Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Matemática Aplicada
Áreas: Astronomía e Astrofísica
Centro Facultade de Matemáticas
Convocatoria:
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
Ao finalizar a materia de Fundamentos de Astronomía, o alumnado deberá ter comprendido os principais conceptos, teorías e técnicas descritas nos contidos da materia.
DOCENCIA EXPOSITIVA (28 horas):
Xeodesia (2 horas):
- Forma e dimensións da Terra.
- Coordenadas xeográficas e xeocéntricas.
Astrometría (10 horas):
- Trigonometría esférica.
- Esfera celeste. Movemento diurno aparente.
- Sistemas de coordenadas astronómicas. Transformacións de coordenadas. Fenómenos que influen na variación das coordenadas.
- Medida do tempo. Escalas modernas.
Mecánica celeste (12 horas):
- Movementos da Terra.
- Movemento planetario. Leis de Kepler e Lei da gravitación.
- O problema de dous corpos.
- Elementos orbitais. Ecuación de Kepler.
- Introdución ao problema restrinxido de tres corpos.
Astrofísica (2 horas):
- Estrelas: parámetros e clasificación.
- Sistemas estelares e planetarios.
Resérvanse 2 horas de clases expositivas para realización de probas de avaliación continua.
DOCENCIA INTERACTIVA (Seminarios, 20 horas): Dedicaránse a sesións de problemas puidendo complementar con materiais multimedia.
DOCENCIA INTERACTIVA (Laboratorios, 8 horas):
- Planisferio e anuarios (1 hora)
- Bases de datos online (1 hora)
- Prácticas co software astronómico Stellarium. (2 horas)
- Análise numérico dalgúns problemas de mecánica celeste. (2 sesións de 2 horas cada unha)
Básica:
- A. ABAD, J.A. DOCOBO, A. ELIPE. Curso de Astronomía, Prensas Universitarias de Zaragoza, Ed.2017.
- J.F. LING. Coordenadas astronómicas. Medida do tempo. Unidade didáctica 5. Servicio Publicacións USC, 2013. (dispoñible en liña)
- G. RODRÍGUEZ. Astronomía matemática. 1ª ed. Madrid: Ediciones Complutenses, 2019. (dispoñible en liña)
Complementaria:
- E. BATTANER. Introducción a la Astrofísica. Alianza Editorial. Ciencia y Tecnología. Alianza Editorial, 2002.
- H. KARTTUNEN et al. Fundamental Astronomy. 6ª ed. Heidelberg: Springer, 2018.
- E. MARTÍNEZ, A. WILLIART. Astronomía y Astrofísica. Problemas resueltos. 1ª ed. Basauri: Grafo, 2013.
BÁSICAS E XERAIS
CB1. Que os estudantes teñan demostrado posesión e comprensión de coñecementos nunha área de estudo que se basea na educación secundaria xeral, e que adoita atoparse nun nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos desde a vangarda. do seu campo de estudo.
CB2. Que o alumnado saiba aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dun xeito profesional e posúe as competencias que adoitan demostrarse mediante a elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3. Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan a reflexión sobre cuestións relevantes de carácter social, científico ou ético.
CB4. Que o alumnado poida transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
CB5. Que o alumnado teña desenvolvido aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
CG1. Coñecer os conceptos, métodos e resultados máis importantes das distintas ramas das Matemáticas, xunto cunha determinada perspectiva histórica do seu desenvolvemento.
CG2. Reunir e interpretar datos, información e resultados relevantes, obter conclusións e emitir informes razoados sobre problemas científicos, tecnolóxicos ou doutro tipo que requiran o uso de ferramentas matemáticas.
CG3. Aplicar tanto os coñecementos teórico-prácticos adquiridos como a capacidade de análise e abstracción na definición e formulación de problemas e na procura das súas solucións tanto en contextos académicos como profesionais.
CG4. Comunicar, tanto por escrito como oralmente, coñecementos, procedementos, resultados e ideas en Matemáticas a un público tanto especializado como non especializado.
CG5. Estudar e aprender de forma autónoma, con organización de tempo e recursos, novos coñecementos e técnicas en calquera disciplina científica ou tecnolóxica.
TRANSVERSAIS
CT1. Utilizar bibliografía e ferramentas de busca de recursos bibliográficos xerais e específicos en Matemáticas, incluído o acceso a Internet.
CT2. Xestionar de forma óptima o tempo de traballo e organizar os recursos dispoñibles, establecendo prioridades, camiños alternativos e identificando erros lóxicos na toma de decisións.
CT3. Verificar ou refutar razoadamente os argumentos doutras persoas.
CT4. Traballar en equipos interdisciplinares, aportando orde, abstracción e razoamento lóxico.
CT5. Le textos científicos tanto na súa propia lingua como noutros idiomas de relevancia para o ámbito científico, especialmente o inglés.
ESPECÍFICAS
CE1. Comprender e utilizar a linguaxe matemática.
CE2. Coñecer demostracións rigorosas dalgúns teoremas clásicos en diferentes áreas das Matemáticas.
CE3. Elaborar demostracións de resultados matemáticos, formular conxecturas e imaxinar estratexias para confirmalos ou negalos.
CE4. Identifica erros en razoamentos incorrectos propoñendo demostracións ou contraexemplos.
CE5. Asimilar a definición dun novo obxecto matemático, relacionalo con outros xa coñecidos e ser capaz de utilizalo en diferentes contextos.
CE6. Saber abstraer as propiedades e feitos substanciais dun problema, distinguíndoos dos que son puramente ocasionais ou circunstanciais.
CE7. Propoñer, analizar, validar e interpretar modelos de situacións reais sinxelas, utilizando as ferramentas matemáticas máis adecuadas aos fins que se perseguen.
CE9. Utilizar aplicacións informáticas de análise estatística, cálculo numérico e simbólico, visualización gráfica, optimización e software científico, en xeral, para experimentar en Matemáticas e resolver problemas.
Nas clases expositivas (grupo grande) empregarase a metodoloxía das clases maxistrais; a profesora da materia ten a función de facilitar a información, co apoio dos medios audiovisuais, sempre atenta ao bo seguimento e ás dúbidas que poidan xurdir.
Nas clases de seminario (grupo reducido) empregarase a resolución de problemas na aula. Esta metodoloxía ten por obxectivo por en práctica os conceptos e ferramentas mostradas na parte teórica da asignatura, promovendo o desenvolvemento das capacidades de análise crítico do alumnado.
Nas clases de laboratorio (grupo reducido) a metodoloxía é a realización de prácticas e problemas, o obxectivo desta metodoloxía é a posta en práctica dos conceptos e ferramentas mostrados na parte teórica da materia, así como a consecución dunha aprendizaxe práctica, mediante a experimentación con materiais, dispositivos técnicos e/ou software especializado para por en práctica os coñecementos adquiridos na teoría.
As horas de titoría dedícanse a resolver dúbidas, asesorar e apoiar ao alumnado en pequenos grupos ou individualmente.
O/a estudante ten dereito a unha convocatoria que consta de dúas oportunidades. A cualificación na primeira e segunda oportunidade realízase mediante a avaliación continua e a realización dun exame final presencial. A calificación final numérica do estudante é o máximo das seguintes notas: a nota do exame e a nota obtida ponderando esta ca de avaliación continua, dándolle a esta última un peso do 30%.
Concretamente, a nota final numérica calcúlase como sigue:
Nota Final Numérica= Máximo {Nota A, 0.7 x Nota A + 0.3 x Nota B},
Onde “Nota A” é a nota do examen final (sobre 10) e “Nota B” é a nota da avaliación continua (sobre 10).
A “Nota B” (da avaliación continua) obtense a partir das seguintes actividades:
- Asistencia e participación en todas as prácticas (máximo 3 puntos)
- Dous controis presenciales non liberatorios de distintos bloques da materia, de tipo test ou cuestión de resposta curta (máximo 3.5 puntos cada un).
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de calificacións da USC.
Ao estudante que obteña unha calificación de suspenso na primeira oportunidade, gardaráselle a nota da avaliación continua para a segunda oportunidade.
A calificación será de "non presentado" se o estudante, non tendo realizado ningunha actividade académica avaliable, non se presenta aos exames da primeira e segunda oportunidade.
As ferramentas de avaliación propostas permiten avaliar o 100% do conxunto das competencias básicas, xenerais, específicas e transversais descritas previamente.
Horas presenciais: 58
- Expositivas: 28
- Interactivas de seminario: 20
- Interactivas de laboratorio: 8
- De tutorías: 2
Horas non presenciais (traballo autónomo): 92
Volumen total de traballo: 150 horas
1. Asistir a todas as actividades docentes da materia.
2. Dedicar tempo ao estudo da materia distribuído regularmente ao longo do cuadrimestre.
3. Consulta regularmente os materiais e avisos dispoñibles a través do campus virtual da materia.
4. Solicitar titoría cando sexa necesario.
Begoña Nicolas Avila
Coordinador/a- Departamento
- Matemática Aplicada
- Área
- Astronomía e Astrofísica
- Correo electrónico
- bego.nicolas [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Axudante Doutor LOSU
Luns | |||
---|---|---|---|
17:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 06 |
Martes | |||
13:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 02 |
Mércores | |||
18:00-20:00 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | Aula 06 |
18:00-20:00 | Grupo /CLIL_01 | Castelán | Aula de informática 4 |
Xoves | |||
18:00-20:00 | Grupo /CLIL_02 | Castelán | Aula de informática 4 |
14.01.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 06 |
23.06.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 06 |