Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego, Inglés
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Escola Técnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (En extinción)
Matrícula: Non matriculable (Só plans en extinción)
O principal obxectivo da materia é dotar ao estudantado das ferramentas baseadas no coñecemento dos mecanismos e leis da transmisión de calor, para poder analizar as diferentes situacións nas que ten lugar un intercambio de enerxía térmica, así como para calcular e deseñar equipos de intercambio de calor utilizados na Industria Química.
1. Aspectos xerais. Mecanismos de transmisión de calor e ecuacións de velocidade. Equipos de transmisión de calor.
2. Introdución Radiación: procesos e propiedades. Conceptos fundamentais.
3. Introducción á conducción. Conducción unidimensional en estado estacionario. Conducción bidimensional en estado estacionario. Conducción en estado non estacionario. Métodos numéricos.
4. Introducción á convección. Coeficientes de convección. Fluxo externo. Fluxo interno.
5. Intercambiadores de calor. Coeficiente global de transmisión de calor. Análise e deseño de intercambiadores. Aillantes. Evaporadores. Aspectos relativos á seguridade.
Obra de consulta básica:
- INCROPERA, F. P., DEWITT, D. P., BERGMAN, T. L., LAVINE, A.S. 2007. Introduction to Heat Transfer. 5ª ed. NJ: John Wiley & Sons. ISBN: 978-0-471-45727/0-471-45727-2 (inglés). SIGNATURA: A114 9, A114 9 A, A114 9 B, 114 51
- INCROPERA, F.P., DEWITT, D.P. 1999. Fundamentos de Transferencia de Calor. 4ª Ed. Mexico: Prentice Hall Hispanoamericana. ISBN: 970-17-0170-4 (español).
SIGNATURA: 80 40, A114 17, A114 17A, FIS 495, FIS 285
Obras complementarias:
- SINNOT, R., TOWLER. G. 2020. Chemical Engineering Design. Coulson & Richardson’s Chemical Engineering Volume 6. 6ª Ed. Boston: Elsevier/Butterworth-Heinemann. ISBN: 978-0-7506-8551-1 (para deseño de intercambiadores de calor).
SIGNATURA: 140 16, 140 16A, A140 11, A140 11B e ISBN: 9780081026007 (Recurso electrónico)
- ÇENGEL, Y.A. 2007. Transferencia de calor y masa: un enfoque práctico. 3ª ed. Madrid: McGraw-Hill. ISBN: 9789701061732.
SIGNATURA: A114 12 1 y 2, A114 12A 1 y 2, A114 12B 1 y 2, A114 12C 1 y 2, 3 A05 135 1 y 2
Transferencia de calor y masa [Recurso electrónico] : fundamentos y aplicaciones. México : McGraw-Hill, 2020. ISBN: 9781456280048
- HOLMAN, J.P. 1998. Transferencia de calor. 1ª Ed. (español). Madrid: McGraw-Hill/Interamericana de España. ISBN: 84-481-2040-X.
SIGNATURA: A114 5, A114 5A, A114 5B, A114 5C, FIS 477 1
- MILLS, A. F. 1999. Heat transfer. 2nd ed. New Jersey: Prentice Hall. ISBN: 0-13-947624-5.
SIGNATURA: 114 46, A114 1 A, A114 1 B
Competencia específica:
• (CI.1.2) Coñecementos de transmisión de calor. Principios básicos e a súa aplicación á resolución de problemas de enxeñería.
Competencias xerais:
• (CG.3) Coñecemento en materias básicas e tecnolóxicas, que os capacite para a aprendizaxe de novos métodos e teorías, e os dote de versatilidade para adaptarse a novas situacións.
• (CG.6) Capacidade para o manexo de especificacións, reglamentos e normas de obrigado cumprimento.
Competencias transversais:
• (CT.1) Capacidade de análise e síntese.
• (CT.4) Habilidades para o uso e desenvolvemento de aplicacións informáticas.
• (CT.6) Resolución de problemas.
• (CT.13) Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica.
Relacionados coas competencias CI.1.2, CG.3 e CG.6, incluirase o estudio de aspectos de seguridade e análise de riscos, desde a perspectiva da materia.
Materia sen docencia presencial
Porase a disposición do estudiantado na Aula Virtual da materia o programa detallado, a bibliografía básica e complementaria e o material docente do último curso con dereito á docencia (2024/25). A única metodoloxía docente que ten cabida nun contexto de unha materia en extinción (sen dereito a docencia) son as titorías individuais, orientadas á resolución de dúbidas e dificultades concretas de carácter teórico, conceptual e/ou práctico.
Ditas titorías requerirán de cita previa e será o profesorado responsable o que determine o formato da súa realización (presencial ou a través de MSTeams).
A avaliación realizarase mediante un exame con cuestións teóricas e resolución de problemas, e que corresponde ao 100% da nota final. É necesario obter alomenos un 35% na avaliación de cada parte do examen para superar a materia.
O sistema de avaliación será o mesmo para as oportunidades de exame correspondentes a cada convocatoria.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o establecido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións”
Non procede
Non procede
Non procede
Maria Sonia Freire Leira
- Departamento
- Enxeñaría Química
- Área
- Enxeñaría Química
- Teléfono
- 881816758
- Correo electrónico
- mariasonia.freire [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Maria Isabel Vidal Tato
- Departamento
- Enxeñaría Química
- Área
- Enxeñaría Química
- Teléfono
- 881816798
- Correo electrónico
- isabel.vidal.tato [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Óscar Rodríguez Figueiras
- Departamento
- Enxeñaría Química
- Área
- Enxeñaría Química
- Teléfono
- 881816704
- Correo electrónico
- oscar.rodriguez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
22.01.2026 09:15-14:00 | Grupo de exame | Aula A10 |
26.05.2026 09:15-14:00 | Grupo de exame | Aula A1 |
30.06.2026 09:30-14:00 | Grupo de exame | Aula A1 |