Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.25 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Enxeñaría Agroforestal
Áreas: Enxeñaría Agroforestal
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Procurarase o coñecemento de aspectos ambientais relacionados coas infraestruturas e a urbanización do espazo público urbano, como a xestión de residuos, o ruído e a contaminación atmosférica. Preténdese asemada que o Graduado en Enxeñaría Civil complete a formación necesaria para a planificación, proxeto, construción, mantemento e xestión de infraestruturas relacionadas co tratamento da auga.
Os contidos que aparecen na memoria do título son os seguintes:
• Residuos sólidos.
• Contaminación atmosférica e acústica.
• Complementos aos tratamentos de auga.
Estes contidos elaboraranse segundo a axenda teórico-práctica que se especifica a continuación (as horas asignadas son indicativas).
Contidos teóricos:
Complementos aos tratamentos de auga (DP = 13h, DNP = 28.5h):
a) Depuración de pequenas entidades de poboación (DP = 9h, DNP = 19.5h)
b) Tratamentos avanzados de lodos (DP = 4 h, DNP = 9 h)
Contaminación ambiental (DP = 2h, DNP = 5h)
Contaminación acústica (DP = 2h, DNP = 5h)
Residuos sólidos (DP = 1 h, DNP = 3 h)
Contidos prácticos:
Complementos aos tratamentos de auga (DP = 12h, DNP = 18h):
a) Depuración de pequenas entidades de poboación (DP = 9h, DNP = 12h)
b) Tratamantos avanzados de lodos (DP = 3h, DNP = 6h)
Contaminación ambiental (DP = 1 h, DNP = 5 h)
Contaminación acústica (DP = 1 h, DNP = 5 h)
Residuos sólidos (DP = 1 h, DNP = 5 h)
Visita a pequena planta de tratamento de auga (DP = 3 h)
Bibliografía básica:
• Degrémont (Suez); (1991). Water treatment handbook. (2 Vol.) Degremont S.A. ISBN: 2950398413
• CEDEX ;(2011). Manual para la implantación de sistemas de depuración en pequeñas poblaciones. Edita Ministerio de M. A. A. y M. ISBN: 978-84-491-1071-9
• Domínguez, M. e Barral, T., 2004. A xestión dos residuos sólidos municipais: o compost. Concellaría de Medioambiente. Concello de Santiago de Compostela.
• Droste, Ronald L.; (1997) Theory and practice of water and wastewater treatment. Editions Wiley. ISBN: 0-471-12444-3.
• European Commission (2001) Guide Extensive wastewater treatment process https://ec.europa.eu/environment/water/water-urbanwaste/info/pdf/waterg…
• GAIA. Plataforma Galega de Información Ambiental. https://gaia.xunta.es/plataforma/temas/contaminacion-acustica
• MeteoGalicia. Calidade do aire. https://www.meteogalicia.gal/
• Tejero, I., Suárez, J., Jácome A., y Temprano J.; (2004) Ingeniería sanitaria y ambiental (dos Volúmenes) Editado por: E.T.S. de Ing. de Caminos de Santander. Universidad de Cantabria. ISBN: 84-607-0983-3
• Trapote Jaume, Arturo; (2011). Depuración de aguas residuales urbanas. Publicaciones Universidad de Alicante. Unión de editoriales universitarias Españolas (UNE) ISBN: 978-84-9717-4
Bibliografía complementaria
• American Water Works Association (AWWA); (2002). Manual de calidad y tratamiento del agua. Ed McGraw – Hill. ISBN: 8448132106
• Dègremont; (1979). Manual Técnico del agua. Ediciones Urmo, S.A.. ISBN: 9788431460396
• Kreith, F. (1999). Handbook of solid waste management.
• Hernández Muñoz, Aurelio; (1996). Depuración de aguas residuales. C. O. de Ingenieros de Caminos, Canales y Puertos. Colección senior, Ed. Paraninfo; Madrid. ISBN: 84-380-0051-7
• Hernández Muñoz, A., Hernández Lehmann.A., Galán Martínez. P.; (2000). Manual de depuración de Uralita. Ed. Paraninfo. ISBN:84-283-2162-0
• Metcalf-Eddy; (1995). Ingeniería sanitaria: tratamiento, evacuación y reutilización de aguas, Editorial Labor; Barcelona; ISBN 84-335-6421-8
Dentro da táboa de competencias deseñada para o título, traballaranse as seguintes competencias xerais:
CG1- Formación científico-técnica para o exercicio da profesión de Enxeñeiro Técnico de Obras Públicas e coñecemento das funcións de consultoría, análise, deseño, cálculo, proxecto, construción, mantemento, conservación e explotación
CG2 - Comprensión das múltiples condicións técnicas e legais que xorden na construción dunha obra pública, e a capacidade de utilizar métodos contrastados e tecnoloxías acreditadas, co fin de conseguir a maior eficiencia na construción respectando o medio ambiente e a protección da seguridade e saúde dos traballadores e usuarios de obras públicas
CG3 - Coñecemento, comprensión e capacidade para aplicar a lexislación necesaria durante o exercicio da profesión de Enxeñeiro Técnico de Obras Públicas.
A continuación figuran as competencias específicas que indican aquelas materias coas que se comparte a adquisición das devanditas competencias:
CETEH2 - Coñecemento e comprensión do funcionamento dos ecosistemas e factores ambientais (competencia compartida coa Enxeñaría e a Ecoloxía dos Sistemas Costeiros).
CETEH3 - Coñecemento de proxectos de servizos urbáns relacionados coa distribución e o saneamento da auga (competencia compartida cos servizos urbanos).
CETEH4 - Coñecemento e comprensión dos sistemas de abastecemento e saneamento, así como o seu dimensionamento, construción e conservación (competencia compartida con Abastecemento e Saneamento).
As competencias transversais nas que se traballan son:
CT1 - Capacidade de análise e síntese
CT2 - Capacidade de razoar e argumentar
CT6 - Capacidade para preparar e presentar un texto organizado e comprensible
CT7 - Capacidade de facer unha presentación pública dun xeito claro, conciso e coherente
A impartición da materia distribuirase do seguinte xeito:
Clases expositivas (18 horas) nas que se desenvolverán os conceptos teóricos necesarios para a comprensión da materia. Tamén se facilitará, a través da USC virtual, o material empregado na exposición das clases teóricas, así como outro material complementario que se considere interesante (competencias CG1, CG2, CG3, CETEH2, CETEH3, CTEH4, CT1) (Clases maxistrais participativas Seminarios e conferencias e uso de pizarras clásicas e dixitais. Uso da aula virtual).
Actividades en seminarios (9 horas) nos que se realizarán exercicios prácticos dirixidos a unha mellor comprensión do tema e se realizarán en pequenos grupos. (competencias CETEH3, CTEH4, CT1, CT2 e CT6) (Resolución de problemas. Preparación e presentación de traballo/s de curso)
As prácticas (pequenos grupos) (9 horas) darán pautas para a realización do traballo. Esta sección inclúe a realización de viaxes prácticas que inclúen a visita a polo menos unha estación depuradora co uso de sistemas de tratamento extensivo. (Competencias CETEH3, CTEH4, CT1, CT2, CT6 e CT7) (Prácticas de laboratorio ou de campo. Prácticas de aula de informática, Visitas técnicas a empresas e institucións e Presentación por ordenador)
Titorías en grupos pequenos (grupos moi pequenos) disponse de 2 horas para aclarar as dúbidas que poidan existir nos diferentes temas tratados na materia (CT1 e CT2) (Titorías individuais e de grupo)
Así mesmo, os estudantes teñen a posibilidade de asistir a titorías individuais sempre que o consideren oportuno e no momento en que o profesorado ten habilitado para este aspecto (titorías individualizadas e en grupo). Tamén será posible usar as plataformas que proporciona a Universidade para consultas.
A asistencia a clases expositivas, seminarios, prácticas e titorías en pequenos grupos será obrigatoria para aprobar a materia.
Para aprobar a materia será necesario completar tres tarefas como se especifica a continuación:
a) Deseño e cálculo dunha planta de tratamento dun pequeno núcleo. A nota obtida representará o 60%
b) Estudo ambiental e acústico dunha entidade de poboación galega. 35%
c) Avaliación de artigos científicos en inglés sobre tratamento de lodos. 5%
Todos os traballos precisarán da entrega dun documento escrito e a exposición oral do traballo, nesta exposición os profesores poderán facer preguntas ou solicitar aclaracións. O peso destes problemas na clasificación será:
a) Informes escritos do traballo realizado 50%
b) Exposición e defensa do 50%
Na segunda oportunidade, na data oficial establecida polo centro, celebrarase a exposición e defensa dos traballos non presentados durante o curso, así como das que non fixeron a súa presentación e defensa durante o período e datas establecidas para a primeira oportunidade.
O procedemento será similar no caso de alumnos repetidores.
Os estudantes que teñan dispensa de asistencia a algunha de las actividades programadas por traballo o conciliación familiar, para la superación de la materia realizarán os traballos de curso e superar o exame (da forma que se detalla enriba), aínda que estará liberado da asistencia á viaxe de prácticas.
A avaliación de competencias realízase do seguinte xeito:
Preparación de traballos e defensa oral dos mesmos CG1, CG2, CG3, CETEH2, CETEH3 e CETEH4, CT1, CT2, CT6 e CT7.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Horario presencial:
Ensino expositivo 18
Prácticas 9
Seminarios (inclúe traballos) 9
Titoría de pequenos grupos 2
Exame 4
Horario de traballo persoal do estudante:
Lectura e preparación de temas 27
Realización dos exercicios 9
Preparación dos traballos de curso 20
Preparación de probas de avaliación 14.5
Horas totais de adicación: 112,5
Recoméndase a asistencia participativa e activa ás clases, así como un estudo continuado paralelo ao progreso da materia.
Para completar o contido e reforzar a aprendizaxe, é conveniente empregar polo menos a bibliografía recomendada.
Maria Teresa Teijeiro Rodriguez
Coordinador/a- Departamento
- Enxeñaría Agroforestal
- Área
- Enxeñaría Agroforestal
- Correo electrónico
- mteresa.teijeiro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Escola Universitaria