Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Bioloxía Funcional
Áreas: Ecoloxía
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Os obxectivos principais son:
1) obtención de coñecementos básicos acerca da estrutura e a función dos ecosistemas en xeral, así como dos seus compoñentes (organismos, poboacións, comunidades), e doutros niveis de organización superiores, como é a paisaxe.
2) coñecemento do procedemento de avaliación de impacto ambiental, aplicado a actividades de tipo agropecuario, agroalimentario e de xardiñería. Así como os principais efectos que esas actividades poden exercer sobre o medio en función do tipo de manexo que se realice.
A memoria do título contempla para esta materia os seguintes contidos:
Relacións entre organismos e medio. Estrutura e función de poboacións e comunidades. Estrutura e función dos ecosistemas. Alteracións dos ecosistemas: impactos asociados ás actividades agrarias e agroindustriais. Manexo de residuos agrarios e agroindustriais. Avaliación do impacto ambiental.
Estes contidos serán desenvoltos segundo se detalla a continuación. Indícase o tempo aproximado dedicado a cada contido tanto de docencia presencial (DP) como non presencial (DNP):
Clases expositivas e seminarios
Durante estas clases desenvolverase o seguinte temario:
1. Introdución á Ecoloxía.
2. Relacións dos organismos co seu medio físico.
3. Factores ecolóxicos abióticos.
4. Demografía de poboacións.
5. Dinámica de poboacións.
6. Relacións intraespecíficas e interespecíficas.
7. A comunidade biótica.
8. O ecosistema.
9. Outros niveis de organización.
10. Cambio global.
11. As avaliacións ambientais.
12. O estudio ambiental.
DP = 36 horas, DNP = 45 horas
Clases prácticas e titorías en grupo
Realizarase unha práctica de laboratorio e dúas prácticas de campo. Segundo se detalla a continuación:
Práctica 1: Alelopatía. (Laboratorio)
Práctica 2: Avaliación do estado ecolóxico dun tramo de río. (Campo)
Práctica 3: Reservas da Biosfera. (Campo, Viaxe de prácticas)
As clases prácticas veranse complementadas polas correspondentes titorías en grupo, segundo consta no horario oficial da materia.
DP: 15 horas, DNP: 14 h
Ecoloxía, bibliografía básica
Molles M.C. (2006). Ecología: conceptos y aplicaciones. McGraw-Hill. Madrid.
Smith, R L; Smith, T M (2005). Ecología. Pearson Educación, S.A., Madrid.
Ecoloxía, bibliografía complementaria
Begon, M; Harper, J L; Townsend, C R (1999). Ecología: individuos, poblaciones y comunidades. Omega, Barcelona.
Escolástico León, C., Cabildo Miranda, M.P., Claramunt Vallespí, R.M., Claramunt Vallespí, T. (2013). Ecología I: introducción, organismos y poblaciones. UNED. (Recurso electrónico).
Escolástico León, C., Cabildo Miranda, M.P., Claramunt Vallespí, R.M., Claramunt Vallespí, T. (2013). Ecología II: comunidades y ecosistemas. UNED. (Recurso electrónico).
Odum. E.P., Barret, G.W. (2006). Fundamentos de Ecología. Thomson. México.
Smith, R.L., Smith, T.M. (2001). Ecology and field biology. 6th ed. Benjamin Cummings. San Francisco.
Terradas, J (2001). Ecología de la vegetación. De la ecofisiología de las plantas a la dinámica de comunidades y paisajes. Omega, Barcelona.
Impacto Ambiental, bibliografía básica
Andrés, M., García, F.A. (2006). La evaluación de impacto ambiental de proyectos y actividades agroforestales. Servicio de Publicaciones de la Universidad de Castilla-La Mancha, Cuenca.
Gómez-Orea, D. (2013). Evaluación de impacto ambiental. Mundi-Prensa, DL. Madrid.
Impacto Ambiental, bibliografía complementaria
Borderías Uribeondo, MP. (2014). Evaluación ambiental. UNED. Madrid. (Recurso electrónico).
Conesa Fernandez-Vítora, V. (2010). Guía Metodológica para la Evaluación del Impacto Ambiental. 4a ed. Mundi-Prensa. Madrid.
Freedman, B. (1995). Environmental ecology. The ecological effects of pollution, disturbance and other stresses. Academic Press, Inc. San Diego.
Garmendia, A., Salvador, A., Crespo, C., Garmendia, L. (2005). Evaluación de impacto Ambiental. Pearson-Prentice Hall, Madrid.
Vidal López, R. (2016). Evaluación del impacto ambiental. Ministerio de Educación, Cultura y Deporte. (Recurso electrónico).
Nesta materia o alumno adquirirá unha serie de competencias xenéricas e transversais como son:
CG1 - Coñecemento en materias básicas, científicas e tecnolóxicas que permitan unha aprendizaxe continua, así como unha capacidade de adaptación a novas situacións ou entornos cambiantes.
CG5 - Capacidade para desenvolver as súas actividades, asumindo un compromiso social, ético e ambiental en sintonía coa realidade do entorno humano e natural.
CT1 - Capacidade de análise e síntese
CT2 - Capacidade para o razoamento e a argumentación
CT3 - Capacidade de traballo individual, con actitude autocrítica
CT4 - Capacidade para traballar en grupo e abarcar situacións problemáticas de forma colectiva
CT5 - Capacidade para obter información adecuada, diversa e actualizada
CT6 - Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible
CT7 – Capacidade para realizar unha exposición en público de forma clara, concisa e coherente
CT8 – Compromiso de veracidade da información que ofrece aos demais
CT10 – Utilización de información bibliográfica e de Internet
CT11 – Utilización de información en lingua estranxeira
CT12 - Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos
Así como as seguintes competencias específicas:
CEG5 - Capacidade para a redacción e firma de estudios de desenvolvemento rural, de impacto ambiental e de xestión de residuos das industrias agroalimentarias, explotacións agrícolas e gandeiras, e espazos relacionados coa xardiñería e o paisaxismo.
CR5 - Capacidade para coñecer, comprender e utilizar os principios da Ecoloxía. Estudo de impacto ambiental: avaliación e corrección.
HJ7 - Capacidade para coñecer, comprender e utilizar os principios de lexislación e xestión ambiental; principios de desenvolvemento sustentable; estratexias de mercado do exercicio profesional; valoración de activos ambientais.
HJ8 - Capacidade para coñecer, comprender e utilizar os principios de hidroloxía. Erosión. Material vexetal: produción, uso e mantemento; ecosistemas e biodiversidade; medio físico e cambio climático. Análise, xestión e plans de ordenación territorial. Principios de paisaxismo. Ferramentas específicas de deseño e expresión gráfica; desenvolvemento práctico de estudos de impacto ambiental; proxectos de restauración ambiental e paisaxística; proxectos e plans de mantemento de zonas verdes; proxectos de desenvolvemento. Instrumentos para a ordenación do territorio e da paisaxe; xestión e planificación de proxectos e obras.
Empregaranse leccións maxistrais participativas para a presentación e desenvolvemento dos contidos teóricos.
Traballaranse as competencias: CG1, CG5, CT1, CT2, CT3, CT7, CT11, CEG5, CR5, HJ7, HJ8
Realizaranse seminarios para traballar sobre aspectos numéricos e aplicados relacionados coa teoría, e para familiarizarse con ferramentas informáticas de utilidade en ecoloxía. Traballaranse as competencias: CG1, CG5, CT1, CT2, CT3, CT4, CT7, CT11, CT12, CR5
Realizarase unha viaxe de prácticas, así como outras dúas prácticas de campo e/ou laboratorio. Traballaranse as competencias: CG1, CG5, CT1, CT2, CT3, CT4, CT12, CEG5, CR5, HJ8
As alumnas e alumnos terán a opción de realizar traballos relacionados cos contidos do curso. Traballaranse as competencias: CG1, CG5, CT1, CT2, CT3, CT4, CT5, CT6, CT8, CT10, CT11, CT12, CEG5, CR5
Farase uso do Campus Virtual para que o alumnado poda acceder aos materiais do curso, e tamén para a coordinación de actividades, e entrega de memorias. Traballaranse a competencia: CT10
Primeira Oportunidade
Traballos realizados polo alumnado. Estes traballos puntuarán en conxunto un 15% da nota final da materia. Con este apartado avaliaranse as competencias: CG1, CG5, CT1, CT2, CT5, CT6, CT8, CT10, CR5
Prácticas. O alumnado deberá presentar un informe de cada unha das prácticas realizadas. Este informe será avaliado xunto coa propia participación nas mesmas. Esta parte contará un 25% na nota final da materia. Se non se realizan as prácticas e/ou as memorias correspondentes no período estipulado en cada caso perderase esta parte da puntuación final. Con este apartado avaliaranse as competencias: CG1, CG5, CT1, CT2, CT3, CT4, CT5, CT6, CEG5, CR5, HJ8
Exame final. Ao acabar o semestre haberá un exame final no que se avaliará o coñecemento dos contidos sobre os que traballou no curso. A nota deste exame representará un 60% da nota final. Con esta proba avaliaranse as competencias: CG1, CT1, CT2, CT3, CT6, CT12, CR5, HJ7, HJ8.
Para poder facer media coas puntuacións obtidas noutros apartados, é necesario obter unha puntuación mínima de 3,5 sobre 10 tanto no apartado de prácticas como no exame.
Segunda oportunidade
Os criterios de avaliación serán os mesmos que na primeira oportunidade. No caso das prácticas non realizadas durante o curso poderase recuperar parte da puntuación presentando algún traballo alternativo relacionado coas prácticas.
Estudantes repetidores
Ao alumnado repetidor manteráselle a nota das prácticas durante dous cursos. O sistema de avaliación será o mesmo que para o resto do alumnado.
Dispensa de asistencia
No caso de alumnado con dispensa de asistencia, poderase suplir a asistencia a clases teóricas con titorías concertadas de xeito individual. Será necesaria a asistencia ás prácticas. O sistema de avaliación será o mesmo que para o resto do alumnado.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Lectura e preparación de temas: 30 h
Realización de exercicios e traballos: 30 horas
Preparación previa das prácticas e traballo posterior sobre as mesmas: 14 horas
Elaboración de probas de avaliación: 21 h
Esta materia forma parte da formación básica que o alumnado desta titulación precisa para o desenvolvemento da súa actividade futura, concretamente, do coñecemento do medio no que se desenvolverá esa actividade. A materia de Ecoloxía inclúe tanto aspectos teóricos como aplicados. É necesario ser capaz de relacionar ambos aspectos.
Polo tanto, o traballo persoal debe estar orientado á revisión dos conceptos e a poñer en relación o que se vai vendo durante o curso nas actividades presenciais; é importante revisar o material a medida que se vai presentando. Recoméndase acudir ás titorías para resolver as dúbidas que poidan aparecer.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
María Dolores Vázquez Castro
- Departamento
- Bioloxía Funcional
- Área
- Ecoloxía
- Correo electrónico
- mariadolores.vazquez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Martes | |||
---|---|---|---|
11:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 14 (Aulario 4) |
Venres | |||
13:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 14 (Aulario 4) |