Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Enxeñaría Agroforestal
Áreas: Enxeñaría Agroforestal
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
1. Dotar ó alumno dos fundamentos básicos da electrotecnia para así poder coñecer as aplicacións e necesidades do emprego das instalacións eléctricas.
2. Coñecer e comprender os elementos básicos dunha instalación eléctrica e a interacción entre eles.
3. Desenvolver proxectos de instalacións eléctricas dentro do ámbito da súas competencias.
Circuitos eléctricos: Corrente alterna senoidal. Sistemas monofásicos. (11h presenciais, 20 h non presenciais)
Sistemas trifásicos. Potencia e enerxía. (9 h presenciais, 30 h non presenciais)
Liñas eléctricas: Cálculo eléctrico de liñas e redes de distribución. (5 h presenciais, 11 h non presenciais)
Instalacions eléctricas: protección e seguridade. (6 h presenciais, 4 h non presenciais)
Regulamentos e normativa de obrigado cumprimento. (1 h presencial)
Luminotecnia. Lámpadas e luminarias. Instalacions de alumado. (8 h presenciais, 10 h non presenciais)
Máquinas eléctricas.. Transformadores. Máquinas rotativas (7 h presenciais, 18 h non presenciais)
Automatizacion e electrónica. (4 h presenciais, 2 h non presenciais)
Os anteriores contidos desenvólvense no seguinte temario:
Tema 1. Correntes alternas (4h presenciais, 6 h non presenciais)
- Concepto xeral das formas de onda
- Xeración e valores asociados ás formas de ondas senoidais. Lei de Faraday-Lenz
- Representación complexa dunha magnitude senoidal
- Expresión simbólica da Lei de Ohm
Tema 2. Circuítos simples con excitación senoidal. Métodos de cálculo. (3h presenciais, 7 h non presenciais)
- Resolución de circuítos formados por elementos pasivos simples
- Circuíto resistivo puro
- Circuíto capacitivo puro
- Circuíto indutivo puro
- Impedancia e admitancia complexa
- Análise de circuítos en serie e en paralelo
Tema 3. Potencia e enerxía no réxime estacionario senoidal (3h presenciais, 7 h non presenciais)
- Potencia e enerxía
- Potencia e energía nos elementos pasivos básicos
- Potencia instantánea, media e flutuante nun dipolo pasivo
- Potencias aparente e reactiva
- Potencia complexa. Teorema de Boucherot
- Factor de potencia e corrección do factor de potencia
Tema 4. Sistemas trifásicos (5h presenciais, 15 h non presenciais)
- Definicións
- Sistemas polifásicos empregados na práctica
- Xeración de tensións trifásicas
- Conexión de fontes en estrela equilibrada
- Conexión de cargas en estrela equilibrada
- Conexión de cargas en estrela desequilibrada: desprazamento do neutro
- Conexión de receptores monofásicos e trifásicos a un sistema trifásico de 4 fíos
- Conexión de cargas en triángulo
- Equivalencia estrela triángulo en sistemas equilibrados
Tema 5. Potencia en sistemas trifásicos (4h presenciais,15 h non presenciais)
- Potencia en cargas equilibradas conectadas en estrela
- Potencia en cargas equilibradas conectadas en triángulo
- Corrección do factor de potencia en sistemas trifásicos
- Medida da potencia en sistemas trifásicos equilibrados
Tema 6. Cálculo de liñas eléctricas (5h presenciais, 11 h non presenciais)
- Tipos, materiais e parámetros das liñas eléctricas
- Caída de tensión e diferenza de tensión
- Parámetros das liñas
- Especificacións regulamentarias
- Redes de distribución abertas
Tema 7. Luminotecnia (4h presenciais, 3 h non presenciais)
- Natureza da luz e principios fundamentais da luminotecnia
- Representación das magnitudes luminosas
- A produción da luz. Tipos de lámpadas
- Cálculo de sistemas de iluminación interior
- Cálculo de sistemas de iluminación exterior: superficies e vías públicas
Tema 8. Máquinas eléctricas (5h presenciais, 16 h non presenciais)
- Tipoloxías de máquinas eléctricas e fundamentos de funcionamento.
- Transformadores monofásicos : descripción e circuito equivalente
- Transformadores trifásicos.
- Máquina asíncrona : descripción e circuito equivalente
- Funcionamento das máquinas asíncronas
Tema 9. Instalacións eléctricas: compoñentes e instalacións de protección (3h presenciais, 4 h non presenciais)
- Introdución ás instalacións eléctricas. Partes
- Problemas térmicos das instalacións: sobrecargas e curtocircuítos
- Protección fronte aos problemas térmicos
- Proteccións das persoas.
- Elementos auxiliares: tubos, bandexas, armarios de distribución, etc.
- Baterías de condensadores
- Deseño de instalacións eléctricas.
- Xestión e optimización da utilización da enerxía eléctrica.
Temario práctico
1. Descripción de material a utilizar e montaxe experimental de arranque directo dun motor trifásico utilizando pulsadores. Medición de magnitudes asociadas. (2 h presenciais, 1 h non presencial)
2. Montaxe experimental de inversión de sentido de xiro dun motor trifásico. (2 h presenciais, 1 h non presencial)
3. Montaxe experimental de arranque estrela-triángulo e medida de magnitudes. (2 h presenciais, 1 h non presencial)
4. Montaxe experimental de combinacións de detectores básicos e autómata programable (2 h presenciais, 2 h non presenciais)
5. Dimensionamento de alumado interior utilizando software Dialux. (2 h presenciais, 3 h non presenciais)
6. Dimensionamento de alumado de vías públicas utilizando software Dialux. (2 h presenciais, 3 h non presenciais)
Bibliografía básica
1. Fernández, Mª D., González, M.A. y Rodríguez, M.R. “Fundamentos de electrotecnia.” Unicopia campus de Lugo, S.L. 2004.
2. Fraile, J. 2003. Máquinas Eléctricas. UPM.
3. Luna L., García J.L., Adrados C., García E., Gutiérrez, R.P., Gutiérrez J.L., de la Plaza S. “Instalaciones eléctricas de baja tensión en el sector agrario y agroalimentario.”
Mundi-Prensa. 2008
Bibliografía Complementaria
4. Fraile Mora, Jesús. Electromagnetismo y Circuitos Eléctricos. Colegio de ingenieros de Caminos Canales y Puertos. Colección Escuelas. Madrid. 1993.
5. De la Plaza Pérez, Saturnino. Electrotecnia y Electrificación Rural. Tomos I,II y III. ETSIA. Madrid, 1992
6. Fraile Mora, Jesús. Introducción a las instalaciones eléctricas. Colegio de ingenieros de Caminos Canales y Puertos. Colección Escuelas. Madrid. 1993.
7. Comité español de iluminación “Libro blanco de la iluminación” , 7 tomos. Madrid, 2013.
8. García Trasancos J., “Instalaciones eléctricas en media y baja tensión”, Paraninfo. Madrid, 2002. 392 pax.
9. Moreno, N. y Cano, R.García Trasancos J., “Instalaciones eléctricas de baja tensión”, Thomson. Madrid, 2004. 301 pax.
10. Torres, José Luis., “Sistemas de instalación en baja tensión”, AENOR ediciones. Madrid, 2006. 250 pax.
11. RBT. Reglamento electrotécnico para baja tensión e instruccións técnicas complementarias.
12. Normas Particulares para las Instalaciones de Enlace en el Suministro de Energía Eléctrica en Baja tensión.
13. Conejo, A.J. e outros “Instalaciones eléctricas”. Mc Graw Hill. 2007
Competencias básicas
-CB4 : Que os e as estudantes podan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
Competencias xerais
- CG1 : Capacitación científico-técnica para o exercicio da profesión de Enxeñeiro Técnico de Obras Públicas e coñecimiento das funcións de asesoría, análise, deseño, cálculo, proxecto, construcción, mantenimento, conservación e explotación.
- CG2 : Comprensión dos múltiples condicionamentos de carácter técnico e legal que se plantexan na construcción duhna obra pública, e capacidade para empregar métodos contrastados e tecnoloxías acreditadas, coa finalidade de conseguir a maior eficacia na construcción dentro do respeto polo medio ambiente e a protección da seguridade e saude dos traballadores e usuarios da obra pública.
Competencias específicas
- CECC10 : Coñecementos fundamentais sobre o sistema eléctrico de potencia: xeración de enerxía, reparto e distribución, así como os tipos de liñas e conductores. Coñecemento sobre a normativa de baixa e alta tensión.
Competencias transversais
- CT1: Capacidade de análise e de síntese
- CT4 : Capacidade para traballar en grupo e abarcar situacións problemáticas de
xeito colectivo.
- CT9: Habilidade no manexo de TICs
Materia cuadrimestral, coa seguinte distribución horaria e metodoloxía en cada caso:
- 36 horas expositivas realizadas en aula onde se explicarán conceptos teóricos e se resolverán exercícios. (CG1, CG2, CECC10, CT1 , CT9 )
- 3 horas de titorias en pequenos grupos distribuidas nas semanas de docencia expositiva e interactiva (CECC10, CT1 , CT4, CT9 )
- 12 horas interativas de seminarios prácticos realizadas na aula de informática e no laboratorio de electrotecnia, onde a metodoloxía será a seguinte: breve explicación do traballo para desenvolver e realización do traballo por parte do alumno. (CB4, CT4, CT9)
- Apoio á docencia mediante campus virtual, onde figurarán : o temario, transparencias, horarios prácticas, boletins de problemas... dispón dun foro onde se poderán facer consultas de dúbidas que complementarán as titorías presenciais (CT1, CT9, CECC10)
A avaliación constará de 3 apartados :
a). Avaliación das prácticas (10% da cualificación final). As prácticas avaliaranse mediante a asistencia e a presentación dunha memória final, tendo un 10 % de peso sobre a cualificación final da matéria. Aquelas persoas que non asistan ás prácticas non poderán presentar a memória final, e a cualificación deste apartado será de 0 puntos. A realización das memorias finais en lingua inglesa, será bonificada até 0,5 ptos (dependendo da cualidade e da extensión) sobre a nota final unha vez acadada a nota de aprobado no total da materia.
b). Realización de exercicios e resolución de cuestións teóricas na aula (20% da cualificación final). Plantexaranse pequenos exercicios e tests de cuestións teóricas en varias ocasións ao longo do curso. Para elo utilizaranse os dias de titorías en pequenos grupos e algún día de seminarios. Avisarase con varios dias de antelación as datas concretas e os temas a traballar.
Dentro deste apartado poderase incluir a realización de resumes e comentarios de artigos de revistas internacionais (habitualmente en inglés) relacionadas con luminotecnia, sobre temas avanzados de actualidade (alumado viario, aforro enerxético, leds, …)
c). Exames final e parcial (70% da cualificación final). Realizarse un exame final e un exame parcial optativo. Os exames constarán dunha parte de teoría e outra de exercicios (20-30 % teoria, 70-80% exercícios), sendo obrigatorio acadar como mínimo o 25 % da puntuación de cada exercício para aprobar o exame. O exame parcial terá un peso do 35 % do total da cualificación final e o exame final da convocatória ordinária terá un peso do 35 % de dita cualificación. Neste caso no exame final avaliarase únicamente a parte da matéria non avaliada no exame parcial. As persoas que non desexen facer o exame parcial, ou que non o superen, poderanse presentar ao exame final de toda a materia sendo o seu valor neste caso do 70 % da cualificación final.
A nota mínima do exame final terá que ser de 4 puntos sobre 10.
Os apartados a e b non son de realización obrigatória. É dicir a materia pódese superar se se acada o 50 % da cualificación final (a suma do total dos tres apartados) no exame final.
Para a segunda oportunidade rexerán as mesmas condicións que para a convocatória ordinária.
O alunado repetidor poderá asistir ás clases teóricas e de problemas cando o estimen oportuno. Ademais, poderanse presentar a todos os exames e provas que se realicen para as persoas de primeira matrícula.
As prácticas terán validez durante dous cursos académicos desde a sua realización, polo que non se terán que repetir neste periodo.
O alunado que teñan dispensa de asistencia a clase nas condicións que sinala a Orde 1/2017 de Secretaría Xeral da USC, para aprobar a materia deberanse presentar ao exame final nas datas oficiais, sendo esta puntuación o 90 % da nota. No caso de non asistencia ás prácticas, poderán realizar un exame de prácticas no laboratorio que terá un valor do 10 % da nota global. En calquera caso deberán contactar co profesor para decidir os aspectos concretos da avaliación.
O alunado de planes en extinción será avaliado coas condicións do curso vixente. Para o caso das prácticas, tomarase a nota do último curso presencial que cursaron. No caso de que o desexen, poderán tamén facer as prácticas no curso actual, considerando neste caso a nota destas últimas prácticas.
Para os casos de realización fraudulente dos exercicios e provas, aplicarase o recollido na Normativa de avaliación do rendiemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Relación entre sistemas de avaliación e competencias avaliadas.
Proba ou probas, orais e/ou escritas (70 %): competencias CG1, CG2, CECC10 e CT!
Traballos entregados e/ou expostos (30 %): competencias CG1, CG2, CB4 e CT1, CT4 e CT9
Presencial:
- Asistencia a clases de expositivas e seminarios: 36 horas
- Realización da seminarios prácticos en grupo, seguindo as indicacións do profesor e atendendo ás medidas de seguridade: 12 horas
- Asistencia a titorías en pequenos grupos para realizar traballo colectivo de discusión de dúbidas e dificultades : 3 horas
Non presencial:
- Estudo dos contidos teóricos e traballo persoal para coñecer, comprender e sintetizar os coñecementos impartidos na materia: 45 horas
- Aplicación dos coñecementos teóricos a exercicios prácticos e resolución de exercicios prácticos: 35 horas
- Asociación de contidos teóricos aos seminarios prácticos realizados mediante a resolución de cuestións propostas: 15 horas
Avaliación:
- Realización de probas escritas de coñecemento e comprensión da materia, resolución de problemas e cuestións: 4 h
- Asistencia e participación nas clases, seminarios e prácticas.
- Dedicación regular ao estudo teórico e realización de exercicios e cuestións propostas.
- Uso das titorías e campus virtual para a consulta das dúbidas que xurdan do estudo da materia cando se requira.
A matéria impartirase en língua galega
Miguel Angel Gonzalez Garcia
Coordinador/a- Departamento
- Enxeñaría Agroforestal
- Área
- Enxeñaría Agroforestal
- Correo electrónico
- miguelangel.gonzalez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade