Mobilidade
As accións de mobilidade dos/as estudantes pretenden mellorar a calidade da educación superior e reforzar a súa dimensión, tanto nacional como internacional, fomentando a cooperación entre as universidades, potenciando os intercambios e mellorando a transparencia e o recoñecemento académico de diferentes estudos e cualificacións. Neste sentido, considéranse unha peza importante para a consecución dos obxectivos propostos no título, tanto no que se refire ás competencias xerais dos futuros egresados como ás competencias transversais a adquirir coa titulación.
A EPS de Enxeñaría conta coa colaboración de varios profesores/as que actúan como coordinadores académicos, e cuxa función é tutorar e asistir nas súas decisións académicas os estudantes propios e de acollida.
Realízase a partir do segundo ano de estudos da titulación, en períodos semestrais ou anuais. A selección dos candidatos lévase a cabo, para cada convocatoria ou programa, por unha comisión de selección, de acordo con criterios de baremación previamente establecidos que teñen en conta o expediente académico, unha memoria e, de ser o caso, as competencias en idiomas que esixe a universidade de destino.
A mobilidade dos/as estudantes está regulada a través do “Regulamento de intercambios interuniversitarios”. A través da Oficina de Relacións Exteriores xestiónanse programas de intercambio tanto nacionais (SICUE), como europeos (ERASMUS) e extracomunitarios (intercambios con países de América Latina ou países de fala inglesa):
Portal Internacional
Prácticas
Nesta titulación as prácticas externas contémplanse como obrigatorias cunha carga de 12 ECTS. Consistirán na realización de prácticas nunha empresa ou organismo durante 30 h máis a elaboración do informe correspondente.
A oferta de prácticas no Grao sustentarase no actual programa de prácticas externas que xestiona a Escola Politécnica Superior de Enxeñaría. A EPS conta con preto de 400 convenios con empresas e institucións para que o alumnado das distintas titulaciones que se imparten nela poida realizar prácticas externas.
As prácticas realizaranse a tempo completo preferibelmente nun período non lectivo de aproximadamente oito semanas de duración planificado para o segundo semestre do cuarto curso aínda que o alumnado poderá realizalas ao longo do curso académico. Cando as características do traballo así o requiran, poderanse establecer períodos e xornadas diferentes de realización (tempo parcial, días alternos, etc.), garantindo en todo caso as 300 horas de dedicación dos estudantes.
A organización, xestión e seguimiento das prácticas externas correrá a cargo da subdirección de prácticas e orientación laboral do centro, sempre de acordo con normativa da USC e a normativa propia da EPS, que se encargará da asignación dos centros de prácticas e do seu seguimento. Ademais, proporá á Comisión do Título a asignación ao alumno dun titor académico entre o persoal docente e investigador do centro, que fará un seguimiento do traballo realizado e velará pola calidade da estancia realizada, e un titor externo na empresa, encargado de garantir as condicións apropiadas para a realización da práctica.