Créditos ECTS Créditos ECTS: 12
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 198 Horas de Titorías: 6 Clase Expositiva: 48 Clase Interactiva: 48 Total: 300
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Electrónica e Computación
Áreas: Linguaxes e Sistemas Informáticos
Centro Escola Técnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria:
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
Ao acabar a materia o alumno debe entender a construción do software como un proceso de enxeñaría e ter unha visión global de devandito proceso. Con este obxectivo presentaráselle ao alumno o software como un elemento de enxeñaría que debe ser construído nun marco que nos permita predecir as súas calidades. O estudo deste marco definido como un conxunto de procesos, tratados con distinto nivel de profundidade, e o seu encadeamento temporal constituirá a base da materia.
Teoría:
1. O produto (4 h.)
1.1. Tópicos e ingeniería de software
1.2. Importancia da introdución da Ingeniería de software
1.3. Evolución da industria do software
1.4. Características e atributos do software
1.5. Tipos de software.
1.6. Software herdado
1.7. Principais problemas asociados ao software
2. Modelos de procesos para a construción de software (6 h.)
2.1. Definicións de ingeniería de software
2.2. Modelos de procesos
2.3. Avaliación de procesos de Software.
3. Modelos preceptivos para o desenvolvemento de software (6 h.)
3.1. Modelos Clásicos
3.2. Desenvolvemento áxil
4. A Ingeniería de requisitos (7 h.)
4.1. Introdución
4.2. Primeiras cuestións
4.3. Técnicas de captura de requisitos
4.4. Análise de requisitos.
4.5. Especificación de Requisitos.
4.6. Validación de requisitos.
4.7. xestión de requisitos.
5. Probas e mantemento do software (6 h.)
5.1. Introdución e definicións iniciais
5.2. Filosofía das probas do Software
5.3. O proceso de proba
5.4. Técnicas de deseño de casos de proba
5.5. Probas estructurales
5.6. Probas funcionales
5.7. Enfoque práctico recomendado para o deseño de casos
5.8. Documentación do deseño das probas
5.9. Execución das probas
5.10. Estratexia de aplicación das probas
5.11. Probas en desenvolvementos orientados a obxectos
Prácticas:
1.- Planificación de proxectos
2.- Execución de procesos
3.- Elección de ciclo de vida
4.- Xestión de riscos
5.- Enxeñaría de requisitos
6.- Xestión da configuración do software
7.- Probas
Bibliografía Básica:
1.- Mario Piattini, José A. Calvo-Manzano, Joaquín Cervera, Luis Fernández; “Análisis y diseño detallado de aplicaciones Informáticas de Gestión. Una perspectiva de Ingeniería de Software”. Ed. RA-MA, España. 2003. ISBN: 84-7897-587-X.
2.- Roger S Pressman; “Ingeniería del Software. Un enfoque práctico”. Ed. Mc Graw Hill, España. 2005. ISBN: 970-10-5473-3.
3.- Ian Sommerville; “Ingeniería de Software”. Ed. Addison Wesley, Madrid. 2005. ISBN: 84-7829074-5
Bibliografía Complementaria:
1.- Mario Piattini, José A. Calvo-Manzano, Joaquín Cervera, Luis Fernández; “Análisis y diseño detallado de aplicaciones Informáticas de Gestión”. Ed. RA-MA, España. 1996. ISBN: 84-7897-233-1
2.- Roger S Pressman; “Ingeniería del Software. Un enfoque práctico”. Ed. Mc Graw Hill, España. 2001. ISBN: 84-481-3214-9.
3.- Antonio Colmenar, Manuel A. Castro, Julio Pérez; “Gestión de proyectos con Microsoft Project 2000”, Ed. RA-MA, España. 2001. ISBN: 84-7897-443-1.
Tras cursar a asignatura o alumno debería ser capaz de ver un proxecto software como un conxunto de procesos.
Preténdese que o alumno adquira unha visión do alcance que implica o desenvolvemento dun proxecto, dos procesos involucrados e da súa necesidade para o desenvolvemento de software de calidade.
Como resultado do desenvolvemento da materia o alumnos adquirirán competencias incluídas na maioría das competencias xerais e transversais da titulación das que só quedan excluídas a competencias xenerais 4 e 6. Obviamente isto non significa que a materia todas as aborde en profundidade e extensión senón que se centra particularmente nas relacionadas coa identificación, análise e aplicación dos procesos vinculados á construción do software de calidade, o estudo de normativa e a capacidade para organizarse e traballar en grupo ou para integrarse de forma efectiva nunha organización.
En canto ás competencias de módulo a materia, que pertence ao módulo de Enxeñaría do Software, desenvolve a competencias relacionadas coa informática RI1, RI2, RI3, RI8 e RI16 e as relacionadas coas tecnoloxías da información TI1, TI2 e TI7.
As clases de teoría se articularán en unha clase semanai dunha hora con apoio de trasparencias. A través da ferramenta de e-Learning da USC (Campus virtual) proporcionarase aos alumnos o material docente da asignatura e utilizarase sistemáticamente como estratexia de entrega de prácticas e de colaboración entre os alumnos que desenvolvan traballos en grupos. As clases de prácticas desenvolveranse en sesions semanais de duas horas e media e, segundo o caso, de forma individual ou en pequenos grupos aos que se propoñerá exercicios que implicarán o desenvolvemento dos contidos impartidos nas clases teóricas ou adquiridos de forma autónoma polo alumno. Os foros e o correo da ferramenta de e-Learning tamén se utilizarán como canle de comunicación profesor-alumnos. Finalmente, e segundo sexa posible, organizaranse conferencias ou visitas a empresa para proporcionarlle o alumno unha idea do impacto que a enxeñaría do software ten nas empresas do ámbito.
As competencias propias da materia así como todas as competencias xerais agás as GC4, GC7; as competencias relacionadas coa informática: RI1, RI2, RI3, RI8 e RI16; e as competencias relacionadas coas tecnoloxías da información TI1, TI2 e TI7, teñen contidos específicos na materia que se introducen, como se indicou, tanto nas clases expositivas coma nas interactivas. Posteriormente o alumno desenvolverá estas competencias coa realización dos traballos prácticos nos que tamén traballará as competencias transversais en particular no que se refire a capacidade de análise e síntese, capacidade de organización e planificación comunicación oral e escrita, capacidade de xestión da información, resolución de problemas e toma de decisións, traballo en equipo e motivación pola calidade.
Para superar a disciplina o alumno deberá aprobar de forma independente a parte práctica da materia, 60% da nota total, e a parte teórica, 40% da nota total.
A parte práctica da materia avaliarase sobre a base dos traballos resumo de cada unha das prácticas realizadas e a avaliación continua do traballo do alumno na clase, cuxa presenza se medirá sobre a base dunha acta de firmas en cada sesión. Os alumnos que non presenten máis do 70% dos traballos resumen terán a condición de NON PRESENTADO.
Na valoración dos traballos entregados polos alumnos valorarase o grao de consecución das competencias en particular a posta en práctica dos contidos achegados pola materia ás devanditas competencias. Ademais, a falta das competencias transversais requiridas para o desenvolvemento dos traballos valorarase negativamente.
A avaliación da teoría realizarase mediante unhas probas de seguimento ou un exame final. Cando o alumno non presente máis do 70% dos exercicios de seguimento deberá presentarse ao exame final ou se lle considerará NON PRESENTADO en Xuño.
As preguntas do exame teórico centraranse nos contidos específicos que se desenvolveron na materia en relación ás súas competencias e que poderán poderán ter sido adquiridos polo alumno tanto na parte expositiva coma na interactiva. A duración media do exame é de aproximadamente 1 hora e constará de preguntas tipo test. No exame avaliarase o grao de asimilación dos obxectivos docentes establecidos no programa docente da materia.
A avaliación en Xullo realizarase, na súa parte práctica, mediante a entrega dos traballos resumo das prácticas, sendo imprescindible presentar máis do 70% dos traballos. E, a avaliación na súa parte teórica mediante un exame final.
O alumno que non asista a clase durante a realización de máis do 50% dunha práctica deberá presentar o resumo de forma obrigatoria e individual, aínda cando o traballo se realice en grupo. Isto é válido tanto para a oportunidade de Xuño coma para a de Xullo.
O alumno que durante o curso falte a máis do 15% das clases terá a condición de NON PRESENTADO en Xuño e Xullo.
Os alumnos repetidores examinaranse nas mesmas condicións que os alumnos en primeira convocatoria agás naqueles casos nos que aprobasen as prácticas nalgunha convocatoria dos dous cursos anteriores. Neste caso, non terán obriga de asistir ás clases prácticas e presentarán a memoria entregada o ano no que as aprobaron. A nota de teoría nunca se conservará e o alumno sempre deberá examinarse dos contidos teóricos da materia nas mesmas condicións que os alumnos de primeira convocatoria.
Convocatoria Extraordinaria: A avaliación terá lugar en dúas fases complementarias. Na primeira, cun peso sobre a nota final do 60%, o alumno terá que superar un caso práctico completo que será equivalente ás prácticas realizadas de forma regular durante o curso. Nunha segunda fase realizarase un exame de teoría que supoñerá o 40% da nota final. Para superar a materia nesta convocatoria, ao igual que en calquera das oportunidades da convocatoria ordinaria, ambas as dúas partes han de ser superadas de forma individual.
O tempo total de estudos e traballo persoal do estudante e de 116 horas de traballo presencial e 184 horas de traballo persoal que se repartirán en:
Clases expositivas: 30 h. presenciais e 49 h. de estudio autónomo
Clases interactivias: 70 h. presenciais e 105 de traballo persoal do alumno
Titorías e actividades de avaliación: 16 horas presenciais e 30 de traballo persoal do alumno.
O/a estudante debería levar ao día a materia para poder aplicar nos exercicios prácticos os coñecementos adquiridos de xeito teórico.
A materia impartirase en castelán
Julian Carlos Flores Gonzalez
- Departamento
- Electrónica e Computación
- Área
- Linguaxes e Sistemas Informáticos
- Teléfono
- 881816456
- Correo electrónico
- julian.flores [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
José Ángel Taboada González
Coordinador/a- Departamento
- Electrónica e Computación
- Área
- Linguaxes e Sistemas Informáticos
- Teléfono
- 881816457
- Correo electrónico
- joseangel.taboada [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Raquel Dosil Lago
- Departamento
- Electrónica e Computación
- Área
- Linguaxes e Sistemas Informáticos
- Teléfono
- 881815507
- Correo electrónico
- raquel.dosil [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Joaquín Ángel Triñanes Fernández
- Departamento
- Electrónica e Computación
- Área
- Linguaxes e Sistemas Informáticos
- Teléfono
- 881816001
- Correo electrónico
- joaquin.trinanes [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Luns | |||
---|---|---|---|
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | IA.S1 |
Martes | |||
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | IA.S1 |
11:30-14:00 | Grupo /CLIL_02 | Galego, Castelán | Aula de Informática I4 |
16:00-18:30 | Grupo /CLIL_01 | Castelán, Galego | IA.04 |
Venres | |||
09:00-11:30 | Grupo /CLIL_04 | Castelán, Galego | IA.S1 |
11:30-14:00 | Grupo /CLIL_03 | Galego, Castelán | IA.S1 |
24.01.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A1 |
24.01.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLIL_01 | Aula A1 |
24.01.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLIL_02 | Aula A1 |
24.01.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLIL_03 | Aula A1 |
24.01.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLIL_04 | Aula A1 |
24.01.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLIL_01 | Aula A3 |
24.01.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLIL_02 | Aula A3 |
24.01.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLIL_03 | Aula A3 |
24.01.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLIL_04 | Aula A3 |
24.01.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A3 |
24.01.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLIL_01 | Aula A4 |
24.01.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLIL_02 | Aula A4 |
24.01.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLIL_03 | Aula A4 |
24.01.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLIL_04 | Aula A4 |
24.01.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A4 |
19.05.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A1 |
19.05.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_01 | Aula A1 |
19.05.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_02 | Aula A1 |
19.05.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_03 | Aula A1 |
19.05.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_04 | Aula A1 |
19.05.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A2 |
19.05.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_01 | Aula A2 |
19.05.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_02 | Aula A2 |
19.05.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_03 | Aula A2 |
19.05.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_04 | Aula A2 |
03.07.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A1 |
03.07.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_01 | Aula A1 |
03.07.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_02 | Aula A1 |
03.07.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_03 | Aula A1 |
03.07.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_04 | Aula A1 |