Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Enxeñaría Agroforestal
Áreas: Enxeñaría do Terreo
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Coñecementos:
Coñecer os condicionantes para a implantación no terreo de infraestruturas, construccións e edificacións proxectadas desde a enxeñaría.
Coñecer a información relevante do terreo e toda aquela relacionada xeográfica e económicamente con el, así como os procesos de transformación que sufriu o relevo.
Aptitudes:
Acostumarse ao manexo de bibliografía, de normativa específica e Internet.
Establecer valoracións obxectivas entre as diferentes posibilidades de afrontar un problema.
Actitudes:
Alimentar a súa curiosidade e interés pola observación, interpretación e coñecemento dos fenómenos físicos da Terra.
Estimular unha actitude activa e o esforzo persoal.
Practicar o razonamento correcto.
Fomentar o traballo en equipo.
A memoria do título contempla para esta materia os seguintes contidos:
Procesos xeomorfolóxicos: eólicos, litorais e mariños, glaciares, hídricos, hidroxeolóxicos, kársticos, edáficos e gravitacionais.
Riscos xeolóxicos. Mapas de perigosidade e risco.
Enerxía e medio ambiente.
Ecoloxía da paisaxe. Cartografía en xeoloxía ambiental.
Problemática ambiental. Desertización.
Estes contidos desenvólvense segundo o seguinte temario, no que se indican de maneira aproximada as horas presenciais (HP) e de traballo do estudante (TE):
TEMA 1: PROCESOS EÓLICOS (3HP + 8TE)
Distribución e causas das rexións áridas. Erosión eólica. Cubetas de deflación. Depósitos eólicos. Dunas. Loess.
TEMA 2: PROCESOS LITORAIS E MARIÑOS (3HP + 8TE)
Introducción ao medio litoral. Dinámica das augas mariñas litorais. Erosión costeira. Depósitos litorais. Xeomorfoloxía litoral. Representación cartográfica da liña de costa. Movementos da liña de costa. Mareas. Correntes litorais. A zona litoral. Praias. Outras formas de acumulación litoral. Costas con acantilados. Clasificación das costas. Xeomorfoloxía submarina.
TEMA 3: PROCESOS GLACIARES (3HP + 8TE)
Tipos de glaciares. Dinámica da erosión glaciar. Depósitos glaciares. Rasgos típicos da xeomorfoloxía glaciar.
TEMA 4: PROCESOS HÍDRICOS (6HP + 10TE)
O ciclo hidrolóxico. Parámetros dos ríos. Clasificación hidrolóxica das canles. Clasificacións dos ríos. Concas de drenaxe. As leis de Horton. Morfoloxía de redes fluviais. Xerarquización da conca. Traballo xeomorfolóxico dos ríos. Erosión hídrica. O transporte fluvial. Depósitos aluviais e fluviais. Terrazas fluviais. Erosión de vertentes por escorrentía superficial.
Xestión e conservación de recursos hídricos. Balance hídrico global. Usos da auga. Recursos e demandas. Regulación hídrica. Efectos da reciclaxe e aforro de auga. As zonas húmidas. Axentes e fontes de contaminación.
TEMA 5: PROCESOS HIDROXEOLÓXICOS (4HP + 8TE)
Tipos de acuíferos segundo o seu comportamiento hidráulico. Tipos de acuíferos segundo a súa natureza xeolóxica. Mapas hidroxeolóxicos.
TEMA 6: PROCESOS KÁRSTICOS (3HP + 6TE)
Disolución e precipitación en rochas carbonatadas. Macizos calcáreos. Morfoloxías kársticas. Xeomorfoloxía exokárstica. Xeomorfoloxía endokárstica. Influencia dos terreos kársticos na Enxeñaría.
TEMA 7: PROCESOS EDÁFICOS (3HP + 6TE)
Orixe e formación dos solos. Factores formadores do solo. O perfil do solo. Clasificación dos solos. Distribución das fases dun solo. A auga no solo. Descrición e clasificación de solos en Enxeñaría do Terreo.
Xestión e conservación de solos. Erosión dos solos. Contaminación de solos. Salinización. Cambios do uso do solo e problemas ambientais.
TEMA 8: PROCESOS GRAVITACIONAIS E DINÁMICA DE LADEIRAS (3HP + 7TE)
Os procesos gravitacionais. Controis e desencadenantes. Factores que inflúen na estabilidade de noiros e ladeiras. Tipos de inestabilidade: superficies e tipos de rotura. Formas das vertentes. Depósitos de pé de vertente. Evaluación, predición e control de inestabilidades.
TEMA 9: RISCOS XEOLÓXICOS (1HP + 4TE)
Fotoxeoloxía. Riscos xeolóxicos. Principais tipos de riscos xeolóxicos. Perigosidade, risco e vulnerabilidade. Impacto económico e social. Prevención e mitigación de riscos. Avaliación e medidas. Mapas de perigosidade e de risco.
TEMA 10: ENERXÍA E MEDIO AMBIENTE (3HP + 6TE)
Enerxía e Medio Ambiente. Suministro e demanda de enerxía. Os combustibles fósiles. Enerxía nuclear. Enerxías alternativas e renovables: xeotérmica, hidroeléctrica, mareomotriz, eólica, solar fotovoltaica, biomásica (refugallos urbanos, agrícolas e gandeiros). O aforro enerxético.
TEMA 11: ECOLOXÍA DA PAISAXE (1HP + 4TE)
Avaliación da paisaxe, uso e ordenación do territorio. Cartografía en Xeoloxía Ambiental. Unidades territoriais (ambientais) homoxéneas. Ecoloxía da Paisaxe. Análise e valoración do Medio Físico. A planificación territorial.
TEMA 12: PROBLEMÁTICA AMBIENTAL (2HP + 6TE)
Os grandes problemas ambientais. Cambio climático global. Atmosfera e balance de enerxía. O calentamiento atmosférico: proceso, evidencia e efectos potenciais. Destrución da capa de ozono: proceso e efectos ambientais. Efectos da chuvia ácida. A desertización.
PRÁCTICAS:
P1: Identificación de características xeomorfolóxicas de zonas áridas (2HP + 2TE)
P2: Identificación de características xeomorfolóxicas de zonas litorais (2HP + 2TE)
P3: Identificación de características xeomorfolóxicas de zonas frías (2HP + 2TE)
P4: Análise morfométrico de concas fluviais (3HP + 4TE)
P5: Identificación de características xeomorfolóxicas de zonas kársticas (2HP + 2TE)
P6: Cartografía xeolóxica (2HP + 2TE)
Bibliografía básica
• Ciencias de la Tierra. Una Introducción a la Geología Física / Tarbuck, E.J. y Lutgens, F.K. Madrid: Ed. Pearson - Prentice Hall. 2005
•An Introduction to Geological Structures and Maps / Bennison, G.M. y Moseley, K.A. New York: Ed. Oxford University Press. 2003
•Procesos geológicos externos y geología ambiental. Anguita, F. y Moreno, F. Ed. Rueda. Madrid. 1993.
•Geomorfología de España / Gutiérrez, M. Madrid: Ed. Rueda. 1994.
•Geomorfología Climática / Gutiérrez, M. Barcelona: Ed. Omega. 2001.
Bibliografía complementaria
•Environmental Geology. Geology and the Human Environment. BENNETT, M.R. & DOYLE, P. Ed. John Wiley & Sons. 1997
•Geología Ambiental. Servicio de Publicaciones del IGME. 1988
•Riesgos Geológicos. Servicio de Publicaciones del IGME. 1988
•El Patrimonio geológico. Bases para su valoración, protección, conservación y utilización. Serv. Publ. MOPTMA. 1996
•Guía ciudadana de los riesgos geológicos. Nuhfer, E.B.; Proctor, R.J. y Moser, P.H. Ed. L. Suárez y M. Requeiro. Col. Oficial de Geólogos. 1998
•Energías Renovables. Ordaz Oviedo, F. y Piorno Hernández, A. Ed. Amarú, 1997
Considérase que a materia de Grao permite a adquisición das competencias básicas CB-1 a CB-5 fixadas pola Orde Ministerial.
Xerais:
CG1. Capacitación científico-técnica para o exercicio da profesión de Enxeñeiro Técnico de Obras Públicas e coñecemento das funcións de asesoría, análise, deseño, cálculo, proxecto, construción, mantemento, conservación e explotación. (CG 1)
CG2. Comprensión dos múltiples condicionamentos de carácter técnico e legal que aparecen na construción dunha obra pública, e capacidade para empregar métodos contrastados e tecnoloxías acreditadas, coa finalidade de conseguir a maior eficacia na construción dentro do respeto polo medio ambiente e a protección da seguridade e saúde dos traballadores e usuarios da obra pública. (CG 2)
Específicas:
CO4 (GEC). Coñecemento, utilización e análise de cartografía xeolóxica. Coñecementos básicos sobre medioambiente, riscos xeolóxicos e a influencia da actividade humana no contorno.
Transversais:
CT1: Capacidade de análise e síntese.
CT2: Capacidade para o razonamento e a argumentación.
CT3: Capacidade de traballo individual, con actitude autocrítica.
CT4: Capacidade para traballar en grupo e abarcar situacións problemáticas de forma colectiva.
CT5: Capacidade para obter información adecuada, diversa e actualizada.
CT6: Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible.
CT7: Capacidade para realizar unha exposición en público de forma clara, concisa e coherente.
CT8: Compromiso de veracidade da información que ofrece ós demais.
CT9: Habilidade no manexo de TIC’s.
CT10: Utilización de información bibliográfica e de Internet.
CT11: Utilización de información en lingua estranxeira.
CT12: Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos.
As actividades docentes son de catro tipos:
-Clases expositivas (24h), fundamentalmente dedicadas a desenvolver os contidos teóricos da materia. Impártense na aula por parte do profesor, axudado de medios audiovisuais.
Competencias traballadas:
Xerais: CG1, CG2
Específicas: CO4
Transversais: CT1, CT2, CT7, CT8
-Os seminarios (24h) en grupos reducidos de 20 alumnos, que consisten en sesións interactivas, onde os alumnos preparan presentacións sobre os contidos teóricos e posteriormente realizan a exposición oral diante do profesor e dos seus compañeiros, que son os encargados de facer a avaliación.
Competencias traballadas:
Xerais: CG1, CG2
Específicas: CO4
Transversais: CT1, CT2, CT4, CT7, CT8, CT12
-As titorías en grupo (3h), con non máis de 10 alumnos/as, e tamén individuais onde o alumnado pode discutir, comentar, aclarar ou resolver cuestións concretas en relación coas súas tarefas dentro da materia (recompilación de información, preparación de probas de avaliación, traballos...).
Como apoio á materia proporciónase ao alumnado material docente adecuado,a través do Campus Virtual e de MS Teams. O estudo do material de apoio por parte do estudante permite traballar as seguintes competencias:
Xerais: CG1, CG2
Específicas: CO4
Transversais: CT1, CT2, CT3, CT6
Actividades de avaliación
•Asistencia e participación: a asistencia ás sesións presenciais é obrigatoria. Faise o seguimento da asistencia a traveso dun anecdotario, no que se rexistra tamén a participación do estudante na clase.
•Actividades interactivas dos seminarios: nas sesións interactivas os estudantes traballan sobre os contidos da materia elaborando presentacións e facendo exposicións orais.
•Proba final (4h): consiste en realizar de novo as exposicións dos traballos e realizar un cuestionario.
Avaliación de competencias
Todas as actividades docentes e de avaliación están orientadas á adquisición por parte dos estudantes das competencias básicas CB-1 a CB-5.
•A asistencia e participación dos alumnos nas sesións presenciais, nas que se desenvolven os contidos teóricos da materia permiten avaliar as competencias:
Xerais: CG1, CG2
Específicas: CO4
Transversais: CT1, CT2, CT7, CT8
•As actividades realizadas nos seminarios interactivos, permiten avaliar as competencias:
Xerais: CG1, CG2
Específicas: CO4
Transversais: CT1, CT2, CT4, CT7, CT8, CT12
•A realización da proba final, permite avaliar as competencias:
Xerais: CG1, CG2
Específicas: CO4
Transversais: CT1, CT2, CT3, CT6
Sistema de avaliación
A aprendizaxe e a adquisición das competencias asociadas axústase a unha avaliación continuada, para estimular ao alumnado a seguir o proceso e a involucrarse cada vez máis na súa propia formación.
A avaliación básease nos seguintes 4 apartados:
1) Asistencia obrigatoria ao 100% das clases e participación nas actividades da aula.
2) Proba final.
3) Exposición oral dos contidos tratados nos seminarios.
4) Documento da presentación dos contidos tratados nos seminarios.
A data límite de entrega dos documentos das presentacións é a data fixada pola Escola Politécnica Superior de Enxeñaría para a proba final.
Requisitos para a superación da materia:
-Nota mínima na proba final de 5 puntos sobre 10. 40%
-Asistencia ao 100% das sesións 30%
-Presentacións coa cualificación de APTAS. 30%
O non cumprimento do requisito da nota mínima na proba final conlevará como nota final a nota da proba.
O non cumprimento do requisito de ter aptos os documentos elaborados conlevará como nota final non presentado.
O non cumprimento da asistencia ás clases conlevará a realización de traballos de recuperación dos contidos tratados na aula.
A materia se supera cando a nota final é como mínimo de 5 puntos sobre 10.
Na segunda oportunidade aplícanse os mesmos sistemas de avaliación, requisitos e factores de ponderación.
Alumnos repetidores:
Aqueles alumnos que teñan cumprido o requisito de asistencia e de entrega de traballos nalgún dos dous cursos anteriores, soamente teñen que presentarse á proba final, sendo a cualificación final a ponderación seguinte:
-Proba final 70%
-Entrega das memorias dos seminarios. 30%
En todo caso, aconséllase a asistencia, como mínimo, ás sesións prácticas e o seguimento frecuente da materia a través das titorías e do Campus Virtual.
Alumnos con dispensa de asistencia:
Para os estudantes que teñan concedida a dispensa de asistencia segundo o disposto na Instrucción 1/2017 da Secretaría Xeral, non se formulan actividades de asistencia obrigatoria nesta materia, pero supón a realización de traballos de recuperación dos contidos tratados na aula. Sendo a cualificación final a ponderación seguinte:
-Proba final 70%
-Entrega das memorias dos seminarios. 30%
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Lectura e preparación de temas: 36h
Elaboración de traballos de curso: 36h
Preparación de probas de avaliación: 23h
Recoméndase a participación activa nas clases expositivas, seminarios.
Esforzarse na elaboración das monografías correspondentes a cada tema de teoría e na exposición oral das mesmas.
Consultar a bibliografía específica recomendada para cada tema.
Utilizar e aproveitar as titorías, tanto as habituales como as programadas en grupo.
Carlos Nuñez Temes
Coordinador/a- Departamento
- Enxeñaría Agroforestal
- Área
- Enxeñaría do Terreo
- Correo electrónico
- carlos.nunez.temes [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a laboral fixo/a