Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
Búscase facer partícipes aos alumnos do uso de drons, así como do emprego de satélites para a exploración remota da superficie terrestre. En concreto, os estudantes deberán adquirir as seguintes capacidades:
• Capacidade para seleccionar imaxes obtidas por sensores de satélite e drons, así como a corrección e procesado das mesmas para a súa aplicación.
• Capacidade para xerar índices e de produtos de valor engadido para a xestión dixital.
A memoria do título contempla para esta materia os seguintes contidos:
Fundamentos de teledetección. Selección de plataforma e sensor. Planificación e execución de misións. Correccións e tratamentos dixitais da imaxe. Extracción e análise da información. Cartoimaxes multiespectrais e índices para a toma de decisións.
Estes contidos serán desenvolvidos de acordo coa seguinte estrutura:
Contidos teóricos (24 horas de traballo presencial e 36 horas de traballo non presencial)
BLOQUE I.- Teledetección (10 horas de clases presenciais e 14 de traballo persoal do estudante)
Tema 1. Introdución á captura de información a distancia mediante drones e satélites. Fundamentos físicos de teledetección. (2,5 horas presenciais + 4 horas de traballo non presencial)
Tema 2 . Selección de plataforma e sensor. Características: tipos de resolución, de órbita, de campo de aplicación. (2,5 horas + 3 horas)
Tema 3 . Correccións e tratamentos dixitais da imaxe. Fontes de erro radiométrico e xeométrico. Histograma dunha imaxe. Contraste e expansión. Tipos de filtros. (2,5 horas + 4 horas)
Tema 4 . Extracción e análise da información. Clasificación non supervisada e supervisada. Fases da clasificación. Algoritmos de clasificación. (2,5 horas + 4 horas)
BLOQUE II.- DRONS (14 horas de traballo presencial + 22 horas de traballo non presencial)
Tema 5. Introdución. Plataformas, sensores e aplicacións xerais. Vantaxes e inconvenientes dos UAS . (3 horas de traballo presencial + 6 horas de traballo non presencial)
Tema 6. Fotogrametría e teledetección mediante UAS. Metodoloxía de traballo. Planificación e execución de misións. (2 horas + 4 horas)
Tema 7. Aplicacións no ámbito da Enxeñaría. Arquitectura, patrimonio, industria. Aplicacións agroforestais. (2 horas + 2 horas)
Tema 8. LiDAR aéreo e mediante UAS. Introdución. Funcionamento. Características técnicas. Instrumentación. Aplicacións. Produtos derivados.-Vantaxes e inconvenientes fronte a outras técnicas. (1 hora + 3 horas)
Tema 9. - Plans e iniciativas da administración: Plan para o desenvolvemento do sector civil dos drones; libros brancos; Civil UAVs Initiative da Xunta de Galicia - GAIN (1 hora de traballo presencial + 2 horas de traballo non presencial)
Exposición de traballos (3 horas+ 3 horas)
Asistencia a conferencias del sector (2 horas + 2 horas)
Contidos prácticos (24 horas de traballo presencial + 18 horas de traballo non presencial):
BLOQUE I.- Teledetección (8 horas de traballo presencial + 8 horas de traballo non presencial)
Práctica 1. Descarga de imaxese software. Exploración da imaxe. (2 horas presenciais + 2 horas non presenciais)
Práctica 2. Recortes, máscaras, reproxeccións e índices (3 horas + 3 horas)
Práctica 3. Extracción de información. Clasificacións. (3 horas + 3 horas)
BLOQUE II.- DRONS (8 horas de traballo presencial + 8 horas de traballo non presencial)
Práctica 4 - Levantamento fotogramétrico a partir de imaxes de UAS. Mosaico e explotación da imaxe. índices 3 horas presenciais + 3 horas non presenciais)
Práctica 5 - Levantamento multiespectral a partir de imaxes de UAS. Modelo 3D (2 horas + 2 horas)
Práctica 6 - Práctica de voo de UAS en modo manual e formación do modelo 3D (3 horas + 3 horas)
Visita ao Centro de investigación Aeroportada de Rozas (INTA- CIAR) (4 horas + 1 hora)
Visita ao Aeródromo de Rozas (AeroLugo) (4 horas + 1 hora)
Bibliografía básica
- Chuvieco Salinero, E. “Teledetección ambiental” Ed Ariel Ciencia. 2006.
- GIL DOCAMPO, Mª L; ARMESTO GONZÁLEZ, J. Apuntes de teledetección. Ed.Unicopia. ISBN 84-89189-2. 53 pp. Lugo. 2002
- Plan Estratégico para el desarrollo del sector civil de los drones en España 2018-2021. Ministerio de fomento. https://www.fomento.gob.es/MFOM/LANG_CASTELLANO/PLANES/PLAN_DRONES_2018…
- González-Jorge, H.; Martínez-Sánchez, J.; Bueno, M.; Arias, A.P. Unmanned Aerial Systems for Civil Applications: A Review. Drones 2017, 1, 2.
- Esteban Herreros, José Luis (coord.) (2015). Los Drones y sus aplicaciones a la ingeniería civil. Fundación de la Energía de la Comunidad de Madrid. https://www.fenercom.com/pdf/publicaciones/Los-Drones-y-sus-aplicacione…
Bibliografía complementaria
- J. Ortiz-Sanz, M. Gil-Docampo, T. Rego-Sanmartín, M. Arza-García, G. Tucci. A PBeL for training non-experts in mobile-based photogrammetry and accurate 3-D recording of small-size/non-complex objects. Measurement (178) 2021.
- Jensen, J. R. Introductory Digital Image Processing: a Remote Sensing Perspective. Upper Saddle River: Prentice Hall. 1996.
- Lillesand, T and Kiefer R. Remote Sensing and Image Interpretation. John Wiley and Sons. USA. 1994.
- Ponencias del Congreso CivilDRON (2016, 17 y 18). https://www.civildron.com/pages/ponencias-congreso-civildron.html
- Civil UAVs Initiative. Xunta de Galicia. http://www.civiluavsinitiative.com/es/#segunda-seccion
- Sobrino, J. A."Teledetección" Universitat de Valencia.2001.
- Sungjae Lee & Yosoon Choi (2016) Reviews of unmanned aerial vehicle (drone) technology trends and its applications in the mining industry, Geosystem Engineering, 19:4, 197-204, DOI: 10.1080/12269328.2016.1162115
- Yan Li & Chunlu Liu (2019) Applications of multirotor drone technologies in construction management, International Journal of Construction Management, 19:5, 401-412, DOI: 10.1080/15623599.2018.1452101
Básicas e xerais:
• CG4 - Saber as necesidades tecnolóxicas da sociedade e a industria, e ser capaz de mellorar servizos e procesos de produción aplicando tecnoloxía actual de robótica, mediante a elección, adquisición e posta en marcha de sistemas robóticos en diferentes aplicacións, tanto industriais como de servizos.
• CB3 - Reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
• CB4 - Transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
• CB5 - Saber emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
Transversais:
• CT1 - Capacidade de análise e síntese.
• CT2 - Capacidade para o razoamento e a argumentación.
• CT3 - Capacidade de traballo individual, con actitude autocrítica.
• CT4 - Capacidade para traballar en grupo e abarcar situacións problemáticas de forma colectiva
• CT5 - Capacidade para obter información adecuada, diversa e actualizada.
• CT6 - Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible.
• CT7 - Capacidade para realizar unha exposición en público de forma clara, concisa e coherente.
• CT8 - Compromiso de veracidade da información que ofrece aos demais.
• CT9 - Habilidade no manexo de tecnoloxías da información e da comunicación (TIC).
• CT10 - Utilización de información bibliográfica e de Internet.
• CT12 - Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos.
Específicas:
• CE9 - Coñecer os sensores habituais en robótica, o seu funcionamento, así como os métodos e técnicas para o tratamento da información captada.
Os coñecementos e habilidades obteranse a través de:
Clases maxistrais participativas e presentacións vía ordenador. (Competencias traballadas: CG4, CT8, CE9)
Prácticas de laboratorio, aula de informática ou de campo. (Competencias traballadas: CB5, CT9, CT12, CE9)
Visitas técnicas a empresas e institucións, e asistencia a seminarios e congresos. (Competencias traballadas: CG4, CB5)
Ademais, empregarase:
A aula virtual da materia. (Competencias traballadas: CT9)
Elaboración e presentación do/s traballo/s do curso. (Competencias traballadas: CB3, CB4, CT1, CT4, CT5, CT7, CT10)
Titorías individualizadas e colectivas (Competencias traballadas: CT2)
Traballo autónomo do alumnado. (Competencias traballadas: CT3)
Avaliación de competencias mediante exercicios de control (Competencias traballadas: CT6)
Teranse en conta as seguintes modalidades de avaliación:
• 50% da nota: Aproveitamento das prácticas (CG4, CB3, CB4, CB5, CT1, CT2, CT5, CT6, CT9, CT12). Nota mínima un 4 para poder hacer media.
• 30% da nota: Exame escrito que avaliará todos os coñecementos adquiridos durante o curso. (CG4, CT8, CE9, CB4, CT1, CT2, CT3, CT6, CT12)
• 10% da nota: Traballo en grupo. (CB3, CB4, CT1, CT4, CT5, CT7, CT8, CT10)
• 10% da nota: Visitas de prácticas obligatorias (CG4, CB5)
O retraso na entrega das prácticas segundo a fecha prevista será penalizada cun 10% respecto da nota das mesmas.
No caso de alumnos repetidores que superen a avaliación continua ou o exame, conservarase a puntuación alcanzada durante un novo curso académico, pero ofrecerase a posibilidade de repetir a avaliación.
O sistema descrito de avaliación será o empregado tanto na oportunidade ordinaria como na extraordinaria de recuperación.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o establecido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións” ” (artigo 16 da Resolución de 15/6/2011 da USC, DOG de 21/7/2011)".
Os estudantes que teñan concedida dispensa de asistencia a algunha das actividades docentes programadas segundo o disposto na Instrución 1/2017 da Secretaría Xeral, poderán aprobar esta materia realizando as actividades prácticas propostas na materia (55%), un traballo individual (10%) e o exame oficial da materia (35%).
Esta materia comprende 6 créditos ECTS, o que supón unha carga total para o alumno de 150 horas, que inclúen 60 horas para as seguintes actividades de traballo presencial:
• Docencia expositiva: 24 horas
• Docencia interactiva: (aula de informática, laboratorio, etc.): 24 horas
• Outro traballo en aula (actividades de avaliación, traballos, etc.): 12 horas
Máis 90 horas investidas en actividades de traballo persoal:
• Lectura e estudo dos contidos teóricos: 36 horas
• Realización de traballo e memoria de prácticas e elaboración de traballos de curso: 18 horas
• Preparación da proba de avaliación: 36 horas
Asistencia regular ás clases e participación nas tutorías.