades propostas.
Competencias: CB2, CB3, CB4, CG2, CG3, CG7, CG10, CG13, CECF2, CETEEF6, CT12
O resto das competencias tranversais trabállanse pero non se avalían.
Todas as actividades de avaliación son obrigatorias e están encamiñadas a reforzar a capacidade de recoñecer e valorar os axentes daniños que poden causar danos nos sistemas e recursos forestais así como resolver problemas derivados da xestión sanitaria das masas facilitando a toma de decisións.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o establecido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións” ” (artigo 16 da Resolución de 15/6/2011 da USC, DOG de 21/7/2011).
O sistema de avaliación é o mesmo para primeira e segunda oportunidade ou alumnos repetidores. Os alumnos que soliciten dispensa académica seguirán o mesmo proceso de avaliación pero o 10 % da avaliación debida as actividades de clase aplicaráselle o informe técnico da práctica de campo.
O tempo de estudo e traballo persoal do alumno repartese do modo seguinte:
Docencia expositiva: 24 horas
Docencia interactiva: 12 h
Titorías en grupos reducidos: 2 h
Examen: 3 h
Lectura e preparación de temas: 32 h
Elaboración de traballos de curso: 20 h
Preparación de probas de avaliación: 19,5 h
A asistencia a clase é básica. A materia estruturouse para aprender activamente de xeito interactivo e non é fácil asimilar o material a menos que se esté presente. O alumno debe completar esa información contrastando coa bibliografía e directamente no campo ao realizar a súa colección. Recoméndase acudir a titorías cando se lle presenten dúbidas específicas tanto cos contidos da materia coma na identificación da súa colección.
Maria Josefa Lombardero Diaz
Coordinador/a- Departamento
- Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría
- Área
- Produción Vexetal
- Teléfono
- 982823150
- Correo electrónico
- mariajosefa.lombardero [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Mércores | |||
---|---|---|---|
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 3 (Aulario 1) |
Xoves | |||
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 3 (Aulario 1) |
Venres | |||
10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 3 (Aulario 1) |
20.12.2024 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 10 (Aulario 3) |
12.06.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 10 (Aulario 3) |