Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
- Deseñar simuladores de robots.
- Adquirir coñecementos da programación de parámetros de variables de forma con deseño asistido por computador (ferramentas CAD), desenvolvemento gráfico dinámico de modelos robóticos e 3D.
- Realizar o deseño gráfico para o desenvolvemento de interfaces amigables humano-robot: deseño do produto e simulación de prototipos e impresión 3D.
A memoria da titulación recolle os seguintes contidos:
- Simuladores de robots.
- Adquirir coñecementos da programación de parámetros de variables de forma con deseño asistido por computador (ferramentas CAD).
- Desenvolvemento gráfico dinámico de modelos robóticos 3D.
- Deseño gráfico para o desenvolvemento de interfaces amigables humano-robot: deseño do produto e simulación de prototipos e impresión 3D.
Estes contidos estrutúranse do seguinte modo:
I. Simulación de montaxe de sistemas de pezas compostas.
Horas de traballo autónomo: 21 h
II. Simulación de movemento de sistemas articulados.
Horas de traballo autónomo: 21 h
III. Simulación de sistemas articulados mediante restricións de elementos.
Horas de traballo autónomo: 21 h
IV. Desenvolvemento de vídeos de animación de sistemas tridimensionales.
Horas de traballo autónomo: 22 h
Bibliografía básica:
Manuais desenvolvidos polo profesorado, dispoñibles no Campus Virtual da USC
Bibliografía complementaria
FreeCAD: https://wiki.freecadweb.org/Getting_started
Dentro do cadro de competencias que se deseñou para a titulación, traballaranse as seguintes:
Competencias Básicas
CB1: Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia nos libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CB2: Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3: Que os estudantes teñan a capacidade de reunirse e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4: Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións un público tanto especializado como non especializado.
CB5: Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
Competencias Xerais
CG1: Coñecemento de materias básicas e tecnoloxías, que lle capacite para a aprendizaxe de novos métodos e tecnoloxías, así como que lle dote dunha gran versatilidade para adaptarse a novas situacións.
CG2: Capacidade de resolución de problemas no campo da enxeñaría robótica con creatividade, iniciativa, metodoloxía e razoamento crítico.
CG3: Capacidade de utilizar ferramentas informáticas para o modelado, a simulación e o deseño de aplicacións de enxeñaría.
CG6 - Concibir, calcular, deseñar e pór en marcha algoritmos, equipos ou instalacións no ámbito da robótica, para
aplicacións industriais ou de servizos, tendo en conta aspectos de calidade, seguridade, criterios #ambiental, uso racional
e eficiente de recursos.
CG7 - Capacidade de traballar nun grupo multidisciplinar e de comunicar, tanto por escrito como de forma oral, coñecementos, procedementos, resultados e ideas relacionadas coa robótica e a electrónica.
Competencias Específicas
CE5 - Capacidade de analizar, deseñar, representar e programar algoritmos, e manexo das estruturas de datos adecuadas para a resolución de problemas no ámbito da robótica.
CE12 - Capacidade de coñecer e implementar métodos de extracción de características a partir da información percibida por cámaras e sensores 3D ao desenvolvemento de aplicacións en robots e sistemas intelixentes.
CE14 - Capacidade de aplicar sistemas de navegación, localización e construción de mapas en robots, e estar ao corrente das novas tendencias en robótica.
CE15 - Coñecer as técnicas de intelixencia artificial utilizadas en robótica industrial e de servizos, saber como utilizalas en aplicacións robóticas fixas e móbiles.
CE16 - Utilizar e implementar métodos de recoñecemento de patróns e de aprendizaxe computacional na análise de datos sensoriais e para a toma de decisións en sistemas robóticos.
CE17 - Coñecemento das características, funcionalidades e estrutura dos Sistemas Operativos.
CE19 - Entender e saber programar as técnicas de análises, procesado e detección de patróns nos distintos tipos de sinais procedentes de diferentes sensores e cámaras.
CE22 - Capacidade de deseñar robots e programar robots móbiles
CE23 - Capacidade de deseñar robots e sistemas intelixentes orientados á interacción con persoas, e adaptados a contornas domésticas e urbanas.
CE24 - Capacidade de deseñar e programar robots aéreos.
Competencias Transversais
CT1: Capacidade de análise e síntese.
CT2: Capacidade para o razoamento e a argumentación.
CT3: Capacidade de traballo individual, con actitude autocrítica.
CT4: Capacidade para traballar en grupo e abarcar situacións problemáticas de forma colectiva.
CT5: Capacidade para obter información adecuada, diversa e actualizada.
CT6 - Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible.
CT7 - Capacidade para realizar unha exposición en público de forma clara, concisa e coherente.
CT8: Compromiso de veracidade da información que ofrece aos demais.
CT9: Habilidade no manexo de tecnoloxías da información e da comunicación (TIC).
CT10 - Utilización de información bibliográfica e de Internet.
CT11 - Utilización de información complementaria e/ou puntual en lingua inglesa
CT12: Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos.
- Prácticas na aula de Informática
Realízanse nas aulas de informática e teñen por obxectivo a aprendizaxe dos conceptos necesarios de o bloques I, II, III e IV, así como la adquisición de destreza no uso das aplicacións informáticas de debuxo asistido por computador e simulación. A explicación de l vos contidos teóricos intégrase nas sesións de laboratorio. Os exercicios propostos gardan relación con todos os bloques da materia. Os alumnos dispoñen dos enunciados das prácticas. Utilízase o campus virtual para a descarga de arquivos e o envío das prácticas resoltas. A cualificación desta colección de exercicios forma parte da avaliación do traballo do curso (compoñente C). Só se avaliarán os traballos realizados durante as sesións prácticas.
Trabállanse as competencias CB1, CB2, CB3, CB4, CB5, CG1, CG2, CG3, CG6, CG7, CE5, CE12, CE14, CE15, CE 16, CE17, CE19, CE22, CE23, CE24, CT1, CT2, CT3, CT4, CT5, CT6, CT7, CT8, CT9, CT10, CT11 e CT12.
- Uso da aula virtual
O campus virtual complementa ás clases presenciais. A páxina da materia vaise actualizando a medida que avanza o programa reflectindo puntualmente os temas e actividades de cada sesión, con ligazóns aos materiais utilizados, que os alumnos poden descargar.
- Tutorías individualizadas e colectivas. Dentro da planificación da materia están previstas tutorías en grupos reducidos, nas que se aproveitará para resolver posibles dúbidas que poidan xurdir, e no caso de que non existan, avanzarase sobre novos aspectos da materia.
De forma individual, o alumno pode solicitar tutorías para aclarar os aspectos da materia nos que teña maior dificultade.
Tanto na primeira como na segunda oportunidade, a avaliación componse nun 50% da avaliación do traballo desenvolvido durante o curso (compoñente C), e nun 50% na avaliación dun exame ou traballo final de carácter obrigatorio (compoñente F).
A cualificación do traballo desenvolvido durante o curso consistirá na avaliación dos exercicios de curso (compoñente C), que se executarán nas clases prácticas, e que deben ser enviadas ao terminar ditas clases. No caso de que unha práctica non se envíe ou non se asista a clase, a súa cualificación será 0. Se a falta está debidamente xustificada, acordarase coa profesora o prazo de entrega da práctica que se faga durante esa clase.
Tanto nas prácticas de curso como no exame, avalíanse as competencias CB1, CB2, CB3, CB4, CB5, CG1, CG2, CG3, CG6, CG7, CE5, CE12, CE22, CT1, CT2, CT3, CT6, CT7; CT8, CT9 e CT12.
A materia considérase non superada se a cualificación das prácticas desenvolvidas en clase ou a do exame ou traballo final resultan inferiores a 4,5 puntos. Para aprobar a materia, a cualificación obtida pola media das dúas compoñentes debe ser igual ou superior a 5.
Cualificación final do curso
A cualificación final da materia será CF = 0,50 x C + 0,50 x F.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas, será de aplicación o recolleito no artigo 16 da Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Asistencia a clase
A materia impártese nun marco de ensino presencial no que a asistencia as clases é necesaria para a aprendizaxe. Deberá constar á asistencia de, polo menos, o 75% das sesións prácticas para poder aprobar a materia.
Repetidores
Para os alumnos repetidores aplicarase tamén o exposto nos epígrafes anteriores.
Conciliación e dispensa de asistencia
Se un alumno non puidese cumprir co requisito de asistencia a clase por unha circunstancia especial, debidamente xustificada, deberá falar coa profesora para que se lle asigne un método de aprendizaxe alternativa. O alumno deberá presentar os traballos nos prazos establecidos para poder ser avaliado.
A materia contempla 150 horas de dedicación, das que 56 destínanse a actividades presenciais e 94 a traballo autónomo do alumno. A materia pertence a un plan en extinción, sen dereito a docencia. Todo o material empregado nas clases estará disponible no Campus Virtual.
- A asistencia puntual das tutorías individuais para a resolución de dúbidas ou para requirir material adicional que permita reforzar as partes que puidesen resultar máis difíciles
- A utilización dos materiais complementarios fornecidos a través do Campus Virtual
- A consulta frecuente da bibliografía básica recomendada
- O Plan de estudios ao que está adscrita esta materia está en extinción. O alumno ten dereito a examen, pero non a docencia.