Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.25 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría
Áreas: Produción Vexetal
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Achegar coñecementos das técnicas utilizadas nas repoboacións, no manexo de sementes e na produción de planta forestal.
Conseguir que o alumno escolla e xustifique as técnicas máis apropiadas ante diversos supostos prácticos, realice cálculos de custos de traballo en repoboacións e avalíe económicamente as actuacións.
Achegar coñecementos sobre a aplicación de QGis para a descrición fisiográfica do terreo.
Achegar coñecementos dos impactos ambientais asociados á execución dunha repoboación e como avalialos.
Achegar coñecementos sobre a elaboración de diagramas bioclimáticos e o seu uso en repoboacións forestais.
Achegar coñecementos básicos da estrutura dun proxecto de repoboación.
Analizar, integrar e aplicar os anteriores coñecementos na elaboración dun plan de repoboación real.
Calidade de planta e material de reprodución forestal.
Procedementos de desbroza e xestión da vexetación acompañante.
Procedementos de preparación da estación: mecánicos, herbicidas, queimas.
Técnicas de sementeira e plantación.
Casos prácticos de repoboación e restauración forestais.
Parte teórica: 18 horas presenciais (P) e 47 horas non presenciais (NP)
Tema 1. Sementes, obtención manexo e conservación (P: 4 h NP: 12 h)
Tema 2. Material Forestal de Reprodución. Produción en viveiro (P: 1 h NP: 3 h)
Tema 3. Métodos de repoboación (P: 2 h NP: 2 h)
Tema 4. Densidade de repoboación (P: 1 h NP: 2 h)
Tema 5. Procedementos de desbroza (P: 3 h NP: 9 h)
Tema 6. Procedementos de preparación do terreo (P: 4 h NP: 12 h)
Tema 7. Procedementos de plantación (P: 1 h NP: 3 h)
Tema 8. Cuidados culturais (P: 1 h NP: 2 h)
Tema 9. Execución dos traballos de repoboación (P: 1 h NP: 2 h)
Parte interactiva: 18 horas presenciais e 25 horas non presenciais
A parte interactiva consistirá na elaboración dun plan de repoboación. Facilitaráselle a cada alumno un suposto práctico real coa información necesaria. Os seminarios estrutúranse do seguinte xeito:
1) Seminarios para a descrición fisiográfica do terreo obxecto do plan de repoboación e a súa influencia na toma de decisións. Analizaranse altitudes, pendentes e orientacións. Empregarase material cartográfico (mapas vectoriais e ráster) que o alumno terá que buscar e descargar do CNIG e cos que traballará utilizando o Sistema de Información Xeográfica (SIG) QGis versión 3.6. (5 horas)(+ 5 horas non presenciais)
2) Seminarios para a descrición climática da zona de estudo e influencia na toma de decisións. Cos datos facilitados, cada alumno terá que realizar a descrición termométrica, pluviométrica e ombrotérmica, así como a elaboración dos diagramas bioclimáticos necesarios. (3 horas)(+ 6 horas non presenciais)
3) Casos prácticos de repoboacións: elección de especie, delimitación de rodais, procedementos e presupostos. (9 horas)(+ 12 horas non presenciais)
4) Seminario para avaliación de impacto ambiental nas repoboacións. (1 hora)(+ 2 horas non presenciais)
Básica
Pemán García J, Navarro Cerrillo R (1998). Repoblaciones forestales. Universidad de Córdoba y Universitat de Lleida. 400 p.
Rigueiro Rodríguez y Rodríguez Soalleiro (coordinadores) (1997-2000). Manuales de selvicultura: pino pinaster, eucalipto, pino de Oregón, pino radiata en Galicia, castaño en Galicia, frondosas caducifolias. EPS de Lugo. Proxecto Columella. Área Forestal. Serie Manuales Técnicos. Programa Adapt.
Catalán Bachiller, G (1977). Semillas de árboles y arbustos forestales. Monografía Nº 17. ICONA. MAPA. Madrid. 391 p.
USDA (2008) The Woody Plant Seed Manual. USDA. Forest Service, Agriculture Handbook 727, 1223 pp.
Nyland, Ralph D (1996) Silviculture : concepts and applications. McGraw-Hill, XXII, Boston, 633 pp.
Complementaria
Aldhous, JR y Mason, WL (eds.) (1994). Forest Nursery Practice. Forestry Commission Bulletin 111, HMSO, Londres. 268 p.
García Salmerón, J (1991). Manual de repoblaciones I. Escuela Técnica Superior de Ingenieros de Montes. Fundación Conde del Valle de Salazar. Madrid. 794 p.
García Salmerón, J (1995). Manual de repoblaciones II. Escuela Técnica Superior de Ingenieros de Montes. Fundación Conde del Valle de Salazar. Madrid. 918 p.
Molina JL, Navarro M, Montero de Burgos JL y Herranz JL (coord.) (1989). Técnicas de forestación en países mediterráneos. ICONA. Madrid. 663 p. .
Ramos Figueras, JL (1981). Repoblaciones. Escuela Técnica Superior de Ingenieros de Montes. Madrid. 315 p.
Ruano Martínez, JR (2003). Viveros forestales. Ediciones Mundi-Prensa. 281 p.
Serrada Hierro R (2000). Apuntes de repoblaciones forestales. Fundación Conde del Valle de Salazar. Escuela Universitaria de Ingeniería Técnica Forestal. Madrid. 435 p.
Competencias
Básicas
CB2 Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dun xeito profisional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
CB3 Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole científica
CB4 Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
Xerais
CG3 Coñecemento dos procesos de degradación que afecten aos
sistemas e recursos forestais (contaminación, pragas e enfermidades,
incendios, etc.) e capacidade para o uso das técnicas de protección do
medio forestal, de restauración hidrolóxico forestal e de conservación da
biodiversidade.
CG5 Coñecemento das bases da mellora forestal e capacidade para o a sua
aplicación práctica á produción de planta e a biotecnoloxía.
CG 6 Capacidade para medir, inventariar e avaliar os recursos forestais,
aplicar e desenvolver as técnicas selvícolas e de manexo de todo tipo de
sistemas forestais, parques e áreas recreativas, así como as técnicas de
aproveitamento de produtos forestais maderables e non maderables.
CG 13 Capacidade para deseñar, dirixir, elaborar, implementar e interpretar
proxectos e plans, así como para redactar informes técnicos, memorias de
recoñecemento, valoracións, peritaxes e tasacións.
Específicas
CETEEF2 Repoboacións Forestais. (Capacidade para deseñar actuacións de restauración forestal, seleccionar procedementos operativos de tratamento da vexetación
preexistente, preparación do terreo e introdución do material de
reprodución. Capacidade de elaborar propostas de actuación e presupostos de
traballos)
Transversales
CT1 - Capacidade de análise e síntese.
CT2 - Capacidade para o razoamento e a argumentación
CT3 - Capacidade de traballo individual, con actitude autocrítica.
CT5 - Capacidade para obter información adecuada, diversa e actualizada
CT6 - Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible.
CT7 - Capacidade para realizar unha exposición en público de forma clara, concisa e coherente.
CT8 - Compromiso de veracidade da información que ofrece aos demais.
CT11 - Utilización de información en lingua extranxeira.
CT12 - Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos.
Competencias traballadas: Todas as que se contemplan na materia
Traballo presencial
Clases teóricas expositivas en grupos grandes: Fundamentalmente, método dialéctico. O profesor entrega previamente documentación de referencia ao alumnado ao inicio do curso, establecendo a programación dos diversos temas. Os alumnos preparan os temas e estes son discutidos e ampliados na clase.
Clases prácticas: As clases teóricas refórzanse con clases prácticas de:
1) Casos prácticos de repoboacións: elección de especie, delimitación de rodais, procedementos, presupostos.
2) Seminarios de avaliación de impacto ambiental nas repoboacións
3) Seminarios de elaboración de diagramas bioclimáticos, etc.
4) Prácticas de pizarra para resolución de problemas prácticos
Outras. Traballo non presencial
Con apoio da aula virtual, resolución de casos prácticos de repoboación, avaliación de impacto nas repoboacións, diagramas bioclimáticos, planos de rodais, resolución de problemas de viveirística.
Uso do inglés: En tódolos temas tratados, farase mención á terminoloxía máis relevante en lingua inglesa relacionada co tema
A asistencia ás clases presenciais teóricas e prácticas é obrigatoria: para poder ser avaliado/a por Avaliación Continua e/ou no Exame Final, tanto na primeira como na segunda oportunidade, é preciso ter asistido a un mínimo do 83 % (15 h de 18 h) das clases expositivas e do 90 % (16 h de 18 h) das clases interactivas.
Elementos da avaliación continua, competencias avaliadas (entre paréntese), peso (%) na cualificación final e outras indicacións relativas a cada elemento:
1) Participación nas actividades das clases e preparación dos temas (CB 2, 3, 4, CETEEF 2, CT1, CT2): 10%
-A simple asistencia a clase, aínda que de carácter obrigatorio, non terá peso na nota final.
2) Avaliacións periódicas, entre 2 e 4 probas (CG 3, 5, 6 CETEEF 2, CT1, CT2, CT12): 30%
-Para superar ditas probas, a cualificación mínima de cada unha delas debe ser de 5,0. O peso de cada proba dentro deste apartado será proporcional á porcentaxe de contidos avaliada na proba con respeito ao total de probas realizadas.
3) Traballo de resolución dun caso práctico (CG 3, 6, 13 CETEEF 2, CT2, CT3, CT5, CT6, CT7, CT8, CT11, CT12): 30%
- O Traballo de Resolución dun Caso Práctico, de carácter individual, que corresponde á tarefa proposta nas clases interactivas, será avaliado a través da entrega na Aula Virtual. A nota mínima acadada neste debe ser de 5,0. De non terse presentado algún ou a totalidade dos traballos nos prazos propostos na 1ª oportunidade, terá a posibilidade de presentalos na segunda oportunidade, pero, nese caso, a nota máxima que pode acadar nese apartado será de 8,0.
4) Resolución de tarefas da aula virtual (CG 5, 6 CETEEF 2, CT2, CT5, CT12): 30%
-O número de tarefas a realizar a través da Aula Virtual pode variar entre 6 e 8. O seu peso relativo dentro deste apartado dependerá do grao de dificultade da tarefa, e será indicado polo profesor na presentación da tarefa. Para considerar a tarefa superada, a nota mínima é 7,0 (que corresponderá a un 5,0 no cálculo da nota final). A nota entre 7,1 e 8,0, corresponderá a un 6; entre 8,1 e 8,5, a un 7,0; entre 8,6 e 9,0, a un 8,0; entre 9,1 e 9,5, a un 9,0; entre 9,6 e 10, a un 10,0.
*****************************************************************************
Exame final: (CB2, CG5, CG6, CG13, CETEEF 2, CT1, CT2, CT5, CT12):
-Deberá realizarse Exame Final, na data oficial, sempre que non se supere íntegramente por avaliación continua a parte correspondente ás Avaliacións Periódicas e á Resolución de Tarefas na Aula Virtual. Se a nota acadada no Exame Final é o único elemento de avaliación para esas partes, a puntuación máxima será de 8,0, e terá un peso do 60% sobre a nota final da materia. A puntuación mínima para aprobar o Exame Final é de 5,0.
-Para os alumnos que non superen integramente a avaliación continua e deban realizar Exame Final, o peso da nota do Exame Final será variable en función da parte superada por avaliación continua. Neste caso, no Exame Final avaliaranse únicamente aquelas partes da materia que o/a alumno/a non teña superado por avaliación continua a través das tarefas da aula virtual ou das avaliacións periódicas. Neste caso, a nota máxima no exame é de 10,0 e a nota mínima para aprobar é de 5,0.
Condicións de DISPENSA de ASISTENCIA:
A dispensa de asistencia nesta materia, para aqueles alumnos que cumpran os requisitos, é total. No que atinxe á parte teórica, o alumno pode optar por realizar as actividades e probas parciais propostas para a avaliación continua, dentro dos prazos definidos para cada actividade e proba (nas probas, non se establecerá un horario especial para alumnos con dispensa), e será avaliado nas mesmas condicións que se mencionaron previamente para este tipo de avaliación. Se únicamente é avaliado mediante Exame Final, este terá unha nota máxima de 10 e o seu peso na avaliación será do 65%. Na parte práctica, o alumno está obrigado a presentar nos prazos establecidos os traballos relacionados co caso práctico de repoboación, coas mesmas condicións de avaliación mencionadas para a docencia xeral.
Alumnado repetidor
No caso do alumnado repetidor, estará exento da asistencia ás clases teóricas. O resto das condicións de avaliación serán as mesmas que para o alumnado novo.
“Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
72 HORAS
(Dacordo ao expresado na memoria verificada do título)
Leitura e preparación de temas, 20 horas
Realización de exercicios, 15 horas
Preparación previa das prácticas e traballo posterior sobre as mesmas, 15 horas
Elaboración de traballos de curso (individuais), 10 horas
Preparación de probas de avaliación, 12 horas
Asistir á docencia expositiva e interactiva (lémbrase que a asistencia é obrigatoria)
Acudir a tutorías a consultar dúbidas
Consultar proxectos de repoboación presentados na escola que acadaran boa cualificación
Ler algunha bibliografía recomendada
Visitar repoboacións e viveiros
Juan Luis Fernández Lorenzo
Coordinador/a- Departamento
- Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría
- Área
- Produción Vexetal
- Correo electrónico
- juanluis.fernandez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Santiago Lamosa Quinteiro
- Departamento
- Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría
- Área
- Produción Vexetal
- Teléfono
- 982823111
- Correo electrónico
- santiago.lamosa [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor