Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 71.5 Horas de Titorías: 2 Clase Expositiva: 11 Clase Interactiva: 28 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Electrónica e Computación
Áreas: Arquitectura e Tecnoloxía de Computadores
Centro Escola Técnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
O obxectivo principal desta materia é que o alumno teña un coñecemento profundo acerca dalgúns elementos crave do funcionamento dun Sistema Operativo que non foron estudados na materia de "Sistemas Operativos I". Os aspectos sobre os que se fará un especial fincapé son: o coñecemento a baixo nivel de aspectos de deseño e planificación de recursos dun sistema operativo real, o coñecemento sobre o deseño de aplicacións multitarefa e multifío, o coñecemento sobre os mecanismos de comunicación e sincronización de procesos e fíos, así como o tratamento dos interbloqueos e a introdución a sistemas operativos en tempo real e sistemas operativos distribuídos. Tamén se aborda unha introdución aos interfaces de liña de comandos ou shells.
1. Comunicación e sincronización entre procesos e fíos.
2. Interbloqueos.
3. Sistemas operativos distribuídos.
4. Sistemas operativos en tempo real.
5. Programación do shell.
Bibliografía básica:
- A. S. Tanenbaum. Sistemas operativos modernos (3ª edición). Editorial Prentice-Hall, 2009. ISBN: 6074420467
Bibliografía complementaria:
- J. Carretero, F. García, P. de Miguel y F. Pérez. Sistemas Operativos: una vision aplicada (2ª ed.), McGraw-Hill, 2007. ISBN: 8448156439
- D. M. Dhamdhere. Sistemas operativos. Un enfoque basado en conceptos. (2ª edición). McGraw-Hill, 2008. ISBN: 9701064054
- A. Silberschatz, P.B. Galvin e G. Gagne, Fundamentos de Sistemas Operativos (7ª ed.), Mc Graw Hill, 2005. ISBN: 8448146417
- W. Stallings, Sistemas operativos (5ª ed.), Prentice Hall. 2005. ISBN: 8420544620
- Kerrisk, Michael. The Linux Programming Interface : A Linux and UNIX System Programming Handbook . San Francisco: No Starch Press, 2010
- Coñecer a estrutura e funcionamento interno e a baixo nivel dos sistemas operativos.
- Escoller o sistema operativo máis adecuado en función dos requisitos software, hardware e de uso.
- Manexar as funcionalidades ofrecidas por un sistema operativo, sacando proveito do seu uso eficiente.
- Manexo fluído de shells para interaccionar co S.O.
- Coñecer os fundamentos dos sistemas operativos de tempo real.
- Coñecer os fundamentos dos sistemas operativos distribuídos.
- Comprensión de conceptos relacionados as funcionalidades dos sistemas operativos.
- Manexo práctico destes conceptos: APIs de programación, mellora do rendemento de aplicacións, o planificador, os shell, etc.
- Caracterización dos sistemas operativos e determinación das súas características máis relevantes.
- Contribuír a acadar as competencias recollidas na memoria do titulo de Grao en Enxeñaría Informática da USC, en particular das seguintes: CG3,CG4,CG6,CG8,CG9,CG10,TR1,TR2, TR3, FB4, FB5, RI1, RI5, RI9, RI10 e RI14.
O material de traballo para esta materia inclúe os libros dispoñibles na biblioteca. A ferramenta fundamental usada polo alumno será o libro básico indicado na bibliografía. A aprendizaxe do alumno tamén estará apoiado no ensino virtual, a través das ferramentas dispoñibles no Campus Virtual da USC. As competencias específicas indicadas, así como as CG3, CG4, CG6, CG8, CG9, CG10, FB4, FB5, RI1, RI5, TI9, RI10 e RI14, traballanse nas clases teóricas e prácticas.
Procurarase que os alumnos traballen individualmente na realización das prácticas, aínda que, de ser necesario, poderíanse organizar por parellas. Con elo se traballan as competencias TR1, TR3, CG3, CG4, CG9, CG10, RI1, RI5, RI9, RI10 e RI14.
A metodoloxía didáctica centrarase especialmente no traballo individual dos alumnos, e farase un especial esforzo para fomentar a discusión co profesor na clase e o uso das titorías individuais. Tamén se tentará promover nos alumnos a capacidade de transmisión oral de coñecementos a través de exercicios en grupo e presentacións na clase, traballándose deste xeito as competencias TR1, TR2 e TR3.
A avaliación da materia consta de dous apartados que se avalían de xeito independente: a teoría e as prácticas.
A parte teórica avaliarase nun exame final e supón o 65% da cualificación final, mentres que a parte práctica avaliarase de maneira continuada no laboratorio e supón o 35%. A asistencia ás sesións de prácticas será obrigatoria e a sua validación farase mediante control de firmas. A avaliación das mesmas será contínua a través da corrección das entregas e/ou entrevistas e/ou a realización de tests. A realización correcta de todalas prácticas obrigatorias é requisito para a superación da parte práctica da materia. A avaliación das actividades voluntarias suporá un incremento de ata o 20% na calificación final.
Deste xeito faise unha avaliación de tódalas competencias traballadas durante a impartición da materia. Específicamente, as competencias específicas indicadas, así como as CG3, CG4, CG6, CG8, CG9, CG10, FB4, FB5, RI1, RI5, TI9, RI10 e RI14, evaliaránse no examen e na avaliación das prácticas. Realizarase unha análise das entregas das prácticas e posibles entrevistas e tests. Pola súa banda as competencias TR1, TR2, TR3, CG3, CG4, CG9, CG10, RI1, RI5, RI9, RI10 e RI14 evaluanse principalmente de xeito interactivo nas sesións de prácticas e dos exercicios propostos.
En calquera caso, para superar a materia é requisito aprobar cada unha das partes de xeito independente. Este criterio será utilizado en todas as oportunidades de avaliación da materia. Ademáis da entrega das prácticas e a sua avaliación polo profesor, haberá un exame final de prácticas soamente na oportunidade de xullo para os alumnos que non superen as prácticas na primeira oportunidade de maio.
Considerarase a cualificación de "Non Presentado" aos alumnos que non se presenten ao exame final de teoría.
Este sistema de avaliación é aplicable ós alumnos repetidores.
Nas oportunidades extraordinarias a avaliación terá lugar a través da realización no mesmo día do exame teórico dunha proba práctica que suporá o 35% da nota final, de xeito que para aprobar a materia cómpre superar separadamente ambas probas e considerarase presentado a aqueles alumnos que participen en calquera destas dúas probas.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Estímase que o tempo de traballo do alumno correspóndese con 18 horas de actividade presencial na aula e de 24 no laboratorio de prácticas. Ademáis estímase un esforzo de 70 horas de traballo autónomo.
Recoméndase un traballo continuado de revisión da teoría coa bibliografía recomendada e a asistencia e participación activa tanto nas prácticas como nas clases teóricas.
É recomendable ter superada a materia de Sistemas Operativos I.
As clases impartiranse en castelán.
Jose Carlos Cabaleiro Dominguez
- Departamento
- Electrónica e Computación
- Área
- Arquitectura e Tecnoloxía de Computadores
- Teléfono
- 881816421
- Correo electrónico
- jc.cabaleiro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Francisco Fernández Rivera
Coordinador/a- Departamento
- Electrónica e Computación
- Área
- Arquitectura e Tecnoloxía de Computadores
- Teléfono
- 881816470
- Correo electrónico
- ff.rivera [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Silvia Rodriguez Alcaraz
- Departamento
- Electrónica e Computación
- Área
- Arquitectura e Tecnoloxía de Computadores
- Correo electrónico
- silvia.alcaraz [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Ministerio
Martes | |||
---|---|---|---|
09:30-11:30 | Grupo /CLIL_05 | Castelán | Aula de Informática I2 |
11:30-13:30 | Grupo /CLIL_01 | Castelán | Aula de Informática I4 |
Xoves | |||
10:00-12:00 | Grupo /CLIL_04 | Castelán | IA.02 |
16:00-17:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula A2 |
Venres | |||
11:30-13:30 | Grupo /CLIL_03 | Castelán | Aula de Informática I3 |
09.01.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_05 | Aula Traballo |
09.01.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Traballo |
09.01.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_03 | Aula Traballo |
09.01.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_01 | Aula Traballo |
09.01.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_04 | Aula Traballo |
09.01.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_02 | Aula Traballo |
26.05.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_05 | Aula A1 |
26.05.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A1 |
26.05.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_03 | Aula A1 |
26.05.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_01 | Aula A1 |
26.05.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_04 | Aula A1 |
26.05.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_02 | Aula A1 |
26.05.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_01 | Aula A2 |
26.05.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_04 | Aula A2 |
26.05.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A2 |
26.05.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_02 | Aula A2 |
26.05.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_05 | Aula A2 |
26.05.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_03 | Aula A2 |
26.06.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_02 | Aula A1 |
26.06.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_05 | Aula A1 |
26.06.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_03 | Aula A1 |
26.06.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A1 |
26.06.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_01 | Aula A1 |
26.06.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_04 | Aula A1 |