Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 92 Horas de Titorías: 9 Clase Expositiva: 27 Clase Interactiva: 22 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Enxeñaría Química
Áreas: Enxeñaría Química
Centro Escola Técnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
O obxectivo desta materia é facilitar ao estudantado o coñecemento sobre os fundamentos das máquinas e os seus mecanismos, familiarizándoo coas ferramentas para o deseño e dimensionado das súas pezas, aplicando os principios e cálculos propios da resistencia de materiais. En definitiva, debe lograr capacitar o estudantado para realizar a análise cinemática e dinámica de mecanismos e máquinas e para o deseño e proxecto dos diferentes sistemas estruturais a partir da análise das propiedades mecánicas dos seus materiais.
Os contidos (descritores) desta materia segundo a memoria do título son: Coñecemento dos principios de teoría de máquinas e mecanismos. Coñecemento e utilización dos principios da resistencia de materiais. Fundamentos da xeotecnia. Cálculo de estruturas e depósitos a presión.
Tendo en conta estes descritores a materia está estructurada en tres bloques:
BLOQUE I. Fundamentos de máquinas
Tema 1. Introdución á teoría das máquinas.
Tema 2. Análise cinemática de mecanismos e máquinas.
Tema 3. Análise dinámica de mecanismos e máquinas.
Tema 4. Elementos de máquina, levas, engrenaxes, transmisións e mecanismos de parafuso.
BLOQUE II. Resistencia de MateriaIs
Tema 5. Introdución
Tema 6. Tracción e Compresión. Análise de tensións e deformacións. Esforzos en depósitos de parede delgada
Tema 7. Flexión. Análise de tensións e deformacións
Tema 8. Pandeo ou Empenamento. Flexión composta. Cortadura e torsión de barras
Tema 9. Accións na edificación. Cálculo de estruturas
BLOQUE III. Prácticas
Prácticas de Fundamentos de máquinas.
Prácticas de Resistencia de materiais.
Bibliografía básica:
BLOQUE I. Fundamentos de Máquinas
SIMÓN, A., BATALLER, A., CABRERA, J.A., EZQUERRO, F., GUERRA, A.J., NADAL, F. y ORTIZ, A. Fundamentos de Teoría de Máquinas, 4ª Ed., Bellisco Ediciones Técnicas y Científicas, Madrid, 2014. ISBN 9788492970643
BLOQUE II. Resistencia de Materiales
GERE, J.M. Timoshenko. Resistencia de materiales, Paraninfo, S. A. Madrid, 2009. ISBN 9788497320658.
Bibliografía complementaria:
BLOQUE I. Fundamentos de Máquinas
MYSZKA, D. H. Máquinas y mecanismos. 4ª ed. Pearson, México, 2012. ISBN 978-607-32-1215-1
SHIGLEY, J.E. y UICKER, J.J. Teoría de Máquinas y Mecanismos, McGraw-Hill, México, 1998. ISBN 968-451-297-X
BLOQUE II. Resistencia de Materiais
Normativas. CTE-Código Técnico de la edificación. Seguridad estructural
ARGÜELLES, R. y ARGÜELLES, R. Análisis de estructuras: Teoría, Problemas y Programas, Fundación Conde del Valle de Salazar, Madrid, 1996. ISBN 84-86793-37-8.
ORTIZ BERROCAL, L. Resistencia de materiales, McGraw-Hill, Madrid, 2007. ISBN 9788448156336.
Ao superar esta materia o estudante terá adquiridas as seguintes competencias:
Xerais
CG.6. Capacidade para o manexo de especificacións, regulamentos e normas de obrigado cumprimento.
CG.11. Coñecemento, comprensión e capacidade para aplicar a lexislación necesaria no exercicio da profesión de Enxeñeiro Técnico Industrial.
Específicas
CI.7.Coñecemento dos principios de teoría de máquinas e mecanismos.
CI.8. Coñecemento e utilización dos principios da resistencia de materiais.
Transversais
CT.4. Habilidades para o uso e desenvolvemento de aplicacións informáticas.
CT.6. Resolución de problemas.
CT.8. Traballo en equipo.
Clases expositivas e seminarios:
Nas clases expositivas e seminarios presenciais, realizarase unha avaliación continua da materia. Fomentarase a participación activa do alumnado, tanto nas clases expositivas como nas sesións interactivas. A simple asistencia á clase non se avaliará, polo que non é obrigatoria. As clases expositivas combinarán a docencia en formato de clase maxistral para presentar os contidos con exercicios prácticos para ilustrar os contidos teóricos. As clases interactivas ou seminarios centraranse na presentación e resolución de casos prácticos co fin de enfatizar e complementar os contidos tratados nas clases expositivas. Ademais, nas clases de seminario realizaranse catro actividades de avaliación continua, que consistirán na resolución e entrega de casos prácticos:
Semana 3: Caso práctico sobre análise cinemática (Bloque I)
Semana 6: Caso práctico sobre análise dinámica (Bloque I)
Semana 10: Caso práctico sobre resistencia á tracción (Bloque II)
Semana 14: Estudo de caso sobre análise de feixes (Bloque II)
Prácticas na aula de informática:
A realización das prácticas é obrigatoria. A asistencia ás sesións prácticas é imprescindible, tal e como se establece na normativa da Universidade de Santiago de Compostela, e as ausencias deberán xustificarse segundo o disposto nela. Durante o bloque de prácticas de informática empregarase software específico (WinMecC, MDSolids, por exemplo) e tamén poderán ser necesarias outras ferramentas matemáticas como follas de cálculo de Excel, etc. Empregaranse para realizar análises cinemáticas e dinámicas de mecanismos e o cálculo de estruturas. As actividades que se levarán a cabo nas prácticas son:
Bloque I (semanas 9 e 10, segundo a programación do centro): entrega durante as dúas sesións prácticas de exemplos de análise cinemática e dinámica resoltos con WinMecC.
Bloque II (semanas 11, 12 e 13, segundo a programación do centro): entrega de problemas de resistencia de materiais resoltos con MDSolids na última sesión práctica.
Titoría en grupo:
As titorías en grupo son obrigatorias. Consistirá na preparación de 2 proxectos en equipo, un do bloque de Fundamentos de Máquinas e outro do bloque de Resistencia de Materiais, e a súa posterior presentación, preferentemente, nas semanas 7 (Bloque I) e 14 (Bloque II).
Utilizarase o Campus Virtual (Moodle) para a distribución do material didáctico e outro complementario, para a ampliación dos temas dados en clase e fomentar o estudo autónomo do estudante, así como follas de cálculo (Excel) para a resolución dalgúns dos problemas dos boletíns. Tamén se utilizará o Campus Virtual como medio de comunicación non presencial estudante/docente.
Na metodoloxía tense en conta o desenvolvemento das competencias do xeito seguinte:
CG.6 Clases maxistrais, Seminarios e Titorías grupais do bloque I e II
CG.11 Clases maxistrais e Titorías grupais do bloque I e II
CI.7 Clases maxistrais, Seminarios e Titorías grupais do bloque I e Prácticas Bloque III
CI.8 Clases maxistrais, Seminarios e Titorías grupais do bloque II e Prácticas Bloque III
CT.4 Prácticas Bloque III
CT.6 Seminarios e Titorías grupais dos bloques I e II, Prácticas Bloque III
CT.8 Seminarios dos bloques I e II, Titorías grupais Bloque II, Prácticas Bloque III
A avaliación consistirá nunha suma das seguintes valoracións parciais:
a. Exame: 60% (30% Bloque I e 30% Bloque II). Obrigatorio
b. Prácticas en aula de informática (Bloque III): 15%. Obrigatorias.
c. Evaluación continua: 20% (10% Bloque I e 10% Bloque II).
d. Titorías: 5%. Obrigatorias.
As prácticas no laboratorio de informática e as titorías en grupo son obrigatorias e cualificaranse segundo o indicado na sección de metodoloxía. A avaliación continua non é obrigatoria e farase en función do progreso das clases presenciais.
Para que os apartados b, c e d sexan considerados e sumados na cualificación final será necesario acadar como mínimo un 35% en cada un dos Bloques do exame.
Antes da realización do exame final, o estudantado coñecerá as notas obtidas nos apartados b, c e d. Considerarase como NON PRESENTADO nas dúas oportunidades, aquel estudantado que non realizase algún dos 3 ítems obrigatorios (prácticas en aula de informática, titorías grupais e exame).
No caso de non superar a materia na Primeira Oportunidade, o estudante será novamente avaliado do apartado a na Segunda Oportunidade.
NOTA: Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Avaliación de actividades e competencias:
Competencia Avaliación de actividades
CG.6 Exame, Actividades e Titorías grupais
CG.11 Exame, Titorías grupais
CI.7 Exame, Actividades Bloque I, Tit. grupais Bloque I* e Prácticas Bloque III*
CI.8 Exame, Actividades Bloque II, Tit. grupais Bloque II* e Prácticas Bloque III*
CT.4 Prácticas Bloque III*
CT.6 Exame, Actividades dos tres bloques, Prácticas Bloque III*
CT.8 Seminarios de Bloque I e II, Titorías grupais Bloque II*, Prácticas Bloque III*
* Obrigatorias
A materia ten unha carga de traballo de 6 ECTS, correspondendo 1 crédito ECTS a 25 horas de traballo total. Na seguinte táboa indícase unha repartición aproximada destas horas de traballo:
Actividade Horas presenciais Factor Traballo persoal TOTAL
Clases maxistrais 27,0 1,2 34,0 61
Seminarios 12,0 1,5 18,0 30
Aula informática 10,0 0,7 7,0 17
Titorías grupo 2,0 4,0 8,0 10
Titorías individualizadas 2,0 1,5 3,0 5
Exame e revisión 5,0 4,4 22,0 27
TOTAL 58 - 92 150
As horas presenciais indican o número de horas de clases da materia para as diversas actividades que se realizarán (teoría, problemas, prácticas na aula de informática e exame), o factor indica a estimación de horas que ten que dedicar o estudante por hora de actividade, o traballo persoal é o cómputo do produto do factor polas actividades, e o total é a carga total de traballo que supón cada actividade.
É recomendable que os estudantes cursaran as materias Matemáticas, Física, Informática, Expresión Gráfica e Ciencia de Materiais. Tamén recoméndase a asistencia a clase, así como o uso da aplicación USC Campus Virtual da materia, de acordo coas indicacións sinaladas anteriormente.
A docencia impártese en castelán e/ou galego, aínda que se manexarán fontes de información en lingua inglesa.
Maria Sonia Freire Leira
Coordinador/a- Departamento
- Enxeñaría Química
- Área
- Enxeñaría Química
- Teléfono
- 881816758
- Correo electrónico
- mariasonia.freire [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Maria Angeles Val Del Rio
- Departamento
- Enxeñaría Química
- Área
- Enxeñaría Química
- Correo electrónico
- mangeles.val [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán, Galego | Aula A3 |
Martes | |||
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | Aula A3 |
Mércores | |||
11:00-12:00 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | Aula A3 |
Venres | |||
11:00-12:00 | Grupo /CLIS_02 | Galego | Aula A3 |
16.01.2026 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A3 |
16.01.2026 16:00-20:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula A3 |
16.01.2026 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_01 | Aula A3 |
16.01.2026 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_02 | Aula A3 |
16.01.2026 16:00-20:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula A3 |
16.01.2026 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_03 | Aula A3 |
16.01.2026 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A4 |
16.01.2026 16:00-20:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula A4 |
16.01.2026 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_01 | Aula A4 |
16.01.2026 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_02 | Aula A4 |
16.01.2026 16:00-20:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula A4 |
16.01.2026 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_03 | Aula A4 |
19.07.2026 16:00-20:30 | Grupo /CLIS_01 | Aula A1 |
19.07.2026 16:00-20:30 | Grupo /CLIL_01 | Aula A1 |
19.07.2026 16:00-20:30 | Grupo /CLIL_02 | Aula A1 |
19.07.2026 16:00-20:30 | Grupo /CLIS_02 | Aula A1 |
19.07.2026 16:00-20:30 | Grupo /CLIL_03 | Aula A1 |
19.07.2026 16:00-20:30 | Grupo /CLE_01 | Aula A1 |