Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Enxeñaría Química
Áreas: Enxeñaría Química
Centro Escola Técnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | (Si)
O obxectivo desta materia é facilitar ós futuros graduados en Enxeñería Química coñecementos sobre os fundamentos da Electrotecnia. Prestarase especial atención:
1.- Coñecer os fundamentos físicos e as ferramentas matemáticas que se aplican na Electrotecnia e a súa relación coas aplicacións prácticas da electricidade.
2.- Familiarizarse coa normativa vixente que se aplica ás instalacións eléctricas, así como aspectos básicos de seguridade e risco eléctrico.
3.- Identificar os diferentes elementos que forman parte das instalacións eléctricas domésticas e industriais.
4.- Coñecer as características principais dos motores eléctricos asíncronos e dos transformadores, así como da aparellaxe eléctrica utilizada nas instalacións eléctricas.
5.- En relación co Obxectivo de Desenvolvemento Sustentable da ONU “Enerxía accesible e non contaminante” (ODS 7) analizaranse os aspectos éticos da xeración e consumo de enerxía eléctrica renovable e non renovable.
6.- Promover as diversas competencias xerais e transversais asociadas á materia.
Os contidos (descritores) desta materia segundo a memoria do título son: “Corrente alterna. Circuítos de corrente alterna monofásica e trifásica. Potencia e enerxía en circuítos de corrente alterna monofásicos e trifásicos. Cálculo de liñas eléctricas e redes de distribución. Luminotecnia. Transformadores. Máquinas rotativas. Protección de instalacións e seguridade de persoas. Regulamentación vixente. Representación e proxectos de instalacións eléctricas. Tarifas e contratación da enerxía eléctrica. Prácticas de electrotecnia: manobra básica e automatización básica de máquinas eléctricas”.
Tendo en conta estes descritores a materia está estruturada en dous bloques, un a desenvolver na aula e outro no Laboratorio ou Aula de Informática:
BLOQUE I. Contidos teóricos e seminarios de Electrotecnia
Tema 1: Introdución á teoría dos circuítos eléctricos (5 h)
1.1.- Electrotecnia e Enxeñería Eléctrica.
1.2.- Nocións básicas: Corrente continua. Corrente alterna. Cables. Luminarias. Lámpadas. Motores eléctricos, transformadores.
1.3.- Circuítos de corrente continua:
1.3.1. Elementos activos ideais, fontes de tensión ou xeradores.
1.3.2. Elementos pasivos: Resistencia, Bobina, Condensador.
1.3.3. Nomenclatura, convenio de signos.
1.3.4. Leis de Kirchhoff .
1.3.5. Asociación de elementos activos e pasivos.
1.3.6. Análise de circuítos.
Tema 2. Corrente alterna monofásica (8 h)
2.1. Introdución. Onda sinusoidal, xeración e valores asociados.
2.2. Representación complexa dunha magnitude sinusoidal.
2.3. O dominio do tempo e o dominio da frecuencia.
2.4. Resposta sinusoidal dos elementos pasivos.
2.5. Análise de circuítos: Xeneralidades; Asociación de elementos pasivos; Métodos de resolución de circuítos.
2.6. Potencia dun circuíto en réxime de corrente alterna sinusoidal.
2.7. Potencia complexa, factor de potencia.
2.8. Corrección do factor de potencia.
Tema 3. Corrente alterna trifásica (8 h)
3.1. Sistemas trifásicos, características, xeración.
3.2. Conexión dos receptores, montaxe en triángulo e estrela.
3.3. Potencia en sistemas trifásicos.
3.4. Medida da potencia
3.5. Corrección do factor de potencia.
Tema 4. Máquinas eléctricas (8 h)
4.1. Transformador monofásico de potencia.
4.2. Transformador trifásico de potencia.
4.3. Motores eléctricos rotativos, principios xerais.
4.4. Motores asíncronos.
4.5. Arranque de motores asíncronos.
4.6. Motores síncronos.
Tema 5. Instalacións eléctricas (7 h)
5.1 O sistema eléctrico de potencia.
5.2. Regulamento Eléctrico de Baixa Tensión.
5.3. Compoñentes das Instalacións eléctricas.
5.4. Previsión de cargas.
5.5. Condutores, materiais e seccións.
5.6. Luminotecnia, lámpadas.
5.7. Seguridade das instalacións eléctricas:
5.7.1 Sobrecargas e curtocircuítos, protección das instalacións: Interruptores automáticos e fusibles.
5.7.2. Protección das persoas, interruptores diferenciais e tomas de terra.
5.8. Medida do consumo eléctrico
5.9. Compensación da enerxía reactiva.
5.10. Tarifas eléctricas.
5.11. Aspectos éticos da xeración e consumo de enerxía eléctrica.
BLOQUE II.
Obradoiro 1. Manobra e automatización básica de máquinas eléctricas (9 h)
Sesión 1. Aparellaxe e Seguridade nas instalacións eléctricas.
Sesión 2. Arranque e parada dun motor asíncrono trifásico.
Sesión 3. Inversión de xiro dun motor eléctrico trifásico.
Sesión 4. Modificación da velocidade de xiro dun motor eléctrico trifásico de CA mediante un variador de frecuencia: Determinación de potencias de axitación.
Obradoiro 2. Instalacións eléctricas: cálculo de seccións e instalacións de protección (6 h)
Sesión 5: Elementos das instalacións eléctricas.
Sesións 6 e 7: Deseño dunha instalación eléctrica básica.
Bibliografía básica:
Queijo García, G. (2018) Fundamentos de Tecnología Eléctrica. UNED. ISBN: 978-84-362-7314-4. (Libro electrónico Biblioteca USC)
Cerdá Filiu, Luis Miguel (2017) Electricidad y automatismos eléctricos. Ed. Paraninfo. ISBN 978-849-732-454-0. Sinatura B-ETSE: A022 59 (A/B).
Bibliografía complementaria:
Catalán Izquierdo S. (2014) Electrotecnia. Instalaciones eléctricas. Editorial Universitat Politécnica de Valencia. 1ª Edición. ). Sinatura B-ETSE: A022 64
Fraile Mora, J. (2012): Circuitos Eléctricos. Pearson Educación, S.A. Madrid. Sinatura B-ETSE: A022 66
Fraile Mora, J. (2008): Máquinas Eléctricas. McGraw-Hill, 6ª ed. Madrid. Sinatura B-ETSE: A022 53
MOLINA, José; CÁNOVAS RODRÍGUEZ, Francisco Javier (2012) Fundamentos de electrotecnia para ingenieros. Ed. Alfaomega, Marcombo ISBN: 978-607-707-580-6 (tomo 1); 978-607-707-612-4 (Tomo 2); 978-607-707-566-0 (tomo 3). Sinatura B-ETSE: A022 56 (A/B).
Moreno Alfonso, N. e Cano González, R. (2004): Instalaciones Eléctricas de Baja Tensión. Thomson Editores Spain. Madrid.
Real Decreto 842/2002, de 2 de agosto de 2002 por el que se aprueba el “Reglamento Electrotécnico para Baja Tensión e Instrucciones Técnicas Complementarias”. (Boletín Oficial del Estado. Edición actualizada, 23 de marzo de 2023)
Trabállase co alumno, nesta materia, a seguinte relación de competencias:
Competencias Xerais
CX.3. Coñecemento en materias básicas e tecnolóxicas, que os capacite para a aprendizaxe de novos métodos e teorías, e dóteos de versatilidade para adaptarse a novas situacións.
CX.6. Capacidade para o manexo de especificacións, regulamentos e normas de obrigado cumprimento.
CX.11. Coñecemento, comprensión e capacidade para aplicar a lexislación necesaria no exercicio da profesión de Enxeñeiro Técnico Industrial.
Competencias específicas
CI.4. Coñecemento e utilización dos principios de teoría de circuítos e máquinas eléctricas.
CI.6. Coñecementos sobre os fundamentos de automatismos e métodos de control.
Competencias transversais
CT.6. Resolución de problemas.
CT.7. Toma de decisións.
CT.11. Capacidade para comunicarse con expertos doutras áreas.
CT.13. Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica.
CT.19. Aprendizaxe autónoma.
Bloque I, clases expositivas e seminarios:
Combinaranse as clases maxistrais para presentar os contidos teóricos, coa resolución práctica de exercicios que ilustren os contidos teóricos. Durante os seminarios presenciais realizaranse pequenas probas de avaliación (exercicios, test) ás veces individuais e outras en grupos, co fin de avaliar a adquisición dos contidos vistos nas clases expositivas. Buscarase e fomentarase a participación do alumnado, tanto nas aulas expositivas como durante os seminarios.
Realizarase un seminario dedicado á selección de condutores eléctricos.
Está previsto a realización de actividades conxuntas coa materia de “Transporte de fluídos”, consistentes nun seminario de deseño dun proxecto de instalación de bombeo dun fluído e a realización da visita técnica (asistencia obrigatoria).
Bloque II. Prácticas:
Obradoiro experimental: No obradoiro de manobra e automatización básica de máquinas eléctricas, os alumnos, divididos en equipos, realizaran a montaxe de diversos circuítos que integran diversos elementos de potencia e control. Ao finalizar o obradoiro os alumnos entregarán unha memoria das actividades propostas.
Prácticas na aula de informática: Farase uso de software específico para o deseño de instalacións eléctricas. No remate do obradoiro os alumnos entregarán un traballo en equipo relacionado co cálculo de condutores usando o software das prácticas.
Titorías obrigatorias: As dúas horas de titoría en grupo dedicaranse á realización dunha visita técnica presencial ás instalacións eléctricas da ETSE e a posterior realización, en grupos de 2/3 persoas, dun breve traballo relacionado coa visita.
As titorías solicitadas polo alumnado, para consultas de dúbidas, realizaranse de forma presencial ou telemática usando MS Teams.
Contémplase o uso do Campus Virtual (Moodle) que se usará para a distribución dos materiais docentes, realización de probas tipo test e avisos ou entregas de actividades. Fomentarase o uso de follas de cálculo e do software específico de deseño de instalacións eléctricas para a resolución dalgúns dos problemas dos boletíns.
O desenvolvemento de competencias realizarase a través das diferentes actividades planificadas para a aprendizaxe da materia:
CX.3 Temas 1, 2, 3 e 4. Prácticas.
CX.6 Tema 5 e Prácticas.
CX.11 Tema 5 e Prácticas.
CI.4. Temas 1 a 4. Obradoiro experimental.
CI.6. Tema 5 e Obradoiro experimental.
CT.6. Exame. Seminarios da materia.
CT.7. Titoría e Prácticas.
CT.11. Titoría e Prácticas.
CT.13. Tema 5 e Prácticas
CT.19. Bloque I, aula e Prácticas.
A asistencia as prácticas e titorías da materia é obrigatoria para aprobar a materia, non se pode faltar máis de 3 h ás prácticas e recoméndase xustificar polo xeral as ausencias que se produzan durante as prácticas. Recoméndase asistir a todos os seminarios.
A avaliación será resultado dunha media ponderada no que se terán en conta os resultados obtidos no:
a. Exame: 50%.
b. Seminarios e participación na aula: 20%.
c. Prácticas: 20%.
d. Titorías:10%.
Para superar a materia é obrigatorio obter unha puntuación mínima do 40% da cualificación máxima correspondente ó exame, titorías e obradoiros e obter unha cualificación global mínima de 5,0. A cualificación máxima que obtería o alumno/a, se non se supera a puntuación mínima no exame, titoría ou prácticas sería de 4,9 suspenso. O exame da materia, contempla dúas partes, teoría (30% da cualificación global do exame) e problemas (70% da cualificación global do exame). Na parte de teoría avaliaranse contidos adquiridos tanto na aula, coma nos obradoiros ou as titorías realizadas.
Antes da realización do exame final, os alumnos coñecerán as notas obtidas nos seminarios, prácticas e titorías. Aqueles alumnos que acudiron as prácticas e titorías, pero non superaron o mínimo do 40% da puntuación correspondente a estas actividades, poderán ser cualificados de novo antes da realización do exame da segunda oportunidade.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Avaliación de actividades e competencias
Competencia Actividades
CX.3 Exame. Expositivas e Seminarios do Bloque I. Prácticas.
CX.6. Exame. Bloque I: tema 5. Bloque II: Prácticas na aula de informática.
CX.11 Exame. Bloque I: Tema 5. Bloque II: Prácticas.
CI.4. Exame. Bloque I: Temas 1 a 4. Bloque II: Prácticas.
CI.6. Obradoiro experimental.
CT.6. Exame. Interactivas de seminarios.
CT.7. Exame. Interactivas de seminario. Bloque II: Prácticas.
CT.11. Tema 5, prácticas na aula de informática e visita técnica.
CT.13. Prácticas, titoría.
CT.19. Exame. Clases expositivas. Prácticas.
A materia ten unha carga de traballo de 6 ECTS, correspondendo 1 crédito ECTS a 25 horas de traballo total. Na seguinte táboa indícase unha repartición aproximada destas horas de traballo:
Traballo presencial na ETSE, total: 58.0 h
Clases expositivas: 30.0
Seminarios: 6.0
Prácticas: 15.0
Titorías individualizadas: 2.0
Exame e revisión: 5.0
Traballo persoal, total: 92.0 h
Clases expositivas: 36.0
Seminarios: 18.0
Prácticas: 18.0
Titorías individualizadas: 4.0
Exame e revisión: 16.0
HORAS TOTAIS: 150.0 (6 ECTS)
No traballo presencial indícanse o número de horas que se planificaron para as diversas actividades que se realizarán: aulas de teoría, problemas, obradoiros no laboratorio e na aula de informática, titorías, así como exame. No traballo persoal estimáronse as asociadas ás actividades do estudante fóra da aula. As horas totais, 150 h, son suma das horas de traballo persoal e presencial e axústanse ós correspondentes 6 ECTS asignados á materia.
É recomendable que os estudantes superaran as materias de Matemáticas e Física. Tamén recoméndase a asistencia a clase, así como o uso do Campus Virtual da materia (Moodle) e de MS Teams de acordo coas indicacións sinaladas anteriormente.
A docencia impártese en galego; manexaranse fontes de información en inglés.
A admisión e permanencia do alumnado matriculado no laboratorio de prácticas require que estes coñezan e cumpran as normas incluídas no “Protocolo de formación básica en materia de seguridade para espazos experimentais” da Escola Técnica Superior de Enxeñería, dispoñible no apartado de seguridade da súa web ao que podes acceder do seguinte xeito:
1. Accede á túa intranet.
2. Entra en Documentación/Seguridade/Formación.
3. Preme en "Protocolo de formación básica en materia de seguridade para espazos experimentais”.
Ademais, o alumnado disporá dun guión de prácticas, no que se recollerán os aspectos máis relevantes en relación á seguridade e prevención de riscos asociados co uso da electricidade.
Juan Manuel Garrido Fernandez
Coordinador/a- Departamento
- Enxeñaría Química
- Área
- Enxeñaría Química
- Teléfono
- 881816778
- Correo electrónico
- juanmanuel.garrido [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Maria Angeles Val Del Rio
- Departamento
- Enxeñaría Química
- Área
- Enxeñaría Química
- Correo electrónico
- mangeles.val [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Alberte Regueira Lopez
- Departamento
- Enxeñaría Química
- Área
- Enxeñaría Química
- Correo electrónico
- alberte.regueira [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Isabella Narvaez Prado
- Departamento
- Enxeñaría Química
- Área
- Enxeñaría Química
- Correo electrónico
- isabella.narvaez.prado [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Ministerio