Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Enxeñaría Agroforestal
Áreas: Enxeñaría Cartográfica, Xeodésica e Fotogrametría
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Esta materia ten como obxectivo dar a coñecer os alumnos qué son os Sistemas de Información Xeográfica (SIX), como se implementan, cómo se utilizan e cales son as súas aplicacións. En definitiva, trátase de capacitar ao alumno para o emprego dos SIX na resolución de problemas de análise espacial.
A memoria do título contempla para esta materia os seguintes contidos:
- Introdución aos SIX: definición, compoñentes, modelos de datos, fontes de información.
-Modelado conceptual e estrutural da información xeográfica
-Bases de datos espaciais: deseño conceptual, lóxico e normalización
-Funcións dun SIX: entrada de datos, análise espacial en datos vectoriais, análise espacial de datos ráster, presentación da información.
-Deseño, análise, xestión e explotación de proxectos SIX.
Estes desenvolveranse ao longo do curso a través do seguinte programa de clases expositivas:
-Tema 1. Introdución aos SIX (2h presenciais e 3 h non presenciais)
-Tema 2. Modelos de representación de datos espaciais (2h presenciais e 3 h non presenciais)
-Tema 3. Bases de datos espaciais (2h presenciais e 3 h non presenciais)
-Tema 4. Medidas e consultas en espazo vectorial (2h presenciais e 3 h non presenciais)
-Tema 5. Operacións de superposición (2h presenciais e 3 h non presenciais)
-Tema 6. Análise de redes (2h presenciais e 3 h non presenciais)
-Tema 7. Operacións en espazo ráster (2h presenciais e 3 h non presenciais)
-Tema 8. Métodos de interpolación espacial (2h presenciais e 3 h non presenciais)
-Tema 9. Análise do terreo (2h presenciais e 3 h non presenciais)
-Tema 10. Operacións de entrada de datos (2h presenciais e 3 h non presenciais)
-Tema 11. Presentación da información (2h presenciais e 3 h non presenciais)
-Tema 12. Exemplos de aplicación (2h presenciais e 3 h non presenciais)
E o seguinte programa de clases prácticas en aula de informática:
-Práctica 1 - Familiarización co entorno SIX (4h presenciais e 8h non presenciais)
-Práctica 2 - Análise vectorial (4h presenciais e 8h non presenciais)
-Práctica 3 - Operacións en espazo ráster (4h presenciais e 8h non presenciais)
-Práctica 4 - Interpolación (4h presenciais e 8h non presenciais)
-Práctica 5 - Análise do terreo (4h presenciais e 8h non presenciais)
-Práctica 6 - Dixitalización de información (4h presenciais e 8h non presenciais)
Bibliografía básica
- Olaya Ferrero, Víctor, 2014. Sistemas de Información Geográfica.
- Longley, Paul A., Michael F. Goodchild, David J. Maguire e David W. Rhind, 2011. Geographic Information Systems and Science. Jonh Wiley & Sons.
- Pérez Navarro, A. (coord.), 2011. Introducción a los sistemas de información geográfica y geotelemática. Editorial UOC, Barcelona.
Bibliografía complementaria
- Longley, Paul A., Michael F. Goodchild, David J. Maguire e David W. Rhind (eds.), 2011. Geographic Information Systems and Science. Principles, Techniques, Applications and Management (2a ed.). Jonh Wiley & Sons.
- Heywood, Ian, Sarah Cornelius e Steve Carter, 2011. An Introduction to Geographical Information Systems (4a ed.). Pearson Education Limited.
- Neteler, Marcus e Helena Mitasova, 2008. Open Source GIS: a GRASS GIS Approach (3a ed.). Springer.
Durante o desenvolvemento da materia, espérase que os alumnos adquiran ou melloren o seu desempeño nas seguintes competencias:
Competencias transversais
CT5 - Capacidad para obtener información adecuada, diversa y actualizada
CT9 - Habilidad en el manejo de tecnologías de la información y de la comunicación (TIC)
CT12 - Capacidad para resolver problemas mediante la aplicación integrada de sus conocimientos
Competencias específicas
CO5 - Diseño, producción y difusión de la cartografía básica y temática. Implementación, gestión y explotación de Sistemas de Información Geográfica (SIG).
CO6 - Conocimientos y aplicación de los métodos y técnicas geomáticas en los ámbitos de las diferentes ingenierías.
O desenvolvemento da materia fará uso das seguintes metodoloxías docentes:
-Leccións maxistrais participativas (competencias C05, C06, CT12)
-Prácticas de aula informática (competencias CT5, CT9, C05, C06, CT12)
En calquera dos casos anteriores respectarase o horario oficial da materia (modo síncrono). Tamén en todos os casos, as metodoloxías citadas serán complementadas polas seguintes:
-Utilización da aula virtual (Moodle)
-Aprendizaxe baseado na resolución de casos prácticos e proxectos
-Titorías individualizadas e colectivas
-Traballo autónomo e estudio independente dos alumnos
-Avaliación de competencias mediante exercicios de control.
O sistema de avaliación consta de dúas compoñentes:
- Avaliación continua consistente na resolución de exercicios prácticos ao longo do curso (1ª oportunidade) ou proba práctica (2ª oportunidade). Suporá o 50% da cualificación final.
- Proba escrita complementaria da avaliación continua ou, no seu caso, da proba práctica. Suporá o 50% restante da cualificación final.
Será necesario acadar unha nota mínima de 4 puntos sobre 10 en ambas compoñentes da avaliación e 5 puntos sobre 10 no conxunto da materia para que esta se considere superada. Os estudantes que teñan superado (4/10) unha das dúas compoñentes da avaliación na primeira oportunidade non terán que repetila na segunda oportunidade. No caso de alumnos repetidores que teñan superada unha das partes conservarase a puntuación acadada nesa parte durante un novo curso académico, pero ofrecerase a posibilidade de repetir a avaliación se así o prefire.
A proba escrita avaliará as competencias CO5, CO6, CT12.
A avaliación continua ou, no seu caso, a proba práctica, avaliarán as competencias CT5, CT9, CT12, CO5, CO6.
As probas prácticas e probas escritas terán lugar en modo presencial no escenario 1 (Normalidade adaptada) e a través do campus virtual nos escenarios 2 (Distanciamento) e 3 (Peche das instalacións). A avaliación continua realizarase a través do campus virtual en calquera dos tres escenarios.
En caso de dispensa oficial, examinarase ao alumno cos mesmos criterios aplicados á docencia presencial.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Esta materia ten asignadas un total de 24 horas presenciais de contido teórico, 24 horas presenciais de contido práctico, 3 horas de titorías e 99 horas de traballo persoal.
Recoméndase que os alumnos dispoñan de acceso a un ordenador persoal no que instalar as aplicacións de análise utilizadas en clase para facilitar a realización das tarefas asignadas ao longo do curso.
Plan de contingencia: tal y como se detalla en los apartados correspondentes de esta guía docente, se contempla que en caso de aplicar el escenario 2 (Distanciamento), la totalidad de la evaluación tendrá lugar a través del campus virtual. En caso de aplicar el escenario 3 (Peche das instalacións), a esto se añadirá que la totalidad de la docencia se realizará mediante videoconferencia, en el horario de clase previsto. La docencia (presencial o por videoconferencia) será complementada, en cualquiera de los escenarios, por las herramientas y recursos disponibles en el campus virtual.
David Miranda Barros
Coordinador/a- Departamento
- Enxeñaría Agroforestal
- Área
- Enxeñaría Cartográfica, Xeodésica e Fotogrametría
- Teléfono
- 982822830
- Correo electrónico
- david.miranda [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Rocio Losada Iglesias
- Departamento
- Enxeñaría Agroforestal
- Área
- Enxeñaría Cartográfica, Xeodésica e Fotogrametría
- Correo electrónico
- rocio.losada.iglesias [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral USC