Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 2 Clase Expositiva: 33 Clase Interactiva: 16 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Química Inorgánica, Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía
Áreas: Química Inorgánica, Química Analítica
Centro Facultade de Ciencias
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Coñecer as bases químicas do ambiente e dos sucesos de interese ambiental debidos a actividades humanas.
Coñecer o impacto ambiental das actividades humanas sobre o medio, o deterioro da capa de ozono, o efecto invernadoiro, a contaminación das augas, etc.
Coñecer os principais métodos de análise dos contaminantes máis frecuentes en diferentes medios: auga, solos, sedimentos, atmosfera, etc.
Programa de clases teóricas
Tema 1: Introdución á Química Ambiental.
Tema 2: Química Ambiental da atmosfera.
Tema 3: Química Ambiental da auga.
Tema 4: Química Ambiental do chan.
Tema 5. Introdución á análise ambiental.
Tema 6. Análise de augas.
Tema 7. Determinación de contaminantes en chans e sedimentos.
Tema 8. Análise atmosférica.
Programa de clases de laboratorio
Métodos oficiais e estándar de análise de contaminantes.
Básica
- C. Orozco Barrenetxea, A. Pérez Serrano, M. N. González Delgado, F. J. Rodríguez Vidal, "Contaminación Ambiental. Una visión desde la Química"; Thomson, Madrid, 2002.
- I. L. Marr, M.S. Cresser y J.L. Gómez Ariza, "Química Analítica del Medio Ambiente", Servicio de publicaciones de la Universidad de Sevilla, 1990.
Complementaria
- T. G. Spiro, W. M. Stigliani, “Química Medioambiental”, 2ª Ed., Pearson-Prentice Hall, Madrid, 2004.
- C. Baird, "Química Ambiental", Reverté, Barcelona, 2001.
- J. E. Figueruelo, "Química Física del Medio Ambiente", Reverté, Puebla (México), 2001
- S. E. Manahan; "Environmental Chemistry", 7a Edición, Lewis Publishers, Boca Raton, 2001.
- "Conocer la Química del medio ambiente", Universidad Politécnica, Servicio de Publicaciones, Valencia, 1992.
- L. H. Keith ; "Environmental sampling and analysis: a practical guide", Lewis Publishers, Boca Ratón, 1991.
- D. Barceló, "Environmental Analysis: Techniques, Aplications and Quality Assurance ", Elsevier, Amsterdam, 1993.
- R. N. Reeve; "Introduction to Environmental Analysis", John Wiley & Sons, Chichester, 2002.
- "Medio ambiente en España", Monografías de la secretaria de estado para las políticas del agua y el medio ambiente. MOPT.
- "Contaminación del aire por la industria", Albert Parker, Editorial Reverté, 1983.
- L. Nollet; "Handbook of Water Analysis", Marcel Dekker, Nueva York, 2000.
- J. H. Seinfeld, "Atmosferic Chemistry and Physics: From Air Pollution to Climate Change"; John Wiley & Sons, Nueva York, 1998.
- F. W. Fifield, P.J. Haines. “Environmental Analytical Chemistry”. Chapman Hall, 2000.
- M. A Sogorb, E. Vilanova Gisbert. “Técnicas analíticas de contaminantes químicos: aplicaciones toxicológicas, medioambientales y alimentarias”. Ed. Díaz de Santos. 2004.
- D. Skoog, F.J. Holler, T.A. Nieman. “Principios de Análisis Instrumental”. Mc Graw-Hill. 2001.
- Normas UNE. www.aenor.es
Básicas
CB3: Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
Xerais
CG3 – Coñecemento en materias básicas e tecnolóxicas, que lles capacite para a aprendizaxe de novos métodos e teorías, e lles dote de versatilidade para adaptarse a novas situacións.
CG4: Capacidade de resolver problemas con iniciativa, toma de decisións creatividade, razoamento crítico e de comunicar e transmitir coñecementos, habilidades e destrezas no campo da Enxeñaría Industrial na súa especialidade de Química Industrial.
CG7 - Capacidade de analizar e valorar o impacto social e medioambiental das solucións técnicas
CG10 - Capacidade de traballar nun contorno multilingüe e multidisciplinar.
Transversais
CT1: Capacidade de análise y síntese.
CT4: Capacidade para traballar en equipo.
CT5: Demostrar compromiso ético.
CT6: Demostrar sensibilidade cara temas medioambientais.
Específicas
CEOP2 – Coñecemento das bases químicas do ambiente y do impacto da actividade humana sobre o mesmo.
A docencia está repartida en 35 horas de clases maxistrais (2 h de titorías e 33 de clases expositivas), 4 horas de seminario e 12 horas de prácticas de laboratorio.
Nas clases expositivas (de asistencia obrigatoria), o profesor pode contar co apoio de diferentes recursos docentes: presentación oral con utilización do encerado, medios audiovisuais e informáticos, recursos en internet, entre outros, pero utilizando sempre como base os libros recomendados na bibliografía.
As clases desenvolveranse de xeito interactivo cos alumnos, discutindo con eles os aspectos que resulten máis dificultosos ou especialmente interesantes de cada tema.
Nas titorías resolveranse as dúbidas que poidan ter os alumnos relacionadas coa materia impartida.
Nos seminarios (de asistencia obrigatoria) o que se intentará é que os alumnos participen activamente, para o cal deberán resolver os problemas e as cuestións previamente propostas polo profesor ou as propostas no propio seminario. Algúns poderán ser resoltos en grupo nestas clases e outros individualmente. Estas clases tamén poderán ser utilizadas para tratar temas transversais aos contidos da materia. Poderanse propoñer traballos escritos individuais ou en grupo. Nestas sesións poderanse realizar controis escritos intermedios sobre os coñecementos adquiridos ou exposicións de traballos individuais ou en grupo. As notas dos controis, traballos ou boletíns de exercicios propostos o realizados nestas sesións contarán para a avaliación continua.
As clases prácticas de laboratorio (de asistencia obrigatoria) estarán orientadas a que o alumno adquira destrezas no manexo do material de laboratorio e desenvolva as súas capacidades dedutivas, comunicativas, de traballo en equipo e analíticas. Así mesmo incidirase na importancia das normas de seguridade nos laboratorios e no correcto manipulado dos residuos. O alumno realizará en catro sesións, de tres horas cada unha, unha serie de experimentos de laboratorio directamente relacionados cos coñecementos adquiridos nas clases teóricas. Ao final das prácticas, cada alumno debe presentar un informe ou un caderno de prácticas co traballo realizado.
En todo momento usarase como apoio á docencia o Campus Virtual da USC.
A cualificación de cada alumno farase mediante avaliación continua (35%) e a realización dun exame final (65%).
A avaliación continua comprenderá o seguimento do traballo persoal do alumnado que poderá abarcar controis escritos, traballos entregados e expostos, participación do estudante na aula, titorías u outros medios explicitados na programación da materia.
Competencias avaliadas na avaliación continua: CB3, CG3, CG4, CG7, CG10, CT5, CT6, CEOP2.
Competencias avaliadas no exame final: CB3, CG3, CG4, CT1, CEOP2
A asistencia ás clases de taboleiro en grupos reducidos (seminarios) e as prácticas de laboratorio considerarase obrigatoria con carácter xeral. Dado que as prácticas de laboratorio están integradas na asignatura, a avaliación das mesmas incluirase na porcentaxe da avaliación continua. Ademáis, para aprobar a asignatura, o alumnado debe acadar a cualificación de apto nas prácticas de laboratorio.
Competencias avaliadas nas prácticas: CB3, CG10, CT4, CEOP2
"En caso de realización fraudulenta de exercicios ou probas, aplicarase o disposto no" Regulamento de avaliación do rendemento académico dos estudantes e revisión das cualificacións ”.
Horas presenciais teóricas: 33
Horas de tutorías: 2
Horas presenciais de seminarios: 4
Horas presenciais de prácticas: 12
Horas de examen e de revisión: 2
Horas non presenciais: 97
Total volume de traballo: 150 horas.
- É aconsellable que o alumno asista ás titorías.
- É importante manter o estudo da materia "ao día" e que intenten resolver os boletíns de problemas persoalmente. A resolución de problemas e cuestións é fundamental para a aprendizaxe desta materia.
- Unha vez finalizado un tema, é útil facer un resumo dos puntos importantes, asegurándose de coñecer o seu significado.
- Consultar e manexar os medios bibliográficos recomendados.
- Ler coidadosamente os guións subministrados polo profesor antes de comezar as prácticas de laboratorio.
- É conveniente o uso das titorías para aclarar dúbidas que se poidan presentar tanto na aula coma no laboratorio.
- Recoméndase consultar regularmente a aula virtual da materia, onde estará dispoñible a guía docente da materia, os guións das prácticas, os posibles boletíns de problemas e calquera outro material complementario que poida servir de axuda ao alumnado no seu estudo (enlaces web, etc.).
A materia impártese nas dúas linguas oficiais da comunidade autónoma.
Esta materia está incluída no proxecto "Escolle en galego-Sairache máis a conta" da USC, para o cal os materiais gozan dunha subvención do 50% do seu custo.
Maria Sagrario Garcia Martin
- Departamento
- Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía
- Área
- Química Analítica
- Correo electrónico
- sagrario.garcia.martin [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Juan Manuel Ortigueira Amor
Coordinador/a- Departamento
- Química Inorgánica
- Área
- Química Inorgánica
- Correo electrónico
- juanm.ortigueira [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Mércores | |||
---|---|---|---|
10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | 1P AULA 4 PRIMEIRA PLANTA |
Xoves | |||
10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán, Galego | 1P AULA 4 PRIMEIRA PLANTA |
29.05.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | 1P AULA 4 PRIMEIRA PLANTA |
27.06.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | 1P AULA 4 PRIMEIRA PLANTA |