Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego, Inglés
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Enxeñaría Agroforestal
Áreas: Expresión Gráfica da Enxeñaría
Centro Escola Técnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Adquisición de coñecementos sobre:
• Contexto, utilidade e fundamentos da linguaxe gráfica técnica
• Fundamentos dos sistemas de representación diédrico, axonométrico e de planos acoutados
• Normas fundamentais do debuxo industrial e simboloxía empregada na industria química
• Funcionamento dun programa de debuxo asistido por ordenador
Adquisición de capacidade e destreza para:
• Razoar espacialmente e visualizar mentalmente as formas
• Utilizar o debuxo a man alzada para plasmar ideas, esbozar formas e analizar problemas xeométricos
• Resolver os problemas xeométricos habituais dentro do campo da enxeñería mediante a aplicación dos sistemas de representación
• Aplicar as normas fundamentais do debuxo industrial
• Manexar ferramentas informáticas de debuxo
• Interpretar e ser capaz de elaborar a documentación gráfica dos traballos profesionais da titulación
Por último, preténdese que o alumno alcance os valores ou aptitudes de:
• Creatividade nos ámbitos académico e profesional
• Razoamento crítico
• Compromiso ético
• Motivación pola calidade
A materia estrutúrase en catro bloques de contidos
Bloque I – Linguaxe gráfica e Sistemas de Representación
1. LINGUAXE GRÁFICA E ENXEÑERÍA
- O debuxo técnico como ferramenta de comunicación da técnica
- O problema da representación gráfica técnica. Breve historia da súa evolución
- Bases científicas da representación. A proxección. Sistemas de Representación: clasificación, fundamentos e uso
- Conceptos básicos da representación mediante proxeccións ortogonais
- Conceptos básicos da representación axonométrica
2. ASPECTOS INSTRUMENTAIS
- Materiais para a execución de debuxos técnicos
- Escalas
- Trazados xeométricos básicos
- Debuxo a man alzada. Esbozado de pezas. Perspectivas a man alzada
Bloque II - Xeometría Descritiva básica
3. SISTEMA DIÉDRICO. FUNDAMENTOS
- Fundamentos. Representación do punto. Métodos tradicional e directo
- Representación da recta. Pertenza punto recta. Posicións favorables
- Representación do plano. Determinación. Pertenza recta-plano e punto-plano. Posicións favorables. Rectas notables
4. S. D. OBTENCIÓN DE VISTAS AUXILIARES MEDIANTE CAMBIOS DE PLANO
- Concepto e execución dos cambios de plano
- Cambio de plano vertical: alzados auxiliares. Cambio de plano horizontal: plantas auxiliares
- Cambios de plano sucesivos e aplicación ás vistas auxiliares dobres
5. S. D. MEDICIÓN E OBTENCIÓN DE VERDADEIRAS MAGNITUDES MEDIANTE XIROS E ABATEMENTOS
- Xiro dun segmento a posición frontal ou horizontal
- Abatemento. Abatemento sobre planos horizontais e frontais
- Abatemento de planos proxectantes
- Resolución de problemas de verdadeira magnitude
6. S. D. PROBLEMAS BÁSICOS DE INTERSECCIÓNS, PARALELISMO, PERPENDICULARIDADE E DISTANCIAS
- Intersección de recta e plano. Resolución mediante plano auxiliar. Resolución mediante cambio de plano. Visibilidade
- Intersección de planos. Resolución mediante cambios de plano. Visibilidade.
- Paralelismo entre rectas, entre planos e entre recta e plano
- Teoremas da perpendicularidade e aplicación á perpendicularidade entre recta e plano
- Distancia entre dous puntos
7. SISTEMA AXONOMÉTRICO
- Utilidade
- Fundamentos e definicións
- Axonometría ortogonal. Relación entre eixes e coeficientes redutores. Tipos de axonometría ortogonal
- Axonometría isométrica
- Dimetría normalizada
- Axonometría oblicua: perspectivas cabaleira e militar
Bloque III – Normalización da representación
8. NORMALIZACIÓN DO DEBUXO TÉCNICO
- Concepto de normalización: orixe e finalidade
- Normalización española: normas UNE. AENOR
- Outras normas: ISO, DIN, BS, ANSI… Correspondencia
- Normas UNE de debuxo técnico. Visión global
- Normas UNE sobre presentación dos debuxos técnicos: formatos, pregado de planos, escritura, cadro de rotulación
9. A NORMALIZACIÓN DA REPRESENTACIÓN: VISTAS ORTOGONAIS
- Norma UNE-EN ISO 5456-2:2020 sobre representacións ortográficas
- Norma UNE-EN ISO 128-1:2020 sobre principios xerais de representación
- Denominación e disposición das vistas: métodos e símbolos que os representan
- Criterios de elección das vistas
- Interpretación e medición de modelos en perspectiva isométrica
- Liñas normalizadas
- Vistas particulares. Vistas auxiliares simples e dobres.
- Vistas interrompidas, parciais, locais e detalles.
- Outros convenios: partes contiguas. Interseccións ficticias. Representación simplificada de interseccións. Caras planas. Vistas simétricas. Elementos repetitivos. Detalles ampliados. Contornos primitivos. Elementos roscados.
10. VISTAS SECCIONADAS
- Cortes, seccións e roturas. Conceptos. Utilidade
- Raiados
- Xeneralidades sobre os cortes
- Corte total por un plano
- Corte total por varios planos: a) Planos paralelos desprazados; b) Planos sucesivos; c) Planos concorrentes xirados
- Medio corte ou corte ao cuarto. Rotura
- Simplificacións que afectan os cortes
- Seccións abatidas con e sen desprazamento. Seccións sucesivas
11. ACOUTAMENTO
- Concepto, definicións e aplicación. Norma UNE-EN ISO 129-1:2019
- Elementos de acoutamento: liñas auxiliares, liñas de cota, liñas de referencia, extremos e símbolos
- Regras de presentación das cotas
- Modos de organización das cotas
- Acoutamento de elementos especiais: círculos, raios, arcos, esferas, cadrados, chafrans, etc.
- Tolerancias dimensionais
- Acoutamento en axonometría.
Bloque IV - Manexo básico dun programa de debuxo con ordenador
12. INICIACIÓN, CONTORNO E UTILIDADES
- Gráficos por ordenador
- Pantalla do programa
- Introdución de comandos. Anulación e rectificación de ordes
- Introdución de datos. Coordenadas.
- Xestión dos debuxos. Debuxo patrón
- Formato de unidades
- Referencia a obxectos. Filtros de coordenadas
13. COMANDOS BÁSICOS PARA EMPEZAR A DEBUXAR
- Debuxo de liñas e circunferencias
- Borrado, desprazamento e copia
- Recortado e alongamento
- Encadre e zum básicos
- Forzado do cursor, grella, orto e rastrexo polar
14. PROPIEDADES DOS OBXECTOS
- Propiedades dos obxectos
- Capas. Xestión de capas
- Cores
- Tipos de liña. Escala dos tipos de liña
- Grosor
- Cambio de propiedades
15. TEXTOS
- Proceso para a escritura de textos
- Definición do estilo de texto
- Textos de liñas soltas
- Parágrafos
- Modificación de textos
16. PRESENTACIÓNS
- Espazo modelo e espazo papel
- Creación de presentacións
- Configuración da páxina
- Ventás gráficas
- Manexo da escala. Bloqueo da escala
- Control das capas nas presentacións
- Introdución ó trazado
17. COMANDOS DE DEBUXO
- Elementos lineais: liñas, polilíñas, liñas auxiliares e radiacións
- Polígonos, rectángulos
- Circunferencias e arcos
- Elipses e arcos elípticos
- Recheo con patróns de sombreado
- Outros comandos de debuxo: puntos, liñas múltiples, coroas circulares recheas, curvas splines e liñas a man alzada, nubes de revisión, coberturas e rexións
18. COMANDOS DE MODIFICACIÓN
- Selección de obxectos
- Desprazamento rotación e aliñación
- Copias. copia equidistante, matriz, copia simétrica
- Achafranado e redondeo de interseccións
- Axuste do tamaño e estiramento
- Recortar e partir
- Dividir e graduar
- Descomposición e unión
- Modificación de poliliñas
- Modificación doutros obxectos
19. CONSULTAS E CONTROL DA VISUALIZACIÓN.
- Obtención de axuda e información
- Distancias, áreas e localización de puntos
- Redebuxado e rexeneración
- Encadre e zum
- Subdivisión da pantalla en espazo modelo
- Vistas
20. ACOUTAMENTO CO PROGRAMA
- A norma UNE de acoutamento
- Terminoloxía específica do programa
- Variables e estilos de acoutamento
- Creación de cotas. Tipos
- Modificación das cotas
21. GRUPOS, BLOQUES E ATRIBUTOS
- Grupos
- Bloques. Creación de bloques.
- Inserción de bloques. Redefinición
- Atributos. Creación de bloques con atributos
22. TRAZADO E PUBLICACIÓN
- Introdución ao trazado e á publicación
- Configuración das presentacións para o seu trazado
- Tamaño e orientación do papel
- Escala de impresión: impresión desde a ficha modelo e desde unha presentación. Diferenzas
- Definición de táboas de estilo de trazado: estilos dependentes da color e estilos gardados
- Previsualización
- Creación de debuxos electrónicos. Publicación de arquivos DWF. Visores.
- Inserción de debuxos noutras aplicacións. Impresión en formatos PDF, JPG e EPS.
23. INTRODUCCIÓN Ó MODELADO 3D
- Creación de sólidos básicos. Extrusión. Rotación.
- Operacións de modificación: operacións buleanas, gizmos de xiro, escala e desprazamento. Estampación e cortes
- Xeración automática de vistas ortogonais. Aliñación das vistas
- Introdución ó programa SketchUp
PROGRAMA DA PARTE PRÁCTICA:
Práctica 1: Resolución de tanxencias con CAD. Aplicación ao debuxo de cabezáis de tanques.
Práctica 2: Inserción de imaxes e táboas en CAD. Creación e inserción de bloques. Aplicación á elaboración do plano dun diagrama de fluxo da industria química.
Práctica 3: Aplicación dos cambios de plano á obtención de vistas auxiliares dobres.
Práctica 4: Introdución ao modelado 3D con CAD dunha peza mecánica e obtención automática de proxeccións ortogonais e isométricas. Preparación da documentación gráfica derivada.
Práctica 5: Debuxo a man alzada. Esbozo de perspectivas e vistas.
Práctica 6: Representacións axonométricas á partir da lectura de vistas diédricas.
Práctica 7-Representación de cortes e acoutamento.
Práctica 8-Realización do plano dunha peza mecánica complexa: vistas ortogonais e parciais, debuxo isométrico, acoutamento. Preparación da presentación do plano con varias ventás gráficas. Xestión das escalas e as capas nas ventás gráficas.
Bibliografía básica:
GIMÉNEZ PERIS, Vicente, 2007. Diédrico Directo Tomo I: Teoría y 190 ejercicios de aplicación. Madrid: Autor. ISBN: 84-612-0780-7. Dispoñible na biblioteca da ETSE: A050 47.
RAMOS BARBERO, Basilio e Esteban GARCÍA MATÉ, 2016. Dibujo Técnico. 3ª edición. Madrid: AENOR.. ISBN 978-84-17891-23-7 (versión PDF); ISBN 978-84-8143-918-2 (versión impresa). Dispoñible na biblioteca da ETSE: A050 43.
GONZALO GONZALO, Joaquín, 2007. Sistema Diédrico Directo. 2ª edición. San Sebastián: Donostiarra. ISBN: 978-84-7063-380-5. Dispoñible na biblioteca da ETSE: A050 36.
Bibliografía complementaria:
FERNÁNDEZ SAN ELÍAS, Gaspar, 2004. Prácticas de dibujo técnico 6: Vistas y visualización de formas, ESO, Bachillerato y ciclos formativos. San Sebastián: Donostiarra. ISBN: 84-7063-315-5. Dispoñible na biblioteca da ETSE: A050 38.
BERTRAN I GUASP, Josep, 2005. Sistema diédrico directo. San Sebastián: Donostiarra. ISBN: 84-7063-197-7. Dispoñible na biblioteca da ETSE: A050 44.
FÉLEZ, J. MARTÍNEZ, M.L., 1995. Dibujo Industrial. Madrid: Síntesis. ISBN: 84-7738-331-6. Dispoñible na biblioteca da ETSE: A050 42.
SPECK, H. J. e V. VIEIRA PEIXOTO, 2016. Manual básico de desenho técnico. Florianápolis, Brasil. ISBN: 9788532807823.
BERTOLINE, G.R. et al., 2009. Technical Graphics Communication.4th edition. Boston: McGrawHill, 2009. ISBN: 987-0-07-312837-5
SÁNCHEZ GALLEGO, J.A., 1996. Geometría descriptiva: Sistemas de proyección cilíndrica. Barcelona: Edicións UPC. ISBN: 84-8301-022-4.
Apuntes de AutoCAD elaborados polos profesores da Área de Expresión Gráfica. Están dispoñibles para a descarga no Campus Virtual.
MONTAÑO DE LA CRUZ, F., 2017. Autocad. Madrid: Anaya. ISBN: 9788441539426.
CALLE, J., 2014. SketchUp Pro: Manual básico. Íscar Software de Arquitectura. ISBN: 978-84-617-2019-4. Dispoñible na biblioteca da ETSE: A050 45.
Material de autoaprendizaxe de SketchUp. En https://learn.sketchup.com/collections?page=2 [Último acceso 14/05/2023].
A materia contribúe a acadar as seguintes competencias:
Competencias específicas básicas
FB5.- Capacidade de visión espacial e coñecemento das técnicas de representación gráfica, tanto por métodos tradicionais de xeometría métrica e xeometría descritiva, como mediante as aplicacións de deseño asistido por ordenador.
Competencias básicas e xerais
CB5.- Que os estudantes desenvolvan as habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
CG6.- Capacidade para o manexo de especificacións, regulamentos e normas de obrigado cumprimento.
Competencias transversais
CT2.- Capacidade de organizar e planificar
CT4.- Habilidades para o uso e desenvolvemento de aplicacións informáticas
CT15.- Motivación por a calidade
CT17.- Creatividade
CT19.- Aprendizaxe autónoma
A actividade presencial distribúese en cinco tipos de sesións:
a) Clases maxistrais
Impártense nas aulas de teoría e nelas destínase a maior parte do tempo á exposición ordenada e razoada dos contidos de cada un dos temas dos tres primeiros bloques da materia. A exposición realízase con apoio audiovisual e o uso do encerado. Preténdese que cada clase constitúa un acto de aprendizaxe e que o alumno manteña unha actitude activa.
A dinámica dunha sesión deste tipo compleméntase con algunhas das seguintes actividades:
- proposta e resolución de exercicios de aplicación directa dos conceptos explicados
- proposta de exercicios rápidos: tests mediante aplicacións para móbiles, xogos, etc.
- recomendacións para o estudo con indicación dos erros frecuentes
- proposta de exercicios para traballo persoal
- entrega de exercicios corrixidos con comentario de erros frecuentes
- avance dos contidos da sesión seguinte
Desenvólvense as competencias FB5, CB5, CG6, CT2 e CT19
b) Seminarios
Nestas sesións afróntanse os temas de maior dificultade conceptual, cunha interacción máis fluída entre os estudantes e a profesora. Son sesións activas nas que os alumnos realizan actividades prácticas que facilitan a asimilación dos conceptos expostos nas clases maxistrais ou impartidos mediante material audiovisual co método de clase invertida.
Desenvólvense as competencias FB5, CG6, CT2, CT14, CT15, CT17 e CT19
c) Sesións practicas
Son sesións interactivas realizadas en grupos reducidos de alumnos en aulas especiais, para debuxo manual e con ordenador.
Teñen por obxectivo a adquisición de destreza na resolución de problemas xeométricos e a adquisición de habilidade no uso das aplicacións informáticas de debuxo asistido por ordenador.
Os alumnos dispoñen anticipadamente dos enunciados das prácticas. Utilízase o campus virtual para a descarga de arquivos e o envío das prácticas resoltas.
Utilízanse os programas informáticos AutoCAD para Windows e SketchUp Free.
Desenvólvense as competencias FB5, CB5, CG6, CT2, CT4, CT15, CT17 e CT19
d) Titorías en grupo
Son sesións interactivas en grupos pequenos de alumnos, e teñen a finalidade incidir en aspectos de especial dificultade. Os exercicios propostos máis significativos recóllense e devólvense corrixidos e comentados.
Desenvólvense as competencias FB5, CG6, CT2, CT15, CT17 e CT19
e) Titorías individuais
Os alumnos poden acudir de forma voluntaria ó despacho da profesora durante o horario de titorías de despacho para a aclaración de dúbidas, solicitude de material complementario ou para calquera outra cuestión relacionada coa materia. Estas titorías pódense realizar de forma remota a través da plataforma MS Teams.
O traballo que o alumno debe realizar de forma individual consiste en
f) Estudio de material audiovisual para clases invertidas
As partes do temario que se impartan co método de clase invertida requirirán que o alumno estude previamente o material audiovisual que se indique. Desenvólvense as competencias FB5, CB6, CT2, CT4 e CT19.
g) Realización dos exercicios das coleccións dispoñibles no campus virtual.
Para cada parte do temario disponse dunha colección de exercicios de dificultade crecente, acompañados das súas solucións, destinados a afianzar os coñecementos e adquirir as habilidades previstas nos obxectivos da materia. Desenvólvense as competencias FB5, CG6, CT2, CT15, CT17, CT19.
h) Realización das prácticas autónomas
En cada sesión de prácticas de laboratorio, tanto de debuxo manual como asistido por ordenador, proporase unha práctica para a execución autónoma por parte do alumno. A súa finalidade e incidir nos aspectos desenvolvidos durante a sesión práctica para propiciar a súa asimilación.
Utilízanse os programas informáticos AutoCAD para Windows e SketchUp Free.
Desenvólvense as competencias FB5, CG6, CT2, CT4, CT15, CT17, CT19.
i) Realización dos exercicios, tests, concursos e demais actividades propostas. Desenvólvense as competencias CE5, FB5, CG6, CT4, CT15, CT17, CT19.
j) Campus virtual
O campus virtual complementa ás clases presenciais. A páxina da materia vaise actualizando a medida que avanza o programa reflectindo puntualmente os temas e actividades de cada sesión, con enlaces aos materiais utilizados que os alumnos poden descargar. Algúns dos temas impartiranse co método de clase invertida, e o estudante accederá ós materiais audiovisuais que deberá estudar antes da clase.
As prácticas e os traballos individuais realizados dixitalmente entréganse a través dos enlaces previstos na páxina da materia. Pódese acceder ós exames de anos anteriores, coas correspondentes solucións.
Os alumnos reciben a corrección comentada e corrixida dos seus exercicios e a cualificación outorgada.
Disponse dun apartado con contidos extracurriculares relacionados coa materia cos que se pretende estimular a curiosidade intelectual do alumno e a capacidade de relacionar coñecementos de distintas naturezas.
A cualificación componse nun 40% da avaliación continua do traballo desenvolvido durante o curso (C), e nun 60% no resultado dun exame final (F).
AVALIACIÓN CONTINUA.
Consistirá en:
-C1: Prácticas obrigatorias (presenciais e autónomas): 25% da cualificación final. Avalía a adquisición das competencias FB5, CB5, CG6, CT2, CT15, CT4, CT17 e CT19.
-C2: Actividades desenvolvidas en seminarios: 5% da cualificación final. Avalía a adquisición das competencias FB5, CB5, CG6, CT2, CT4, CT15 e CT19.
-C3: Actividades desenvolvidas durante as titorías de grupo: 10% da cualificación final. Avalía as competencias FB5, CB5, CG6, CT2, CT4, CT15 e CT19.
AVALIACIÓN DO EXAME FINAL
A avaliación do exame final (F) consistirá na execución de 4 probas, unha sobre conceptos e tres de resolución de exercicios prácticos. Cada proba cualifícase de 0 a 10 puntos e deberá acadar unha nota maior ou igual a 3 puntos. A cualificación será a media das catro, sempre que todas obteñan ou superen a nota mínima. Avalía a adquisición das competencias FB5, CB5, CG6, CT2, CT15, CT17 e CT19.
CUALIFICACIÓN DA MATERIA
Cada proba cualifícase de 0 a 10 puntos A materia considérase aprobada se se cumpren as tres seguintes condicións:
1ª) A cualificación do exame final é igual ou maior de 4 puntos.
2ª) A cualificación do traballo realizado durante o curso (C = 0,625 x C1 + 0,125 x C2 + 0,25 x C3) é igual ou maior que 5 puntos.
3ª) A cualificación final da materia, CF = 0,60 x F + 0,40 x C é igual ou maior de 5 puntos.
Se no exame final non se acada a nota mínima indicada, non se computarán as partes C1, C2 e C3 e a cualificación final será a obtida no exame (CF = F).
O sistema de avaliación será o mesmo nas dúas oportunidades da convocatoria.
AVALIACIÓN POR COMPETENCIAS
C1-Prácticas: FB5, CB5, CG6, CT2, CT4, CT15, CT17 e CT19
C2-Seminarios: FB5, CB5, CG6, CT2, CT4, CT15 e CT19
C3-Titorías de grupo: FB5, CG6, CT4, CT15, e CT19
F-Exame final: FB5, CB5, CG6, CT2, CT14, CT15, CT17 e CT19
ASISTENCIA A CLASE
Deberá constar á asistencia a, polo menos, o 80% das sesións prácticas para poder presentarse ós exames, en calquera das dúas oportunidades da convocatoria ordinaria e na convocatoria extraordinaria.
AVALIACIÓN DA SEGUNDA OPORTUNIDADE
O método de avaliación e as condicións previas para presentarse ó exame son as mesmas que para os alumnos da primeira oportunidade.
AVALIACIÓN DA CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA
O método de avaliación e as condicións previas para presentarse ao exame son as mesmas que para os alumnos das convocatorias ordinarias.
CONCILIACIÓN
Os alumnos que non poidan cumprir co requisito de asistencia obrigatoria ás sesións prácticas de clase por unha circunstancia debidamente xustificada ou por dispensa legal, deberán comunicalo para que se lles asigne un método de aprendizaxe alternativo.
REVISIÓN DE EXAMES
Para a revisión de exames establecerase un horario segundo o establecido pola normativa vixente da universidade. Nestas sesións os alumnos terán acceso aos seus exames corrixidos e cualificados e os criterios de cualificación empregados.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
A materia ten asignados 6 créditos ECTS, distribuídos en clases maxistrais, seminarios, prácticas, titorías de grupo e o exame e a súa revisión. Os tempos asignados a cada parte son:
Clases expositivas: 28 horas presenciais e 42 de traballo do alumno.
Seminarios: 6 horas presenciais e 9 de traballo do alumno.
Prácticas: 15 horas presenciais e 8 de traballo do alumno.
Titorías en grupo: 2 horas presenciais e 8 de traballo do alumno.
Titorías individuais: 2 horas presenciais e 3 e traballo do alumno
Exame e revisión: 5 horas presenciais e 22 de traballo do alumno.
Total: 58 h presenciais e 92 h de traballo do alumno.
A progresión da materia require que os coñecementos se manteñan ó día para poder asimilar os conceptos que se van incorporando nas clases.
A visión espacial necesaria para a comprensión da materia precisa dun grado de abstracción que require certo tempo de exercitación. Neste sentido deberán seguir as actividades específicas que para esta finalidade se propoñen a principio de curso.
Os alumnos que non cursaron Debuxo Técnico no bacharelato deben ser conscientes de que a materia vailles demandar unha dedicación especial, sobre todo nas primeiras semanas.
Outras recomendacións:
- A realización dos exercicios propostos nos prazos indicados
- A asistencia as titorías individuais para a resolución de dúbidas
- A utilización dos materiais complementarios subministrados a través do Campus Virtual
- A consulta frecuente da bibliografía básica recomendada.
As clases impártense en galego. Establecese un grupo con docencia en inglés.
A docencia compleméntase co uso do Campus Virtual.
Os alumnos precisan acudir a clase provistos de ordenador.
Utilizaranse os programas AutoCAD para Windows e SketchUp Free, ambos dispoñibles e gratuitos para os estudiantes.
Recoméndase o uso de ordenadores con entorno Windows xa que a USC non da asistencia técnica para outros sistemas operativos.
Pablo Nuñez Otero
Coordinador/a- Departamento
- Enxeñaría Agroforestal
- Área
- Expresión Gráfica da Enxeñaría
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOSU
Martes | |||
---|---|---|---|
17:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula A1 |
Mércores | |||
19:00-20:00 | Grupo /CLIL_01 | Galego | PROXECTOS |
Xoves | |||
19:00-20:00 | Grupo /CLIL_02 | Galego | PROXECTOS |
Venres | |||
17:00-18:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego | Aula A1 |
18:00-19:00 | Grupo /CLIL_03 | Galego | PROXECTOS |
21.01.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_01 | Aula Traballo |
21.01.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula Traballo |
21.01.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_02 | Aula Traballo |
21.01.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula Traballo |
21.01.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_03 | Aula Traballo |
21.01.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Traballo |
20.05.2025 09:15-14:00 | Grupo /CLIL_03 | Aula A3 |
20.05.2025 09:15-14:00 | Grupo /CLIL_01 | Aula A3 |
20.05.2025 09:15-14:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula A3 |
20.05.2025 09:15-14:00 | Grupo /CLIL_02 | Aula A3 |
20.05.2025 09:15-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A3 |
20.05.2025 09:15-14:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula A3 |
20.05.2025 09:15-14:00 | Grupo /CLIL_02 | Aula A4 |
20.05.2025 09:15-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A4 |
20.05.2025 09:15-14:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula A4 |
20.05.2025 09:15-14:00 | Grupo /CLIL_03 | Aula A4 |
20.05.2025 09:15-14:00 | Grupo /CLIL_01 | Aula A4 |
20.05.2025 09:15-14:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula A4 |
01.07.2025 09:15-14:00 | Grupo /CLIL_01 | Aula A1 |
01.07.2025 09:15-14:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula A1 |
01.07.2025 09:15-14:00 | Grupo /CLIL_02 | Aula A1 |
01.07.2025 09:15-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A1 |
01.07.2025 09:15-14:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula A1 |
01.07.2025 09:15-14:00 | Grupo /CLIL_03 | Aula A1 |