Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Enxeñaría Agroforestal
Áreas: Enxeñaría Hidráulica
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Os obxectivos que se pretenden acadar nesta materia de acordo coa memoria de título son:
- Imbuír ao alumnado da importancia do medio litoral, a gran demanda de usos ós que está sometido —moitos deles en conflito entre si— e a súa vulnerabilidade.
- Coñecer os principios do funcionamento do sistema costeiro, facendo fincapé no seu carácter dinámico e na estreita interrelación entre os procesos litorais.
- Adquirir capacidades no emprego de ferramentas auxiliares esenciais ó servizo da Enxeñaría de Portos e Costas, tales como a modelaxe numérica.
- Coñecer os distintos tipos de actuacións na costa, sinalando as súas funcións, as súas limitacións e o seu campo de aplicación.
- Con base no coñecemento do sistema litoral e da interrelación entre os seus compoñentes, interiorizar a necesidade dunha Xestión Integral da Zona Costeira (XIZC).
A memoria de título contempla para esta materia os seguintes contidos:
Introdución á enxeñería de portos e costas
Fundamentos de meteoroloxía
Ondas: Caracterización. Transformación. Enerxía
Hidrodinámica
Morfodinámica
Tipos de actuación costeiras e portuarias
Usos do litoral
Estes contidos desenvólvense segundo o temario que se presenta a continuación, indicándose de modo orientativo o tempo dedicado a cada tema tanto de docencia presencial (DP) como non presencial (DNP):
Temario teórico:
Tema 1. Introdución á Enxeñaría de Portos e Costas (DP=2h; DNP=3h)
Principios e obxectivos. Tipos de actuacións costeiras. XIZC. Evolución e situación actual.
Tema 2. Ondas de gravidade (DP=6h; DNP=8h)
Conceptos. Teoría Lineal. Características cinemáticas e dinámicas. Enerxía e a súa propagación. Outras teorías de ondas.
Tema 3. Transformación de ondas (DP=4h; DNP=6h)
Conceptos. Asomeramento. Refracción. Difracción. Rotura.
Tema 4. Caracterización a curto prazo da ondada (DP=2h; DNP=4h)
Estado de mar. Análise no tempo. Distribución de Rayleigh. Análise espectral.
Tema 5. Caracterización a longo prazo da ondada (DP=2h; DNP=4h)
Réxime extremo. Réxime medio. Parámetros de deseño.
Tema 6. Meteoroloxía e clima marítimo (DP=2h; DNP=2h)
Fundamentos de meteoroloxía costeira. Xeración da ondada. Métodos paramétricos simples. Modelos espectrais.
Tema 7. Propagación da ondada (DP=2h; DNP=3h)
Metodoloxía xeral. Tipos de modelos numéricos. Modelos espectrais.
Tema 8. Mareas e niveis do mar (DP=4h; DNP=6h)
Teoría de Equilibrio. Teoría Dinámica. Análise armónico. Marea meteorolóxica. Variacións a longo prazo.
Temario práctico:
Práctica 1. Caracterización de ondas regulares (DP=2h; DNP=3h)
Práctica 2. Transformación de ondas regulares (DP=2h; DNP=3h)
Práctica 3. Análise da ondada a curto prazo (DP=4h; DNP=3h)
Práctica 4. Determinación do réxime extremo da ondada (DP=3h; DNP=4h)
Práctica 5. Ensaios experimentais en Enxeñaría de Portos e Costas (DP=1h; DNP=1h)
Práctica 6. Propagación da ondada (I). Aplicación e simulación de modelos (DP=6h; DNP=12h)
Práctica 7. Propagación da ondada (II). Obtención e análise de resultados (DP=6h; DNP=12h)
- Bibliografía básica:
Dean, R. G. & Dalrymple, R. A. Coastal Processes with Engineering Applications. Cambridge University Press, 2002.
Horikawa, K. Coastal Engineering. An introduction to Ocean Engineering. University of Tokyo Press, 1978.
Kamphuis, J. W. Introduction to Coastal Engineering and Management. World Scientific, 2000.
U.S. Army Corps of Engineers. Coastal Engineering Manual (6 vol). Washington, D.C., 2000.
- Bibliografía complementaria:
Dean, R. G., & Dalrymple, R. A. Water Wave Mechanics for Engineers and Scientists. World Scientific, 1991.
Goda, Y. Random Seas and Design of Maritime Structures. World Scientific, 2000.
Komar, P. D. Beach Processes and Sedimentation. Prentice Hall, 1998.
Van Rijn, L. Principles of Fluid Flow and Surface Waves in Rivers, Estuaries and Oceans. Aqua Publications, 1994.
- Material docente
Ademais do material que se facilitará ó alumnado para o axeitado seguimento tanto das clases expositivas coma dos seminarios interactivos, disporase das seguintes publicacións docentes:
Iglesias, G., Carballo, R. Mecánica Ondulatoria. Univ. Santiago de Compostela, 2011.
Carballo, R., Iglesias, G., Sánchez, M. Mareas. Univ. Santiago de Compostela, 2011.
López, M., Carballo, R. Análise a curto prazo da ondada. Univ. Santiago de Compostela, 2013.
López, M., Veigas, M., Carballo, R. Análise a longo prazo da ondada. Univ. Santiago de Compostela, 2013.
Veigas, M., López, M., Carballo, R., Iglesias, G. Vento e xeración de ondas. Santiago de Compostela, 2013.
Nesta materia, ademais das cinco competencias básicas (CB1 – CB5) fixadas por Orde Ministerial para alumnado de Grado, traballaranse as seguintes competencias xerais (CX), transversais (CT), e específicas (CE):
CX1. Capacitación científico-técnica para o exercicio da profesión de Enxeñeiro Técnico de Obras Públicas e coñecemento das funcións de asesoría, análise, deseño, cálculo, proxecto, construción, mantemento, conservación e explotación.
CT1: Capacidade de análise e síntese.
CT2: Capacidade para o razoamento e a argumentación.
CT3: Capacidade de traballo individual, con actitude autocrítica.
CT4: Capacidade para traballar en grupo e abarcar situacións problemáticas de forma colectiva.
CT5: Capacidade para obter información adecuada, diversa e actualizada.
CT6: Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible.
CT7: Capacidade para realizar unha exposición en público de forma clara, concisa e coherente.
CT8: Compromiso de veracidade da información que ofrece ós demais.
CT9: Habilidade no manexo de TICs.
CT10: Utilización de información bibliográfica e de Internet.
CT11: Utilización de información en lingua estranxeira.
CT12: Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos.
CETECC3. Capacidade para a construción e conservación de obras marítimas.
Esta competencia específica ademais de nesta materia, tamén se traballa nas materias Portos e Costas II, Obras Marítimas, Enxeñaría Portuaria e Enxeñaría de Costas.
As clases expositivas consistirán na presentación e desenvolvemento de contidos teóricos fundamentais da materia que se realizará mediante clases en grupos grandes e de carácter principalmente maxistral. O alumnado deberá dedicar un determinado tempo á preparación previa dos contidos que se tratarán na clase, así coma o seu estudio posterior. Co fin de fomentar o traballo diario do alumnado, contémplase a realización de actividades breves relativas a conceptos fundamentalmente teóricos vistos durante o desenvolvemento das clases expositivas, podendo incorporar contidos prácticos. As competencias traballadas nas clases expositivas son: CB1 – CB5, CX1, CT1 – CT12, CETECC3.
En canto ós seminarios interactivos / clases de laboratorio, estes concíbense coma un conxunto de actividades nas que a participación do alumnado é unha parte fundamental. Durante o seu desenvolvemento o alumnado resolverá exercicios e problemas, tanto de forma individual coma en grupos, o que lles permitirá poñer a punto e aplicar de forma práctica os coñecementos teóricos derivados das clases expositivas. En particular, o alumnado realizará un traballo de curso que consistirá na elaboración dun Anexo de Clima Marítimo no que se deberán determinar as condicións de ondada de deseño relativas a réxime extremo para unha actuación no litoral, para o que se empregarán técnicas de simulación numérica e datos de campo. Os resultados obtidos utilizaranse como datos de partida para a elaboración do traballo de curso da materia Obras Marítimas (4º curso). As competencias traballadas nas sesións de seminarios interactivos / clases de laboratorio son: CB1 – CB5, CX1, CT1 – CT12, CETECC3.
Asemade, indicarase ó alumnado a posibilidade de visitar un porto de especial relevancia na costa galega. Dita visita encádrase dentro da materia Explotación de Portos de 4º curso, sendo polo tanto optativa, sen carga docente e non avaliable para o alumnado da materia Portos e Costas I.
Finalmente, durante as titorías individuais e en grupo atenderase ó alumnado para discutir, comentar, aclarar e resolver cuestións concretas relativas a calquera contido e/ou actividade desenvolta na materia. As competencias traballadas nestas sesións son: CB1 – CB5, CX1, CT1 – CT12, CETECC3.
Recórrese a un sistema de avaliación no que se terán en consideración diferentes aspectos relacionados non só cos coñecementos finais adquiridos, senón tamén co propio proceso de aprendizaxe. En particular, na nota final da materia, teranse en conta os seguintes aspectos:
1) Participación
Sistema de avaliación: observación na aula e/ou participación en foros do campus virtual
Competencias: CB1 – CB5, CG1, CT1 – CT12, CETECC3
Peso: 10%
2) Realización de actividades
Sistema de avaliación: entrega de actividades realizadas na aula
Competencias: CB1 – CB5, CG1, CT1 – CT12, CETECC3
Peso: 10%
3) Traballo de curso
Sistema de avaliación: corrección dos documentos/ficheiros e/ou exposición
Competencias: CB1 – CB5, CG1, CT1 – CT12, CETECC3
Peso: 30% (nota mínima de 5 puntos sobre 10)
4) Proba final:
Sistema de avaliación: exame escrito que constará de preguntas e exercicios de carácter cuantitativo e cualitativo.
Competencias: CB1, CB2, CB3, CB5, CG1, CT1, CT2, CT6, CT12, CETECC3
Peso: 50% (nota mínima de 5 puntos sobre 10)
A materia superarase (1ª e 2ª oportunidade) cando a nota final sexa como mínimo de 5 puntos sobre 10, establecéndose do mesmo xeito unha nota mínima nos aspectos 3 (Traballo de curso) e 4 (Proba final) de 5 puntos sobre 10. No caso de alumnado cunha nota na Proba final inferior a 5, a súa cualificación corresponderase con dita nota. No caso de alumnado que superase a Proba final, pero obtivera unha nota inferior a 5 no Traballo de curso, a súa cualificación corresponderase coa media ponderada dos diferentes aspectos (1-4), non podendo exceder en ningún caso os 4 puntos. A nota obtida nos diferentes aspectos na 1ª oportunidade poderase conservar para a 2ª oportunidade; en caso contrario, deberá ser comunicado ó profesorado.
Os criterios a seguir para o alumnado repetidor serán análogos ós expresados anteriormente. Neste senso, o alumnado poderá conservar a nota obtida nos aspectos 1, 2 e 3, o que deberá ser informado ó profesorado coa maior antelación posible (en caso de non ser comunicado entenderase que o alumnado opta por realizar o proceso de avaliación establecido).
De xeito excepcional, en caso de existir a imposibilidade por parte do alumnado de asistir de forma continuada ás clases expositivas e de seminarios interactivos / clases de laboratorio, será preciso que se dirixa ó profesorado coa maior antelación posible, de modo que se lle poda indicar un método alternativo para a avaliación dos aspectos 1 e 2 (os aspectos 3 e 4 non poderán ser substituídos en ningún caso). Este método alternativo consistirá na realización dun traballo de curso adicional relacionado cos contidos teóricos e prácticos vistos na materia a través do cal quede reflectida a adquisición das competencias requiridas para este aspecto, e que deberá ser exposto ó profesorado. Os contidos específicos do traballo fixaranse tras unha titoría individual co alumnado. A avaliación do alumnado con dispensa de asistencia (Instrución 1/2017 da Secretaría Xeral) realizarase en todo caso a través deste método alternativo.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
De xeito orientativo proponse a seguinte distribución de horas non presenciais correspondentes ás diferentes actividades metodolóxicas propostas:
-Docencia presencial: 55 horas
Dentro da docencia presencial inclúense, ademais das horas correspondentes a horas expositivas e interactivas (48h), titorías en grupo (3h) e proba final (4h).
-Docencia non presencial: 95 horas
Dentro da docencia non presencial inclúense a lectura e preparación teórica de temas (36h), realización de exercicios (12h), elaboración do traballo de curso (24h) e preparación da proba final (23h).
- Asistencia ás sesións expositivas e interactivas.
- Estudo diario da materia.
- Realización das actividades programadas.
- Asistencia ás titorías para o seguimento e resolución de dúbidas.
Rodrigo Carballo Sanchez
Coordinador/a- Departamento
- Enxeñaría Agroforestal
- Área
- Enxeñaría Hidráulica
- Correo electrónico
- rodrigo.carballo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade