Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 2 Clase Expositiva: Clase Interactiva: 49 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Enxeñaría Química
Áreas: Enxeñaría Química
Centro Facultade de Ciencias
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Os obxectivos desta materia obrigatoria son:
• Desenvolver a capacidade para realizar experimentos, saber determinar e cuantificar a velocidade das reaccións químicas, interpretar as teorías que as explican e representalas empregando modelos matemáticos útiles para o deseño de reactores químicos.
• Aprender o manexo do equipo, os métodos de traballo no laboratorio e as precaucións a tomar dende a perspectiva da súa aplicación á industria.
• Desenvolver a capacidade de buscar datos bibliográficos e informáticos.
• Aprender a usar ferramentas de software para a análise de sistemas de reacción complexos e o deseño de reactores industriais.
Os contidos agrúpanse en dous bloques que se describen a continuación:
Bloque I. Prácticas de laboratorio
• Simulación hidráulica de cinética de reaccións químicas.
• Variación da concentración ao longo do tempo nun tanque axitado.
• Reactor adiabático.
• Saponificación de acetato de etilo.
• Reacción heteroxénea sólido / líquido.
• Determinación dos tempos de residencia nun reactor de leito fixo.
Bloque II. Prácticas na Aula de Informática
• Recursos informáticos para a industria do proceso: principios xerais.
• Modelado de reaccións homoxéneas e heteroxéneas.
• Modelado de sistemas de reacción e reactores complexos.
• Deseño do reactor.
Ademais dos libros indicados a continuación, facilitaráselles ós alumnos o correspondente guión para cada unha das prácticas no que se incluirá a bibliografía recomendada para esa práctica en concreto.
Bibliografía básica:
- LEVENSPIEL, O. Ingeniería de las Reacciones Químicas. México. Limusa Wiley. 2004. ISBN: 968-18-5860-3. Signaturas: QUT 130, 131, 242.
Bibliografía complementaria:
- MOTT, R.L. Mecánica de fluidos. 6ª Ed. Mexico. Prentice Hall. 2006. ISBN: 978-607-32-3288-3. Signatura: FIM4, FIM7, A113 3 I-K.
- ÇENGEL, Y.A. 2007. Transferencia de calor y masa: un enfoque práctico. 3ª ed. Madrid: McGraw-Hill. ISBN: 9789701061732. Signatura: A114 12 1 y 2, A114 12A 1 y 2, A114 12B 1 y 2, A114 12C 1 y 2, 3 A05 135 1 y 2.
*Básicas:
- CB1: Que os estudantes teñan demostrado posuír e comprender coñecementos nunha área de estudio que parte da base da educación secundaria xeral, e sóese atopar nun nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudio.
- CB2: Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dun xeito profesional e que posúan as competencias que se soen demostrar por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro de súa área de estudio.
- CB5: Que os estudantes teñan desenvolvido aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudios posteriores cun alto grado de autonomía.
*Xerais:
- CG4: Capacidade de resolver problemas con iniciativa, toma de decisións, creatividade, razoamento crítico e de comunicar e transmitir coñecementos, habilidades e destrezas no campo da Enxeñaría Industrial na súa especialidade de Química Industrial.
- CG5: Coñecementos para a realización de medicións, cálculos, valoracións, taxacións, peritaxes, estudos, informes, plans de labores e outros traballos análogos.
*Transversais:
- CT1: Capacidade de análise e síntese.
- CT2: Habilidade para usar aplicacións informáticas no ámbito da Enxeñaría Industrial.
- CT4: Capacidade para traballar en equipo
- CT9: Capacidade para organizar e planificar.
- CT10: Capacidade para a resolución de problemas (incluída en CG4).
- CT12: Capacidade para a aprendizaxe autónoma.
- CT14: Demostrar razoamento crítico (incluída en CG4).
*Específicas:
- CE22: Capacidade para o deseño e xestión de procedementos de experimentación aplicada, especialmente para a determinación de propiedades termodinámicas e de transporte, e modelado de fenómenos e sistemas no ámbito da enxeñaría química; sistemas con fluxo de fluídos, transmisión de calor, operacións de transferencia de materia, cinética das reaccións químicas e reactores.
Esta é unha materia práctica de asistencia obrigatoria.
- Prácticas de laboratorio:
Os alumnos, agrupados en dúos ou tríos, realizarán entre 3 e 4 prácticas, segundo a súa complexidade. Despois de realizar a experimentación no laboratorio e obter todos os datos que consideren necesarios, os alumnos terán que realizar todos os cálculos necesarios para acadar os resultados previstos, analizalos e extraer as conclusións pertinentes, que se reflectirán nunha Memoria de Prácticas de Laboratorio. Para os cálculos será necesario empregar unha folla de cálculo, preferiblemente Excel.
- Prácticas na aula de informática:
As simulacións de reactores e procesos químicos realizaranse empregando o programa de simulación Hysys. Os alumnos realizarán individualmente os diferentes exercicios propostos nos guións das prácticas. Ademais, o guión incluirá unha serie de casos prácticos para entregar que os estudantes deben realizar de forma autónoma para mostrar as habilidades adquiridas.
Unha vez finalizadas as prácticas, os alumnos prepararán un Traballo de Prácticas con Hysys, que incluirá a discusión dos principais resultados e conclusións obtidas durante o desenvolvemento dos casos prácticos propostos para a súa entrega.
As dúas horas de titoría en grupo (unha hora para prácticas de laboratorio e outra hora para prácticas na aula de informática) estarán dedicadas á presentación das distintas prácticas a realizar polos estudantes e a analizar e debater as dúbidas que poidan xurdir.
O Campus Virtual utilizarase para a distribución dos guións da práctica e outro material didáctico complementario para a correcta realización das prácticas e a elaboración dos informes de prácticas.
En caso de realización fraudulenta de exercicios ou probas, aplicarase o disposto no “Regulamento para avaliar o rendemento académico dos estudantes e revisar as cualificacións”.
A avaliación da materia é continua con exame final, e a nota final do alumno terá en conta tanto o resultado do exame como o de todas as actividades realizadas. Así, o sistema de avaliación constará dos seguintes apartados:
A) Memoria/Traballo de Prácticas: ata 3,5 puntos (1,5 puntos na aula de informática e 2,0 puntos no laboratorio). Valoraranse, entre outros, os cálculos realizados, a análise dos resultados obtidos e as conclusións derivadas deles. Competencias avaliadas: CB1, CB2, CG4, CG5, CT1, CT2, CT4, CT12 e CE22. Nota mínima requirida: 0,6 puntos na aula de informática e 0,8 puntos no laboratorio.
B) Prácticas e actividades na aula: ata 2,5 puntos (1,0 puntos na aula de informática e 1,5 puntos no laboratorio); Valorarase o rendemento e a iniciativa persoal do alumno, as súas intervencións, a resolución dos problemas e cuestións que xorden, a capacidade de traballo en equipo. Competencias avaliadas: CB2, CB5, CG4, CG5, CT2, CT4, CT9, CE22.
C) Exame final: ata 4,0 puntos (1,75 puntos na aula de informática e 2,25 puntos no laboratorio); calificación mínima requirida 0,75 puntos na aula de informática e 1,0 puntos no laboratorio. Competencias avaliadas: CE22.
Para superar a materia é obrigatorio acadar as calificacións mínimas indicadas nos apartados A e C, e, ademais, obter unha calificación total de alo menos 5,0 puntos.
O alumno que realice as prácticas, e non se presente ao exame, recibirá a nota final de Suspenso. Para que a nota final sexa Non Presentado, o alumno non poderá participar en ningunha das actividades e probas que se poidan avaliar.
Soamente por causas debidamente xustificadas poderá faltarse ata un 20% do total das horas presenciais. A falta de asistencia superior ao 20% das horas presenciais leva á cualificación final de Suspenso en ambas as oportunidades de avaliación.
En caso de non superar a materia na Primeira Oportunidade, o alumno será avaliado na Segunda Oportunidade daquelas partes avaliables nas que non se acadou a nota mínima, mantendo o resto das cualificacións.
Esta materia divídese en 28 horas de prácticas de laboratorio, 21 horas de prácticas na aula de informática, 2 horas de titoría en grupo e 4 horas de exame.
Polo anterior, o alumno deberá empregar un total de 95 horas de traballo persoal para completar o total de 150 horas de dedicación á materia: 87 horas para a realización das memorias de prácticas, 2 horas para titorías e 6 horas para preparándose para o exame final.
É importante que os estudantes revisen todo o material proporcionado antes de realizar as prácticas, e é necesario ter coñecementos previos de Excel e Hysys.
Ademais, é fundamental e moi importante que o estudante teña cursado anteriormente a materia "Enxeñaría da Reacción Química".
A docencia impártese nos dous idiomas oficiais da comunidade.
A admisión de alumnado matriculado no laboratorio de prácticas require que coñezan e cumpran as Normas xerais de seguridade nos laboratorios de prácticas, da Universidade de Santiago de Compostela. A devandita información atópase dispoñible na páxina web da USC (http://www.usc.es/export9/sites/webinstitucional/gl/servizos/sprl/desca…).
Thelmo Alejandro Lu Chau
- Departamento
- Enxeñaría Química
- Área
- Enxeñaría Química
- Teléfono
- 982824136
- Correo electrónico
- thelmo.lu [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Jorge González Rodríguez
Coordinador/a- Departamento
- Enxeñaría Química
- Área
- Enxeñaría Química
- Teléfono
- 982824164
- Correo electrónico
- jorgegonzalez.rodriguez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución IT e outros
Venres | |||
---|---|---|---|
09:00-11:00 | Grupo /TI-ECTS01 | Galego | 1P AULA 4 PRIMEIRA PLANTA |
11:00-13:00 | Grupo /TI-ECTS02 | Galego | 1P AULA 4 PRIMEIRA PLANTA |
17.12.2024 10:00-14:00 | Grupo /CLIL_01 | AULA INFORMÁTICA 2 |
17.12.2024 10:00-14:00 | Grupo /CLIL_01 | AULA INFORMÁTICA 3 |
17.06.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_01 | AULA INFORMÁTICA 2 |
17.06.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_01 | AULA INFORMÁTICA 3 |