Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Bioloxía Funcional
Áreas: Ecoloxía
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Os obxectivos da materia son que o alumnado:
1) Coñeza a estrutura dos ecosistemas e como operan os seus procesos internos nos distintos niveis de organización (individuos, poboacións, comunidades e o propio ecosistema).
2) Coñeza as diferencias en estructura e función entre os ecosistemas forestais e terrestres de outros tipos, acuáticos e litorais.
3) Coñeza os procesos de alteración que sufre os ecosistemas e, a nivel básico, as ferramentas legais de protección medioambiental existentes.
4) Integre os seus coñecementos de ecoloxía cos de materias relacionadas (bioloxía, zooloxía, botánica, xeoloxía, edafoloxía, climatoloxía...) e sexa quen de aplicalos a análise das características ambentais dun territorio empregando sistemas de información xeográfica, bibliografía diversa e traballo de campo.
5) poda empregar o aprendido nesta materia como base para outras que estudiará máis tarde no grao (Repoboacións forestais, Avaliación e corrección do impacto ambiental, Xestión do medio natural, etc.) e no Máster de enxeñaría de montes, onde existe unha especialidade centrada na xestión de espazos naturais.
Os contidos da materia recollidos na memoria da titulación son:
Os organismos e o medio.
Estrutura e función das poboacións.
Estrutura e función das comunidades.
Estrutura e función dos ecosistemas.
Ecosistemas terrestres: ecosistemas forestais, outros ecosistemas terrestres.
Ecosistemas de auga doce. Ecosistemas costeiros.
Introdución á conservación de especies e ecosistemas.
Alteracións dos ecosistemas.
Estes contidos desenvolveranse no seguinte programa:
PROGRAMA DE TEORÍA:
1. Sistemas.
PRIMEIRA PARTE: ECOSISTEMAS
2. O medio.
3. O clima.
4: Estrutura dos ecosistemas terrestres. Biomas
5. Ecosistemas terrestres: produción primaria.
6. Ecosistemas terrestres: produción secundaria e descomposición.
7. Ecosistemas fluviais.
8. Zonas húmidas continentais.
9. Ecosistemas litorais.
SEGUNDA PARTE: ORGANISMOS, POBOACIÓNS E COMUNIDADES
10. O organismo e o medio.
11. A poboación: estrutura.
12. A poboación: dinámica.
13. A comunidade: estrutura.
14. A comunidade: dinámica.
TERCEIRA PARTE: PROTECCIÓN DOS ECOSISTEMAS
15. A protección dos ecosistemas
Cada un destes temas desenvolverase en 2-3 horas de traballo presencial. Previamente o alumno terá dedicado unha hora de traballo persoal á preparación das clases teóricas revisando os materiais entregados previamente, e que serán discutidos nas sesións presenciais.
PROGRAMA DE PRÁCTICAS:
PRÁCTICAS DE CAMPO
As horas de prácticas presenciais da materia (12 h) dedicaranse á realización de dúas saídas ó campo para recoñecer especies botánicas e ecosistemas con representacións de diversos tipos de bosques, matogueiras, humedais e plantacións forestais de interese dentro do ámbito de Galicia. Unha delas desenvolverase pola Terra Chá e a Mariña Luguesa e a outra pola área montañosa do sueste da provincia de Lugo e o Val de Quiroga. Estas viaxes de prácticas organizaranse conxuntamente coa materia de Botánica Forestal, á que lle corresponden 2 horas de docencia do total de 14 imputables a estas actividades.
TRABALLO DE CURSO
Cada persoa realizará un traballo de curso que consistirá na descrición do medio físico, a ocupación do territorio e os ecosistemas presentes nunha pequena conca hidrográfica da súa elección. Con este traballo desenvolverá a súa capacidade de recoller información sobre o medio natural (tanto no gabinete coma no campo) e a capacidade de sintetizala nun informe descritivo da área de estudo que inclúa mapas temáticos elaborados con Sistemas de Información Xeográfica e información obtida no campo, na bibliografía e na rede.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Begon, M; Harper, J L; Townsend, C R (1994). Ecología: individuos, poblaciones y comunidades. Omega, Barcelona.
Smith, R L; Smith, T M (2001). Ecología. Pearson Educación, S.A., Madrid.
Terradas, J (2001). Ecología de la vegetación. De la ecofisiología de las plantas a la dinámica de comunidades y paisajes. Omega, Barcelona.
Kimmins, J P (1996, 2nd ed.). Forest ecology. A foundation for sustainable management. Prentice-Hall, Inc., Upper Saddle River, NJ.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Chapin, S C I I I; Matson, P A; Mooney, H A (2002). Principles of terrestrial ecosystem ecology. Springer, New York.
Freedman, B. (1995 2ª ed.). Environmental ecology. The ecological effects of pollution, disturbance and other stresses. Academic Press, Inc. San Diego.
Kuennecke, B H (2008). Temperate forest biomes (Serie: Greenwod guides to biomes of the world). Greenwod Press, Westport (Connecticut).
Little, C (2000). The biology of soft shores and estuaries (Serie: Biology of habitats). Oxford University Press, Oxford.
Little, C; Kitching, R L (1994). The biology of rocky shores (Serie: Biology of habitats). Oxford University Press, Oxford.
Primack, R B; Ros, J (2002). Introducción a la ecología de la conservación (Serie: Ariel Ciencia). Ariel, Barcelona.
Roth, R A (2008). Freshwater aquatic biomes (Serie: Greenwod guides to biomes of the world). Greenwod Press, Westport (Connecticut).
Esta materia contribuirá ó desenvolvemento ou mellora das seguintes competencias que figuran na memoria do título:
COMPETENCIAS BÁSICAS
CB1 - Que os estudantes teñan demostrado posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeneral, e adoita atoparse a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos na resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
CB4 - Que os estudantes podan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
CB5 - Que os estudantes teñan desenvolvido aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
COMPETENCIAS XERAIS
CX2 - Capacidade para analizar a estrutura e función ecolóxica dos sistemas e recursos forestais, incluíndo os paisaxes.
CX3 - Coñecemento dos procesos de degradación que afecten aos sistemas e recursos forestais (contaminación, pragas e enfermidades, incendios, etc.) e capacidade para o uso das técnicas de protección do medio forestal, de restauración hidrolóxico forestal e de conservación da biodiversidade.
COMPETENCIAS TRANSVERSAIS
CT1 - Capacidade de análise e síntese.
CT2 - Capacidade para o razoamento e a argumentación.
CT3 - Capacidade de traballo individual, con actitude autocrítica.
CT5 - Capacidade para obter información axeitada, diversa e actualizada.
CT6 - Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible.
CT8 - Compromiso de veracidade da información que ofrece ós demais.
CT9 - Habilidade no manexo de tecnoloxías da información e da comunicación (TIC).
CT10 - Utilización de información bibliográfica e de Internet.
CT12 - Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS
CECF4 - Ecoloxía Forestal.
DOCENCIA PRESENCIAL
Para alcanzar os obxectivos da materia utilizaranse as seguintes metodoloxías (entre parénteses as competencias relacionadas):
Leccións maxistrais participativas para expoñer e debater os contidos teóricos da materia (CB1, CB5, CG2,CG3, CT1, CT2, CT6, CT12, CECF4).
Titorías individualizadas e colectivas para coñecer o manexo das ferramentas informáticas que se empregarán no traballo de curso (CT9).
Aprendizaxe baseada en proxectos aplicada ó traballo de curso (CB1, CB2, CB3, CB4, CB5, CG2, CG3, CT1, CT2, CT3, CT5, CT6, CT8, CT9, CT10, CT12, CECF4 ).
Viaxes de estudios para coñecer in situ os ecosistemas estudados na parte teórica e algunhas das alteracións que sofren (CB1, CB2, CB3, CG2, CG3, CT1, CT2, CT12, CECF4).
Uso do Campus Virtual como apoio á docencia presencial, sobre todo para subministrar os materiais necesarios para seguir a docencia expositiva e elaborar o traballo de curso (CT9).
TRABALLO PERSOAL DO ALUMNO
As actividades que complementan ás da docencia presencial serán:
Estudo e preparación dos temas teóricos.
Realización do traballo de curso.
Para a avaliación das competencias indicadas utilizaranse as seguintes metodoloxías (a súa ponderación na cualificación final está entre parénteses):
Proba escrita (70%): CB1, CB5, CG2, CG3, CT1, CT2, CT6, CT12, CECF4. Complementaria á avaliación continua.
Avaliación continua: traballos presentados (30%): CB1, CB2, CB3, CB4, CB5, CG2, CG3, CT1, CT2, CT3, CT5, CT6, CT8, CT9, CT10, CT12, CECF4.
As probas escritas realizaranse nas datas fixadas no calendario oficial de exames, pero os traballos do curso entregaranse como máximo unha semana antes da data de realización das probas escritas. As datas exactas faranse públicas ao comezo do curso.
Se o traballo se presenta en primeira oportunidade e a cualificación global é Suspenso, non será necesario volver presentar o traballo na segunda convocatoria, e neste caso a cualificación do traballo será a mesma que xa tiña. Non obstante, pode enviar unha versión corrixida e mellorada se quere aumentar a clasificación. Así mesmo, as persoas que presentasen o traballo nun ano anterior non estarán obrigadas a presentalo de novo e manterase a cualificación obtida no seu momento, aínda que poderán optar por presentar unha nova versión do traballo para mellorar a cualificación.
Para superar a materia, a suma ponderada das puntuacións da proba escrita e do traballo do curso deberá superar os 5 puntos (sobre un total de 10). Na segunda oportunidade, deberá repetirse a proba escrita independentemente da nota parcial obtida na primeira oportunidade.
A avaliación para o alumnado de segunda e sucesivas matrículas será a mesma que para os de primeira matrícula, agás a avaliación do traballo do curso. Os alumnos con exención de asistencia serán avaliados do mesmo xeito que os demais.
Para os supostos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o disposto na “Normativa de avaliación do rendemento académico do alumnado e revisión de cualificacións”.
Cada crédito ECTS corresponde a 25 horas de traballo, das cales 8 serán actividades presenciais e as 17 horas restantes dedicaranse ó estudo dos temas teóricos, á elaboración do traballo de curso e á preparación das probas escritas.
Esta materia forma parte da formación básica que o enxeñeiro precisa para o desenvolvemento da súa actividade futura, concretamente, do coñecemento do medio no que se desenvolverá esa actividade. Malia incluír aspectos aplicados, Ecoloxía inclúe unha forte carga teórica na que se definen termos, se describen estruturas e se analiza o funcionamento dos ecosistemas en diferentes niveis de organización. Cómpre ser capaz de relacionar estreitamente todos estes coñecementos porque a avaliación final tentará determinar a capacidade de integración e análise do alumno máis que a de memorización.
Polo tanto, o traballo persoal debe estar orientado a revisión dos conceptos e á poñer en relación o que se vai vendo no percorrer do curso nas actividades presenciais. Compre, polo tanto, revisar o material a medida que se vai presentando e analizalo en función do que xa se ten visto anteriormente. Xurdirán dúbidas, dificultades e cuestións, e será importante acudir ás titorías para resolvelas.
Carlos Real Rodriguez
- Departamento
- Bioloxía Funcional
- Área
- Ecoloxía
- Correo electrónico
- carlos.real [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade