Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Enxeñaría Agroforestal
Áreas: Enxeñaría do Terreo
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Coñecementos:
Comprender e manexar con claridade os principios básicos da Mecánica de Solos e de Rochas, así como a terminoloxía que lles é propia.
Entender os condicionantes que introduce a xeotecnia nos estudios, proxectos, construcións e explotacións onde sexa necesario efectuar movementos de terras, cimentacións e estruturas de contención.
Sentar as bases físicas e mecánicas para o deseño e construción de obras xeotécnicas.
Coñecer os procedementos construtivos e a maquinaria de construción habituais en Enxeñaría Civil relacionados co terreo. Comprender os principios para o deseño e construción de obras de terra de Infraestruturas Lineais, como Estradas e Ferrocarrís.
Aptitudes:
Saber aplicar os coñecementos teóricos á resolución de problemas prácticos.
Coñecer e adquirir destreza na realización dos ensaios máis habituais nun laboratorio xeotécnico.
Acostumarse ao manexo de bibliografía, de normativa específica e Internet.
Establecer valoracións obxectivas entre as diferentes posibilidades de afrontar un problema.
Actitudes:
Alimentar a súa curiosidade e interese pola observación, interpretación e coñecemento dos fenómenos físicos e mecánicos de solos e rochas.
Estimular unha actitude activa e o esforzo persoal.
Practicar o razonamento correcto.
Fomentar o traballo en equipo.
Contidos
A memoria do título contempla para esta materia os seguintes contidos:
Descrición e clasificación de solos en Enxeñaría Civil.
Mecánica de solos: estados tensionais, modelos constitutivos.
Fluxo de auga en solos saturados.
Consolidación.
Resistencia ao corte de solos.
Mecánica de rochas. Fluxo en macizos rochosos.
Técnicas de recoñecemento do terreo.
Estes contidos desenvólvense segundo o seguinte temario, no que se indican de maneira aproximada as horas presenciais (expositivas HE, de seminario HS, de laboratorio HL e de titorías de grupos reducidos TGR) e de traballo do estudante (TE):
TEORÍA
TEMA 1: INTRODUCIÓN Á ENXEÑARÍA DO TERREO (2 HE; 2h TE)
Conceptos de solo, rocha, macizo rochoso. Problemas xerados polos solos na Enxeñaría. Resumo histórico da mecánica de solos
TEMA 2: ORIXE, DESCRICIÓN E CLASIFICACIÓN DE SOLOS (4 HE; 10h TE)
Orixe dos solos. Propiedades índice dos solos: volume de ocos, humidade, pesos específicos, grado de saturación. Relación entre variables. O diagrama de fases dun solo. Granulometría: Ensaio de tamizado e ensaio de sedimentación. Estudo da curva granulométrica. Plasticidade: Determinación de límites de Atterberg. Gráfico de plasticidade de Casagrande. Identificación e descrición xeotécnica de solos. Métodos máis comúns de clasificación xeotécnica de solos. Compactación: Definición, ensaios Proctor e Proctor modificado.
TEMA 3: ESTADOS TENSIONAIS DO TERREO (4 HE; 10h TE)
Tensión e deformación. Lei de Terzaghi: principio das tensiones efectivas. Lei de Hooke. Deformación plana e tensión plana. Círculos de Mohr. Tensións in situ. Criterio de rotura de Mohr-Coulomb. Relacións tensión deformación en solos. Modelos constitutivos habituais en mecánica de solos. Modelos elásticos: análise en servicio. Modelos plásticos: análise en rotura.
TEMA 4: FLUXO DE AUGA EN SOLOS SATURADOS (4 HE; 10h TE)
Movemento da auga no solo. Lei de Darcy. A auga na zona capilar. Determinación da permeabilidade en laboratorio. Determinación da permeabilidade in situ. Fluxo en medios heteroxéneos e anisótropos. Ecuación xeral do fluxo en medios saturados. Resolución da ecuación de fluxo. Solucións analíticas, gráficas e numéricas. Sifonamento de solos.
TEMA 5: CONSOLIDACIÓN (4 HE; 10h TE)
O edómetro. Ensaio de consolidación unidimensional. Arxilas normalmente consolidadas e sobreconsolidadas. Teoría de Terzaghi para a consolidación. Cálculo de asentos a partir dos datos do ensaio edométrico. Coeficiente de consolidación: Método de Casagrande.
TEMA 6: RESISTENCIA AO CORTE (4 HE; 4h TE)
Criterio de rotura de Mohr-Coulomb. Cohesión e rozamento interno dun solo. Ensaio de corte directo. Ensaios drenados e non drenados en areas e arxilas. Ensaio de compresión triaxial. Ensaio de compresión simple ou non confinado.
TEMA 7: INTRODUCIÓN Á MECÁNICA DE ROCHAS. FLUXO EN MACIZOS ROCHOSOS (2 HE; 4h TE)
Descrición da rocha matriz: propiedades fundamentais. Descrición do macizo rochoso. Clasificacións xeomecánicas. Clasificación RMR. Clasificación Q. Resistencia e deformabilidade da rocha matriz. Resistencia e deformabilidade das discontinuidades. Criterio de rotura de Barton. Índices JRC e JCS. O criterio de rotura de Hoek & Brown.
Tipos de acuíferos. Ecuación do fluxo en acuíferos. Estimación da permeabilidade en macizos rochosos: hidráulica de pozos en réxime estacionario. Fluxo en macizos rochosos fracturados. Lei cúbica. Ensaios de campo para determinar a apertura das xuntas. Filtracións de auga en túneis.
TEMA 8: RECOÑECEMENTO DO TERREO (3h TGR; 10h TE)
Introdución. O estudo xeotécnico. Dimensionamento dos traballos de campo. Sondaxes e perforacións. Piezómetros: medidas de presións intersticiais. Ensaios de permeabilidade. Ensaios de penetración. Ensaio de molinete (“vane test”). Ensaio presiométrico. Ensaio de carga con placa. Prospeción xeofísica.
PRÁCTICAS
P1: Propiedades índice dos solos (3 HS; 2h TE)
P2: Granulometría e plasticidade (4 HL; 4h TE)
P3: Tensións e deformacións en solos (3 HS; 2h TE)
P4: Fluxo en solos saturados (2 HS; 4h TE)
P5: Determinación da permeabilidade en laboratorio (2 HL)
P5: Asentos en situacións edométricas (2 HS; 2h TE)
P6: Ensaio edométrico (3 HL; 5h TE)
P7: Resistencia ao corte de solos (2 HS; 2h TE)
P8: Ensaio de corte directo (3 HL; 4h TE)
Bibliografía básica
• Geotecnia y cimientos / José Antonio Jiménez Salas...[et al.]. Madrid: Rueda, D.L. 1975-1981
• Ingeniería Geológica. L. González de Vallejo, M. Ferrer, L. Ortuño y C. Oteo. Prentice Hall. 2002.
• Soil Mechanics in Engineering Practice. Terzaghi, K. y Peck, R.B. John Wiley & Sons, cop. New York 1948
• Geotecnia: ensayos de campo y de laboratorio. Madrid: AENOR, [1999]
• Mecánica de Suelos. Lambe, T.W. y Whitman, R.V., Limusa, 1991.
• Mecánica de las rocas. Serrano, Alcibíades. [Madrid]. Colegio de Ingenieros de Caminos, Canales y Puertos, Servicio de Publicaciones, 2000
• Engineering geology: Rock in engineering construction. Goodman, Richard E. New York [etc.]: John Wiley & Sons, cop. 1993
• Principles of geotechnical engineering. Das, Braja M. Pacific Grove (California): Brooks/Cole, cop. 2002
• El Terreno. González, M. Universidad Politécnica de Cataluña. Barcelona 2001
• Geotecnia. Reconocimiento del Terreno. Suriol, J., Lloret, A. y García, A. Universidad Politécnica de Cataluña. Barcelona, 1995.
Bibliografía complementaria
• Soil Mechanics. Verruijt, Arnold. Delft University of Technology, 2001.
https://ocw.tudelft.nl/wp-content/uploads/SoilMechBook.pdf
• Principios de ingeniería de cimentaciones. Das, Braja M. México International Thomson, 2001
• Ingeniería de cimentaciones: fundamentos e introducción al análisis geotécnico. Delgado Vargas, Manuel. México: Alfaomega, [1999]
• Curso aplicado de cimentaciones. Rodríguez Ortiz, J.M. et al. Colegio de Arquitectos de Madrid, 6 edición, 1995.
• Código Técnico de la Edificación: Libro 3: Seguridad Estructural: cimientos. Ministerio de Vivienda. Madrid 2006
• Guía de cimentaciones en obras de carreteras. Ministerio de Fomento, 2019
• Ingeniería del terreno / [editor Carlos López Jimeno; autores Javier Ariza Torres...(et al.)]. Colección Ingeoter. Madrid: U.D. Proyectos, [2002]
• Manual de túneles y obras subterráneas. Ed. López Jimeno, C. 2000
• Manual de técnicas de Mejora del Terreno. Bielza, A. 1999
• Guía para el proyecto y la ejecución de muros de escollera en obras de carretera. Ministerio de Fomento, 2006
• Guía para el diseño y la ejecución de anclajes al terreno en obras de carretera. Ministerio de Fomento, 2005
• Guía para el proyecto y la ejecución de muros de micropilotes en obras de carretera. Ministerio de Fomento, 2005
• Manual para el proyecto y ejecución de estructuras de suelo reforzado. Ministerio de Fomento, 1989
• Construcción de explanaciones, drenajes y cimentaciones. PG-3. Ministerio de Fomento 2002 y actualizaciones posteriores
Considérase que a materia de Grao permite a adquisición das competencias básicas CB-1 a CB-5 fixadas pola Orde Ministerial.
Xerais:
CG1. Capacitación científico-técnica para o exercicio da profesión de Enxeñeiro Técnico de Obras Públicas e coñecemento das funcións de asesoría, análise, deseño, cálculo, proxecto, construción, mantemento, conservación e explotación. (CG 1)
CG2. Comprensión dos múltiples condicionamentos de carácter técnico e legal que aparecen na construción dunha obra pública, e capacidade para empregar métodos contrastados e tecnoloxías acreditadas, coa finalidade de conseguir a maior eficacia na construción dentro do respeto polo medio ambiente e a protección da seguridade e saúde dos traballadores e usuarios da obra pública. (CG 2)
CG3. Coñecemento, comprensión e capacidade para aplicar a lexislación necesaria durante o exercicio da profesión de Enxeñeiro Técnico de Obras Públicas. (CG 3)
CG4. Capacidade para proxectar, inspeccionar e dirixir obras, no seu ámbito. (CG 4)
CG8. Capacidade para realizar estudos e deseñar captacións de augas superficiais ou subterráneas, no seu ámbito. (CG 8)
CG10. Coñecemento da historia da enxeñaría civil e capacitación para analizar e valora-las obras públicas en particular e a construción en xeral. (CG 10)
Específicas:
•CECC5. Coñecementos de xeotecnia e mecánica de solos e de rochas así como a súa aplicación no desarrollo de estudos, proxectos, construcións e explotacións onde sexa necesario efectuar movementos de terras, cimentacións e estruturas de contención.
•CTECC7. Capacidade para a construción de obras xeotécnicas.
•CECC12. Coñecemento dos procedementos construtivos, a maquinaria de construción e as técnicas de organización, medición e valoración de obras.
•CTECC4 / CTETSU1. Capacidade para a construción e conservación de estradas, así como para o dimensionamento, o proxecto e os elementos que compoñen as dotacións viarias básicas.
•CTECC5 / CTETSU2. Capacidade para a construción e conservación das liñas de ferrocarrís con coñecemento para aplica-la normativa técnica específica e diferenciando as características do material móbil.
Observacións sobre competencias:
As competencias CECC5 e CTECC7 adquírense tamén nas materias Obras Xeotécnicas 1 e Obras Xeotécnicas 2 do terceiro curso.
A competencia CTECC12 adquírese na materia Procedementos Xerais de Construción do terceiro curso e en Proxectos de Enxeñaría Civil de cuarto curso.
As competencias CTECC4 / CTETSU1 e CTECC5 / CTETSU2 adquírense soamente de maneira parcial nesta materia, nos aspectos relacionados coa Xeotecnia Vial, (tamén recollidos en Obras Xeotécnicas 2). A adquisición da competencia realízase na materias Deseño e construción de Obras Lineais de segundo curso e nas optativas da mención de Transportes e Servizos Urbanos.
Transversais:
•CT1. Capacidade de análise e síntese.
•CT2. Capacidade para o razoamento e a argumentación.
•CT3. Capacidade de traballo individual, con actitude autocrítica.
•CT4. Capacidade para traballar en grupo e abarcar situacións problemáticas de forma colectiva.
•CT5. Capacidade para obter información adecuada, diversa e actualizada.
•CT6. Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible.
•CT7. Capacidade para realizar unha exposición en público de forma clara, concisa e coherente.
•CT8. Compromiso de veracidade da información que ofrece aos demais.
•CT9. Habilidade no manexo de TIC’s.
•CT10. Utilización de información bibliográfica e de Internet.
•CT11. Utilización de información en lingua estranxeira.
•CT12. Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos.
Todas as actividades presenciais están encamiñadas a traballar as competencias básicas, xerais e específicas asignadas a esta materia. As competencias transversais trabállanse en función da metodoloxía empregada.
As actividades presenciais son de catro tipos:
-Clases expositivas (24h), fundamentalmente dedicadas a desenvolver os contidos teóricos da materia. Impártense na aula por parte do profesor mediante leccións maxistrais participativas, axudado de medios audiovisuais e coa utilización do encerado e apoiado nos apuntamentos facilitados previamente aos alumnos que deben facer traballo autónomo e estudo independente antes e despois das sesións presenciais. Retransmítense e grávanse mediante a aplicación MS Teams.
Esas metodoloxías permiten traballar as seguintes competencias transversais:
CT1, CT2, CT3, CT5, CT9, CT10, CT11.
-Os seminarios en grupos reducidos de 20 alumnos (12h), que consisten en sesións prácticas ou clases interactivas, fundamentalmente dedicados á resolución de problemas, casos prácticos e proxectos. Os estudantes dispoñen de tempo para a resolución individual ou por grupos e a continuación o resolven no encerado. Ao finalizar a sesión entregan exercicios de control. Son actividades complementarias que permiten ao alumnado a posta a punto dos coñecementos adquiridos a traveso do traballo persoal e das clases de teoría. Retransmítense e grávanse mediante a aplicación MS Teams. Preséntanse exercicios de reforzo a entregar antes da proba final.
Esas metodoloxías permiten traballar as seguintes competencias transversais:
CT1, CT2, CT3, CT4, CT5, CT10, CT11, CT12.
-As prácticas de laboratorio (12h), en grupos reducidos de 20 alumnos, onde o alumnado prepara e realiza íntegramente varios ensaios de laboratorio habituais en mecánica de solos, incluíndo a preparación da mostra, do equipo de ensaio e a toma de datos, debendo redactar posteriormente de xeito autónomo un informe técnico cos resultados acadados e as conclusións que se poden obter. Retransmítense e grávanse mediante a aplicación MS Teams.
Esas metodoloxías permiten traballar as seguintes competencias transversais:
CT1, CT2, CT3, CT4, CT5, CT8, CT9, CT10, CT11, CT12.
-As titorías en grupo (3h), con non máis de 10 alumnos/as, e tamén individuais onde o alumnado pode discutir, comentar, aclarar ou resolver cuestións concretas en relación coas súas tarefas dentro da materia (recompilación de información, preparación de probas de avaliación, traballos...). Poden desenvolverse tamén de xeito telemático síncrono mediante a aplicación MS Teams.
Nesta materia esíxese a entrega dun Informe Xeotécnico sobre un proxecto básico de trazado dunha estrada. A redacción do Informe Xeotécnico realízase en grupos de 4-5 alumnos. O traballo formúlase nas primeiras titorías de grupos reducidos, faise seguimento na metade do semestre e se entrega, defende e avalía nas últimas sesións do semestre mediante una exposición pública.
Esas metodoloxías permiten traballar as seguintes competencias transversais:
CT1, CT2, CT3, CT4, CT5, CT6, CT7, CT8, CT9, CT10, CT11, CT12.
Como apoio á materia proporciónase ao alumnado material docente adecuado mediante o Campus Virtual e MS Teams.
O traballo individual do alumno sobre o material proporcionado, que debe estudar, resumir, contrastar ou ampliar con outras referencias bibliográficas permite traballar as seguintes competencias transversais:
CT1, CT2, CT3, CT5, CT6, CT9, CT10, CT11
Na materia prográmase a viaxe de estudos do segundo curso do Grao, de asistencia non obrigatoria e non avaliable.
Actividades de avaliación
•Asistencia e participación: a asistencia ás sesións presenciais é obrigatoria. Faise o seguimento da asistencia a traveso dun anecdotario, no que se rexistra tamén a participación do estudante na clase.
•Tarefas de seguimento: ao finalizar as sesións expositivas, formúlase una tarefa semanal breve na que os estudantes teñen que buscar información relevante relacionada cos contidos tratados. Xeralmente trátase dun caso de estudo. Parte destas tarefas poderán incorporar contidos en inglés ou outra lingua estranxeira.
•Actividades interactivas dos seminarios: nas sesións interactivas nas que se resolven prácticas, os alumnos, en grupos, dispoñen de tempo para formular a resolución de exercicios e casos prácticos e a continuación, baixo a supervisión do profesor, expoñer as súas conclusións.
•Informe das prácticas de laboratorio: cos ensaios de laboratorio realizados e os datos obtidos, os estudantes elaboran un informe no que ademais do procesado dos datos e a obtencións dos parámetros xeotécnicos, deben analizalos e expoñer as súas conclusións.
•Informe xeotécnico: trátase de recompilar os datos xeolóxicos e xeotécnicos na zona de estudo na que se proxecta o trazado dunha estrada. Ademais da busca de información en fontes fiables, o estudante debe planificar os recoñecementos do terreo axeitados para as actuacións que se deseñan.
•Proba final (4h): consiste nun exame teórico-práctico que se realiza ao rematar a docencia. A parte teórica consiste en definicións, preguntas curtas e temas a desenvolver. A parte práctica consiste na resolución de exercicios ou casos prácticos.
Avaliación de competencias
Todas as actividades docentes e de avaliación están orientadas á adquisición por parte dos estudantes das competencias básicas CB-1 a CB-5.
A asistencia e participación dos alumnos nas sesións presenciais, nas que se desenvolven os contidos teóricos e prácticos da materia permiten avaliar as competencias:
Xerais (todas): CG1, CG2, CG3, CG4, CG8, CG10
Específicas (todas): CECC5, CTECC7, CECC12, CTECC4 / CTETSU1, CTECC5 / CTETSU2
Transversais: CT1, CT2, CT7, CT8
As tarefas de seguimento nas os estudantes buscan información sobre casos prácticos relacionados coa materia permiten avaliar as competencias:
Xerais (todas): CG1, CG2, CG3, CG4, CG8, CG10
Específicas (todas): CECC5, CTECC7, CECC12, CTECC4 / CTETSU1, CTECC5 / CTETSU2
Transversais: CT1, CT2, CT3, CT5, CT6, CT8, CT9, CT10, CT11
As actividades realizadas nos seminarios interactivos, nas que os estudantes resolven os exercicios en grupos e posteriormente llos expoñen ao resto de compañeiros, permiten avaliar as competencias:
Xerais (todas): CG1, CG2, CG3, CG4, CG8, CG10
Específicas (todas): CECC5, CTECC7, CECC12, CTECC4 / CTETSU1, CTECC5 / CTETSU2
Transversais: CT1, CT2, CT4, CT7, CT8, CT12
A elaboración dos informes das prácticas de laboratorio, proceso no que os estudantes de xeito individual analizan o procedemento do ensaio e os resultados acadados, permiten avaliar as competencias:
Xerais (todas): CG1, CG2, CG3, CG4, CG8, CG10
Específicas (todas): CECC5, CTECC7, CECC12, CTECC4 / CTETSU1, CTECC5 / CTETSU2
Transversais: CT1, CT2, CT3, CT5, CT6, CT8, CT9, CT10, CT11, CT12
A elaboración do informe xeotécnico para o proxecto dunha infraestrutura lineal, proceso no que os estudantes en grupos buscan e analizan a información xeolóxica e xeotécnica dispoñible para a zona de estudo e planifican os recoñecementos que serían precisos, permite avaliar as competencias:
Xerais: CG1, CG2, CG3, CG4
Específicas (todas): CECC5, CTECC7, CECC12, CTECC4 / CTETSU1, CTECC5 / CTETSU2
Transversais: CT1, CT2, CT4, CT5, CT6, CT7, CT8, CT9, CT10, CT12
A realización da proba final, un exame de contidos teóricos a desenvolver e dunha parte práctica para a resolución de exercicios ou casos prácticos, permite avaliar as competencias:
Xerais: CG1, CG2, CG3, CG4
Específicas (todas): CECC5, CTECC7, CECC12, CTECC4 / CTETSU1, CTECC5 / CTETSU2
Transversais: CT1, CT2, CT3, CT6, CT12
Sistema de avaliación
A aprendizaxe e a adquisición das competencias asociadas axústase a unha avaliación continuada, para estimular ao alumnado a seguir o proceso e a involucrarse cada vez máis na súa propia formación.
A avaliación básease nos seguintes 6 apartados:
1) Asistencia obrigatoria ao 100% das clases presenciais.
2) Proba escrita. Dúas partes diferenciadas de teoría e práctica que fan media e en cada unha delas hai que obter unha nota mínima.
3) Entrega dos boletíns de exercicios e das prácticas resoltas en seminarios.
4) Aproveitamento das prácticas de laboratorio e entrega do informe.
5) Entrega e presentación do Informe Xeotécnico dunha Infraestructura Lineal.
6) Participación do alumnado nas actividades da aula e tarefas de seguemento.
Requisitos para a superación da materia:
-Nota mínima na proba escrita de 5 puntos sobre 10.
-Asistencia ao 100% das prácticas de laboratorio
-Exercicios coa cualificación de APTOS
-Informe de prácticas de laboratorio APTO
-Informe Xeotécnico APTO
Primeira oportunidade:
Para poder presentarse á proba escrita na primeira oportunidade os alumnos deben cumprir unha asistencia do 100% ás clases presenciais excepto faltas xustificadas.
O non cumprimento do requisito da nota mínima na proba escrita conlevará como nota final a nota da proba.
O non cumprimento dalgún dos restantes requisitos conlevará como nota final non presentado.
A cualificación final da materia obtense pola ponderación dos seguintes aspectos:
-Proba final 60%
-Informe de prácticas 10%
-Informe de prácticas de laboratorio 10%
-Informe Xeotécnico 10%
-Actividades de seguimento e participación nas actividades da aula 10%
A materia supérase cando a nota final é como mínimo de 5 puntos sobre 10.
Segunda oportunidade:
O non cumprimento do requisito da nota mínima na proba escrita conlevará como nota final a nota da proba.
O non cumprimento dalgún dos restantes requisitos conlevará como nota final non presentado.
A cualificación final da materia obtense pola ponderación dos seguintes aspectos:
-Proba final 70%
-Informe de prácticas 10%
-Informe de prácticas de laboratorio 10%
-Informe Xeotécnico 10%
A materia supérase cando a nota final é como mínimo de 5 puntos sobre 10.
Alumnos repetidores:
Aqueles alumnos que teñan cumprido o requisito de asistencia e de entrega de prácticas e informes nalgún dos dous cursos anteriores, soamente teñen que presentarse á proba escrita, sendo a cualificación final a ponderación seguinte:
-Proba final 70%
-Informe de prácticas 10%
-Informe de prácticas de laboratorio 10%
-Informe Xeotécnico 10%
En todo caso, aconséllase a asistencia, como mínimo, ás sesións prácticas e de laboratorio e o seguimento frecuente da materia a través das titorías e do Campus Virtual.
Alumnos con dispensa de asistencia:
Os estudantes que teñan concedida a dispensa de asistencia segundo o disposto na Instrucción 1/2017 da Secretaría Xeral, deben ter en conta que para aprobar a materia é obrigatoria a asistencia ás prácticas de laboratorio, sinaladas no horario de clases e programadas na Guía docente. Sendo a cualificación final a ponderación seguinte:
-Proba final 70%
-Informe de prácticas 10%
-Informe de prácticas de laboratorio 10%
-Informe Xeotécnico 10%
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Lectura e preparación de temas: 36h
Realización de exercicios: 12h
Preparación previa das prácticas e traballo posterior sobre as mesmas: 14h
Elaboración de traballos de curso: 10h
Preparación de probas de avaliación: 23h
Recoméndase a participación activa nas clases expositivas, seminarios e nas prácticas de laboratorio.
Esforzarse nos informes de prácticas e no Informe Xeotécnico.
Intentar resolver os exercicios previstos antes da resolución na clase.
Consultar a bibliografía específica recomendada para cada tema.
Utilizar e aproveitar as titorías, tanto as habituais como as programadas en grupo.
Carlos Nuñez Temes
Coordinador/a- Departamento
- Enxeñaría Agroforestal
- Área
- Enxeñaría do Terreo
- Correo electrónico
- carlos.nunez.temes [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a laboral fixo/a